CONFLICTIVIDADE AREA SANITARIA: INCORPORACIÓNS E CESES POR TRASLADOS + OPE
CONSIDERACIÓNS SOBRE A CONFLICTIVIDADE ACTUAL NA AREA SANITARIA DE FERROL (ASF)
Nas últimas semanas, a situación no ámbito da especializada é un reflexo do malestar xeneralizado respecto da incorporación do persoal do Hospital Naval. A súa manifestación e coincidencia cos ceses resultantes da incorporación dos traslados e a OPE, evidencia a complexidade da situación, polo que o seu análise non debe quedar na simple apariencia e por iso CIG-saúde fai as seguintes CONSIDERACIÓNS:
1- A transferencia do persoal do Naval realizouse polo Real Decreto 1081/2008 sobre traspaso dos medios persoais adscritos ó Hospital de Defensa de Ferrol, en réxime de persoal funcionario e laboral da Xunta de Galiza, coa relación nominal do persoal traspasado publicada en B.O.E.
2- Dita transferencia está pendente do proceso de integración deste persoal ó réxime de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, sendo nese momento cando poidamos valorar o aumento real de postos de traballo estatutarios no ASF, previsto para o primeiro trimestre de 2009.
3- O modelo de xestión de área única imposta polo Servizo Galego de Saúde para esta área sanitaria, choca frontalmente coa xestión que se realiza no resto das áreas de Galiza, exemplificado nas convocatorias de OPE e traslados, que seguen a manter diferenciados os dous ámbitos asistencias (primaria e especializada).
4- Constatando que a dirección da ASF aplica o novo modelo de xestión de maneira interesada (traslados forzosos), sempre defendemos os traslados voluntarios de área (acoplamentos internos), non así o desenrolo total do Decreto 15/2005 que establece a estructura da ASF, mentras non exista un catálogo de postos no Servizo Galego de Saúde que evite a alta mobilidade por necesidades de servizo que xa actualmente se presenta no ámbito da especializada ( os nomeamentos son de hospital e non por servizo e turno).
5- Entendendo o malestar do persoal fronte o marco presentado, queremos recordar que a capacidade de lexislar non se atopa nas mans das organizacións sindicais, que poden presentar alegacións e aportacións pero non deciden. A decisión sempre é da administración e das câmaras de goberno, que concede ou quita dependendo da forza que perciban das centrais sindicais, forza que sempre recae na capacidade de mobilización d@s traballador@s afectad@s polo proceso negociador.
6- Baixo a premisa de que os ceses son a consecuencia da incorporación dos traslados e OPE (condicións recollidas nas súas convocatorias) e conforme ó Decreto 206/2005 de provisión de prazas do Servizo Galego de Saúde, estamos plenamente convencidos de que a orixe do conflicto está na práctica habitual da Dirección desta área sanitaria, que baseándose na súa potestade organizadora, non informa nin consulta @s traballador@s nin ós seus representantes sobre os cambios que leva a cabo, dando lugar a situacións de incertidume e confusión de maneira continuada no tempo.
Dende o 1 de xullo de 2008, CIG-saúde solicitou reiteradamente á Dirección da ASF, información sobre as condicións de incorporación e situación nos servizos do persoal do Hospital Naval, recibindo como resposta que dito persoal se atopa a maiores da plantilla de persoal estatutario do ASF. Recibimos un listado da ubicación do persoal fixo do Naval, non así do persoal interino nin das modificacións posteriores. Esta falta de información xustifícana co argumento de que nós non somos representantes legais dos traballador@s do Naval (que teñen o seu propio comité de centro) mentres non sexan persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Por outra banda, esta central sindical mantivo diversas xuntanzas co persoal afectado polos ceses dos seus contratos derivados da incorporación dos traslados e OPE, trasladando toda a información dispoñible do proceso.
CIG-saúde defende, e defenderá sempre, a legalidade vixente e velará pola transparencia e que se cumpran os procesos regrados conforme á normativa vixente. Estes conflictos veñen orixinados pola incapacidade manifesta e falla de transparencia da Dirección de RR.HH. desta área sanitaria, que practica a política da avestruz de “agochar a cabeza debaixo da ala” e non facilita en tempo e forma a información e documentación necesaria ás organizacións sindicais, para estas trasladar a información ó conxunto d@s traballador@s. Por tanto agardamos unha rectificación por parte da Dirección da ASF, para que na súa potestade organizadora teña máis en conta as opinións e aportacións d@s traballador@s e os seus representantes legais, evitando así situacións de incertidume e confusión nas que só fai falta unha lapa para prender lume.
Exemplos:
O pasado día 13 deste mes de outubro, a Comisión de Especializada mantivo unha reunión coa Dirección de Recursos Económicos para transmitirlle a preocupación do persoal de Cociña e Técnico en Coidados de Enfermaría pola información transmitida polos mandos intermedios de suprimir o turno de noite na cociña. Esta Xunta de Persoal non fora informada dese cambio e amosamos o noso desacordo con esa medida, o tempo que solicitamos da Dirección valoración doutras posibilidades, e consulta co persoal implicado. A Dirección de Recursos Económicos quedou en transmitirlle a Xerencia as peticións desta Comisión para a súa valoración. Agradanos coñecer que por unha vez a Dirección da mostras de sensatez e retira o plan organizativo con data 23 de outubro para a súa valoración. Texto remitido pola xerencia: Ante ás queixas expresadas por parte da Xunta de Persoal respecto da reorganización dos servizos e funcións de distintos colectivos desta área sanitaria, leanse auxiliares enfermaría en pinches, esta Dirección desexa manifestar a esa Xunta de Persoal para á súa transmisión e información aos traballadores implicados:
1º Retirar dito plan organizativo para a súa reavaliación.
2º Buscar o maior consenso posible entre os sectores implicados para o seu desenvolvemento, dentro do marco representativo da Xunta de Persoal
Agardamos que pronto se nos convoque para por fin a este proceso, evitando asi confusións entre o persoal afectado.
PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA NO SERGAS
A SAÚDE NON É UN NEGOCIO
A POLÍTICA SANITARIA DA XUNTA DE GALIZA TRADÚCESE EN:
Central de Chamadas = Privatización, Precarización Laboral
A Consellaría de Sanidade aprovéitase da iniciativa sindical de CIG Saúde, dirixida a mellorar a calidade da cita previa na Atención Primaria, para dar renda solta á súa política privatizadora.
Isto tradúcese en:
1.- Os datos da tarxeta sanitaria quedan en mans dunha empresa externa ao Servizo Galego de Saúde.
2.- Precarízanse as condicións de traballo do persoal. As/os traballadoras/es desta empresa non foron seleccionados a través das listaxes de contratacións do Sergas. Os demandantes de emprego abonan as taxas correspondentes para inscribirse nas listaxes e despois a Consellaría contrata o servizo cunha empresa privada; o que está na listaxe de contratación segue sen poder acceder ao emprego temporal.
Colexiación obrigatoria = Mais “Chiringos” Corporativos
Que interés hai en seguir fomentando a proliferación dos colexios profesionais obrigando a todas/os as/os traballadoras/es do sistema sanitario público, con independencia do grupo profesional ao que pertenzan, á obrigatoriedade de estar colexiadas/os?
Se nin a Constitución española, nin a Lei 16/1986, Lei Xeral de Sanidade, lle outorgan no entramado do Sistema Nacional de Saúde ningún papel aos colexios profesionais, nin vincula a asistencia sanitaria pública á obrigatoria integración dos profesionais nos respectivos colexios. Por que o fai a Consellaría de Sanidade?. A quen lle reporta beneficios a colexiación obrigatoria?
Galaria = Capital e Xestión Privada na Sanidade Pública.
Galaria, creada o 28 de agosto de 2008, é unha sociedade mercantil anónima dependente da Xunta de Galiza. É a parte non asistencial do antigo MEDTEC transformada nunha nova empresa. No lugar de facer desaparecer todas as Fundacións, como se comprometera, a Consellaría de Sanidade crea esta entidade para encargarse de xestionar o plano de infraestruturas sanitarias.En silencio, con nocturnidade, e sen anestesia, esta Consellaría está planificando utilizar Galaria para compartir con empresas privadas o financiamento do novo Hospital de Vigo a cambio de contratarlles durante moitos anos moitos dos servizos non asistenciais do novo Hospital.
Isto comprometería os orzamentos da Consellaría durante moitos anos. É o mesmo que fai Esperanza Aguirre en Madrid e que iniciou Thatcher en Inglaterra, a chamada Iniciativa de Financiamento Privado (PFI): Unha privatización descarada da sanidade pública. É o mesmo que tanto critica a oposición madrileña e quetiveron que paralizar en Inglaterra despois de comprobar o grave empeoramento da sanidade pública inglesa.
RESOLUCIÓN DO 17 DE OUTUBRO DE 2008, DA DIRECCIÓN DE ÁREA SANITARIA DE FERROL, POLA QUE SE CONVOCA ACTO PÚBLICO DE ELECCIÓN DE DESTINOS PROVISIONAIS DO PERSOAL ADXUDICATARIO DE PRAZAS NOS PROCESOS DE CONCURSO DE TRASLADOS E CONCURSO-OPOSICIÓN, CONVOCADOS POR RESOLUCIÓNS DO 20 DE XUÑO DE 2007 E DO 8 DE AGOSTO DE 2006, RESPECTIVAMENTE
De conformidade co establecido nas Instruccións da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde en relación coa incorporación e cesamento de persoal como consecuencia dos concursos de traslados e os procesos selectivos, en virtude das competencias atribuidas polo Decreto 46/2006, do 23 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde e Orde do 8 de maio de 2006, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,
RESOLVO
Convocar acto público de elección de destinos provisionais do persoal estatutario adxudicatario de prazas nos procesos de concurso de traslados e concurso-oposición, convocados por resolucións do 20 de xuño de 2007 e do 8 de agosto de 2006, respectivamente, nas categorías de ATS/DUE e Auxiliar de Enfermaría.
O devandito acto público rexerase polas seguintes normas:
O acto público terá lugar o día 21 de outubro de 2008, no Salón de Actos do Hospital Arquitecto Marcide, de Ferrol, en horario de 08:30 para a categoría de ATS/DUE e de 11:00 para a categoría de Auxiliar de Enfermaría.
O acto contará con representación das Direccións de Enfermaría e de Recursos Humanos e Relacións Laborais, así como con un representante designado pola Xunta de Persoal de Area.
A adxudicación de prazas será provisional, entendéndose que o sistema de provisión definitiva de prazas é o que se describe no Acordo sobre mobilidade interna na Area Sanitaria de Ferrol vixente en cada momento.
O persoal que se atope prestando servizos no centro terá dereito a permanecer, provisionalmente, na prestación de servizos no mesmo posto que viña desempeñando. En caso de querer participar no acto de elección, deberán manifestalo por escrito remitido á Dirección de Recursos Humanos e Relacións Laborais da Area Sanitaria de Ferrol, antes das 14:00 horas do día 20 de outubro. Neste suposto, a praza que viña desempeñando este profesional, será obxecto de oferta no acto público.
As prazas ofertadas reflíctense en Anexo I á presente Resolución. Con anterioridade ao inicio do acto de elección, incluiranse no devandito Anexo as prazas resultantes da opción dos profesionais que se atopan prestando servizos no centro, de conformidade co establecido na norma anterior.
A elección de destinos provisionais seguirá a seguinte orde:
1. Persoal adxudicatario de prazas no concurso de traslados, por orde descendente de puntuación no mesmo
2. Persoal procedente do concurso-oposición pola quenda de promoción interna, por orde descendente de puntuación no mesmo
3. Persoal procedente do concurso-oposición polas quendas libre e de discapacitados, por orde descendente de puntuación no mesmo
Os eventuais empates na puntuación resolveranse no xeito que especifiquen, segundo proceda, os baremos das convocatorias do concurso de traslados ou do concurso-oposición.
A listaxe ordenada de aspirantes publícase como Anexo II á presente Resolución. Aqueles profesionais que veñen prestando servizos no centro indícanse na relación xunto coa unidade na que actualmente desempeñan os seus servizos, a cal sería obxecto de oferta en caso de optar o profesional por participar no acto.
Contra a presente Resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada perante a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde, no prazo de un mes, contado dende o día seguinte á súa publicación.
CRITERIOS DE INCORPORACIÓN DE PERSOAL PROCEDENTE DO CONCURSO DE TRASLADOS 2007 E OPE 2006
As Instruccións da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do 3 de outubro de 2008, en relación coa incorporación e cesamento de persoal como consecuencia dos concursos de traslados e os procesos selectivos sinala no seu apartado 3. PRIMEIRO, que
“a ubicación do novo persoal nas unidades organizativos dos centros de destino, tanto os adxudicatarios do concurso de traslado como os aprobados no concurso-oposición, poderá ter carácter provisional, alomenos ata que se esgoten os distintos prazos posesorios, con respecto aos regulamentos internos de organización do traballo dos distintos centros así como, no seu caso, os acordos acadados cos órganos de representación do persoal correspondentes”
O apartado TERCEIRO da mesma instrucción sinala que
“Os profesionais que se atopen prestando servizos no centro continuarán provisionalmente prestando servizos no mesmo posto que viñan desempeñando”.
Tendo en conta o sinalado nas dúas instruccións mencionadas, cabe a posibilidade de diferir o acto de elección de concretos postos ata o remate dos prazos posesorios, momento no que se pode ter unha visión máis clara da oferta que se poida realizar.
Por outra banda, a continuidade dos profesionais no desempeño dos actuais postos, pode entenderse como unha obriga ou como un dereito. No primeiro caso non participarían no acto de elección e as súas prazas non serían ofertadas, mentras que no segundo caso sí poderían participar no acto de elección, pasando, por tanto, as súas prazas a ser ofertables.
CRITERIOS:
Ambito de aplicación: Os presentes criterios serán de aplicación ao persoal procedente do concurso de traslados 2007 e da OPE 2006, nas categorías de ATS/DUE, Auxiliar de Enfermaría, Celador e Grupo Auxiliar da Función Administrativa.
Persoal que presta servizos actualmente no centro: Antes de iniciarse o acto de elección, estes profesionais (comisións de servizo, interinos en praza vacante, promoción interna e substitutos de longa duración) deben manifestar se optan por permanecer no desempeño do posto actual ou por participar no acto de elección. En función da súa decisión, as súas prazas serán ofertadas ou non no devandito proceso. Orde de elección: Persoal procedente do concurso de traslados, por orde de puntuación no devandito concurso Persoal procedente da OPE, atendendo á seguinte prelación: Persoal que obten praza na OPE pola quenda de promoción interna, por orde de puntuación obtida na OPE Persoal que obten praza na OPE polas quendas libre e de discapacitados, por orde de puntuación obtida na OPE
Desempates: Os eventuais desempates resolveranse no xeito que especifiquen, segundo proceda, os baremos das convocatorias do concurso de traslados ou da OPE
Relación de prazas: A relación de prazas obxecto da oferta será entregada por escrito aos aspirantes antes de iniciarse o propio acto. Farase constar que os destinos adxudicados son provisionais, quedando suxeitos á vindeira oferta de mobilidade interna.
Ofertarase un número de prazas igual ao de adxudicatarios dos procesos de concurso de traslados e OPE. Os postos concretos deberán seguir o seguinte criterio:
Postos vacantes sen ocupación Postos ocupados por persoal que obtén praza no centro a través do concurso ou da OPE (ver criterio 1) Postos que viñan sendo desempeñados por persoal que cesa como consecuencia do concurso ou da OPE, ou que obteñen praza no concurso ou na OPE noutro centro.
Acta De todo o proceso deberá levantarse un acta, que será asinada polos membros da Dirección de Recursos Humanos e/ou Dirección de Enfermaría presentes, así como por un representante dos traballadores, designado pola Xunta de Persoal de Area.
ACORDO RETRIBUTIVO : 2008-2012
CIG-SAUDE, asinou o día 15-10-2008, o acordo de mellora retributiva e condicións de traballo do persoal do SERGAS.
A decisión de asinar o acordo, foi tomada despois da consulta feita en diversas asembleas desenvoltas por todo galiza, cunha decisión amplamente maioritaria
a favor de asinar.
A continuación vos deixamos os documentos son 2; un da proposta definitiva no seu conxunto, e outro da valoración distribución incremento:
A asemblea de Ferrol desenvolveuse o do día 13 cunha asistencia de 50 persoas, no hospital A. Marcide
Avaliarón positivamente a proposta final é decidirón por unanimidade que CIG-SAÚDE, debia de asinar o acordo.
Esta decisión da asemblea de Ferrol foi trasladada ao consello nacional que adoptou a decisión final o mércores 15 despois de valorar as opinións das asembleas das distintas localidades de toda galiza.
OPE
Públicada Resolución da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se declara rematado o proceso selectivo de determinadas categorías de persoal estatutario, se nomean os aspirantes como persoal estatutario fixo e se lles adxudica con carácter de destino definitivo a praza correspondente. Os aspirantes nomeados disporán do prazo dun mes para incorporarse a praza adxudicada. O computo iniciarase a partir de mañá día 15 de outubro de 2008. Asimesmo públicada resolución do concurso de traslados das mesmas categorías. COCIÑEIRO GRUPO TÉCNICO DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA GRUPO DE XESTIÓN GRUPO AUXILIAR PSX CELADORES/AS. Parabéns. Ligazón: DOG OPE DOG TRASLADOS : Prazos
CRITERIOS INCORPORACIÓN DE PERSOAL
13-outubro-2008
CRITERIOS DE INCORPORACIÓN DE PERSOAL PROCEDENTE DO CONCURSO DE TRASLADOS 2007 E OPE 2006
As Instruccións da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do 3 de outubro de 2008, en relación coa incorporación e cesamento de persoal como consecuencia dos concursos de traslados e os procesos selectivos sinala no seu apartado 3. PRIMEIRO, que
“a ubicación do novo persoal nas unidades organizativos dos centros de destino, tanto os adxudicatarios do concurso de traslado como os aprobados no concurso-oposición, poderá ter carácter provisional, alomenos ata que se esgoten os distintos prazos posesorios, con respecto aos regulamentos internos de organización do traballo dos distintos centros así como, no seu caso, os acordos acadados cos órganos de representación do persoal correspondentes”
O apartado TERCEIRO da mesma instrucción sinala que
“Os profesionais que se atopen prestando servizos no centro continuarán provisionalmente prestando servizos no mesmo posto que viñan desempeñando”.
Tendo en conta o sinalado nas dúas instruccións mencionadas, cabe a posibilidade de diferir o acto de elección de concretos postos ata o remate dos prazos posesorios, momento no que se pode ter unha visión máis clara da oferta que se poida realizar.
Por outra banda, a continuidade dos profesionais no desempeño dos actuais postos, pode entenderse como unha obriga ou como un dereito. No primeiro caso non participarían no acto de elección e as súas prazas non serían ofertadas, mentras que no segundo caso sí poderían participar no acto de elección, pasando, por tanto, as súas prazas a ser ofertables.
CRITERIOS:
Ambito de aplicación: Os presentes criterios serán de aplicación ao persoal procedente do concurso de traslados 2007 e da OPE 2006, nas categorías de ATS/DUE, Auxiliar de Enfermaría, Celador e Grupo Auxiliar da Función Administrativa.
Persoal que presta servizos actualmente no centro: Antes de iniciarse o acto de elección, estes profesionais (comisións de servizo, interinos en praza vacante e substitutos de longa duración) deben manifestar se optan por permanecer no desempeño do posto actual ou por participar no acto de elección. En función da súa decisión, as súas prazas serán ofertadas ou non no devandito proceso. Orde de elección: Persoal procedente do concurso de traslados, por orde de puntuación no devandito concurso Persoal procedente da OPE, atendendo á seguinte prelación: Persoal que obten praza na OPE pola quenda de promoción interna, por orde de puntuación obtida na OPE Persoal que obten praza na OPE polas quendas libre e de discapacitados, por orde de puntuación obtida na OPE
Desempates: Os eventuais desempates resolveranse no xeito que especifiquen, segundo proceda, os baremos das convocatorias do concurso de traslados ou da OPE
Relación de prazas: A relación de prazas obxecto da oferta será entregada por escrito aos aspirantes antes de iniciarse o propio acto. Farase constar que os destinos adxudicados son provisionais, quedando suxeitos á vindeira oferta de mobilidade interna.
Ofertarase un número de prazas igual ao de adxudicatarios dos procesos de concurso de traslados e OPE. Os postos concretos deberán seguir o seguinte criterio:
Postos vacantes sen ocupación Postos ocupados por persoal que obtén praza no centro a través do concurso ou da OPE (ver criterio 1) Postos que viñan sendo desempeñados por persoal que cesa como consecuencia do concurso ou da OPE, ou que obteñen praza no concurso ou na OPE noutro centro.
Acta De todo o proceso deberá levantarse un acta, que será asinada polos membros da Dirección de Recursos Humanos e/ou Dirección de Enfermaría presentes, así como por un representante dos traballadores, designado pola Xunta de Persoal de Area.
os datos das prazas que vai ofertar o SERGAS para médicos de familia e pediatras; son as que podedes ver debaixo. Ademáis a data de elección de destinos será o 18 de outubro. Vai ser convocada o día 15 na resolución publicada en DOG. Médico de familia:
X.A.P. Coruña Betanzos T 1 Buño M 1 Camariñas M 1 Cambre T 1 Camelle M 1 Carballo D 6 Carballo M 1 Cee M 1 Cesullas M 1 Culleredo T 1 Dumbría M 1 Fisterra M 1 Laxe M 1 Malpica M 1 Muxía M 2 Nantón M 1 Sada T 2 Santa Cruz T 1 Vimianzo M 2 Zas-Baio M 1 Área Sanitaria de Ferrol As Pontes T 1 Caranza T 2 Cariño M 1 Fene T 2 Fontenla Maristany T 5 Narón T 1
Pediatra de atención primaria:
X.A.P. Coruña Arteixo D 1 Carballo-Malpica M 1 Cee M 1 Culleredo D 1 Fisterra M 1 Muxía-Dumbría M 1 Perillo-Oleiros D 1 Ponteceso M 1 Vimianzo M 1 Zas-Baio M 1 Área Sanitaria de Ferrol Caranza T 1 Fontenla Maristany T 1 Mugardos-Ares M 1 Naron-Neda-Valdoviño D 1 Ortigueira-Cariño-Mañón M 1
Logo de que chegaran algunhas queixas da oferta de destinos que se fai de médicos de familia e postos en contacto cos responsables do Sergas, informan da imposibilidade de realizar ningún cambio, por mor de que é un criterio consensuado entre tódolos xerentes coa división de asistencia sanitaria, contándo que os criterios que manexaron foron os seguintes: Garantizar a asistencias sanitarias nos sitios lonxanos , xa que si ofertan tódalas vacantes nas cidades importantes non poderían garantir a asistencia sanitaria nas zonas máis penosas. Cobertura de vacantes non ocupadas. Oferta de interinos aprobados. Estos forón os criterios que utilizarón para realizar á oferta.
NEGOCIACIÓN ACORDO MARCO SERGAS
03- outubro-2008
Estaba prevista para este outono a negociación dun Acordo Marco de condicións retributivas e laborais. O SERGAS expón unha proposta de incrementos retributivos exclusivamente, con vixencia dende o día 1 de xullo 2008 ata 31 decembro 2012 que cuantifica en 135 millóns de euros a distribuir nos diferentes exercicios e nun reparto xeral para todos os grupos profesionais, ademáis dunha cuantia adicada ao incremento dos pluses de Atención Continuada :nocturnidade, festividade, pago noite pre-festivo, incremento do plus de turnicidade: quenda rotatoria simple, quenda rotatoria complexa e unha nova quenda: fixa de tarde. Tamén contempla incrementos no prezo das horas de garda, Desplazamentos, Manutención é execución retributiva dos acordos de primaria.
Podedes descargar a proposta desta ligazón: Proposta SERGAS. Premede en "click here to start download" para iniciar a descarga.