LISTAS DE CNTRATACIÓN E NOVAS OPE |
| |
16-12-2009
PUBLICACÓN LISTAXES DE CONTRATACIÓNS
O venres 18 de Decembro na paxina web do SERGAS, publicarán as listaxes provisorias pendentes: Médico de Familia, Médico urxecias hospitalarias, Pediatras, Odontólogos, ATS-DUE, Matronas, Auxiliares de enfermaría e Cociñeiros. Prazo reclamacións 20 días hábiles

Liceniados Sanitarios (FEAS):
A intención e publicar antes de rematar iste ano a fase de concurso (baremación) da maioria das categorias, agas médicos de familia que se fará en xaneiro, asi mesmo manexan o mesmos prazos para a convocatoria do concurso de traslados.
Persoal sanitario non facultativo, persoal sanitario de F.P. e de xestión e servizos:
Practicamente todos os tribunais a OPE xa resolverón as impugnacións, agardan públicar as plantllas definitivas de repostas e as listaxes de puntuacións provisorias da oposición antes de finalizar iste ano 2009 (si algunha categoria quedase pendente, públicarse en Xaneiro). Seguimos sin saber nada da decisión que adopte o tribunal da OPE de Celadores despoís das numerosas irregularidades acaecidas. |
|
|
|
ALTA PARTICIPACIÓN NA XORNADA DE FOLGA DE HOXE NA NOSA ÁREA |
| |
16.12.2009
A pesares dos abusivos servizos mínimos impostos polo SERGAS, a asistencia real á folga na quenda de maña foi do 52,05%, do cal un 53,25% foi en Especializada e un 48,70% en Atención Primaria. Na quenda de tarde a convocatoria acadou maior apoio cun 74% en Atención Especializada e un 91% en Atención Primaria. O que conleva unha asistencia dun porcentaxe superior entre as duas quendas ao 65%, donde merece mención especial servizos como rehabilitación do Novoa, a Lavanderia do Marcide, e os centros de saúde de Narón e Pontedeume con porcentaxes practicamente do 100%, ademáis moitos centros de saúde con servizos minimo abusivos só atenderón urxencias.
A manifestación convocada para as 11:30 horas de hoxe e que percorreu os tres hospitais tivo unha participación dunhas 200 persoas. Lamentar o incidente no que un coche atropelou intencionadamente a unha das traballadoras que se estaba a manifestar con nós. Desde CIG Saúde manifestarlle a nosa solidariedade e dicir que se exercerán todas as medidas legais oportunas.
Desde CIG-SAÚDE agredecemos a todos e a todas a participación nesta xornada de folga e nas mobilizacións convocadas hoxe. Decirlle ao SERGAS que isto non remata aquí e que seguiremos coas mobilizacións ata acadar os nosos obxectivos.
OS ACORDOS HAI QUE RESPECTALOS TEMOS DIGNIDADE |
|
|
|
MÉRCORES 16, FOLGA NA SANIDADE |
| |
MÉRCORES 16, FOLGA NA SANIDADE
MANIFESTACIÓN ÁS 11:30 CON SAÍDA DO MARCIDE
PARTICIPA XÓGASTE MOITO, XOGÁMONOS MOITO
OS ACORDOS HAI QUE RESPECTALOS TEMOS DIGNIDADE
TELÉFONOS DO COMITÉ DE FOLGA(INCIDENCIAS): 630594691 - 647938026 - 625075263 
|
|
|
|
MARTES 15, CONCENTRACIÓN NO MARCIDE |
| |
14.12.2009 CONCENTRACIÓN NA ENTRADA DO HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
MAÑÁ MARTES DÍA 15 DE DECEMBRO AS 11 HORAS
POLO DEREITO A NEGOCIACIÓN
POLA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
¡¡¡¡¡¡¡¡ACUDE!!!!!!!! Convoca Plataforma Sindical Unitaria
|
|
|
|
ASEMBLEA INFORMATIVA SOBRE A FOLGA |
| |
10.12.2009 ASEMBLEA XERAL INFORMATIVA SOBRE A FOLGA
VENRES DÍA 11 DE DECEMBRO
AS 12 HORAS NO SALÓN DE ACTOS DO HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
AS 14 HORAS NO SALÓN DE ACTOS DO HOSPITAL NAVAL
CONVOCAN: C.I.A.S – CIG – SAE
¡!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!ACUDE¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
|
|
|
|
Constituída a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitária de Ferrol |
| |
07.12.2009
Convocadas pola Asociación de Veciños de Valón e da Asociación Veciñal de Esteiro, no día de onte 23 entidades constituíron a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública.
Os catro sindicatos van formar parte da mesma e ademais CCOO, CIG e USTG enviaron, como mostra de compromiso inequívoco, ós seus secretarios comarcais. A UGT desculpou a non asistencia do seu secretario comarcal, pero si estivo presente no acto unha representante da mesma.
Web da plataforma
Trece asociacións veciñais , varias asociacións socio sanitarias ( algunhas desculparon a asistencia por celebrarse o día da mobilidade) e a Xunta de Persoal da Área Sanitaria van , de maneira inicial, a formar parte da Plataforma, que está pechada a novas incorporacións que xa se van producir nos próximos días.
Principalmente foi obxecto de debate a redución dos orzamentos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde para o 2010 ( 38 millóns de euros ) e a falla de compromiso da Xunta de Galicia, neses orzamentos, co Plan Director do Complexo Hospitalario, ó que só se dedican 100.000 euros, e o nulo compromiso, non se dedica partida ningunha, co Plan de Alta Tecnoloxía, que deixa ó Marcide fóra dese Plan no ano 2010. O Conxunto dos asistentes criticaron a falla de compromiso da Xunta de Galicia nos orzamentos do 2010 coa Área Sanitaria de Ferrol.
Mentres tanto se segue a dilapidar diñeiro público, no Monte Gaias nos soldos dos Directivos do Servizo Galego de Saúde, que aumentan considerablemente, e no mantemento do Plus de Altos Cargos.
Logo de manifestarse en conta das privatizacións na construcións de centros de saúde e de Hospitais previstas pola Xunta de Galicia, se estableceu un programa de mínimos da Plataforma que se completará na próxima xuntanza a celebrar neste mesmo mes de Decembro:
1. Demandar da Xunta de Galicia a adecuación dos orzamentos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde ás necesidades reais de contratación de persoal e dimensionamento de cadros de persoal, cubrindo en todo momento o 100% das ausencias por enfermidade, permisos, vacacións, etc., que eviten a actual mingua da calidade asistencial.
2. Revisar os concertos establecidos cos Hospitais Privados, Hospitais Concertados, e Clínicas Privadas, eliminando aqueles que non sexan necesarios.
3. Mellorar a xestión do gasto farmacéutico, non reducir en caso ningún a dispensa de medicamentos, pero si exercer un mellor control.
4. Manter o Plan de Mellora da atención Primaria, garantindo a adecuación dos tempos de consulta médica, e a extensión de programas e plans de coidados de Enfermería.
5. Redución drástica das Listas de Espera en Consultas de atención Especializada, Probas diagnósticas, Cirurxía e procedementos terapéuticos. Control das Listas de Espera no futuro.
6. Creación dun Centro de Referencia das Enfermidades Profesionais nesta Área Sanitaria.
7. Paliar a escaseza de recursos Sociosanitarios na Comarca, actualmente moi insuficientes, dada as características, da idade da poboación, da nosa Comarca, Integrando o Hospital Xeral na rede Pública.
8. Mantemento dos compromisos económicos mantidos con esta Área Sanitaria para desenvolver o Plan Director do Complexo Hospitalario.
9. Compromiso de investimento no ano 2010 da Área Sanitaria dentro do Plano de investimentos en Alta Tecnoloxía.
10. Creación dun sistema de alerta sanitaria directamente relacionado coa Atención Primaria, para que o gasto asistencial derivado da asistencia a enfermidades profesionais sexa custeado polas Mutuas e non cargado á Sanidade Pública.
A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol está aberta a novas adhesións de asociacións. Para aherirse, contactar no plataformadspferrol@gmail.com
|
|
|
|
NOVO PACTO DE CONTRATACIÓNS |
| |

INFORMACIÓN DA REUNIÓN CELEBRADA NO SERGAS: DÍA 4-12-09.
Como previa ao inicio da reunión, a Admón infórmanos da situación na que se atopan as listaxes pendentes de publicar. Desde a Tesourería da S.S de Madrid xa enviaron o disket cos datos do desemprego, nos próximos días farán a volcaxe de datos e, en breve, publicaran as listaxes provisorias. Reiteraron a celeridade coa que se fixo esta baremación, xa que o anterior proceso durara ano e medio
Desde CIG-SAÚDE comentámoslle que a celeridade veríase ao final do proceso, unha vez publicadas as listaxes definitivas.
Nesta reunión a Admón fixo entrega dunha nova proposta. A devandita proposta non é definitiva, xa que tras o debate sindical a Admón quedou en valorar a proposta que unanimemente lle facíamos as organizacións sindicais.
A PROPOSTA DA ADMÓN.: 1.- Incentivación ou recoñecemento do persoal que superou os procesos selectivos. 2.- Nesta proposta barémanse todos: aprobados, suspensos e non presentados. 3.- Unha única listaxe con dous bloques e baremada con criterios de OPE: a.-Nota de exame, ponderada segundo a puntuación obtida. b.-Experiencia profesional. c.-Formación. 4.- A devandita listaxe tería dous bloques: a.- No primeiro bloque, estaría por orde de baremación o persoal que superase o proceso selectivo. b.- No segundo bloque, estaría por orde de baremación o persoal que non superase o proceso selectivo e o persoal que non participase na OPE.
Esta proposta mellora a proposta presentada na reunión anterior, pero a Admón pretendía seguira diferenciar na baremación os aprobados dos suspensos. Despois do debate, a Admón aceptou pensar a proposta unánime das organizacións sindicais:
Proposta das organizacións sindicais: Unha única lista baremada con criterios OPE: aprobados e suspensos, como se fai agora neste pacto. Cada ún tería a orde de prelación que lle corresponda segundo os méritos achegados. Pendente de que a Admón o valore.
O pacto que se negocie agora será de aplicación despois da próxima OPE; nese momento todo o persoal coñecerá previamente as regras do novo pacto.
Ademáis disto, a Admón informounos da súa pretensión de crear unha plataforma dixital para facer un rexistro de persoal onde figuren todos os méritos: experiencia profesional, formación... Nesta plataforma rexistraríase todo o persoal: fixo, interino, eventual, demandante de emprego... Os méritos aquí rexistrados utilizaríanse para todos os procesos: mobilidade interna, carreira, traslados, OPE...
A pretensión da Admón: é a última vez que se barema. |
|
|
|
VOZEIRO MES DE DECEMBRO |
|
4.12.2009 Xa publicamos o novo vozeiro. Desta volta tocamos o tema das supresión dos acordos retributivos, o persoal eventual, a enquisa sobre as liñas de autobuses ao CHAMSPONS-HBD e algún outro tema para o conxunto dos traballadores e traballadoras da nosa Área. Descargar |
|
|
|
CALENDARIO LABORAL 2010 |
|
4.12.2009 Podedes descargar aquí o calendario laboral 2010 cos festivos da nosa comarca.
Descargar |
|
|
|
TRIENIOS PERSOAL EVENTUAL |
|
4.12.2009 No ano 2008 recoñecéronse os trienios para persoal eventual. Actualmente non temos constancia de que os novos trienios que se vaian cumplindo se estén recoñecendo de forma automática. Se polas vosas contas xa tedes tempo traballado para un novo trienio. Solicitade por escrito á Dirección de Recursos Humanos da Área Sanitaria de Ferrol o seu recoñecemento.
|
|
|
|
CONSTITUCIÓN DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA |
| |
02.12.2009 Convocada para o xoves día 3 de decembro ás 19 horas no local da Asociación de Veciños de Esteiro en Fernando VI, Bloque I, baixo s/n, unha asemblea aberta para debater entre todos e acordar se así se estima a creación dunha Plataforma Cidadá pola Defensa da Sanidade Pública.
Esta asemblea xurde da inquedanza de un bó de número de persoas ante a situación na que se atopa a Sanidade Publica na Área Sanitaria e no conxunto de Galicia tras os últimos acontecementos e anuncios por parte do Partido Popular:
• Reducción dos orzamentos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde ( 38 millóns de euros para o ano 2010) • Aumento alarmante das listas de espera. • Aumento dos concertos cos Hospitais Privados. • Aumento de derivacións de pacientes a outras Áreas Sanitarias e a centros privados concertados. • Conxelación dos cadros de persoal. • O anuncio de construcción de catro centros de saúde na comarca pola iniciativa privada. • A falla de orzamento para o Plano de Alta Tecnoloxía que non dedica nin un só euro no ano 2010 para a Área Sanitaria. • O escaso compromiso co Plano Director do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide , que destina 100.000 euros para o ano 2010, fronte ós 200.000 e 250.000 que recibirán Monforte e o Salnés. Etiquetas: onv |
|
|
|
CONVOCATORIA MOBILIDADE INTERNA |
| |
30.11.2009 A Área Sanitaria de Ferrol ven de convocar un novo concurso de mobilidade interna para varias prazas de persoal sanitario en Atención Primaria. Está publicado nos taboeiros de Recursos Humanos ou tamén podedes aceder á convocatoria a través da intranet da Área. Tedes que ter en conta que só pode participar o persoal con praza en propiedade con alomenos un ano de antigüedade, que os destinos son PROVISORIOS e que isto conleva a reserva da praza que tés en propiedade. |
|
|
|
RESULTADOS DA ENQUISA SOBRE AS LIÑAS DE AUTOBUSES AO CHAMN-HBD |
| |
27.11.2009 Os resultados son os seguintes: Cuestionarios cumprimentados: 229 Destes foron: - Traballadores: 84% - De Ferrol o 67%, de Narón o 28% e de Neda o 5% restante - A favor do horario proposto dos 15min: 95% - Horarios de luns a domingo o 68%, de luns a venres o 25% e de luns a sábado o 7% - A favor de deixar o coche na casa o 98% dos enquisados
Ademáis dicirvos que houbo 78 observacións feitas polos enquisados. Aquí tedes as máis significativas: - Marquesina urxente no HAM - Aumento liñas autobuses ata o Novoa, con plataforma para a xente de RHB - Aumento liñas autobuses ata o Naval - Aumento liñas autobuses ata o Polígono de Pozo - Aumentar o nº de liñas por rutas diferentes á Estrada de Castela - Aumentar o nº autobuses dende Pontedeume, Valdoviño, Cedeira, Ortigueira. - Aumentar o nº autobuses interurbanos (A Coruña-Ferrol, Sada-Ferrol...) ou tren de cercanias. - Mellorar o horario das liñas, mais acorde coas horas de entrada e saída do persoal (piden chegada e saída sobre 20-30 minutos de marxe para cambiarse) e con maior regularidade (cada 20-30 minutos en tódalas liñas) - Liñas directas dende Narón, Fene, Neda, Caranza e Ferrol. - Posibilidade de crear un carril bus para mellorar a puntualidade dos buses. - Bonobús especial para os traballadores do complexo ou liñas autobuses específicas para o persoal.

Desde CIG Saúde Ferrol agradecervos a todas e a todos a vosa colaboración nesta enquisa. Comentarvos que esta semana que ven trasladaremos os resultados completos da enquisa ao concelleiro de Tráfico de Ferrol para que os poña en coñecemento das empresas e lle solicitaremos tamén que tomen as medidas oportunas para a mellora das condicións das liñas de autobuses no sentido que deu a enquisa e ademáis solicitarémoslle que tome medidas para mellorar aquelas outras cousas que lle repercuten a el directamente como concelleriro, como poden ser, a reposición da marquesina do Marcide ou a posibilidade e crear un carril bici ata o complexo hospitalario.
|
|
|
|
INFORMACION PLATAFORMA SINDICAL |
| |
O mércores 25 de novembro CIG-SAUDE celebrou un Consello Nacional para decidir a postura que lle íamos plantexar ao resto dos membros da Plataforma.
Logo de analizar o resultado das asembleas celebradas en toda Galiza e ante a unánime resposta do persoal en rexeitar a última proposta do SERGAS. así como seguir mantendo a presión con novas mobilizacións e incluso ir a Folga como último recurso, CIG SAUDE, logo dun amplo debate, decidiu plantearlle á Plataforma Sindical a convocatoria de folga para intentar mudar os posicionamentos da Administración.
Na xuntanza da Plataforma realizada o mesmo día pola tarde CIG-SAUDE propuso a convocatoria de folga, posto que creemos é unha cuestión de dignidade e coherencia entre outros motivos e porque apenas queda marxe de manobra antes de que se aproben os presupostos. Esta postura non foi apoiada polo resto de Organizacións en principio, e polo tanto, en aras de manter a unidade sindical aprazamos a convocatoria a outra data.
En xuntanzas anteriores da Plataforma CIG-SAUDE xa plantexara mobilizacións o 9 ou 15 de decembro entre outra medidas.
O acordo a que se chegou por parte de Plataforma foi:
1.- Rexeitar a proposta do SERGAS, solicitar o cumprimento íntegro dos acordos. Se a Admón mantén a proposta presentada na reunión anterior, solicitaremos a presenza da Conselleira na M.S para desbloquear esta situación.
2.- Se non prospera a reivindicación sindical, intentaríamos algún acto mais significativo...
3.- Convocatoria dunha concentración diante do Parlamento o Próximo día 9 de decembro, ás 17 hs. Nós propuxémoslle ao resto de organizacións que se na reunión do xoves 26 o SERGAS non move a postura e ameaza con retirar a súa proposta e aplicar o artigo 38 do EB, nós tamén teríamos que ameazar coa convocatoria de folga, non estaban moi convencidos disto.
Seguiremos informando puntualmente de como se vaian producindo os acontecementos. |
|
|
|
MARQUESINA NA PARADA DE BUS DO MARCIDE |
| |
25.11.2009
Nuns días daremósvos información completa sobre o resultado da enquisa online sobre as liñas de autobuses ao CHAMNS-HBD. En varios dos cuestionarios nos fixestes a mesma observación, que a marquesina que levou o vento o inverno pasado, todavía non foi reposta. Así que hoxe comezamos unha campaña na que realizaremos as accións pertinentes para que o concelleiro de tráfico nola repoña. |
|
|
|
FERROL REXEITA A PROPOSTA DO SERGAS |
| |
24.11.2009 A multitudinaria Asemblea realizada hoxe ás 12 horas no Hospital Arquitecto Marcide decidiu por unanimidade rexeitar a proposta do SERGAS e apoia masivamente a convocatoria de folga.
POLO CUMPRIMENTO DOS ACORDOS ASINADOS RESPECTO AOS ÓRGANOS DE NEGOCIACIÓN FERROL VOTA FOLGA XA!!!
|
|
|
|
RESUMO DA XUNTANZA DO COMITE DE SAUDE LABORAL DO PASADO 15 DE OUTUBRO |
| |
23.11.2009
Aquí tedes o resumo da pasada xuntanza do Comité de Saúde Laboral da Área Sanitaria de Ferrol. Entre outros, tratáronse os seguintes puntos: .- Gripe A .- Plan de emerxencias .- Uniformes PAC .- Requerimentos da inspección de traballo e moitos máis.
Descargar resumo |
|
|
|
O FUTURO DO PERSOAL EVENTUAL EN XOGO: ¿SOMOS TODAS IGUAIS? |
|
23.11.2009 Tódalas traballadoras independentemente do vínculo que ostenten co seu empregador teñen os mesmos dereitos, porque son traballadoras dende o momento en que firman o contrato, no caso do SERGAS, incluso antes. Esta é unha realidade que ninguén debe esquecer; en primeiro lugar o empregador e a continuación os traballadores e polo tanto os sindicatos.
Ler todo o artigo |
|
|
|
MARTES 24: ASEMBLEA INFORMATIVA |
| |
20.11.2009
PLATAFORMA SINDICAL INFORMA No día de onte acudimos a Compostela co fin de apoiar a Plataforma Sindical que estaba a negociar o cumplimento dos acordos, facía frío intenso e a policia impediu que entraramos no edificio do SERGAS (achegamos fotos de Ferrol) a Administración entregou unha nova proposta que valoraremos na asamblea. ASEMBLEA XERAL MARTES DÍA 24 DE NOVEMBRO DE 2009 AS 12 HORAS NO HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
ORDE DO DÍA: NOVA PROPOSTA SERGAS
POLO CUMPRIMENTO DOS ACORDOS ASINADOS RESPETO ÓS ÓRGANOS DE NEGOCIACIÓN PARTICIPA, XOGÁMONOS MOITO |
|
|
|
INFORMACIÓN DA ASEMBLEA |
| |
18.11.2009
PLATAFORMA SINDICAL UNITARIA INFORMA No día de onte, celebramos unha asamblea xeral no Hospital Arquitecto Marcide co obxecto do valorar a proposta do Sergas de dilatar no tempo o cumplimento dos acordos que xa tiñamos asinados e publicados en DOG.
O persoal rexeitou dita proposta. Acordouse continuar coas mobilizacións, barallando a posibilidade de intensificalas e incluso recrudecelas.
Mañá xoves día 19 ás 11 horas os delegados sindicais estamos convocados a unha concentración en Compostela diante do SERGAS durante a celebración da mesa sectorial que convocou a Consellería co único punto da orde do día de información sobre os acordos suspendidos.
Quén queira ir acompañarnos a Compostela será benvido.

POLA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
POLO CUMPLIMENTO DOS ACORDOS ASINADOS
 |
|
|
|
URXENTE: CONCENTRACIÓN EN COMPOSTELA XOVES 19 |
| |

O SERGAS convoca unha Mesa Sectorial para este xoves día 19 ás 11 horas en Santiago co único punto na orde do día :
***Información sobre a situación de acordos
A CONCENTRACIÓN DE DELEGADOS NO SERGAS TRASLADASE DO MERCORES A :
XOVES DÍA 19 ÁS 11Hrs
ACUDE: APOIA A MESA DE NEGOCIACIÓN
POLO CUMPRIMENTO DOS ACORDOS ASINADOS
RESPECTO AOS ÓRGANOS DE NEGOCIACIÓN
A palabra FOLGA está a soar con forza nas diferentes asembleas feitas estos días, o cabreo do persoal vai en aumento, despois da última proposta feita dende o SERGAS.
MOBILÍZATE NA DEFENSA DOS TEUS DEREITOS |
|
|
|
MARTES 17: ASEMBLEA INFORMATIVA |
| |
16.11.2009
POLA DEFENSA DOS ACORDOS ASINADOS
Martes 17 de Novembro de 2009 Asemblea as 12:00 no salón de Actos
DEFENDE OS TEUS DEREITOS
DEFENDE A SANIDADE PÚBLICA
¡ACUDE!
CCOO-CESM-CIG-CIAS-CSIF-SAE-UGT
|
|
|
|
|
|
|
SOLIDARIEDADE
|

|
|
CIG-Saúde Ferrol: Hospital Arquitecto Marcide-Local Sindical da CIG. Avda. da Residencia s/n. 15405. Ferrol
981 33 45 66 * www.cigsaudeferrol.blogspot.com * cigsaudeferrol@gmail.com
|
|
|