O Consello da Xunta aprobou hoxe día 29-05-2008 os acordos de Atención Primaria (UAP + PACs), agora despois deste tramite, envianse para proceder a sua públicación en DOG. Asemesmo a distintas xerencias escomenzarón a enviarlle aos profesionais, (Facultativos e enfermaría) a oferta de voluntariedade (xunto cos plans funcionais dos PACs)de conformidade co procedemento acordado na comisión de seguimento dos acordos de Mesa Sectorial de datas 14 de marzo e 4 de abril Na área Sanitaria de Ferrol, según resolución do director de área, iniciase o día 30 de maio e remata o vindeiro día 10 de xuño. A non presentación de solicitude entenderase como opción por non prestar servizos na xornada complementaria.
CIG-SAUDE
CONVOCA ASEMBLEA INFORMATIVA
MARTES DÍA 3 DE XUÑO
FONTENLA MARISTANY
*ÁS 10:30 HORAS NA 5ª PLANTA
*ÁS 17:30 HORAS NA 4ª PLANTA
Orde do día:
Oferta de voluntariedade
Plans funcionais PACs
Rogos e Preguntas
Agardamos a presenza de todolos profesionais implicados (facultativos e enfermaría, das unidades de atención primaria e do persoal de PACs) da área sanitaria, na convocatoria da maña ou na de tarde, pola importancia dos temas a desenvolver.
CONCENTRACIÓN A. MARCIDE: NON A PRIVATIZACIÓN
VENRES 30 DE MAIO ÁS 12:00 HORAS
NO HOSPITAL A. MARCIDE
CONCENTRACIÓN:
NON AO TRASLADO DO ARQUIVO CENTRAL E PRIVATIZACIÓN DO TRANSPORTE MÁIS REPARTO DAS HISTORIAS CLÍNICAS
ACUDE E MANIFESTA O TEU REIXETAMENTO: POLO TEU FUTURO,
POLA DEFENSA DOS POSTOS DE TRABALLO NA SANIDADE PÚBLICA.
Noticia xornal "diario de Ferrol"
Protestan pola privatización do servizo de transporte das historias clínicas da área
A xunta de persoal da área sanitaria de Ferrol iniciou onte nos centros de Atención Primaria e Especializada unha campaña de recollida de firmas para protestar polo que consideran unha escalada de privatización por parte do Sergas e ou xeito de facer as cousas.
Os traballadores denuncian, neste caso, a privatización do servizo de transporte e recollida de historias clínicas, que a partir do 1 de xuño trasladaranse a unha parcela situada no polígono Río do Pozo coa dúbida de se este persoal pode manexar datos tan confidenciais e coa conseguinte perda de postos de traballo dá Administración Pública, afirman.
Así mesmo, consideran que a Administración sanitaria non xo non adecua as necesidades de persoal nesta área senón que opta polo máis fácil, a privatización e a conseguinte redución de persoal propio.
A xunta de persoal recorda que desde fai anos o Servizo Galego de Saúde vén de privatizar demasiados servizos como vos de mantemento, limpeza, lavandería, aparcamento ou informática, sinalando que xa son máis de 60 as empresas privadas que traballan para o Sergas. Por iso, remitirán un escrito á conselleira de Sanidade, María José Louro Vidal; ao secretario xeral do Servizo Galego de Saúde, Cayetano Rodríguez; ao director xeral de Recursos Humanos, Antonio Fernández Paniagua; e ao director da área sanitaria de Ferrol, José Ramón García López. Neste documento expresan a súa oposición a perder máis postos de traballo nesta área e anuncian que, de non ser atendidas as súas demandas levaremos a cabo accións de protesta tendentes a dar coñecemento á poboación asistida dá realidade dá área e a acadar as nosas xustas reivindicacións. A primeira destas accións celebrouse onte no vestíbulo do hospital Arquitecto Marcide, onde ás doce do mediodía celebrouse unha concentración dos traballadores
SERGAS: OPE
Públicada 28-05-2008 DOG, Resolución do 9 de maio de 2008 da División de RRHH e Desenvolvemento Profesional pola que se publican nos taboleiros de anuncios e na páxina web do SERGAS as puntuacións provisionais da fase de concurso nas categorías de:
Celador, Cociñeiro e Persoal de Servizos Xerais. O prazo de reclamación é de 10 días hábiles
Os compañeiros e compañeiras de CIG-SAUDE do BARCO, fixerón unha vez máis un exemplar traballo, ordearón as listas provisorias de psx e celador por orde de puntos, (poden conter algún erro)
Premer ligazóns: unha vez aberto - tedes que darlle a Click here to start download.. :
Respecto da baremación provisional que se publica hoxe, observase que na categoría de PSX e no apartado de TITULACIÓN OFICIAL ESPECÍFICA, non se tivo en conta ningunha.
Dende CIG-Saúde pensamos que sería loxico e razoable que se lle tiveran en conta as mesmas que se teñen para a categoría de auxiliar administrativo, en base aos criterios que o Sergas ven mantendo de igualdade de ámbolas duas categorías en procesos de homologación e baremación de servizos prestados, abundando tamén o argumento de que a Orde de creación da categoría de PSX unha parte fundamental das suas funcións fan referencia a categoría de auxiliar administrativo. Por todo o exposto pensamos que sería necesario unha corrección no senso de baremar ditas titualcións específicas, e asi llo transmitimos ao SERGAS.
Públicada 27-05-2008 a Resolución que finaliza a fase de oposición e apertura a fase de concurso dos Grupos Técnico e de Xestión da Función Administrativa.
Correo electronico enviado polo Sergas con información do Auto do Xulgado Contencioso Administrativo nº 1 de Santiago onde desestima a solicitude de Afheis de suspende-lo acto de elección de destinos.
RV: ACTO DE ELECCION DE DESTINOS.
Fecha: Mie, 28 de Mayo de 2008, 2:53 pm Prioridad: Alta o Xulgado do contencioso-Administrativo nº 1 de Santiago de compostela, en Auto do día 28-05-2008, DESESTIMOU A SOLICITUDE DE ADOPCIÓN DE MEDIDA CAUTELAR presentada pola Asociación de Facultativos Especialistas Interinos dos Hopitais do Sergas, polo que se manteñen as datas e horas publicadas no DOG do 26 de maio de 2008.
INFORMACIÓN DA REUNIÓN DE COMISIÓN DE SEGUIMENTO OPE CELEBRADA O DÍA 22-05-08. Nesta reunión o SERGAS fainos entrega da acta que recolle os acordos acadados na reunión anterior. Como xa informábamos na reunión anterior o SERGAS recolle neste acordo todos os temas que recolle a proposta de CIG-SAÚDE sobre cesamentos e incorporación dos facultativos cesados como consecuencia da OPE 2006.O único que non nos acepta o SERGAS é que para os cesamentos se conten os periodos de atención continuada como antigüidade na praza desempeñada. O SERGAS mantén o criterio de que os servizos prestados en atención continuada non son servizos prestados en praza desempeñada.No baremo de méritos só se ten en conta os servizos prestados; retiran a baremación da formación e das publicacións polo retraso que suporía na baremación . PROCEDEMENTO DE ELABORACIÓN DAS LISTAXES DE INCORPORACIÓN SÓ FEAS. Só serán cesados o persoal que ocupe praza de cadro.Coa dilixencia do cesamento váiselle proporcionar unha solicitude para a súa inclusión nas listaxes de selección temporal.Unha vez que se produza o último cesamento (o prazo de toma de posesión remata o 10 de xullo) elaborarase a listaxe definitiva. Os vínculos de longa duración ofertaranse unha vez publicadas as listaxes definitivas.Os actuais vínculos de curta duración, os que se renovan mes a mes, se son prazas estruturais ou con previsión de duración superior ao ano (longa duración) serán ofertadas ao persoal incluido neste listaxe.Seguirase a rigorosa orde de prelación nas listaxes para ofertar os vínculos. Non se terán en conta as peticións das xerencias en solicitar un profesional concreto e saltarse a orde da lista.As listas serán xestionadas polas Direccións Provinciais. O SERGAS fixo un amago de incluir unha cláusula referente a que o persoal que non tome posesión da praza non se poida incluir nestas listaxes. Quedou en nada.
Outros temas de OPE. Preguntas CIG-SAÜDE: Oferta de prazas inferior ás convocadas Ø Oferta de prazas non ofertadas a traslados Ø Non oferta de prazas de resultas dos traslados Ø Prazos que se superpoñen coa elección de destinos Ø Tribunal de psiquiatría Ø Sentencia ope familia Ø Instruccións incorporacións e cesamentos RESPOSTA DO SERGAS a ver se deixamos de protestar. Ao inicio da reunión unha organización sindical FELICITOU ao SERGAS pola súa eficacia e eficiencia na resolución desta OPE; nunca unha OPE se resolvera tan ben nun periodo tan curto. Os representantes da Admón. agradeceron as verbas. O SERGAS informou dos criterios que seguiron para a determinación das prazas ofertadas. Tamén dixeron que nestas comisións a maioría sindical tiña un alto interese en garantir a continuidade das/os interinas/os e que non se podia estar a todo. Nós dixemos que nunca antepuxemos a preferencia dun interino sobre o dereito dunha persoa que superase o proceso de OPE; comentan que poden estar de acordo connosco pero continuan insistindo na defensa que nesta mesa se fixo das/os interinas/os.
Despois do debate a Admón. non vai a modificar ningunha listaxe das prazas ofertadas para a toma de posesión de OPE. Categorias con menos aprobados que prazas ofertadas: non modifican nada. Ainda que non compartimos os criterios pasamos a comentalos: 1.- Ofertaron as prazas só en función do nº de aprobados. 2.- Determinación das prazas por centros: vacantes puras, persoa que aproba nese centro. 3.- Preferencia para cubrir os comarcais. 4.- Agora ofertaron prazas que non foron convocadas no corcurso de traslados porque tiñan que completar o nº de prazas que convocaron a OPE e tiveron traslados de fora. Permisos para elexir destino: quedaron en que van a enviar unha circular que vai recoller ditos permisos e que consistirá no tempo necesario para a elección do destino.Instruccións incorporación e cesamento: O Sergas dixo que vai a elaborar unhas instruccións que recollan isto xunto con tódalas casuísticas que poida haber, reingresos, excedencias…etc. Prazos superpostos coa elección de destino: neste asunto o Sergas informou que non agota os prazos de presentación de titulación porque esta é unha documentación que xa tén porque tamen a pediu para a fase de concurso e que ese é o motivo de apurar os prazos de elección de destino coa idea de que a maioria de categorías tomen posesión da praza antes do verán. OPE MÉDICOS DE FAMILIA. A ADMÓN presentou recurso á sentenza para garantir que a promoción interna no SERGAS teña un valor engadido.A sentenza só permitía a anulación deste apartado e comprobaron que tiñan repercusión na baremación. Como exemplo: non se poderían valorar os servizos prestados como médicos de urxencias hospitalarias; isto condiciona poder obter unha praza. A OPE segue adiante até que haxa unha sentenza firme. OPE PSIQUIATRIA. O SERGAS está á espera de que o fiscal presente a demanda coa formulación das acusacións. Cando o fiscal presente a demanda tomarán unha decisión, á vista do que conteña a demanda, se nesta se concretan feitos tanxíbeis.Darán toma de posesión ao persoal do concurso de traslados, e os cesamentos só terían efectos en Vigo, pero teñen prazas para ofertar aos cesados.
Auxiliares administrativo: non hai adianto nin para xuño da incorporación, nin para a elección de destinos.
SAUDE LABORAL: PREVENCIÓN RISCOS LABORAIS. NEGLIXENCIA ÁREA SANITARIA DE FERROL
23-05-2008
CIG-SAÚDE DENUNCIA
1) Dende novembro de 2005 o equipo directivo do Área Sanitaria de Ferrol (ASF), está baixo requerimento definitivo dá inspección de traballo por dúas INFRACCIÓNS GRAVES:
a. Número de recoñecementos médicos insuficiente, dándose a circunstancia de que traballadores/as con antigüedade considerable nunca foron recoñecidos médicamente. b. Non constar a planificación dá acción preventiva
2) Aínda que se deron pasos cara á mellora dá saúde dous/as traballadores/as grazas ás denuncias realizadas ante a inspección de traballo (avaliación de riscos iniciais nos centros de saúde, contratación de dúas técnicos para a Unidade de Prevención ?hixienista e ergónoma-, dotación de EPIs en urxencias), non existe un sistema preventivo real e completo que protexa a saúde dous/as traballadores/as do ASF.
3) Na actualidade constatar que a vixiancia dá saúde dous/as traballadores/as segue a ser insuficiente (245 recoñecementos médicos non 2007 de aproximadamente 2000 traballadores/as, datos dá Memoria Anual dá Unidade de Prevención do ASF) e que non existe planificación dá actividade preventiva.
4) Outros aspectos denunciados por CIG-saúde nas reunións do Comité de Saúde Laboral, tampouco atopan solución:
A. As avaliacións de riscos estanse a realizar pero non se aplícan as medidas preventivas ou correctoras especificadas nas mesmas Exemplo- o persoal administrativo do área de persoal e nóminas sufriu traslado forzoso a un novo lugar de traballo (outubro 2007) con deficiencias importantes na iluminación, deficiencias detectadas nun análise ergonómico previo a dito traslado e que seguen existindo por non realizarse ningunha dás medidas correctoras especificadas. A vixiancia de saúde específica destes/as traballadores/as usuarios de PVD realizouse a petición dá Delegada de Prevención de CIG, xa que os/as traballadores/as presentaban indicios de fatiga visual (ollos enroxecidos e brillantes). Por outra banda, en xaneiro 2008 realizouse informe sobre ambiente acústico na área de persoal, detectándose un risco ergonómico por disconfor acústico
B.Non se fai ou seguimento dás medidas correctoras/preventivas aplicadas. Exemplo- En xullo 2007 realizouse avaliación de axentes químicos nos técnicos especialistas en anatomía patolóxica, detectándose exposición a niveis elevados de formaldehído ?produto canceríxeno-. Leváronse a cabo algunhas dás medidas preventivas recollidas na avaliación (cambio do filtro dá mesa de tallado, dotación de luvas certificadas contra risco químico e pantallas antiproxeccions?) pero ó non estar completadas, non se póden realizar novas medicións de formaldehído para comprobar se os niveis baixaron a límites aceptables.
C. Non se realíza revisión periódica dás avaliación de riscos inicias, cando moitos dos departamentos do hospital mudaron de localización física nos últimos anos.
D Non se fai investigación dos accidentes de traballo (7 investigacións no 2007 de 181 accidentes notificados, datos dá Memoria Anual dá Unidade de Prevención de Riscos Laborais)
E Non existe Plan de Emerxencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos, nin dos Centros de Saúde do ASF (é máis, algúns centros como o de Serantes ou o das Pontes, carecen de saídas de emerxencia).
F Fallan os mecanismos de control para evitar o contaxio de infeccións nosocomias (brote epidémico a raíz dun contaxio de sarna norueguesa entre o persoal de UCI, 7ª planta e celadores/as do ASF, coincidindo cunha ausencia non sustituída do único médico de traballo existente na Unidade de Prevención do ASF). De 41 traballadores/as atendidos na Unidade de Prevención, 22 foron derivados a Dermatoloxía (19 diagnósticos confirmados, 3 diagnósticos non confirmados, 3 recaídas). Dende CIG-saúde somos coñecedores de que moitos/as traballadores/as non pasaron pola Unidade de Prevención e solucionaron o seu problema acudindo directamente a Dermatoloxía, polo que hai un subrexistro importante de afectados por dito brote. É máis, 65 traballadores/as asinaron un escrito no que manifestaban o seu descontento coas medidas adoptadas ante este brote (14 xaneiro 2008) e solicitaban ?entre outros- cobertura do tratamento como continxencia profesional para os seus familiares contaxiados, escrito dirixido ó Director de RR.HH. do ASF, ó Responsable dá Unidade de Prevención de Riscos Laborais e ó Director de Área do ASF, do que non recibiron resposta algunha.
5) A pésima xestión dá prevención de riscos laborais non ASF tamén se manifesta nos altos niveis de absentismo laboral entre persoal do ASF (291 baixas por enfermidade común e 21 por accidente de traballo en abril 2008), nun alto índice de rotación do persoal (aproximadamente 260 prazas ocupadas por cambios temporais) e nun aumento crecente dás solicitudes de adaptación de postos de traballo por motivos de saúde laboral.
6) Polo anteriormente exposto, dende CIG-saúde Ferrol e baixo o asesoramento do Gabinete Técnico de Saúde Laboral CIG, o 21 de febreiro de 2008 solicitamos dá Consellería de Traballo, Dirección Xeral de Relacións Laborais, que inicie o expediente disciplinario que proceda e/ou eleve á Fiscalía os incumprimentos que con carácter definitivo se recollen nas actas levantadas pola Inspección de Traballo en 2005, por se puideran ser constitutivos de delito Asemade, o 14 de marzo de 2008 solicitamos dá Inspección de Traballo a súa presencia no Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos para comprobar se os últimos feitos denunciados constitúen infracción e iniciar, seprocéde, o expediente sancionador que corresponda.
7) As citadas denuncias ante a Autoridade Laboral foron postas en coñecemento do Director de Recursos Humanos do ASF (responsable delegado polo Director de Área no Comité de Seguridade e Saúde Laboral do ASF) e a día de hoxe non hai resposta ás nosas solicitudes, nin por parte dá Autoridade Laboral nin por parte do equipo directivo do ASF.
8) Dende CIG-saúde sempre defenderemos o investimento en prevención de riscos laborais como elemento imprescindible para asegurar a calidade competitiva dos servizos prestados polas empresas, como un investimento a medio e longo prazo. A integración dá prevención na empresa non é simplemente un requisito legal, senón unha condición tecnicamente necesaria para que a acción preventiva poida desenvolverse con eficacia. As condicións cada vez máis precarias do persoal do ASF parece non preocupar á Administración Sanitaria (que por outra banda acredita e sanciona ás empresas sanitarias privadas por faltas máis leves), por máis que a mala saúde laboral dos/as traballadores/as sanitarios/as sempre redunda nunha peor calidade de asistencia á poboación.
Delegada de Prevención: Nieves Pazos Rúa Ferrol a 23 de maio de 2008.
INFORMACIÓN SERGAS
Información das seguintes publicacións en DOG , 22-05-2008
Listas de contratación de Farmacéutico de atención primaria
este é información que nos chega do SERGAS anunciando a próxima apertura das listas de contratación da categoria de farmacéuticos de atención primaria informándo que -entre os vindeiros días 22 ou 23 de maio- saírá publicada no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se formaliza a convocatoria para aspirantes a vinculacións temporais de persoal estatutario da categoría de Farmacéutico de atención primaria, as como o baremo que rixe o dito procedemento.
Carreira profesional Grao II diplomados sanitarios da OPE extraordinaria:
Informa o Sergas que está previsto que o xoves 22 de maio se publique no DOG a resolución pola que se abre o prazo para solicitar o Grao II. O baremo é o mesmo que xa se aplicou para o mesmo grao II no 2007. O prazo de presentación das solicitudes rematará o 30 de xuño. O modelo de solicitude na páxina web do Sergas.
OPE Feas e Farmacéuticos de Atención Primaria:
Informa o Sergas que previsiblemente será publicada no DOG do luns, 26 de maio, a resolución pola que se publican as prazas que se ofertarán aos que superaron a OPE 2006 e se lles cita para o acto de elección de destino, figurando xa as datas, 30 e 31 de maio e 1 de xuño, coas correspondentes horas de chamamento.
TRANSFERENCIA HOSPITAL NAVAL AO SERGAS
Noticia do Xornal "Diario de Ferrol" 22-08-2008
A Comisión Mixta de Transferencias Administración do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia aprobará o próximo 17 de xuño a transferencia, ao Servizo Galego de Saúde, do Hospital Naval de Ferrol por un período de 75 anos. A partir desta data a Xunta asumirá a súa xestión. O pasado 6 de maio a ministra de Administracións Públicas, Elena Salgado, anunciou tras a reunión de traballo mantida en Santiago co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, que a cesión do centro militar faríase efectiva no mes de xuño. Onte foi máis explícita: será o próximo día 17. Ese día a Xunta e o Goberno central pecharán o traspaso do Hospital Naval, polo que o centro, que seguirá sendo propiedade do Ministerio de Defensa, será xestionado polo Servizo Galego de Saúde, que asumirá a través dos seus orzamentos o seu equipamento e mantemento. A reunión será presidida por Elena Salgado e o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e a ela asistirán, entre outros, representantes da Consellería de Sanidade ou do Servizo Galego de Saúde, da Vicepresidencia dá Igualdade e do Benestar e do Ministerio de Defensa, así como dos grupos parlamentarios. De acordo coa orde do día desta Comisión Mixta, os seus integrantes aprobarán o traspaso do hospital militar xunto co do Parque Nacional dás Illas Atlánticas -estas serán as dúas primeiras transferencias do paquete de nove que este ano pasarán a titularidade da Administración galega-. Cumprirase así o compromiso adquirido pola ministra de Administracións Públicas este mes, cando garantiu que a cesión do Naval executaríase antes do verán, posto que ?o traspaso de medios e do persoal do Hospital Básico da Defensa xa está listo?. A este respecto, comezará o proceso de integración do persoal que optou no seu día por pasarse ao Servizo Galego de Saúde -aproximadamente o 90% dos 318 traballadores -. Fin dunha etapa A partir do 17 de xuño o centro militar, que conservará o nome de Hospital Naval, converterase no terceiro centro hospitalario da rede sanitaria pública en Ferrol, xunto co Arquitecto Marcide e o Novoa Santos. A súa transferencia suporá a incorporación ao área sanitaria das aproximadamente 314 camas repartidas en tres plantas de hospitalización coas que conta, ademais de cinco quirófanos e dez box da UCI. O centro, que dirixe actualmente en funcións o coronel médico Gerardo Reguengo - Antonio Díaz Valdés, que pasou á reserva o pasado 29 de abril, foi o seu último director militar - iniciará dentro de 26 días unha nova etapa, facéndose efectiva a súa despedida como hospital da rede sanitaria militar. Esta iniciouse anos atrás, aínda que os pasos máis determinantes producíronse nos dous últimos anos. Así , o 18 de xaneiro de 2006 converteuse nun dos momentos ?máis gratos? vividos ata a data pola conselleira de Sanidade, María Xosé Rubio Vidal, pois ese día asinou co entón subsecretario de Defensa, Xusto Zambrana, un acordo de colaboración para o uso compartido, civil e militar, do Hospital Naval. A esa data seguíronlle as que serían claves para o fin do proceso de cesión do Naval: o 2 de febreiro e o 10 de xullo de 2007. Na primeira Rubio Vidal rubricou o protocolo co Ministerio de Defensa para asumir a xestión, equipamento e mantemento co hospital, e cinco meses máis tarde, a Xunta e o Goberno central acordaron a súa cesión ao Servizo Galego de Saúde por un período de 75 anos. A data anunciada inicialmente foi o 1 de xaneiro de 2008. A definitiva chegará o 17 dexuño. Ese día o Hospital Naval dirá adeus ao seu máis dun século de historia.
ASEMBLEA CELADORES
CIG-SAUDE
convoca Asemblea Informativa que terá lugar mércores día 21 ás 14 h. no Salón de Actos do Complexo Hospitalario A. Marcide para tratar a perda de postos de celador derivados da nova ubicación do arquivo central da ASF.
É importante contar coa vosa participación debido á gravedade do tema a tratar.
COCENTRACIÓN DELEGADOS CIG-SAUDE EN COMPOSTELA
Mais de medio cento de delegados e delegadas sindicais de CIG-Saúde de tódalas áreas de Galiza, démonos cita diante do edificio administrativo do SERGAS, para protestar contra da tardanza na resolución de tódolos asuntos que xestiona o SERGAS (OPE, traslados, pacto e listas de contratación, acordos de primaria, negociación de permisos, reclasificación de grupos....).
Non descartamos facer outras medidas de presión si no SERGAS non se poñen as pilas nos asuntos pendentes, nin nos gusta o ritmo nin a forma de levar a cabo moitos destes temas, con graves incumprimentos no tempo e nas resolucións adoptadas.
Fixémoslle entrega dun escrito manifestando o noso reixetamento a iste proceder e pedíndolle que axilice os temas pendentes e cumpra os seus compromisos.
María José Rubio Vidal Conselleira de Sanidade Cayetano Rodriguez Escudero Secretario Xeral do Sergas Antonio José Femández Paniagua Director Xeral de Recursos Humanos
CIG-Saúde quere por de manifesto diante da Consellería e do Sergas, a insatisfacción que se está manifestando en moitos dos seus traballadores, e por tanto tamén na nosa organización sindical, por mor dos continuos atrasos que se veñen producindo nos procesos que se están desenvolvendo nos últimos tempos:
Listas de contratacións e revisión do pacto. Traslados, Oposicións e Plans de Estabilidade. Trienios persoal interino Falta de tratamento pactado, da regulación de vacacións e permisos. Incumplemento de acordos anteriores vixentes e retrasos na aplicación de pactos.
Retraso inxustificado na aplicación dos Acordos de Primaria.
Todos estes asuntos afectan a unha morea de xente, que vé como pasa o tempo sen que vexa solucionados os seus problemas, o que nos leva a pensar que a Consellería e o Sergas teñen que buscar solucións que engrasen a sua manquinaria que permitan unha solución máis axil aos problemas. Sabemos, coñecemos e padecemos a burocracia da Administración, e pensamos que é imprescindible un cambio nas prioridades da Consellería, que pasen por potenciar a política efectiva da Dirección de Recursos Humanos, e os recursos destinados á súa xestión. Só así se acadaría unha mellora sustancial no tratamento efectivo da maioría dos problemas.
CIG-Saúde está convencida que sin unha boa política de Recursos Humanos, non van a funcionar tampouco os outros pilares da Consellería, como poden ser Asistencia e Planificación Sanitaria.
INFORMACIÓN SERGAS: OPE é TRASLADOS
Públicado no DOG, 20 maio do 2008
ELECCIÓN DESTINOS Resolución de 12 de maio de 2008 da División de RRHH e Desenvolvemento Profesional, pola que se aproba a relación de prazas que se ofrecen e se cita para o acto de elección de destino os aspirantes seleccionados nas seguintes categorías:
Calefactor/a Conductor/a Fisioterapeuta Grupo Administrativo Lavandeiro/a Pasador/a de ferro Pinche Técnico xestión de sistemas e tecnoloxías da información Técnico especialista en Anatomía Patolóxica Técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información Técnico especialista de laboratorio Técnico especialista en radioterapia Técnico especialista en radiodiagnóstico Técnico especialista hixienistal dental Telefonista Terapeuta Ocupacional Matrón/a
Publicada no DOG, 16 de maio de 2006, a resolución pola que se fan públicos os listados definitivos da fase de concurso das categorías de Auxiliar da función administrativa e Pinche. O plazo para a presentación da documentación requerida é de un mes. Ligazón: Preme DOG
Resolución DOG da baremación definitiva da fase de concurso e apertura de prazo para presentar documentación de FEAS Ligazón: Preme aqui
Borrador de Resolución do Sergas coas datas para elección e os destinos de FEAS Ligazón: Preme aqui Achégase resolución desta División pola que se publican as prazas que serán ofertadas aos aspirantes que superaron a OPE 2006, e se lles cita para o acto de elección de destino. Esta resolución será publicada no DOG do día 20 de maio, polo que, dada a premura de tempo, rógase a máxima difusión posible nos taboleiros de anuncios dese centro e entre o persoal afectado. Borrador de Resolución do Sergas coas datas para elección e os destinos de diversas categorías. Ligazón: Preme aqui O xoves 15 de maio publicouse no DOG a RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO CONCURSO DE TRASLADOS de Pediatras de Atención Primaria . para velo preme aquí
INFORMACIÓN DO SERGAS: CRONOGRAMA TRASLADOS E OPE. Nos días da vindeira semán, serán publicadas as resolucións pendentes de superación da OPE das categorías que están pendentes, especialmente de facultativos. Igualmente se publicarán as baremación provisionais de celador, P.S.X e cociñeiro. Quedan, polo tanto, pendentes Médicos de Familia, ATS/DUE e Auxiliar de Enfermaría que aínda se están baremando (calculamos que se publicarán antes do verán). Pola súa parte para o grupo técnico e o de xestión da función administratiava abrirase o prazo para a presentación dos méritos.
As tomas de posesión das categorías que elixirán praza segundo o disposto na resolución que se achega, calcúlase que se producirá a partir do día 5 de xuño ( tanto de OPE como de concurso), xa que calculamos que a resolución cos destinos elixidos será publicada no DO G do día 4 de xuño, e polo tanto, a partir do día seguinte, comenzan os prazos posesorios.
Nos próximos días, e por este mesmo medio, se enviará unha resolución, que esperamos sexa publicada no DOG do 26 de maio, na que se ofertarán as prazas para os facultativos e se lles citará para o acto de elección de destino, que se celebrará previsiblemente os día 30 e 31 de maio. Estas categorías de facultativos está previsto que tomen posesión a partires do 10 de xuno, xa que esperamos que a resolución cos destinos elixidos, sexa publicada no DOG do día 9 de xuño.
De acordo co anterior todas as categorías, excepto as que logo se relacionarán, tomarán posesión, tanto OPE como concurso de traslados, durante o mes de xuño.
Destes prazos, quedan excluídas as seguintes categorías, que tomarán posesión sobre outubro: - Médicos de Familia - ATS/DUE - Auxiliar de enfermaría - Cociñeiro - Celador - P.S.X - Grupo auxiliar da función administrativa.
Polo que respecta as categorías do grupo técnico e grupo de xestión da función administrativa, en función do tempo que sexa necesario para a súa baremación, decidirase se a toma de posesión se realiza antes ou despois do verán, aínda que previsiblemente non sexa posible facelo antes de verán.
Polo que se refira a pediatras de atención primaria, estase a valorar a oportunidade de facer a súa toma de posesión antes o despois do verán. En calquera caso, nestes días será comunicada a decisón que se adopte.
Polo que se refire Psiquiatría, tense dedicido que a toma de posesión do concurso sexa realizada nos mesmos prazos que a do resto de facultativos, dado os prexuízos que se poderian ocasionar as lexítimas expectativas do persoal fixo que ten acadado destino no mesmo.
RESPOSTAS DO SERGAS A DIVERSAS CUESTIÓNS PLANTEXADAS POR CIG-SAUDE 1.Ante a cuestión de por que se ofrecen menos prazas que as convocadas, e porqué ademáis se ofertan prazas que non se ofertaron a traslados o Sergas resposta: o criterio qeu se adoptou para todas as categorías, tanto facultativas Coma non facultativas, foi ofertar o mesmo múnero de prazas que xente aprobou a oposición, co fin de evitar cesamentos innecesarios.Por outra banda, e tendo en conta que nalgúns casos tivemos que crear prazas, posto que veu xente no concurso de traslados de fóra de Galicia, intentouse non ofertar prazas nos centros nos que non tiñan sido convocadas a concurso, pero as veces non pudimos respectar ese criterio posto que tamén se intentou ofertar prazas en función do centro de traballo da xente que aprobou a OPE. 2.Ante a cuestión de porqué non vai agora a categoría de auxiliares administrativos o sergas comenta o seguinte: En relación co grupo auxiliar da función administrativa. Efectivamante poderían tomar posesión en xuño, pero como sabedes as persoas que aprobaron son xente que básicamente ven da rúa e non teñen prestados servizos nos nosos centros, polo que descoñecen os programas informáticos que se están a utilizar nos temas de cita previa, aplicativo de persoal, etc. Se toman posesión en xuño, coresto das categorías, nalgún hospital pode haber serios problemas, tendo en conta os períodos de vacacións, para poder facer as nóminas, dar de alta ao persoal que tome posesión da OPE e concurso, etc. En fin que como vedes, aínda que en RR.HH pensába que a incorporación fora en xuño, os centros finalmente os convenceron, polos argumentos expostos, de retrasar a toma de posesión ata outubro.
COCENTRACIÓN SERGAS 20 MAIO as 12 horas
A tardanza na resolución:
*OPE-traslados,
*listas e pacto de contratacións,
*a reclasificación de grupos,
*a negociación da aplicación do dereito aos permisos, que está ocasionando moitísimos problemas nos Centros ós traballadores e traballadoras,: Vacacións, xornada...
*a longa espera á hora de cobrar os trienios o persoal interino ou eventual,
*aplicación dos acordos de Atención Primaria: UAP e PACs.
Pon de manifesto a maquinaria administrativa obsoleta do SERGAS nalgún caso e o seu desprezo polo persoal e ós seus representantes noutros.
O vindeiro martes dia 20 ás 12 horas diante do SERGAS, en Compostela, os delegados e delegadas de CIG-Saúde de tódalas áreas de saúde faremos unha concentración e convidamos a todo o persoal a participar nela co fin de manifestar o noso rexeite a lentitude da administración no desenvolvemento e aplicación dos acordos.
ACORDOS : UAP é PACs - VOLUNTARIEDADE
VOLUNTARIEDADE
O día 14 de maio celebrouse a reunión da comisión de seguimento dos acordos de atención Primaria para tratar de rematar a resolución que regula o procedemento de voluntariedade. A reunión anterior celebrarase o dia 16 de abril e dela saíra un documento “definitivo”. Pese á urxencia do tema, o SERGAS tardou case un mes en convocar esta reunión para pechar o procedemento e as xerencias executen as instruccións.. CIG-Saúde manifestoulle á administración o malestar polo retraso na aplicación dun aspecto tan importante dos acordos de primaria como é o tema da voluntariedade, e se dificulta de feito acadar o obxectivo de lograr a máxima voluntariedade posible no persoal facultativo, ademáis de executalo en datas pre-vacacionaís. Tamen preguntamos sobor da públicación dos acordos en DOG, manifestando a administración descoñecemento de cando sairán, nin unha data aprox., a CIG reiteramos unha vez máis a nosa demanda para que se envien o DOG despois dos tramites necesarios urxentemente, e a súa aplicación inmediata, poís non estamos dispostos a consentir retrasos innecesarios por unha extrema lentitude e eneficacia alarmante do propio SERGAS. Tamén solicitamos que se puxera unha data para a reunión técnica sobre elaboración das carteleiras dos PACs, que finalmente quedou fixada para o Mércores 21 de maio ás 11:00 horas
Texto Definitivo do procedemento de voluntariedade acordado na comisión de seguimento do 14 de maio.
Publicada no DOG, 7 de maio de 2008, Resolución da baremación definitiva da fase de concurso e á presentación da documentación dos definitivamente seleccionados das seguintes categorías:
Fisioterapeuta Lavandeira/o Pasadora de Ferro Técnico Especialista en Anatomía Patolóxica Técnico Especialista en Laboratorio Técnico especialista en Radioterapia Hixienista Dental Prazo de presentación de documentación 1 mes
Corrección de erros da baremación definitiva de Administrativos e TER. Resolución que publica a apertura de prazo de licenciados sanitarios para o grao IV de carreira. Resolución que publica os acordos dos tribunais de FEAS relativos a baremación definitiva da fase de concurso.
O Goberno cederá á Xunta as competencias da xestión do Hospital Militar de Ferrol este verán, previsiblemente antes de xullo, Así se puxo de manifesto durante a entrevista que a ministra de Administracións Públicas, Elena Salgado, mantivo en Santiago co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e o vicepresidente do Goberno galego, Anxo Quintana. A ministra, que destacou en declaracións á prensa que esta reunión é das primeiras que mantén cun presidente autonómico porque «quixen marcar a diferenza, porque aquí nacín e esta é a miña terra», referiuse a que na entrevista revisaron os traspasos pendentes que se negociarán nos últimos meses. Salgado, que compareceu ante a prensa xunto ao presidente da Xunta, explicou que é vontade de avanzar nos traballos por ambas as partes e, así, destacou que hoxe acordaron que se resolvan en dúas comisións distintas: unha antes do verán, e outra para despois. Trátase, dixo, de que se vaian cedendo os traspasos a medida que se vaia terminado o traballo dos relatorios técnicos, aínda que insistiu en que se trata dun conxunto de competencias «que terá a súa plasmación antes de terminar o ano». Sobre traspasos concretos, a ministra apuntou que o do hospital da Defensa de Ferrol está xa ultimado, polo que se incluirá no primeiro bloque, que se estudará antes das vacacións de verán, previsiblemente antes de xullo.
Mentres, o presidente da Xunta, que destacou que a visita da ministra revela o «afecto e compromiso» con Galicia, expresou a súa satisfacción polo grao de «colaboración permanente» co Goberno central. A este respecto, indicou que a axenda de traspasos «estase cumprindo» e afirmou que xa están listos para ser transferidos «polo menos» dous temas de «alto interese», o hospital ferrolán e as illas atlánticas. O xefe do Executivo galego manifestou que o primeiro dos traspasos suporá unha «inxección» de recursos para a área sanitaria de Ferrol.
Noticia "Diario de Ferrol"
La cesión a la Xunta del Hospital Naval se hará efectiva el próximo mes de junio El Ministerio de Defensa mantendrá la propiedad del centro.
La cesión al Servizo Galego de Saúde del Hospital Naval tiene ya fecha marcada en el calendario: el próximo mes de junio. Así lo anunciaron ayer el presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, y la ministra de Administraciones Públicas, Elena Salgado, tras la reunión de trabajo celebrada en Santiago. El vicepresidente da Igualdade e do Benestar, Anxo Quintana; el conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu; y el delegado del Gobierno en Galicia, Manuel Ameijeiras, asistieron al encuentro en el que se fijó el primer paquete de transferencias “correspondente a esta lexislatura do Estado”, señaló Emilio Pérez Touriño, quien calificó como “moi importante” la transferencia del Hospital Naval de Ferrol y la gestión del Parque Nacional das Illas Atlánticas el próximo junio. “O traspaso do hospital suporá unha inxección de recursos no sistema operativo do Servizo Galego de Saúde de elevada trascendencia para a área de Ferrol e da súa comarca”, subrayó el presidente de la Xunta de Galicia. Por su parte, la ministra de Administraciones Públicas, Elena Salgado, destacó que en esta primera comisión bilateral que se celebrará antes del verano se incluirán todos aquellos temas que ya estén listos en ese momento con el fin de “hacer los traspasos en cuanto las ponencias técnicas finalicen su trabajo”. A este respecto, afirmó que “en todo caso, sí nos parece que dado que el traspaso de medios y del personal del Hospital de Defensa de Ferrol está ya listo, deberíamos incluirlo en este primer bloque de transferencias”. Añadió asimismo que los restantes asuntos pendientes se dejarán para la segunda comisión bilateral, cuya celebración está prevista antes de que finalice el año. Así pues, una vez realizado en los últimos meses el trabajo técnico en las reuniones de los relatorios para analizar los pormenores de los traspasos como el relativo al Hospital Naval, sólo resta que se convoquen las respectivas comisiones mixtas para ratificar las transferencias. La del centro militar llegará casi medio año con retraso respecto a lo anunciado inicialmente -el 1 de enero de 2008-. Se pondrá de esta forma fin a un largo proceso que inició el camino hacia la recta final el 2 de febrero de 2007. Ese día, la conselleira de Sanidade, María José Rubio Vidal, y la entonces subsecretaria de Defensa, Soledad López, firmaron en Madrid el protocolo por el cual el Servizo Galego de Saúde asumía la gestión, el equipamiento y mantenimiento del Hospital Básico de la Defensa por un período de 75 años. Cuatro meses más tarde, el 10 de julio, firmaron en Ferrol la cesión del hospital el presidente de la Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, y el entonces ministro de Defensa, José Antonio Alonso. Tras este acto, las condiciones de transferencia de uso de las instalaciones y equipos, así como el traspaso del personal y las bases de cooperación entre los profesionales de la Clínica Militar y el Servizo Galego de Saúde quedaban pendientes de los acuerdos que se tendrían que adoptar en la Comisión Mixta de Transferencias Estado-Xunta de Galicia. Una vez que ésta se convoque “antes de las vacaciones de verano, previsiblemente antes de junio”, según la ministra Elena Salgado, el hospital formará parte de la red sanitaria pública. El centro se enfrenta así a una nueva etapa ante su próxima incorporación al Servizo Galego de Saúde. Tal y como se establece en el convenio firmado en julio de 2007, seguirá siendo propiedad del Ministerio de Defensa y conservará el nombre de Hospital Naval. Mantendrá en su interior una clínica militar de unos 1.500 metros cuadrados según se especifica en el documento, si bien nada ha trascendido respecto a su futura instalación y personal civil del que estará dotada -la plantilla militar ya fue aprobada y constará de ocho médicos, un psicólogo, dos enfermeros y cinco trabajadores de los Cuerpos Específicos de los Ejércitos. Respecto al personal militar que optó por permanecer en Defensa, éste está a la espera de la oferta de destinos, mientras que el que decidió pasarse al Servizo Galego de Saúde se integrará en éste una vez firmado el acuerdo de la Comisión Mixta de Transferencias Estado-Xunta. Según explicó un portavoz de la Consellería de Sanidade, una parte importante continuará trabajando en el Hospital Naval. “Este proceso tiene varias ventajas. Por una parte, sumamos un hospital ya construido con sus equipamientos e instalaciones en pleno funcionamiento. En segundo lugar, contamos con un personal cualificado que conoce ese hospital y por tanto tiene plena capacidad para trabajar en él. En ese sentido parece lógico que en la medida de lo posible y atendiendo a la reordenación que se haga del área sanitaria, la mayoría continúe allí”, apuntan desde Sanidade. Dicha reordenación se hará aprovechando de forma racional los recursos existentes y “evitando duplicidades” con el objetivo de lograr una “mejora asistencial y de calidad”.
TRASLADOS SERGAS
06-05-2008
CIG-SAÚDE INFORMA TRASLADOS
Publicado no D.O.G. de hoxe día 8 de maio de 2008 a resolución pola que se declara resolto definitivamente o concurso de traslados de prazas pertencentes ás categorías e especialidades que se relacionan a continuación:
Fisioterapeuta Enfermeira/o Esp. Obstetricia e Xinecoloxía Técnico Esp. Anatomía Patolóxica Hixienista Dental Técnico Esp. Laboratorio Técnico Esp. Radiodiagnóstico Técnico Esp. Radioterapia Terapeuta Ocupacional Calefactor/a Cociñeiro/a Condutor/a Grupo Técnico da Función Administrativa Grupo Xestión da Función Administrativa Grupo Administrativo Lavandeira/o Pasador/a de ferro Pinche Técnico de Xestión de Sistemas e Tecnoloxías da Información Telefonista