RESULTADOS DA ENQUISA SOBRE AS LIÑAS DE AUTOBUSES AO CHAMN-HBD
27.11.2009
Os resultados son os seguintes: Cuestionarios cumprimentados: 229 Destes foron: - Traballadores: 84% - De Ferrol o 67%, de Narón o 28% e de Neda o 5% restante - A favor do horario proposto dos 15min: 95% - Horarios de luns a domingo o 68%, de luns a venres o 25% e de luns a sábado o 7% - A favor de deixar o coche na casa o 98% dos enquisados
Ademáis dicirvos que houbo 78 observacións feitas polos enquisados. Aquí tedes as máis significativas: - Marquesina urxente no HAM - Aumento liñas autobuses ata o Novoa, con plataforma para a xente de RHB - Aumento liñas autobuses ata o Naval - Aumento liñas autobuses ata o Polígono de Pozo - Aumentar o nº de liñas por rutas diferentes á Estrada de Castela - Aumentar o nº autobuses dende Pontedeume, Valdoviño, Cedeira, Ortigueira. - Aumentar o nº autobuses interurbanos (A Coruña-Ferrol, Sada-Ferrol...) ou tren de cercanias. - Mellorar o horario das liñas, mais acorde coas horas de entrada e saída do persoal (piden chegada e saída sobre 20-30 minutos de marxe para cambiarse) e con maior regularidade (cada 20-30 minutos en tódalas liñas) - Liñas directas dende Narón, Fene, Neda, Caranza e Ferrol. - Posibilidade de crear un carril bus para mellorar a puntualidade dos buses. - Bonobús especial para os traballadores do complexo ou liñas autobuses específicas para o persoal.
Desde CIG Saúde Ferrol agradecervos a todas e a todos a vosa colaboración nesta enquisa. Comentarvos que esta semana que ven trasladaremos os resultados completos da enquisa ao concelleiro de Tráfico de Ferrol para que os poña en coñecemento das empresas e lle solicitaremos tamén que tomen as medidas oportunas para a mellora das condicións das liñas de autobuses no sentido que deu a enquisa e ademáis solicitarémoslle que tome medidas para mellorar aquelas outras cousas que lle repercuten a el directamente como concelleriro, como poden ser, a reposición da marquesina do Marcide ou a posibilidade e crear un carril bici ata o complexo hospitalario.
INFORMACION PLATAFORMA SINDICAL
O mércores 25 de novembro CIG-SAUDE celebrou un Consello Nacional para decidir a postura que lle íamos plantexar ao resto dos membros da Plataforma.
Logo de analizar o resultado das asembleas celebradas en toda Galiza e ante a unánime resposta do persoal en rexeitar a última proposta do SERGAS. así como seguir mantendo a presión con novas mobilizacións e incluso ir a Folga como último recurso, CIG SAUDE, logo dun amplo debate, decidiu plantearlle á Plataforma Sindical a convocatoria de folga para intentar mudar os posicionamentos da Administración.
Na xuntanza da Plataforma realizada o mesmo día pola tarde CIG-SAUDE propuso a convocatoria de folga, posto que creemos é unha cuestión de dignidade e coherencia entre outros motivos e porque apenas queda marxe de manobra antes de que se aproben os presupostos. Esta postura non foi apoiada polo resto de Organizacións en principio, e polo tanto, en aras de manter a unidade sindical aprazamos a convocatoria a outra data.
En xuntanzas anteriores da Plataforma CIG-SAUDE xa plantexara mobilizacións o 9 ou 15 de decembro entre outra medidas.
O acordo a que se chegou por parte de Plataforma foi:
1.- Rexeitar a proposta do SERGAS, solicitar o cumprimento íntegro dos acordos. Se a Admón mantén a proposta presentada na reunión anterior, solicitaremos a presenza da Conselleira na M.S para desbloquear esta situación.
2.- Se non prospera a reivindicación sindical, intentaríamos algún acto mais significativo...
3.- Convocatoria dunha concentración diante do Parlamento o Próximo día 9 de decembro, ás 17 hs. Nós propuxémoslle ao resto de organizacións que se na reunión do xoves 26 o SERGAS non move a postura e ameaza con retirar a súa proposta e aplicar o artigo 38 do EB, nós tamén teríamos que ameazar coa convocatoria de folga, non estaban moi convencidos disto.
Seguiremos informando puntualmente de como se vaian producindo os acontecementos.
MARQUESINA NA PARADA DE BUS DO MARCIDE
25.11.2009
Nuns días daremósvos información completa sobre o resultado da enquisa online sobre as liñas de autobuses ao CHAMNS-HBD. En varios dos cuestionarios nos fixestes a mesma observación, que a marquesina que levou o vento o inverno pasado, todavía non foi reposta. Así que hoxe comezamos unha campaña na que realizaremos as accións pertinentes para que o concelleiro de tráfico nola repoña.
FERROL REXEITA A PROPOSTA DO SERGAS
24.11.2009
A multitudinaria Asemblea realizada hoxe ás 12 horas no Hospital Arquitecto Marcide decidiu por unanimidade rexeitar a proposta do SERGAS e apoia masivamente a convocatoria de folga.
POLO CUMPRIMENTO DOS ACORDOS ASINADOS RESPECTO AOS ÓRGANOS DE NEGOCIACIÓN
FERROL VOTA FOLGA XA!!!
RESUMO DA XUNTANZA DO COMITE DE SAUDE LABORAL DO PASADO 15 DE OUTUBRO
23.11.2009
Aquí tedes o resumo da pasada xuntanza do Comité de Saúde Laboral da Área Sanitaria de Ferrol. Entre outros, tratáronse os seguintes puntos: .- Gripe A .- Plan de emerxencias .- Uniformes PAC .- Requerimentos da inspección de traballo e moitos máis.
O FUTURO DO PERSOAL EVENTUAL EN XOGO: ¿SOMOS TODAS IGUAIS?
23.11.2009
Tódalas traballadoras independentemente do vínculo que ostenten co seu empregador teñen os mesmos dereitos, porque son traballadoras dende o momento en que firman o contrato, no caso do SERGAS, incluso antes.
Esta é unha realidade que ninguén debe esquecer; en primeiro lugar o empregador e a continuación os traballadores e polo tanto os sindicatos.
No día de onte acudimos a Compostela co fin de apoiar a Plataforma Sindical que estaba a negociar o cumplimento dos acordos, facía frío intenso e a policia impediu que entraramos no edificio do SERGAS (achegamos fotos de Ferrol) a Administración entregou unha nova proposta que valoraremos na asamblea.
ASEMBLEA XERAL MARTES DÍA 24 DE NOVEMBRO DE 2009 AS 12 HORAS NO HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
ORDE DO DÍA: NOVA PROPOSTA SERGAS
POLO CUMPRIMENTO DOS ACORDOS ASINADOS
RESPETO ÓS ÓRGANOS DE NEGOCIACIÓN
PARTICIPA, XOGÁMONOS MOITO
INFORMACIÓN DA ASEMBLEA
18.11.2009
PLATAFORMA SINDICAL UNITARIA INFORMA
No día de onte, celebramos unha asamblea xeral no Hospital Arquitecto Marcide co obxecto do valorar a proposta do Sergas de dilatar no tempo o cumplimento dos acordos que xa tiñamos asinados e publicados en DOG.
O persoal rexeitou dita proposta. Acordouse continuar coas mobilizacións, barallando a posibilidade de intensificalas e incluso recrudecelas.
Mañá xoves día 19 ás 11 horas os delegados sindicais estamos convocados a unha concentración en Compostela diante do SERGAS durante a celebración da mesa sectorial que convocou a Consellería co único punto da orde do día de información sobre os acordos suspendidos.
Quén queira ir acompañarnos a Compostela será benvido.
POLADEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
POLO CUMPLIMENTO DOS ACORDOS ASINADOS
URXENTE: CONCENTRACIÓN EN COMPOSTELA XOVES 19
O SERGAS convoca unha Mesa Sectorial para este xoves día 19 ás 11 horas en Santiago co único punto na orde do día :
***Información sobre a situación de acordos
A CONCENTRACIÓN DE DELEGADOS NO SERGAS TRASLADASE DO MERCORES A :
XOVES DÍA 19 ÁS 11Hrs
ACUDE: APOIA A MESA DE NEGOCIACIÓN
POLO CUMPRIMENTO DOS ACORDOS ASINADOS
RESPECTO AOS ÓRGANOS DE NEGOCIACIÓN
A palabra FOLGA está a soar con forza nas diferentes asembleas feitas estos días, o cabreo do persoal vai en aumento, despois da última proposta feita dende o SERGAS.
MOBILÍZATE NA DEFENSA DOS TEUS DEREITOS
MARTES 17: ASEMBLEA INFORMATIVA
16.11.2009
POLA DEFENSA DOS ACORDOS ASINADOS
Martes 17 de Novembro de 2009 Asemblea as 12:00 no salón de Actos
DEFENDE OS TEUS DEREITOS
DEFENDE A SANIDADE PÚBLICA
¡ACUDE!
CCOO-CESM-CIG-CIAS-CSIF-SAE-UGT
ENTREVISTA EN TELEVISIÓN FERROL
CANAL 31 FERROL
Entrevista en espacio aberto:
Picando nas ligazóns seguintes podedes ver o documento emitido onte día 12 denovembro ás 20:30 horas, cunha duración total de perto de media hora, en catro apartados por iste orden:
Borrador. Proposta do SERGAS: condicionada as autorizacións e informes preceptivos.
PROPOSTA DE NOVO ESCENARIO TEMPORAL DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS DO SERGAS
O cumprimento dos preceptos da futura Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2010, no suposto de que se aprobe coa redacclon incorporada ao actual proxecto de Lei, suporá a suspension durante ese ano, motivada polas actuais circunstancias económicas excepcionais, dos acordos da Mesa Sectorial que suporian incrementos retributivos para o ano 2010. Con independencia do necesario cumprimento dese previsible mandato do lexislador, a Administracion Sanitaria ten manifestado as orqanizacións sindicais a sua vontade de garantir o cumprimento dos referidos acordos. Sobre estas bases, a administración e as organizacións sindicais constatan a necesidade de dotarse dun instrumento que inclua previsións e compromisos sobre a execucion temporal futura dos acordos que sexan suspendidos. Tratase asi, por unha parte, de recoñecer que o actual contexto económico claramente adverso condiciona a aplicación das melloras salariais acordadas para un colectivo tan relevante como o dos empregados publicos do Servizo Galego de Saude. Por outra, ratifícase a capacidade negociadora da Mesa Sectorial ao establecer no momento presente, incluso antes de que sexa efectiva a suspension legal, as previsions necesarias para ordenar no tempo o futuro cumprimento dos acordos vixentes. Polo demais, estas previsións sobre execución futura dos acordos veñen a resolver en grande medida a incerteza dos colectivos afectados sobre futuro dos seus incrementos retributivos.
1 Obxecto
A presente proposta ten por obxecto reprogramar no tempo o cumprimento dos incrementos retributivos anteriormente acordados na Mesa Sectorial para 0 periodo 2010-2012.
2 Incrementos retributivos
A caida de ingresos da Comunidade Aut6noma que motiva a medida de suspension antes mencionada, provoca a necesidade de definir un novo ambito temporal de aplicaci6n dos acordos xa asinados. Pero a pesares do cambio nas circunstancias econ6micas que estamos a vivir e necesario ó mesmo tempo garantir o cumprimento das melloras salariais pactadas, e establecer como prioritario o cumprimento dos acordos no momento que se produza unha recuperación económica reflectida nun aumento dos ingresos correntes da Comunidade Autónoma. Tendo en conta o anterior se presenta unha proposta de novo escenario temporal de cumprimentos dos acordos, con as seguintes bases: • No ano 2010 non se aplicará ningún novo incremento retributivo. • A data limite para o cumprimento de todas as melloras salariais é o ano 2014. • Cada ano a Administraci6n asumirá unha porcentaxe de cumprimento dos acordos, que podera ser maior, se os ingresos da comunidade autónoma se sltuan por encima da porcentaxe sinalada. a) Respecto das melloras salariais previstas para o ano 2010, executándose da seguinte forma: • No ano 2011 abonariase un terzo das melloras • No caso de que os ingresos da comunidade aut6noma se incrementasen nun 5%, aboarase un terzo reais das melloras. • 0 terzo restante quedaría para o ano 2012. Respecto das melloras previstas para o ano 2011 • O primeiro terzo pagaríase no ano 2012 se da contra do ano 2010 estivese pendente soamente un terzo. . Se os ingresos correntes do ana 2012 se incrementasen un 5% pagaríase 0 segundo terzo. • No caso de que non se incrementasen os ingresos correntes na contra sinalada nos anos 2011 e 2012 a contra prevista para o ano 2011 aboaríase no 2013. Respecto das melloras previstas para 0 ano 2012 • a primeiro terzo aboaríase no ano 2013, se os incrementos do ano 2011 e 2012 dos ingresos correntes fosen dun 5%, no caso contrario, este primeiro terzo e os dous restantes terzos aboaríanse no ano 2014.
MARTES 17 ÁS 11 HORAS : HOSPITAL A. MARCIDE ASEMBLEA INFORMATIVA PLATAFORMA SINDICAL UNITARIA ANALISES PROPOSTA NOVAS MOVILIZACIÓNS
PITADA Á DIRECCIÓN DE ÁREA
12.11.2009
Aproveitando a reunión da Comisión de Participación Cidadá, a Plataforma Sindical Unitaria realizou unha pitada á Dirección da Área Sanitaria en protesta pola decisión do Partido Popular de suprimir os acordos asinados co anterior goberno.
POLO CUMPRIMENTO DOS ACORDOS ASINADOS
RESPECTO AOS ÓRGANOS DE NEGOCIACIÓN
MARTES 10: PECHE DE 24 HORAS
Lembramos que o peche remata ás 10:30. Pasade por el e apoiade aos compañeiros pechados.
E aínda estades a tempo de conseguir un plus de altos cargos para toda a vida ou sentarse media hora no sillón de Pilar Farjas participando no concurso "Acerta o Xeroglífico".
MOBILÍZATE NA DEFENSA
DOS TEUS DEREITOS
Imaxes desta mañá
Éxito sen precedente da Orquestra "París de Leixa". Milleiros de persoas agolpáronse na entrada do Campo do Peche do Hospital para presenciar en directo a actuación, que por suposto, non deixou indeferente a ninguén.
Xantar e tarde
Gran cocurso: Acerta o xeroglífico
O xeroglífico está exposto na entrada do Hospital Arquitecto Marcide
Achégate ao peche e participa no concurso
Cartel dos Peches 2009
Primeiras fotos do peche de hoxe...
PLATAFORMA SINDICAL INFORMA:
Bo día, queremos lembrar que mañá iniciamos un peche de 24 horas (de 10:30 horas do martes a 10:30 horas do mércores) na entrada do Hospital Marcide, agardamos a vosa presencia e colaboración como sempre.
Unha vez máis pedimos disculpas ao persoal dos centros de saúde, Hospital Novoa Santos e Naval onde nos foi imposible celebrar asambleas.
DEFENDE OS TEUS DEREITOS DEFENDE A SANIDADE PÚBLICA