DE INTERESE

LIGAZÓNS


























MAPA A.S.F.

SUBSCRICIÓN
Subscribete ás Noticias
da CIG-Saúde Ferrol

Correo electrónico:

SINDICACIÓN

Sindícate ás Noticias da CIG-Saúde Ferrol

CONTACTO
MERCEDES DIAZ LOPEZ

Secretaria Comarcal
da CIG-Saúde de Ferrol

ESTATÍSTICAS WEB

PROCURA NA WEB


Noutras webs
En CIG-Saúde Ferrol

ARQUIVO
TOTAL
Mostrar todas as noticias

POR MESES

Maio 2007

Junho 2007

Julho 2007

Agosto 2007

Setembro 2007

Outubro 2007

Novembro 2007

Dezembro 2007

Janeiro 2008

Fevereiro 2008

Março 2008

Abril 2008

Maio 2008

Junho 2008

Julho 2008

Agosto 2008

Setembro 2008

Outubro 2008

Novembro 2008

Dezembro 2008

Janeiro 2009

Fevereiro 2009

Março 2009

Abril 2009

Maio 2009

Junho 2009

Julho 2009

Agosto 2009

Setembro 2009

Outubro 2009

Novembro 2009


INICIO








DESCARGA "A QUEBRA DA SANIDADE PÚBLICA"
Documento Ferrol

SUSPENSIÓNS DOS ACORDOS RETRIBUTIVOS
30.09.2009
MOI IMPORTANTE
URXENTE!!!



- RETRIBUCIÓNS 2010 -


A Consellería de Economía e Facenda, xunto coa Consellería de Sanidade, están convocando ás organizacións sindicais para por de manifesto as medidas dos orzamentos do vindeiro ano. No día de hoxe tocounos a CIG.

Unha das medidas que anunciaron que contemplará a Lei de Orzamentos do 2010 é a aplicación do artigo 38.10 do Estatuto Básico do Empregado Público, que a CIG non asinou no seu día, e que comtempla A SUSPENSIÓN DOS ACORDOS ASINADOS EN ARAS DO INTERESE PÚBLICO, que na Sanidade supón:


* Suspéndese o ACORDO RETRIBUTIVO 2008/2012

* Suspéndese a CARREIRA PROFESIONAL DO PERSOAL DE XESTIÓN E SERVIZOS E SANITARIO DE FORMACIÓN PROFESIONAL.

* Suspéndese o PLAN MELLORA DE ATENCIÓN PRIMARIA

Pero, nese plan de austeridade, casualmente NON SE CONTEMPLA:

*Suspensión do Plus de Altos Cargos
*Supensión de Dietas e Gastos de Representación
*Suspensión de Coches oficiais
*Suspensión da Cidade da Cultura

Desde CIG-Saúde reprochámoslle á Consellería de Sanidade que mentres pretende aplicar medidas que afectan sempre ás mesmas persoas e aos mesmos colectivos, estase negociando á marxe da Mesa Sectorial un acordo retributivo que afectaría a un colectivo moi concreto (facultativos que non están cobrando o complemento específico).

En CIG-Saúde vemos con indignación esta medida e animámosvos a participar nas asembleas e mobilizacións que se convocarán inmediatamente.

ASEMBLEA URXENTE

VENRES 2 DE OUTUBRO ÁS 11 HORAS

HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE


GALEGO: OPE 2009
O venres 2 ou o luns 5 de outubro o Servizo Galego de Saúde espera poder publicar na páxina web do organismo o listado de aspirantes das categorías da OPE 2009, QUE TERÁN QUE REALIZAR O EXERCICIO DE COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA.

Disporán dun prazo breve para presentar reclamación, por se puidera existir algún erro.

Por tanto, convén que tod@s interesad@s revisen as listaxes, e no caso de que exista erro, deberán enviar por fax a reclamación ao (881.54.28.18), engadindo copia do curso de galego corespondente ou da convalidación.

Segundo a administración, debe terse en conta que se ten recibidos máis de 80.000 escritos e pode existir algún erro, o incluso que non se teñan recibidos algúns dos escritos en dita subdirección.

SANIDADE PÚBLICA



Ante as novas políticas de privatización que está propoñer o Partido Popular (novo hospital de Vigo, Pontevedra, Lugo.... etc) e o risco que supoñen estas para a sanidade pública, cig-saúde O´ BARCO puxose en contacto con Xoan Cons, que foi ata fai un pouco máis dun ano Secretario Nacional de CIG-Saúde, para que elaborara un artigo, donde a sua opinión e máis que clarificadora .






O SERGAS INVITA: ¿QUEN PAGA?





Reflexións sobre as novas políticas de búsqueda de financiamento privado para a construcción de novos hospitais.

O xogo da información-desinformación ao que nos ven sometendo este Goberno galego en xeral, e a nosa Consellería de Sanidade en particular, sobre as distintas políticas a aplicar durante o seu mandato ten a todo o mundo perplexo e desorientado sobre o sentido das decisións que vaian adoptar respecto das diferentes parcelas do sistema sanitario.

Sen dar a cara, sen falar nunha claro, de case todo se limitan a decir que se fixo horriblemente mal durante os últimos catro anos (mesmo daquelas cousas e daqueles males que empezaron hai moito máis de catro anos), e sobre case todo se excusan nos malos momentos económicos para amparar e para xustificar unha política que farían de todas as maneiras. Pero claro, “como estamos en crise…”, pois parece que todo pode colar.

Efectivamente, agora que tanto se fala dos problemas para construir e dotar novos hospitais (Vigo, Pontevedra, Lugo, etc), e de buscar financiamento privado para poder abordar esas infraestruturas imprescindibles, quizáis sexa bo recordar duas cousas:
- que este mesmo goberno liderou no seu dia a experimentación sobre novas formas de xestión do sector sanitario, que en Galicia se concretou en tres exemplos inda vivos na nosa memoria recente: as fundacións (parte delas xa restituidas ao Sergas, outras inda non), as empresas públicas (Medtec, hoxe Galaria, inda funcionante), ou a asignación a un centro privado da atención sanitaria dun área de poboación (Povisa, igualmente en vigor),
- e que as fórmulas de financiamento das que se está a falar non teñen dous anos de vida, non se orixinan nin son producto da crise, senón que son fórmulas que viron a luz hai máis de dez anos, en plena fase expansiva da economía, e que xa dende o ano 2003 forman parte das políticas impulsadas polas institucións da Unión Europea a partir dos conceptos da liberalización dos servizos, da libre competencia, e da consideración do sector público como mero supervisor dos servizos públicos e non xa como proveedor dos mesmos.

Así pois, dende aquel discurso entre autoritario e ramplón co que nos golpean a intelixencia todos os dias, é de rigor recoñecer que este goberno da dereita parece estar conseguindo que se impoña con naturalidade a tese de que o importante é que un hospital se faga, e de onde salgan os cartos ou quen o pague dá igual. Pois lamento (é un decir) discrepar.

Non é intención destas notas abrumar con tecnicismos nin cifras sobre as características dos modelos posibles de participación privada no financiamento dun hospital, e moito menos co relato das múltiples experiencias xa coñecidas (bastante de Europa, USA, Canadá, Australia,…) pero algunha liña básica haberá que dibuxar para saber exactamente de qué estamos falando. Para elo, no esquema anexo poden atoparse os rasgos esenciais dos modelos de PFI coñecidos.

Da revisión das suas características e das suas experiencias, inda sabendo que continúan sufrindo cambios sucesivos en base á técnica do ensaio e o erro, e tomando como referencia de análise a modalidade máis extendida consistente na contratación da obra máis a contratación da xestión de todos os servizos non sanitarios, máis a contratación da explotación de dotacións complementarias (locais comerciais, parkings, cafeterías, máquinas,etc), podería sintetizar a miña visión crítica destes modelos como sigue:

a) Non se xustifican por razóns económicas, pois os datos de todos os estudios independentes apuntan á inexistencia de aforros, ao tempo que advirten do perigo dos incrementos incontrolados de custes a longo plazo dificilmente previsibles con 20 ou 30 anos de anticipación. Asimesmo se apunta sobre unha realidade inda máis preocupante: demostrado o encarecemento dos custes totais do modelo PFI sobre o modelo de investimento “tradicional”, só hai duas formas de conseguir que parezan máis baratos: ou ben mediante o falseamento das suas estimacións iniciais de custes, ou ben mediante o recorte do tamaño ou dos servizos do novo hospital.
b) Non se xustifican por razóns de celeridade na disposición do hospital, pois como demostran os escasos exemplos existentes é posible conseguir o mesmo obxectivo mediante mecanismos estrictamente públicos. Outra alternativa sería modificar as leis orzamentarias e de contratación pública para facelas máis compatibles coa realidade multidisciplinar, complexa e cambiante do entorno sanitario.
c) Non se xustifican por razóns de eficacia na xestión, pois nesto si temos experiencia contrastada no ámbito do Sergas como para poder negar que unha subcontrata preste mellor servizo per se que os medios propios, ou que un centro privado preste mellor asistencia que un centro público.
d) Non se xustifican por razóns da propiedade do hospital, que con PFI queda condicionada ao que ocurra durante os trinta anos nos que o Sergas permanecería no edificio como “realquilado” en función das condicións do contrato, e que condena ademáis a xestionar todo o non sanitario con empresas e con persoal subcontratado, prexuzgando así unha importantisima decisión de política sanitaria (a externalización global de servizos) coa excusa da necesidade de financiar a construcción dun hospital.
e) Non se xustifican por razóns da titularidade do servizo público, pois (esto sí é ideolóxico) non creo no papel da Administración Pública (da Consellería-Sergas, neste caso) como mera supervisora dos servizos públicos prestados á poboación, senón que creo na necesidade da sua responsabilidade directa sobre a forma, o alcance, as condicións e os medios da sua prestación. Porque para a garantía duns servizos públicos de calidade, universais e con equidade, a Administración está obrigada a decidir en base ao interés xeral, e as Empresas están obrigadas a decidir en base ao interés dos seus propietarios. Asi de lexítimo, pero así de claro.
En conclusión, e fronte a aquela afirmación antes citada, e hoxe tan extendida, respecto de que o importante é construir o hospital e o de menos é quen pague, eu formulo outra afirmación producto desta análise, no sentido de que a interrogante principal xa non é quen paga ou quen pon os cartos, senón a qué precio. E considero que o precio a pagar por unha IPF típica no sector sanitario é de todo punto inasumible. O reto será propoñer outras fórmulas; algunhas quedaron apuntadas nestas breves reflexións.

Xoán Cons
Setembro de 2009


ANEXO

Características básicas dos modelos de colaboración público-privada no financiamento de obras de infraestructuras e de equipamentos sociais

¿Qué é a PFI?

Baixo a denominación xenérica de PFI (ou PPP, ou CPP, que tanto monta) teñen amparo distintas modalidades de contratación pública, sobre a base sempre de comprometer o adxudicatario a construcción e financiamento dunha infraestructura (estradas, redes ferroviarias, estacións depuradoras, escolas, hospitais, centros penitenciarios, etc), vinculado a tres condicións principais:
- a xestión posterior de todos ou dunha parte dos servizos asociados a esa infraestructura (e principalmente a responsabilidade sobre o seu mantemento integral),
- o pago pola Admón a partir da entrada en funcionamento da infraestrutura dun precio anual pactado,
- e a longa duración do contrato (habitualmente 30 anos no caso dos equipamentos sociais).

¿Quen opta a este tipo de contratos?

Normalmente unha serie de empresas especializadas que se agrupan temporalmente para ese fin; adoitan agruparse empresas constructoras, entidades ou sociedades financeiras, empresas de servizos xerais, empresas de mantemento e/ou enerxía, e sociedades especializadas en dirección de proxectos. Cada unha delas se ocupa da sua parcela, dentro dun proxecto común. As grandes constructoras (ACS, Sacyr, Ferrovial, FCC…) son as que lideran estes procesos, ata o punto de seren as impulsoras de modificacións na Lei de Contratos do Sector Público para “legalizar” este tipo de contratación. Por estas características se dí tamén que estas fórmulas de contratación fomentan prácticas monopolísticas e expulsan do mercado da contratación pública ás PeMEs e aos Autónomos; a propia Comisión Europea manifesta estar “preocupada” por este fenómeno.

¿Quen define as necesidades e o plan funcional do hospital a facer?

Inicialmente é a Administración quen define loxicamente as características básicas do servizo ou da necesidade que quere satisfacer, e logo é o grupo de empresas adxudicatario quen define o proxecto concreto e os medios necesarios; eso inclue, por exemplo, definir número de camas, distribución, etc. Este control sobre a fase de proxecto, realizado con criterio económico (menor coste posible), é o que permite que as características e dimensións dos hospitais con financiamento privado nazan sempre recortados respecto dos proxectados con criterio asistencial: menos camas, menos recursos, menos servizos de valor engadido (docencia, investigación, etc)…

¿Cómo se determina o precio?

Este tipo de contratos se pagan mediante un canon, actualizado anualmente e abonado mensualmente, a partir do momento en que o hospital (no noso caso) está operativo. O valor inicial do canon se determina no propio contrato, tendo en conta os seguintes factores: custes de construcción e de dotación material inicial, custes de xestión dos servizos a explotar directamente polo grupo empresarial, custes do financiamento (intereses) disponible polo constructor, custes do beneficio industrial, e custes do Ive; e todo elo estimado para os 30 anos de duración normal do contrato.

¿Cales son os beneficios económicos para a Admón?

Inda é un asunto controvertido saber realmente si esta fórmula de contratación é máis beneficiosa economicamente (en fin, máis barata) para a Admón que a contratación “ordinaria”. Inda que as Directivas comunitarias e as Leis estatais obrigan a facer unha análise comparativa entre os dous métodos de financiamento (o tradicional e o privado) con carácter previo a optar por unha PFI, a realidade é que non existe un método contrastado nin fiable para realizar tan complexa estimación. Así, os defensores “ideolóxicos” destas fórmulas din que si hai aforro, e os detractores “ideolóxicos” din que non. E os datos ¿din algo? Pois a pesar de que o Tesouro británico (gran valedor deste sistema) afirmaba inicialmente que existía un aforro medio do 17%, a experiencia demostrou a inconsistencia de tales estimacións. Cito só dous exemplos de fontes pouco sospeitosas: a Oficina Nacional de Auditoría do propio RU fiscalizou en 2001 121 proxectos e concluiu que poñer a andar un hospital con PFI representaba tan só un aforro global en 30 anos dun 1,7%; e o Goberno autonómico de Madrid estima, no caso do Hospital de Vallecas, un aforro tamén en 30 anos dun 0’7%. Eses son os datos e os cálculos máis optimistas en entornos favorables a esta fórmula de financiamento de hospitais. Que cadaquén tire conclusións.

¿Cales son os beneficios para as empresas?

Mediante este tipo de contratos baixo as modalidades PFI, as empresas consiguen varios obxectivos atractivos: estabilidade no negocio durante un periodo mínimo igual á duración do contrato (falemos de 30 anos); ingresos estables durante ese tempo, a través do pago do canon mensual; rentabilidade dos aforros que podan conseguir mediante a reducción de custes na xestión da construcción e na explotación de servizos complementarios; concesión da xestión de servizos complementarios (limpeza, arquivos, esterilización, centraliña telefónica, parking, cafeterías, transporte, etc) en bloque e por eses 30 anos. Si ademáis no grupo empresarial adxudicatario do contrato participa algunha aseguradora ou empresa sanitaria, influe na definición do plan funcional do hospital a construir. Todo elo, claro, ademáis do beneficio económico directo derivado do marxen industrial recoñecido.

¿Existen limitacións para contratar mediante PFI?

A contratación da construcción e posterior explotación dun hospital mediante as modalidades PFI non ten na práctica limitación. Ten diferentes formas de concretarse, vinculadas sobre todo á propiedade do hospital unha vez transcurridos os 30 anos, e ao número e características dos servizos (sanitarios ou non sanitarios) a xestionar polas empresas. Eses aspectos (e outros tamén relevantes sobre os que non me quero extender aquí) defínense no propio contrato, polo que é moi importante observar con detenimento o contido das condicións de cada concurso.

¿Hai algunha outra característica relevante para optar polo sistema PFI?

Pois si. Cando menos unha certamente relevante, porque a modalidade contractual mediante PFI permite escapar das limitacións legais e contables impostas pola normativa orzamentaria, singularmente en dous aspectos moi sustanciais: o gasto asociado a estes contratos non contabiliza como débeda pública, polo cal non se incumple formalmente (anque sí realmente) o límite legal de endebedamento; o gasto asociado a estes contratos pode comprometerse a plazos máis longos que si se tratase como un investimento. Esta maior flexibilidade orzamentaria é precisamente un dos principais argumentos esgrimidos a favor das PFI, fronte á que cabe preguntarse ¿entón para qué tanta normativa orzamentaria e de contratación pública? ¿para qué tanto doble discurso?

¿É certo que tamén existe a vantaxe da maior inmediatez na construcción e posta en funcionamento do hospital?

Para construir, a Admón necesita ir cumplindo en cada paso con formalidades, plazos e burocracias (esixidas pola lei de contratos) que alongan certamente os procesos. Para construir o mesmo, unha empresa só necesita conseguir financiamento e poñerse a elo. Así que o método PFI se inventa unha ficción: facemos parecer que o hospital é da empresa que o construe e non da Admón que o encarga, e así se reducen os plazos de inauguración de forma sustancial. Logo como o hospital é virtualmente da empresa e non da Admón, ésta lle paga un “aluguer” por usalo durante 30 anos, e ao cabo dese tempo xa veremos de quen é a propiedade. Por esto se dí que a Admón que encarga o hospital é quen invita á sua inauguración, pero quen paga é o que veña detrás (durante 30 ou máis anos).

¿É imprescindible que as empresas concesionarias da obra tamén xestionen determinados servizos?

Non, esa entrega da xestión de determinados servizos é o habitual pero non é imprescindible. A modalidade PFI escollida non ten por qué levar aparellada a cesión privada da definición do proxecto de hospital nin a xestión de ningún dos seus servizos, que son os seus puntos máis críticos, pero a tónica xeral nos máis de 600 PFI realizados na UE nos últimos anos é esa. Pero tamén se podería optar por escoller a constitución dunha empresa pública que asuma a xestión desas partes “privadas” do contrato, contratando coa empresa privada unicamente a construcción do hospital; con elo conseguimos igualmente acelerar a sua posta a disposición pero sen hipotecar nin a sua dimensión nin a sua xestión futura. Asturias (Oviedo) e Murcia (Cartagena e Mar Menor) son illados exemplos desta versión light das PFI.

CARREIRA ORDINARIA

ASEMBLEA INFORMATIVA


HOSPITAL DE DEFENSA

MARTES 29 DE SETEMBRO AS 13:30 HORAS


......................................................................................................................


CONCENTRACIÓN: MÉRCORES 30 ÁS 11 HORAS

NO HOSPITAL A. MARCIDE



MOVILIZATE

DEFENDE OS TEUS DEREITOS


GRIPE A


Instruccións en materia de persoal como consecuencia da pandemia da Gripe A.

LIGAZÓN: INSTRUCCIÓN 10/09, do 21 de setembro

CIG-Saúde de Ferrol reclama a contratación das 28 prazas recollidas no Plan de Mellora
da Atención Primaria para esta ano
24.09.2009
A CIG-Saúde de Ferrol analizou o cumprimento do Plano de Mellora de Atención Primaria nesta área sanitaria e reclamou á Consellaría a contratación inmediata das 28 prazas, creadas e orzamentadas para este ano, para facer fronte ás necesidades de persoal dos centros da comarcal de Ferrol e garantir un modelo de sanidade pública de calidade.

A secretaria comarcal da CIG-Saúde, Mercedes López, acompañada por delegadas da Atención Primaria, compareceu en rolda de prensa o mércores 23 de setembro para dar conta do estado de aplicación no que se atopa o Plan de Mellora. Para a CIG-Saúde resulta especialmente importante “reafirmarse na necesidade da súa completa aplicación”.
Por iso, López reclamou á Consellaría de Sanidade a contratación inmediata das 28 prazas, que xa están creadas e orzamentadas, destinadas á mellorar a atención Primaria na área de Ferrol. “É responsabilidade da administración a execución orzamentaria, e polo tanto, é responsabilidade dos xestores que esas 28 prazas se convertan en incrementos reais dos cadros de persoal dos centros”, afirmou Mercedes López.

Aposta por un modelo de calidade
Neste senso, a CIG lembra que o proxecto supón unha aposta clara por un tipo de sanidade pública, centrada nas necesidades dos usuarios/as e na resposta máis próxima a esas necesidades, polo que contempla un incremento da capacidade de resolución de problemas a este nivel, ao tempo que mellora os servizos que se prestan aos cidadáns/ás.
De non continuar co desenvolvemento do Plano de Mellora, explica a secretaria comarcal da CIG-Saúde, “será a Xerencia da Área Sanitaria a responsábel de converter o Plano de Mellora nun pufo e nun panfleto, ademais de terán que dar conta de a onde destinaron os máis de 300.000 euros de orzamento”.

Necesidades asistenciais
Dende a CIG-Saúde denuncian que as prazas recollidas no Plano de Mellora da Atención Primara e que agora a Consellaría pretende eliminar son: 6 médicos/as, 1 pediatra, 1 odontólogo, 11 ATS-DUE, 1 hixienista dental, 2 PSX, 1 auxiliar de enfermería, 2 fisioterapeutas, 1 matrona e 2 traballadores/as sociais. Ademais, advirten, as prazas en acumulación de tarefas xa creadas en marzo por necesidade asistencial aos usuarios/as nos centros de saúde, poden agora anularse por decisión do SERGAS.

“Para dar resposta ás necesidades dos centros de atención primaria é para o que se precisan os incrementos de persoal. Creáronse máis de 75 prazas novas no sistema nos dous últimos anos, máis outras 39 prazas de médicos, 36 de ATS-DUE e 6 celadores/as, consolidadas nos servizos de urxencia extrahospitalarios (PAC), o que fai un total de máis de 150 prazas nesta área sanitaria. O que está en xogo agora é algo máis que unhas poucas prazas no sistema, o que nos xogamos é un modelo de Sanidade Pública na Atención Primaria de calidade que responda ás necesidades dos usuarios/as”, asevera a CIG-Saúde.

A Federación exixe á Consellaría que cumpra os incrementos de persoal para garantir un sistema sanitario de calidade


ASEMBLEA INFORMATIVA CARREIRA ORDINARIA
23.09.2009
ASEMBLEA INFORMATIVA
CARREIRA ORDINARIA

VENRES 25 ás 11 horas
Salón de Actos do H. A. Marcide

O SERGAS NON ASUME OS COMPROMISOS ACADADOS PARA QUE SE IMPLANTE A CARREIRA

CONVOCAN CC.OO., CIG SAÚDE, CSI-F, SAE, UGT E CESM

NOTAS PROVISIONAIS DE FACULTATIVOS

Publicadas oficialmente HOXE DÍA 21 DE SETEMBRO na páxina web do Sergas, as notas provisionais dos exercicios de licenciados sanitarios (incluída a nota do exercicio de galego), así como as de medicina intensiva ( que no foron avanzadas no verán ). Así mesmo se abren oficialmente os prazos de reclamación. De todos os xeitos, as reclamacións que foron presentadas unha vez foron avanzadas as notas no verán, darasen por ben formuladas.
LIGAZÖN: SERGAS

CARREIRA EXTRAORDINARIA
18.09.2009
Despois de preguntar ao SERGAS sobre a situación do pago da carreira extraordinaria de diplomadas/os sanitarios, persoal sanitario de formación profesional e persoal de xestión e servizos comentannos o seguinte:
Baremación das solicitudes:Non hai ningunha instrución referente a que as solicitudes se baremen apartires do 30 de setembro, día no que finaliza o prazo de presentación de solicitudes. As comisións de baremación, nalgunha xerencia, están constituidas e xa baremaron as solicitudes recibidas.
Pago da carreira:Este é outro tema.Teñen problemas de liquidez, este mes empezaran a facer as transferencias de creto aos centros. Previsiblemente, empezaran a pagar en outubro; o pago será secuenciado nos futuros meses: outubro, novembro......

CARREIRA PROFESIONAL ORDINARIA: A LOITA CONTINUA...


As organizacións sindicais CCOO, CESM, CSIF, USAE, UGT e CIG-SAÚDE queren denunciar perante a opinión pública a actitude que mantén a Consellaría de Sanidade negando o dereito que teñen os profesionais do sistema sanitario galego ao recoñecemento profesional.

O Servizo Galego de Saúde é o único servizo de saúde que non ten desenvolvido o réxime ordinario de carreira profesional das/os súas/seus traballadoras/os.


O argumento esgrimido é que o actual goberno non pode asumir o custo desta carreira, e de presentar algún texto este sería mais regresivo que o texto presentado polo anterior goberno e rexeitado polas organizacións sindicais.

É lamentable que non saibamos cal vai ser a proposta que sobre carreira ordinaria ten pensado presentar o actual equipo da Consellaría de Sanidade. Pero todo parece apuntar que a política de “Xestión de Aforro”, anunciada tantas veces, na sanidade pública preténdese facer en base a impedir que unha parte das/os traballadoras/es do SERGAS teña dereito a unha carreira profesional “DIGNA” en consonancia co modelo de carreira extraordinaria dos seus compañeiros e do resto de carreiras negociadas e xa implantadas nos servizos de saúde das CCAA.

Estaba aceptado por todas as partes que compoñen a Mesa Sectorial que teríamos RÉXIME ORDINARIO DE CARREIRA, pero a día de hoxe iso xa non está claro no SERGAS, polo que as organizacións sindicais vémonos na obriga de retomar as mobilizacións que no seu momento adiáramos para darlle un marxe de confianza ao novo goberno da Xunta.




Polo tanto a Plataforma Sindical, formada por: CCOO, CESM, CIG, CSIF, USAE e UGT,

convoca:

Asemblea no HOSPITAL A. MARCIDE: Venres 25 de setembro ás 11 horas.

+

MOVILIZACIÓNS.

INFÓRMATE, PARTICIPA É DEFENDE OS TEUS DEREITOS


PLAN MELLORA ATENCIÓN PRIMARIA

Diante as últimas declaraciois sobre o plan mellora de atención primaria polo portavoz do Grupo Parlamentario do PP de Galicia en materia de Sanidade, Rosendo Fernández.

A executiva de CIG-Saúde enviou a nota de prensa que abaixo reproducimos.






comunicado de prensa


Diante das declaracións realizadas polo portavoz do Grupo Parlamentar do Partido Popular de Galicia en materia de Sanidade, Rosendo Fernández, no Parlamento de Galicia, cualificando o Plan de Mellora de Atención Primaria de “pufo e panfleto”, CIG-Saúde quere facer as seguintes puntualizacións:


• O Plan de Mellora, pese ás dificultades e retrasos na aplicación dalgúns aspectos, supuxo un paso moi importante para a Atención Primaria de Galicia, tanto polo seu contido como pola súa xestación, xa que naceu do acordo de organizacións Profesionais, Sindicais e da Administración.


• CIG-Saúde considera que neste momento, no ecuador do Plan, é especialmente importante reafirmarse na necesidade da súa completa aplicación, e non aceptará recortes nin cambios que desvaloricen ó pactado.• As declaracións do portavoz do Partido Popular son desmentidas polo Diario Oficial de Galicia onde son publicados os orzamentos do Sergas, nel figuran as prazas creadas polo Plan de Mellora para o ano 2009, e o orzamento de cada praza (ver cadro da imaxe superior)


• É responsabilidade da Administración a execución orzamentaria e polo tanto é responsabilidade do Partido Popular que esas prazas, creadas e orzamentadas, se convertan en incrementos reais das plantillas dos centros de Atención Primaria.

• De non facelo así será o Partido Popular o responsable de converter o Plan de Mellora nun pufo e nun panfleto.


• Neste terreo non son validos criterios economicistas a curto prazo, todo o que se invista en potenciar a Atención Primaria supón un aforro en gasto sanitário a outros niveis, e sobretodo supón un “aforro” de enfermedade, e polo tanto de sufrimento.


• O Plan de Mellora da Atención Primaria supón unha aposta clara por un tipo de sanidade pública, centrada nas necesidades do usuario e na resposta mais próxima a esas necesidades, polo que contempla un incremento da capacidade de resolución de problemas a este nivel, e por incrementar os servizos que se prestan aos usuarios: actividades preventivas, control de pacientes crónicos, atención a domicilio, cirurxía menor, control da anticoagulación oral (Sintrom), teledermatoloxía, realización de retinografías, etc.


• Para dar resposta a estas necesidades é para o que se precisan os incrementos de plantillas, polo que o que está en xogo é algo mais que unhas poucas prazas mais no sistema, o que nos xogamos e un modelo de Atención Primaria, de Sanidade Pública, que responda ás necesidades dos usuarios.

As prazas da area sanitaria de Ferrol do plan mellora 2009, orzamentadas é pendentes da súa creación, que agora a conselleria pretende anular son:

MÉDICOS 6 : 3 Fontenla Maristany, 1 Fene, 1 Narón, 1 As Pontes

PEDIATRÍA: 1 Narón (act dende setembro)

ODONTOLOGO: 1 Caranza

DUE: 11 ( 1 Fene, 4 Fontenla Maristany, 4 Narón, das que duas estan e act dende marzo, 1 As Pontes, 1 Ortigueira en act dende marzo)

HIXIENISTA DENTAL: 1 As Pontes en act dende febreiro

PSX 2: (1 Cedeira, 1 Narón)

AUXILIAR DE ENFERMARÍA: 1 Ortigueira en act dende marzo

FISIOTERAPEUTA: 2 Caranza

MATRONA: 1 Caranza

TRABALLADORA SOCIAL 2: (1 Ortigueira, 1 As Pontes)



Compostela, 15 de setembro de 2009

Profesionais do Meixoeiro son obrigadas/os a desenvolver a súa xornada laboral nunha clínica privada
11.09.2009
Profesionais de enfermería que realizan técnicas de perfusión nos quirófanos de cirurxía cardíaca do Hospital Meixoeiro son obrigadas/os a realizar parte da súa xornada laboral nun hospital privado:
“Por medio do presente escrito queremos informarche de que a partir do día 14 de setembro ...

DATAS EXAMES
10.09.2009
Ao obxecto de facilitar a máxima difusión das previsións de traballo da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, e previo ao chamamento oficial que tería que publicarse no Diario Oficial de Galicia, comunícase que os exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas categorías
de persoal estatutario, convocado pola Resolución do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40, do 26 de febreiro), realizaríanse no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra) coa seguinte distribución:


Descargar folleto con datas e horas dos exames

CURSOS GALEGO EOI
09.09.2009
O prazo de matrícula para o para o curso superior de linguaxe administrativa galega permanecerá aberto ata o vindeiro día 20. Está deseñedo para o persoal das administracións públicas galegas.
Para o Celga 1 o prazo concluirá o día 15.
Cursos organizados pola Escola Oficial de Idiomas.

EXAMES OPE SERGAS
08.09.2009
Acaba de chegarnos información do SERGAS a respecto do Cronograma de exames na que nos din que xa teñen o calendario pechado que abarca do 15 de outubro ao 15 de novembro, e que a finais desta semana ou principios da que ven concretarán a data de tódalas categorías. Unha vez que recibamos ese cronograma, publicarémolo inmediatamente.
Tamén comentan que haberá LISTADO de persoas que teñan que realiza-lo exame de galego.
Respecto dos servizos prestados no seu día chamados “Reforzos”, a quen como lembraredes só se lles contaban día por día, e logo ganáronse varias sentenzas que obrigaban a que a efectos de cotización e de servizos prestados tiñan que contar por todo o período que eran contratados e non só día a día, comentan do SERGAS que van enviar ás Xerencias instruccións para que os certificados que emitan de servizos prestados ao SERGAS vaian xa nese sentido.

RR.HH. SERGAS: actuacións excepcionais - pandemia da gripe A
@s compañeir@s de CIG-Saúde Vigo elaboraron este informe en base ó borrador que nos facilitou o SERGAS.
Ligazón: Borrador (pendente de alegacións)

Diante da pandemia da Gripe A H1N1, a administración amparándose na lexislación actual pode tomar as seguintes decisións:

•Denegación, suspensión ou revogación das autorizacións de desfrute de vacacións, licenzas e permisos. (disfrutaranse despois)

•Xornada de traballo e descansos poderán ser suspendidas.

•Mobilidade: rexeranse, de entrada, polo principio de voluntariedade. Poren, polo tempo que resulte indispensable, as Xerencias poderán utilizar as facultades de reordenación e mobilidade inherentes ao feito de que o persoal esta legalmente adscrito a Área Sanitaria, con independencia do destino adxudicado nos procesos de selección e provisión, fixa ou temporal, e do ámbito de prestación que figure no seu nomeamento. A administración poderá trasladar de forma temporal ou definitiva, dentro da Área Sanitaria, ao persoal cando existan razóns de imperiosa necesidade.

•Reordenacións funcionais, organizativas ou asistenciais: o persoal poderá ser adscrito aos centros ou unidades situados dentro do ámbito que o seu nomeamento precise. (ser movido de servizo)

•O persoal estará obrigado a prestar colaboración profesional cando así sexa requirido polas autoridades como consecuencia da adopción de medidas especiais por razóns de urxencia ou necesidade

•O persoal estatutario, previa resolución motivada e coas garantías en que cada caso dispóñanse, poderá ser destinado a centros ou unidades situadas fora do ámbito previsto no seu nomeamento.

•O persoal estatutario poderá ser destinado en comisión de servizo, con caracter temporal, ao desempeño de funcións especiais non adscritas a unha determinada praza ou posto de traballo.

•A través da programación funcional do correspondente centro poderase establecer a distribución irregular da xornada ao longo do ano.

•Mediante a programación funcional dos centros poderanse establecer xornadas de ata 24 horas para determinados servizos ou unidades sanitarias, con caracter excepcional e cando así o aconsellen razóns organizativas ou asistenciais.

•As disposicións relativas á xornada de traballo e períodos de descanso poderán ser transitoriamente suspendidas como medida excepcional e polo tempo da súa duración. As medidas especiais previstas neste artigo non poderán afectar ao persoal que se atope en situación de permiso por maternidade ou licenza por risco durante o embarazo

•Por necesidades de servizo ou funcionais poderán trasladar ao persoal a unidades ou departamentos distintos ao do seu destino, respectando as retribucións, e condicións esenciais de traballo.

•Os profesionais poderán prestar servizos conxuntos en dous ou mais centros por necesidades urxentes e inaprazables, aínda cando manteñan a súa vinculación a un deles.

•Contratacións: Poderanse prorrogar os nomeamentos dos bloques de vacación de verán de catro meses a seis. Tamén poderase centralizar a xestión das listas de contratación, axilizar e simplificar as incorporacións automáticas, priorizar as listaxes nas Unidade críticas ( áreas especiais, UCI-Rea, Hemodiálise ...), Valorarase as suspensión das penalizacións (agás por motivos graves). Nas categorías nas que exista un maior déficit de profesionais.

Poderase autorizar a realización de nomeamentos mediante as listas de promoción interna temporal das persoas que fosen excluídas destas listaxes por non acreditar no seu momento dous anos en servizo activo como persoal fixo.

INFORMACIÓN: MESA SECTORIAL 4 DE SETEMBRO

MESA SECTORIAL


A Orde do día tiña 3 puntos:

1. Gripe A:

Este asunto tratouse dende 3 apartados:
Saúde pública, 061 e RRHH,
aparentemente o asunto está controlado a nivel asistencial e a nivel de Recursos Humanos fixeron entrega do documento borrador de instrucción para regular as medidas en materia de persoal como consecuencia da pandemia da Gripe A ( suspensión de licencias e vacacións, saúde laboral, xornada…etc )
Documento pendente de enviar alegacións polas OO.SS. ata o mércores día 9 de setembro.

2. Xestión eficiente da actividade cirúrxica:

Neste asunto nós pretendiamos retomar a negociación da “Redifinición do Específico”, pero diso non quixeron saber nada, comentan que máis adiante farian eles unha proposta ( non se sinten na obriga de asumir o acordado co governo do bipartito ), e o que dixeron é que van a controlar con mecanismos de xestión
( eficacia, eficiencia, control )
o PERLE ( PLAN ESPECIAL DE REDUCCIÓN DE LISTAS DE ESPERA ), para eles isto estaba a funcionar dun xeito moi malo e agora o van a controlar e pensan que con esta ferramenta de xestión será dabondo para mellorar o sistema.
Consideran que si se lle fai un seguimento ao PERLE e se vixila que cumpran obxetivos poderán derivar ás tardes só aquilo indispensable.

3.Plan de Traballo da Mesa Sectorial:

O SERGAS: as suas prioridades de negociación eran:
Pacto de contratacións ( neste asunto plantexamos tamén a necesidade de listas para o 061 e CTG que están pendentes ),
Plan Mellora Atención primaria ( semella vanse paralizar as prazas previstas para este ano ),
Carreira Ordinaria ( precisar que informan de que co déficit que hai na Consellería é imposible afrontar o asunto do entronque da carreira ordinaria coa extraordinaria ).

CIG-Saúde preguntamos por máis asuntos para nós importantes:

OPE
( manteñen as previsións de outubro e novembro, para a semana confirmarán que categorías por datas van en cada fin de semana ),
Outros temas para desenvolver na Mesa Sectorial son: falar dos imcumprementos dalgunhas xerencias da xornada da persoal de urxencias extrahospitalarias, e que tiñamos que retomar as Comisións de seguimento do Acordo Marco.

MAFIAS FARMACÉUTICAS


Muy pocos medios de comunicación lo han comentado. La opinión pública no ha sido alertada. Y sin embargo, las preocupantes conclusiones del Informe final (1), publicado por la Comisión Europea el pasado 8 de julio, sobre los abusos en materia de competencia en el sector farmacéutico merecen ser conocidas por los ciudadanos y ampliamente difundidas.

¿Qué dice ese informe?


En síntesis: que, en el comercio de los medicamentos, la competencia no está funcionando, y que los grandes grupos farmacéuticos recurren a toda suerte de juegos sucios para impedir la llegada al mercado de medicinas más eficaces y sobre todo para descalificar los medicamentos genéricos mucho más baratos. Consecuencia: el retraso del acceso del consumidor a los genéricos se traduce en importantes pérdidas financieras no sólo para los propios pacientes sino para la Seguridad Social a cargo del Estado (o sea de los contribuyentes). Esto, además, ofrece argumentos a los defensores de la privatización de los Sistemas Públicos de Salud, acusados de ser fosos de déficits en el presupuesto de los Estados.

Los genéricos son medicamentos idénticos, en cuanto a principios activos, dosificación, forma farmacéutica, seguridad y eficacia, a los medicamentos originales producidos en exclusividad por los grandes monopolios farmacéuticos. El periodo de exclusividad, que se inicia desde el momento en que el producto es puesto a la venta, vence a los diez años; pero la protección de la patente del fármaco original dura veinte años. Entonces es cuando otros fabricantes tienen derecho a producir los genéricos que cuestan un 40% más baratos. La Organización Mundial de la Salud (OMS) y la mayoría de los Gobiernos recomiendan el uso de genéricos porque, por su menor coste, favorecen el acceso equitativo a la salud de las poblaciones expuestas a enfermedades evitables (2).



El objetivo de las grandes marcas farmacéuticas consiste, por consiguiente, en retrasar por todos los medios posibles la fecha de vencimiento del periodo de protección de la patente; y se las arreglan para patentar añadidos superfluos del producto (un polimorfo, una forma cristalina, etc.) y extender así, artificialmente, la duración de su control del medicamento. El mercado mundial de los medicamentos representa unos 700.000 millones de euros (3); y una docena de empresas gigantes, entre ellas las llamadas " Big Pharma " -Bayer, GlaxoSmithKline (GSK), Merck, Novartis, Pfizer, Roche, Sanofi-Aventis-, controlan la mitad de ese mercado. Sus beneficios son superiores a los obtenidos por los poderosos grupos del complejo militar-industrial. Por cada euro invertido en la fabricación de un medicamento de marca, los monopolios ganan mil en el mercado (4). Y tres de esas firmas, GSK, Novartis y Sanofi, se disponen a ganar miles de millones de euros más en los próximos meses gracias a las ventas masivas de la vacuna contra el virus A(H1N1) de la nueva gripe (5).

Esas gigantescas masas de dinero otorgan a las " Big Pharma " una potencia financiera absolutamente colosal. Que usan en particular para arruinar, mediante múltiples juicios millonarios ante los tribunales, a los modestos fabricantes de genéricos. Sus innumerables lobbies hostigan también permanentemente a la Oficina Europea de Patentes (OEP), cuya sede se halla en Múnich, para retrasar la concesión de autorizaciones de entrada en el mercado a los genéricos. Asimismo lanzan campañas engañosas sobre estos fármacos bioequivalentes y asustan a los pacientes. El resultado es que, según el reciente Informe publicado por la Comisión Europea, los ciudadanos han tenido que esperar, por término medio, siete meses más de lo normal para acceder a los genéricos, lo cual se ha traducido en los últimos cinco años en un sobregasto innecesario de cerca de 3.000 millones de euros para los consumidores y en un 20% de aumento para los Sistemas Públicos de Salud.

La ofensiva de los monopolios farmacéutico-industriales no tiene fronteras. También estarían implicados en el reciente golpe de Estado contra el presidente Manuel Zelaya en Honduras, país que importa todas sus medicinas, producidas fundamentalmente por las " Big Pharma ". Desde que Honduras ingresó en el ALBA (Alianza Bolivariana de los Pueblos de América), en agosto de 2008, Manuel Zelaya negociaba un acuerdo comercial con La Habana para importar genéricos cubanos, con el propósito de reducir los gastos de funcionamiento de los hospitales públicos hondureños. Además, en la Cumbre del 24 de junio pasado, los Presidentes del ALBA se comprometieron a "revisar la doctrina sobre la propiedad industrial", o sea, la intangibilidad de las patentes en materia de medicamentos. Estos dos proyectos, que amenazaban directamente sus intereses, impulsaron a los grupos farmacéuticos transnacionales a apoyar con fuerza el movimiento golpista que derrocaría a Zelaya el 28 de junio último (6).

Asimismo, Barack Obama, deseoso de reformar el sistema de salud de Estados Unidos que deja sin cobertura médica a 47 millones de ciudadanos, está afrontando las iras del complejo farmacéutico-industrial. Aquí, las sumas en juego son gigantescas (los gastos de salud representan el equivalente del 18% del PIB) y las controla un vigoroso lobby de intereses privados que reúne, además de las " Big Pharma ", a las grandes compañías de seguros y a todo el sector de las clínicas y de los hospitales privados. Ninguno de estos actores quiere perder sus opulentos privilegios. Por eso, apoyándose en los grandes medios de comunicación más conservadores y en el Partido Republicano, están gastando decenas de millones de dólares en campañas de desinformación y de calumnias contra la necesaria reforma del sistema de salud.

Es una batalla crucial. Y sería dramático que las mafias farmacéuticas la ganasen. Porque redoblarían entonces los esfuerzos para atacar, en Europa y en el resto del mundo, el despliegue de los medicamentos genéricos y la esperanza de unos sistemas de salud menos costosos y más solidarios.

LIGAZÓN: LE MONDE

Notas:
(1) http://ec.europa.eu/comm/competition/sectors/ pharmaceuticals/inquiry/index.html
(2) El 90% de los gastos de la gran industria farmacéutica para el desarrollo de nuevos fármacos está destinado a enfermedades que sólo padece el 10% de la población mundial.
(3) Intercontinental Marketing Services (IMS) Health, 19 de marzo de 2009.
(4) Carlos Machado, "La mafia farmacéutica. Peor el remedio que la enfermedad", 5 de marzo de 2007 (www.ecoportal.net/content/view/full/67184).
(5) Léase, Ignacio Ramonet, "Los culpables de la gripe porcina", Le Monde diplomatique en español , junio de 2009.
(6) Observatorio Social Centroamericano, 29 de junio de 2009.


¿Qué se esconde detrás da gripe A?



PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA
A Xunta recoñece que explora fórmulas non públicas para financiar o novo complexo de Beade- VIGO.
Estas son as principais, que o PP xa implantou nos seus centros de Madrid e Valencia
Nunca o recoñeceu con tanta claridade. O Goberno galego viña admitindo ata agora que si, que estaba estudando «todas as posibilidades» para financiar o novo hospital de Vigo.
Agora vai máis aló.
Nunha entrevista que publicou onte, o director xeral de Orzamentos (da Consellería de Facenda da Xunta), Miguel Corgos López-Prado, resolveu:

«Estamos estudando financiamento privado para a construción de hospitais». Os orzamentos galegos do próximo ano só contemplarán a obra dun gran complexo hospitalario: o de Vigo.

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) aínda non aclarou por que modelo vai optar.

Ten varios onde elixir.
Ata podería deseñar un novo. A continuación detállanse algunha das fórmulas de financiamento de hospitais que o Partido Popular xa implantou en España e que ata seguiu o Partido Socialista.
Son as que estuda a Xunta.
Modelo Valencia.
Alzira é unha pequena cidade da Comunidade Valenciana que non chega aos 50.000 habitantes. No ano 1999 deu nome a un modelo de xestión da sanidade que ata entón non se utilizou en Europa. Unha unión de empresas liderada por Adeslas -incluía a dúas caixas e ás construtoras Lubasa e Dragados- construíu o hospital a cambio de xestionalo totalmente, incluído o persoal.
A Generalitat de Eduardo Zaplana pagaríalle un canon anual, unha cota por paciente. Privatización pura.
Aos tres anos a empresa chegou á conclusión de que non era rendible.
A Generalitat acudiu ao rescate e pagou ás empresas unha indemnización calculada en 25 millóns de euros. Volveu sacar a concurso a xestión do hospital, que seguía tendo carácter público. O concurso gañouno a mesma ute, liderada por Adeslas, que concluíra -esta vez si- que podería gañar diñeiro.
Ademais, pegou outro bocado, porque o contrato incluíu a xestión da atención primaria, os centros de saúde.
Modelo Madrid.
Antes de que Esperanza Aguirre chegase a presidir a comunidade de Madrid todos os hospitais da rede sanitaria eran públicos.
Agora hai oito novos que utilizan fórmulas privadas. Para entendelos, hai que empezar falando dunhas siglas, IFP (Iniciativa de Financiamento Privado, PFI en versión inglesa).
A Administración contrata a construción do hospital a unha sociedade anónima e esta queda coa xestión dos servizos non sanitarios, como os aparcadoiros e a cafetería.
Ademais, o Executivo paga un canon anual por usar as instalacións e pon o persoal. é o típico modelo das autoestradas, pero sen peaxe.
Pode darse a circunstancia de que o mesmo centro sanitario teña dous xerentes: un para a parte asistencial (o público) e outro para o persoal non sanitario (o privado).
Sete hospitais novos de Madrid seguen esa fórmula. Hai un oitavo novo, o de Valdemoro, segue outra fórmula, coñecida como concesión administrativa, que é similar ao modelo Alzira, aínda que neste caso non inclúe a atención primaria. Neste caso está en mans da multinacional Capio.
Modelo Cataluña.
Existe un consorcio hospitalario formado por entidades municipais e fundacións sen ánimo de lucro. Xestiona nove hospitais. Un é o Hospital Clínico de Barcelona, que funciona como centro público polas mañás e privado polas tardes, ao cargo dunha empresa que paga por usar as instalacións.
Modelo ¿Galicia?
Todo o que está nesta páxina, todo, estudouno o bipartito para o novo hospital de Vigo.
Todo. Os entón dirixentes da sanidade galega viaxaron por España e analizaron cada modelo sobre o terreo.
Acabaron deseñando un propio e, finalmente, refugárono. Porque o 100% do gasto do novo hospital acabou aparecendo nos orzamentos públicos, dentro da Sociedade Pública de Investimentos, unha empresa pública que está ao cargo da Consellería de Facenda.
En principio non ía ser así. Unha consultora deseñou para a Xunta un modelo de empresa con participación pública e privada que nunca se había empregado en España. Esa empresa tería un 90% do seu capital en mans privadas e o resto en mans públicas. Tras a construción do complexo de Beade podería explotar algúns servizos non clínicos.
Modelo Povisa.
Povisa é unha empresa privada. Presta ao Sergas un servizo e este págallo. O ano pasado recibiu das arcas públicas 75 millóns de euros por atender a 142.000 pacientes. Igual que os vigueses do centro van ao Xeral e que os cidadáns da Cañiza van ao Meixoeiro, todos os cidadáns de Cangas, Moaña, Baiona, Nigrán, Gondomar, Coia, Coruxo e López Mora teñen como hospital de referencia Povisa. Acoden aos seus médicos especialistas e ás súas urxencias. Queda fose a atención pediátrica, concentrada no Xeral.é un contrato que se chama concerto singular. O Sergas paga por pacientes e por procesos, non só polo primeiro concepto. A diferenza de Valencia, o hospital xa existía antes. Naquela comunidade creouse ad hoc.
Ademais, o Sergas é o cliente máis importante de Povisa, pero non o único, a diferenza doutros modelos.
LIGAZÓN: "A Voz de Galicia"


A POLITICA SANITARIA DA XUNTA DE GALIZA APOSTA POLA PRIVATIZACION:
PRECARIZACIÓN LABORAL + PEOR CALIDADE ASISTENCIAL = N€GOCIO
A SAUDE NON É UN NEGOCIO





URXENTE
SUPRESIÓN ACORDOS RETRIBUTIVOS

GRIPE P

PLAN MELLORA

NON Á CESIÓN DE TRABALLADORES Á PRIVADA

SOLIDARIEDADE

NOTICIAS BLOGS CIG

ÚLTIMAS NOTICIAS


OUTRAS NOTICIAS
XUNTA DE PERSOAL

MESAS DE CONTRATACIÓNS

MESAS SECTORIAIS

NOTICIAS EXTERNAS

CIG-SAÚDE


CIG


SANIDADE


SAÚDE



ecoestadistica.com
CIG-Saúde Ferrol: Hospital Arquitecto Marcide-Local Sindical da CIG. Avda. da Residencia s/n. 15405. Ferrol
981 33 45 66 * www.cigsaudeferrol.blogspot.com * cigsaudeferrol@gmail.com