POSTO DE COORDINADOR DE URXENCIAS |
| |
29.06.2009 Publicada no D.O.G. de hoxe a resolución do 19 de maio de 2009, da Dirección da Área Sanitaria de Ferrol, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, do posto de coordinador de urxencias. |
|
|
|
NEGOCIACIÓN CARREIRA ORDINARIA: DECEPCIÓN |
| |

INFORMACIÓN REUNIÓN MESA SECTORIAL CARREIRA ORDINARIA. 25-06-09.
A devandita reunión desenvolveuse na tónica do resto de reunións: non prosperamos en nada. Pendente da memoria económica que non fixera sgun manifestan o anterior goberno.
Despois da intervención da Admón, e antes de entrar a valorar o documento que empeora sustancialmente o último borrador da anterior administracción, manifestamos o noso desacordo coa dinámica de negociación da Admón, xa que o documento non recollía as disposicións transitorias.
Nas disposicións transitorias do documento presentado póla Admón anterior era onde tiñamos maior discrepancias e non íamos aceptar un documento que empeore as condicións de carreira.
Para entrarmos no debate do documento de hoxe esiximos que a Admón nos puxera data para unha próxima reunión, antes de esta reunión, a Admón remitiranos o documento de carreira completo; incluídas as disposicións transitorias.
Dita reunión queda para o día 8 de xullo.
Os temas recollidos neste documento e que son mais regresivos que os que recollía o documento anterior son:
Funcionarios e laborais:
Non ofertan carreira sen integración.Si se integran poden acceder ao réxime ordinario
Recoñecemento de graos:I e II serán irreversíbeis.
III e IV reversíbeis (unha vez acadados podense perder, o grao IV necesita outra avaliación positiva aos sete anos de acadalo)
Grao inicial:
So poderá acceder o persoal temporal con vínculo de longa duración. A maioría do persoal eventual queda fora, xa que até acadar un vínculo de longa duración o persoal ten moitos anos de vínculos de curta duración.
No próximo documento que nos envíen, as disposicións transitorias teñen que recoller:
a.- Enlace entre o réxime extraordinario e o réxime ordinario.
b.- Tratamento do persoal da OPE 2006.
c.- Permanencia en cada grao. Esixencia dun mínimo dun ano de permanencia.
Ademais disto temos que seguir insistindo en:
Anexo I:
baremo
Que con diferentes combinacións de factores avaliables se poida acadar o 100%
Avaliación negativa: Regular o procedemento. Audiencia ao interesado
Promoción interna: Licenciados e diplomados sanitarios.
Para o resto de categorías o documento anterior mantiña a escala do réxime extraordinario |
|
|
|
OPE SERGAS: MODIFICACIÓN EXERCICIOS |
| |
RESOLUCIÓN Do 25 DE XUÑO DE 2009 DA XERENCIA DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE POLA QUE SE MODIFICAN AS RESOLUCIÓNS DA SECRETARÍA XERAL DO SERVIZO GALEDO DE SAÚDE DO 11 DE DECEMBRO DE 2008 POLAS QUE SE CONVOCA CONCURSO-OPOSICIÓN PARA O INGRESO NAS CATEGORIAS DE PERSOAL LICENCIADO SANITARIO DO ORGANISMO.
Por varias resolucións da Secretaria Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008 (DOG Nº 247, do 22 de decembro), convocouse concurso-oposición para la categoría de facultativo especialista de área de diversas especialidades, médico de urxencias hospitalarias, médico de familia de atención primaria, pediatra de atención primaria, farmacéutico de atención primaria, odontólogo de atención primaria e médico coordinador do 061.
Entre os exercicios da fase de oposición que se establecen no Anexo III das devanditas resolucións, figura un exercicio sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, inclusive), que de conformidade co establecido no artigo 35 do Decreto Lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, se realizará exclusivamente en lingua galega.
Por outra banda, e respecto ao o exercicio de coñecemento da lingua galega, non se contempla a exención da súa realización para o aspirantes que estean en posesión do Celga 4, ou equivalente debidamente homologado, prevíndose tan só a exención deste exercicio para os aspirantes da quenda de promoción interna.
A Lei 2/2009, do 23 de xuño, de modificación do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, modifica a redacción do devandito artigo 35 e na disposición transitoria única establece a aplicación da liberdade de elección da lingua galega e castelán nos procesos selectivos en curso respecto dos exercicios que aínda non estean realizados.
De conformidade co anterior, e tendo en conta que a realización dos exercicios da fase de oposición para o ingreso nas citadas categorías está previsto para o vindeiro 27 de xuño de 2009, procede adaptar o Anexo III das devanditas resolucións á nova redacción do artigo 35 do Decreto Lexislativo 1/2008, do 13 de marzo.
Este centro directivo, en uso da competencias atribuídas polo Decreto 311 /2009, do 28 de maio, polo que se establece la estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde,
RESOLVE:
Primeiro.- Modificar o parágrafo 1 da Base Sétima das resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008 (DOG nº 247, de 22 de decembro), polas que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de facultativo especialista de área de diversas especialidades, médico de urxencias hospitalarias, médico de familia de atención primaria, pediatra de atención primaria e odontólogo de atención primaria, que terá a seguinte redacción:
1.- Para o acceso á categoría convocada, os/as aspirantes da quenda de promoción interna estarán exentos de realizar o exercicio sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, ambos inclusive).
Segundo.- Modificar o Anexo III das resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008 (DOG nº 247, de 22 de decembro) polas que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de facultativo especialista de área de diversas especialidades, médico de urxencias hospitalarias, médico de familia de atención primaria, pediatra de atención primaria, farmacéutico de atención primaria, odontólogo de atención primaria e médico coordinador do 061, que terá a seguinte redacción:
ANEXO III
1º Exercicio (eliminatorio): Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 100 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 10 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre o contido da parte específica do programa do Anexo V, e directamente relacionados coa actividade específica dos centros, nun prazo máximo de 180 minutos. Este exercicio será valorado de 0 a 50 puntos. As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta. Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor do mesmo. 2º Exercicio (obrigatorio non eliminatorio): Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa do Anexo V (temas un a oito, inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos. Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos. As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta. 3º Exercicio (obrigatorio non eliminatorio): Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o cal se evidencie o coñecemento por parte dos aspirantes da lingua galega, nun prazo máximo de 15 minutos.
Polo tanto o vindeiro venres, día 26 de xuño, publicarse no Diario Oficial de Galicia unha Resolución da Xerencia do Servizo Galego de Saúde pola que se procede a modificar as devanditas resolucións, e que producirá efectos respecto dos exercicios da fase oposición que se celebrarán o vindeiro sábado, día 27 de xuño.
As modificacións que se levarán a cabo consisten basicamente en garantir a liberdade de elección de lingua galega e de lingua castelán en relación co segundo exercicio da fase de selección que, polo tanto, non será exclusivamente en lingua galega.
Por outra banda, se garantirá que os aspirantes que acrediten posuír o Celga 4, ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia (curso de perfeccionamento de galego, de conformidade co establecido na disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega; D.O.G nº 146, do 30 de xullo), queden exentos da realización do terceiro exercicio de coñecemento da lingua galega.
De conformidade co anterior, os aspirantes que estean en posesión do Celga 4 ou equivalente debidamente homologado (curso de perfeccionamento ou validación correspondente, conforme á Orde do 16 de xullo de 2007 antes citada) poderán abandonar o recinto onde se realicen os exercicios ao finalizar o segundo exercicio, permanecendo no mesmo exclusivamente os aspirantes que teñan que realizar o terceiro exercicio de coñecemento da lingua galega, que será realizado unha vez rematado o segundo exercicio.
Recórdase que o exercicio de coñecemento da lingua galega é obrigatorio para os aspirantes de calquera quenda de acceso (libre, persoas con discapacidade e promoción interna) que non teñan os devanditos cursos de coñecemento da lingua galega, polo que se recomenda que aqueles aspirantes que teñan algunha dúbida sobre a validez dos cursos dos que poidan dispoñer, permanezan no recinto ó finalizar o segundo exercicio e procedan á realización do terceiro.
Nos primeiros días do vindeiro mes de xullo publicarase no Diario Oficial de Galicia unha resolución da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se abrirá un prazo para que os aspirantes que estean exentos da realización do exercicio de coñecemento da lingua galega, aporten a documentación que acredite que están en posesión dos devanditos cursos de coñecemento da lingua galega.
Aos aspirantes que de conformidade co establecido no punto anterior, acrediten estar en posesión do curso de coñecemento da lingua galega Celga 4 ou equivalente (perfeccionamento) ou a validación correspondente, se lles outorgará unha puntuación de 5 puntos no terceiro exercicio. Os aspirantes que deban realizar o terceiro exercicio por carecer do correspondente curso de coñecemento da lingua galega, serán valorados de 0 a 5 puntos, en función da puntuación acadada no devandito exercicio. |
|
|
|
A INTERPRETACION DOS SONOS |
|
Manifesto do colexio de Psicoloxía de Galicia sobre a nosa lingua:
"Que imaxe vai ter de si un pobo que deixou apagar, deixou morrer, o máis valioso do seu patrimonio inmaterial?", |
|
|
|
OPE: GALEGO |
| |
24.06.2009 Coñecemento do idioma galego. Publicaran no DOG a modificación da convocatoria de OPE, isto tamén será de aplicación ao resto de categorías. Aplicación da modificación da Lei de Función Pública. - O exame da parte de lexislación será en bilingüe, a/o opositor elixirá o idioma. - Exame de galego: quedarán exentos de realizar esta proba o persoal que acredite ter os seguintes cursos: CELGA 4 ou curso de perfeccionamento; tamén quedaran exentos o persoal que teña a validación por cursar estudo de galego durante o bacharelato. - Ao persoal que acredite esta documentación outorgaránselles os 5 puntos - O persoal que realice a proba de coñecemento do idioma galego terá a nota resultante da proba. Pero ten unha segunda oportunidade. Se a posteriori acreditan os cursos de galego ou a validación seranlle outorgados os 5 puntos.
Na páxina principal do SERGAS (en "novas") informan sobre os cambios na OPE:
O Servizo Galego de Saúde debe proceder á modificación das diversas resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008, polas que se convocou concurso-oposición para a categoría de facultativo especialista de área de diversas especialidades, médico de urxencias hospitalarias, médico de familia de atención primaria, pediatra de atención primaria, farmacéutico de atención primaria, odontólogo de atención primaria e médico coordinador do 061, co fin de adecualas ao contido da devandita disposición. As modificacións consisten basicamente en garantir a liberdade de elección de lingua galega e de lingua castelá en relación co segundo exercicio da fase de selección -que, polo tanto, non será exclusivamente en lingua galega- e en garantir que os aspirantes que acrediten posuír o certificado Celga 4, ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia (curso de perfeccionamento de galego ou validación correspondente) queden exentos da realización do terceiro exercicio, de coñecemento da lingua galega. Realización do terceiro exercicio Así, os aspirantes que estean en posesión do Celga 4 ou equivalente poderán abandonar o recinto onde se realizarán os exercicios ao finalizar o segundo exercicio. Nel deberán permanecer exclusivamente os aspirantes que teñan que realizar o terceiro exercicio (de coñecemento da lingua galega), que será realizado unha vez rematado o anterior. Dende a Consellería de Sanidade quérese destacar que o exercicio de coñecemento da lingua galega é obrigatorio para os aspirantes que non teñan os devanditos certificados, polo que se recomenda que aqueles aspirantes que teñan algunha dúbida sobre a validez dos cursos dos que poidan dispoñer permanezan no recinto ao finalizar o segundo exercicio e procedan á realización do terceiro. Nos primeiros días do mes de xullo publicarase no DOG unha resolución da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se abrirá un prazo para que os aspirantes que estean exentos da realización do exercicio de coñecemento da lingua galega acheguen a documentación que acredite que están en posesión dos cursos correspondentes. |
|
|
|
MODIFICADA A LEI DA FUNCIÓN PÚBLICA : EXTERMINIO DO GALEGO |
| |
24.06.2009
400 persoas concéntranse diante do Parlamento en contra da modificación da Lei da Función Pública.
Para a CIG a medida supón “un golpe de morte” para o noso idioma Coincidindo co debate na Cámara galega da modificación do artigo 35 da Lei da Función Pública, máis de 400 persoas participaron na concentración desenvolta diante do Parlamento para rexeitar “ o golpe de morte ao noso idioma” que vai supor a aprobación desta medida. O PP da así un paso adiante na súa obsesión por “exterminar e desprestixiar” o noso idioma, vulnerando os dereitos de todos os galegos e as galegas, que coa modificación da Lei da Función Pública nin sequera poderán exixir ser atendidos na nosa lingua diante da administración. Arredor duns 400 delegados e delegadas de CIG, CCOO e UGT, participaron na concentración desenvolta diante do Parlamento Galego esta mañá, para rexeitar o atropelo contra o galego que vai supor a modificación da Lei da Función Pública. A protesta contou coa presenza do Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo, e coa participación de A Mesa pola Normalización Lingüística e varios deputados nacionalistas, que tamén quixeron amosar o seu rexeitamento a esta medida.  A modificación do artigo 35 desta norma pretende a eliminación da obriga de realizar en galego, como mínimo, unha das probas das oposicións, de xeito que se está a furtando aos galegos e galegas o dereito a poder ser atendidos no seu idioma nas administracións públicas. “É un retroceso preautonómico”, lamentou o secretario da CIG-Ensino, Anxo Louzao, quen asegurou que “esta é a suma doutras medidas contra o noso idioma. O PP ten unha obsesión co galego e todas as decisións que está a tomar van encamiñadas a exterminar, infravalorar e desprestixiar a nosa lingua”. Obriga dos gobernosDende a CIG lémbrase que a obriga de calquera goberno pasa por valorar os dereitos dos cidadáns e do seu patrimonio, polo que xa se advertiu ao goberno do PP que vai ter enfronte á central, porque “ non estamos dispostos a que se lexisle en contra do noso idioma”. “As decisión do PP están cargadas dun españolismo a ultranza destinado a pór en tea de xuízo o noso idioma e acabar co noso sinal de identidade máis importante”, lamentou Louzao. Por esta razón, a central reclama á Xunta de Galiza que asuma políticas de protección e promoción do noso idioma, en lugar de deseñar estratexias cuxo único obxectivo consiste na involución lingüística e na supresión dos escasos avances neste eido acadados nos últimos anos. “A única preocupación do PP é lexislar en contra do galego”, sentenciou o secretario nacional da CIG-Ensino.A modificación do artigo 35 é contraria tanto á Lei de Normalización Lingüística como ao Plan Xeral de Normalización, así como ao Estatuto Básico do Empregado Público. A CIG non aceptará ningún paso atrás na normalización lingüística, polo que continuará opóndose frontalmente a calquera medida destinada a tal finalidade. Recurso contra o Decreto de Educación InfantilDentro das medidas que a central vai levar a cabo en contra das políticas de ataque ao galego, a CIG-Ensino vai presentar recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza contra o Decreto de Educación Infantil, publicado no DOG do 23 de xuño. Tal e como se denunciou na Mesa Sectorial en que se debatía a Orde de avaliación de Educación Infantil, a única modificación introducida polo actual goberno do PP neste Decreto elaborado pola anterior Consellaría de Educación, é precisamente un ataque máis a nosa lingua, pois non recolle o que establece a actual lexislación en vigor, ou sexa o Decreto 124/2007, que si recollía o borrador modificado polo Consello da Xunta. O borrador do Decreto de Educación Infantil que pasara pola Mesa Sectorial no seu día dicía que: “Na etapa de Educación infantil o profesorado utilizará na aula a lingua materna predominante entre o alumnado, terá en conta a lingua do contorno e coidará que o alumnado progrese no coñecemento da outra lingua oficial de Galicia. No caso de contornos castelán falantes, a utilización nesta etapa da lingua galega como lingua de comunicación e ensinanza será, como mínimo, igual á da lingua castelá.” Fronte a isto o Consello da Xunta do actual goberno do PP, en que foi aprobado, modificou este apartado que segundo o publicado hoxe di soamente: “Na etapa de Educación infantil o profesorado utilizará na aula a lingua materna predominante entre o alumnado, terá en conta a lingua do contorno e coidará que o alumnado adquira de forma oral e escrita o coñecemento da outra lingua oficial de Galicia, dentro dos límites propios desta etapa.” Infracción do actual Decreto de NormalizaciónA CIG considera que esta modificación infrinxe o actual Decreto de Normalización Lingüística, que continúa en vixencia e que emana do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega aprobado por unanimidade no Parlamento Galego en setembro de 2004. Esta é unha involución máis das moitas que o novo goberno está a perpetrar contra o noso idioma, cunha urxencia esaxerada, que non practican para pór en marcha medidas que no seu programa electoral figuraban como prioritarias, por exemplo a redución das rateos a 15 alumnos por aula. Ou que supriman as axudas aos programas de inmersión en galego, que cumpren con todos os requisitos establecidos, mentres gastan cantidades moito maiores nunha enquisa ilexítima e amañada para reducir a presenza do noso idioma no ensino.
Noticia nos xornais Aprobada a libre elección de idioma nas oposicións con duras críticas de PSOE e BNG
A aprobación da reforma da Lei de Función Pública mereceu duros reproches de PSOE e BNG, que ven na medida un «18 de xullo» ou un intento de «exterminio» do idioma. En defensa da reforma, a conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, apuntou no pleno do Parlamento que con este cambio búscase salvagardar o dereito dos cidadáns a empregar calquera dos idiomas oficiais, «sen ningún tipo de discriminación». Segundo a conselleira, non se trata de «desproteger» o galego, senón de «escoller aos mellores» nas oposicións e tampouco persegue, como argumenta o BNG, «abrir as portas aos de fóra», senón de garantir a seguridade xurídica dos procesos de selección. «Todos queremos os mellores médicos, e non ten sentido que un excelente médico non pase un exame non polos seus coñecementos técnicos, senón por un deficiente manexo da lingua galega»,apuntou a conselleira. Tamén hai que garantir, apuntou Marta Fernández, que a mobilidade da cidadanía por todo o territorio nacional «non se vexa limitada nin menoscabada por barreiras lingüísticas; as barreiras, nin sequera as idiomáticas, non son boas», manifestou. Finalmente, insistiu en que se trata de fomentar a competencia lingüística e garantir a liberdade de elección, lonxe do « enfrontamento e o victimismo lingüístico». Duras críticas da oposiciónA oposición foi especialmente dura nos seus argumentos contra este texto lexislativo, que supón, para o socialista José Manuel Lage, un «ataque directo ao corazón do país e aos nosos acenos de identidade». Os populares, manifestou, intentan «en nome da liberdade, un 18 de xullo contra a lingua galega». O deputado socialista sostivo que é a primeira vez que desde o Parlamento galego tómase unha decisión «contra o noso idioma», unha medida que cualificou de «involución», que retrotrae aos populares a cando o PP nin se constituíu. «Van ser cómplices e vailles a pesar sobre a súa conciencia», argumentou José Manuel Lage, que insistiu na »tropelía« que supón a reforma lexislativa, para a que o PP «en nome da liberdade, falsea a realidade» e emprega a demagoxia. Ademais, reprochou ao Goberno que chegue a falar de «barreiras», coma se o galego fose «un idioma estraño», á vez que considerou que, con esta medida, »tiran ao lixo« a lei de normalización lingüística. Tamén o nacionalista Bieito Lobeira cualificou a reforma de «atentado» contra a lingua galega, e dixo dos populares que son «mercenarios ao servizo dunha causa que non se merece este país», pois os populares perseguen «o exterminio» do galego. Delegados de UXT, CIG e CCOO concentráronse hoxe fronte ás portas do Parlamento de Galicia para mostrar a súa oposición á modificación do artigo da Lei de Función Pública que obriga a unha realizar unha proba en galego nas oposicións.
O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, manifestou a Efe que «a eliminación da proba de galego é un paso máis na escalada contra o idioma» do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, quen puntualizou que «non coñezo ningún país en que os seus dirixentes non defendan o seu propio idioma». «Só na mentalidade de país colonizado que ten o PP pódese facer esta proposta, considerar que o idioma propio é algo de paletos e que o importante é falar inglés, coma se os galegos non tivésemos a capacidade para falar calquera lingua», engadiu Seixo. Tamén estivo presente na manifestación membros da Mesa pola Normalización Lingüística, cuxo presidente, Carlos Callón, resaltou que «estamos aquí para recoñecer o labor de convocatoria das tres centrais sindicais maioritarias galegas, que se reúnen para defender o dereito dos traballadores da administración». Callón denunciou que «hoxe o PP vai escribir a páxina máis negra na historia da lingua», e resaltou que se trata dun caso «de racismo lingüístico» que ten como obxectivo «converter aos galego falantes en cidadáns de segunda». Pola súa banda, a responsable da federación de Ensino de CCOO, María Jesús Fernández, en declaracións a Efe, considerou que coa eliminación do artigo 35 de devandita lei «está en xogo o dereito dos cidadáns a ser atendidos en calquera dos dous idiomas de Galicia». Así mesmo, o responsable de Administración Autonómica de UXT, Francisco Nuñez, criticou ao PPdeG «por facer as cousas deste xeito»e matizou que o artigo en cuestión «non debería molestar a ninguén», polo que denunciou a «falta de responsabilidade dos dirixentes políticos por darnos problemas no canto de solucións».
As centrais asinaron un manifesto conxunto no que esixen que non se modifique o artigo 35 da Lei de Función Pública e mantéñase a obrigatoriedade» de realizar unha proba en galego nos procesos selectivos.
O comunicado resalta tamén que a proposta de modificación exposta pola Consellería de Presidencia, pola que os examinandos poderán realizar a proba en calquera dos dous idiomas, para acreditar posteriormente o seu dominio do galego, «é un grave retroceso no proceso de normalización lingüística.
|
|
|
|
LISTAS AUTOMÁTICAS DE CONTRATACIÓN |
| |
22.06.2009
Anuncio polo que se procede a dar publicidade á resolución da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde, pola que se anuncian os prazos da convocatoria automática prevista para a selección temporal nas categorías de médicos de familia, médicos de urxencias hospitalarias, pediatras, matronas, persoal de enfermaría (ATS/DUE) e cociñeiros nas institucións sanitarias do Sergas. A citada convocatoria automática para presentación de solicitudes á selección temporal no SERGAS nas categorías de médicos de familia, pediatras, matronas, persoal de enfermaría e cociñeiros está prevista na norma xeral 6.3.1. do Pacto de selección temporal publicado no Diario Oficial de Galicia nº 104 de 1 de xuño de 2004 e a categoría de médico de urxencias hospitalarias na Resolución da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional de data 26 de abril de 2006 (DOG nº 90 de 11 de maio). O prazo de solicitudes está fixado dende o día 1 ata o día 15 de xullo do 2009, ámbolos dous inclusive. Os modelos de solicitude estarán a disposición dos interesados nas Direccións Provinciais do Sergas e na páxina web do Sergas. |
|
|
|
27 XUÑO, EXAME FACULTATIVOS |
| |
18.06.2009 Publicada no DOG de hoxe a data, hora e o lugar de celebración do primeiro exame da OPE de facultativos. Será o vindeiro día 27 de xuño de 2009, ás 9.30 horas en Silleda. |
|
|
|
A LINGUA: A NOSA CULTURA, O NOSO PATRIMONIO |
| |

Concentración
DIANTE DO PARLAMENTO DE GALIZA O DÍA 23 DE XUÑO, ÁS 10HS.
A LINGUA, A NOSA CULTURA, O NOSO PATRIMONIO
Todas as culturas entenden a lingua como un patrimonio, que hai que protexer e do que sentirse orgulloso. (Mesa pola normalización)
“Porque despois de máis de catro séculos de políticas asimilistas, exercidas con toda riqueza de astucias e violencias, o noso idioma segue vivo. Sodes, pois, uns imperialistas fracasados. Castelao. Sempre en Galiza.
CIG- Saúde defende que se manteña a convocatoria de OPE nos termos nos que foi aprobada na Mesa Sectorial en decembro de 2008.
O goberno do PP pretende modificar pola vía de urxencia a modificación da Lei de Función Pública Galega, para suprimir das probas selectivas o coñecemento do noso idioma; co argumento de que isto impide que profesionais do resto do territorio do estado español acedan ao emprego no noso pais. Isto é totalmente falso e non se pode seguir enganando e manipulando.
Este é o cronograma da convocatoria de OPE, polo que o persoal que vai participar neste proceso selectivo, de dentro ou de fora de Galiza, xa coñecía os requisitos da convocatoria.
Convocatoria OPE FACULTATIVOS 2008 Decreto de oferta de emprego publicado no DOG do 01-09-2008 Resolución da convocatoria publicado no DOG do 22-12-2008. Inicio do prazo de presentación de solicitudes 23-12-08. Prazo fin de presentación de solicitudes 31-01-09.
Convocatoria OPE Resto de categorías 2009 Decreto de oferta de emprego publicado no DOG do 13-02-09.
Resolución da convocatoria publicado no DOG do 26-02-09.
Inicio do prazo de presentación de solicitudes 27-02-09.
Prazo fin de presentación de solicitudes 31-03-09.
Ademais disto, é falso que a proba do galego determine a superación do proceso selectivo, xa que o baremo ten a seguinte composición.
BAREMO OPE 100% DA PUNTUACIÓN Concurso de méritos 40% do proceso selectivo. Nesta apartado valóranse os servizos prestados nos países da Unión Europea, nos centros públicos e privados. O resto de méritos (publicacións, formación...) son de carácter internacional. Fase de oposición 60% do proceso selectivo. 90% Exame da parte específica . Os test están feitos integramente en español. 10% coñecemento do galego. Non eliminatorio, só serve para para subir nota .
A política de emprego exercida no SERGAS polo anterior goberno do PP e corrixida no plano de estabilidade do goberno bipartido coa OPE 2006, traducíase nunha permanente fuxida dos nosos profesionais ao pais veciño Portugal, onde todas/os as/os profesionais, galegas/os e do resto do territorio do estado español, teñen que superar unha proba de coñecemento do idioma portugués.
As precarias condicións das contratacións utilizadas nos últimos anos polo goberno do PP traducíanse en: Para os profesionais: a formalización de sucesivos contratos, sen vacacións, sen cobertura de I.T, Provocando desmotivación, incerteza para os proxectos persoais e a dificultade en conciliar a vida laboral familiar. Para a Administración sanitaria: a dificultade de captar e reter profesionais nun mercado competitivo; xerando incerteza na continuidade dos servizos.
Estas políticas de emprego son as que non se poden aplicar. O goberno debe garantir unhas boas condicións laborais para garantir, non só que veñan profesionais de fora de Galiza, senón para evitar que fuxan os nosos.
O galego non é unha limitación, é un dereito; as usuarias e usuarios teñen o dereito a usalo na súa relación co Sistema Sanitario Público; a Administración ten a obriga de garantilo. Concentración o martes 23 de xuño en contra da modificación do artigo 35 da Lei da Función Pública A CIG volve rexeitar a eliminación de realizar unha ou máis probas en galego As organizacións sindicais reiteraron unha vez máis a petición á Xunta para que non modifique o artigo 35 da Lei da Función Pública, mantendo deste xeito a obrigatoriedade de realizar unha ou máis probas dos procesos selectivos exclusivamente en lingua galega. Para apoiar esta reivindicación, CIG, UGT e CCOO teñen convocado unha concentración ante o Parlamento de Galiza o vindeiro 23 de xuño ás 10h, data na que se debaterá esta modificación na Cámara galega. Ligazón: Folla informativa CIG-SAÚDE |
|
|
|
VOZEIRO XUÑO |
| |
16.06.2009 Xa podedes descargar o novo vozeiro. Nesta ocasión abordamos os seguintes temas:
 Carreira Profesional Grao III e Grao IV OPE 2008 / 2009 Mobilizacións A túa opinión conta Coñecemento de galego na administación pública
Descargar vozeiro xuño 09 |
|
|
|
RESUMOS CONTRATACIÓNS E PROCESOS AMBULATORIOS |
| |
15.06.09 Deixamos aquí dúas ligazóns aos resumos das xuntanzas dos días 2 de xuño coa Dirección de Urxencias e Procesos Ambulatorios e do día 3 de xuño da Comisión Provincial de Seguimento do Pacto de vinculacións temporais. |
|
|
|
CARREIRA PROFESIONAL: GRAO III |
|
15.06.2009 Publicada no DOG de hoxe a Resolución pola que se se inicia o procedemento para o recoñecemento do grao III de desenvolvemento profesional do persoal estatutario das categorías de xestión e servizos e sanitarias de formación profesional do Servizo Galego de Saúde e tamén de Diplomados Sanitarios. Tamén publicouse hoxe a resolución do Grao IV para diplomados sanitarios, con praza en propiedade nos equipos das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde obtida con anterioridade ao remate dos procesos executados ao abeiro da Lei 16/2001. O prazo para presentar as solicitudes remata o 30 de setembro.
Descargar folleto informativo Requisitos Persoal de Xestión e Servizos Xerais e Técnicos: Ter traballado un mínimo de 19 anos. No caso de ter acadada a máxima puntuación na auto avaliación (8 créditos), será necesario conseguir un crédito mais para chegar ós 9 esixidos (1crédito = un curso, 10h) Os cursos non teñen caducidade. Os cursos que se presenten non se poden volver presentar para posteriores graos. Si se presenta un curso de 40h e so se necesitan 10 o resto non se gasta e se pode volver a utilizar. Formación continuada para a actividade profesional: Valorarase a asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento acreditados para profesións sanitarias pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde, ou pola Comisión Autonómica. Estes cursos valoraranse sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría, e para as categorías sanitarias. Valoraranse tamén os cursos de formación e perfeccionamento realizados ao abeiro do acordo nacional de formación continuada das administracións públicas e/ou do Plan de formación continuada do Servizo Galego de Saúde, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría. Valoraranse igualmente os cursos finalizados con posterioridade ao 1 de xullo de 2002, relevantes para o desempeño das correspondentes funcións, convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, INEM, Cruz Vermella, colexios oficiais, organizacións sindicais ou avalados polo Servizo Galego de Saúde. Os cursos valoraranse por créditos. De non figuraren créditos, a equivalencia será por cada 10 horas 1 crédito. Para a formación universitaria posgraduada non se terá en conta a citada data de referencia (1 de xullo de 2002). Excepcionalmente, aos profesionais que non teñan superado a avaliación e que non poidan acreditar a realización de cursos con posterioridade á data indicada, a Comisión Técnica de Avaliación poderá solicitarlles e valorar outros cursos das mesmas características que os anteriores, sen límite de data. Podedes ver as resolucións premendo na ligazón que corresponda. |
|
|
|
MESA SECTORIAL SERGAS |
| |
04-06-2009
INFORMACIÓN MESA SECTORIAL A orde do día constaba de 4 puntos:
Aprobación da acta da sesión anterior; OPE; Presentación da nova estrutura da Dirección de Recursos Humanos e Calendario.
1.- Acta:
enviaranse alegacións, xa que o texto non recolle a intervención de CIG-Saúde referente á ausencia da Conselleira e ao abandono da reunión da Xerenta e do Secretario.
2.- OPE:
Fíxosenos entrega dun documento que é guía técnica, elaborada para os tribunais de facultativos, ademáis informan dunha correción en DOG, da composición dos tribunais da OPE polas renuncias presentadas por incorrer en incompatibilidades. * Solicitamos, unha vez mais, a convocatoria dunha reunión para abordar todos os temas de OPE. Dende CIG-Saúde para esta reunión específica queremos que se traten entre outros as nosas propostas:
Galego.
Tribunais resto das categorías: compostos maioritariamente por profesionais do mesmo colectivo.
Guías técnicas.
Bolsas de preguntas: 3 veces superior ao nº de preguntas.
Formulación das preguntas: de fácil comprensión, adaptadas ao nivel do requisito académico, formulación sinxela procurando facilitar a sua comprensión.
A guía técnica recollerá a que categorías se lle puntuará a titulación específica que non se esixe como requisito.
Servizos prestados: CTG. Privadas non concertadas: laboratorios, cociñeiros, hixienistas, odontólogas/os.
Criterios de cesamento e incorporacións
Elección de destino facultativos.Prazas por centros para ofertar ao persoal de OPE: Non se ofertarán a OPE ningunha praza que previamente non fosen ofertada non concurso de traslados.
Respectando o principio de territorialidade, as prazas ofertadas a OPE serán igual que o nº de aprobados en cada localidade.
Selección temporal de facultativos.
Convocatoria de traslados.100% DAS PRAZASInstrucións de cesamentos e incorporación: recollerán o procedemento de elección de destino nos centros.
Vinculacións temporais.
Pacto SERGAS, saúde pública.
Reiteramos na reunión que para a CIG-SAÚDE o proceso de negociación de OPE e traslados vai desde a presentación de solicitude até a toma de posesión.
3.- Presentación do novo organigrama (vólvese a chamar Dirección e non División).
O novo organigrama da Dirección de Recursos Humanos do SERGAS estará composto por:
Directora de Recursos humanos: Esperanza Fernández Planificación, selección e desenvolvemento profesional: Mercedes Castro. RRLL, réxime xurídico, recursos e reclamacións: Javier Pena.
Xestión e políticas de persoal: Rosario García Villadangos.
4.-Calendario.
Presentóusenos un calendario de reunións de Mesa Sectorial que contén as reunións a celebrar nos meses de xuño e xullo.
Neste calendario recóllese que a reunión de carreira ordinaria celebrarase o dia 25 de xuño. Alegegou o SERGAS que non se podería facer antes posto que até o dia 12 non se incorporaba a Subd. de desenvolvemento profesional e polo tanto non tería sentido ter antes esta reunión. Solicitamos que se fixera un calendario con todos os temas pendentes, se non se poden abordar nestes meses deberíanse abordar á volta das vacacións.
Ademáis de todos os temas que se relacionaron no documento de CIG-Saúde, solicitamos que de inmediato dese abordaran estes temas:
Carreira profesional. Data remate xullo 09
Plan Mellora,
MUH,
061.
Comisións de traballo acordo 2008-12
Reformulación específico-traballo de tarde.
Carreira extraordinaria persoal integrado hospital Naval de Ferrol
Decreto de consolidación de grao
Decreto de novas titulacións. Dietética,farmacia, documentación.Creación destas prazas.
Decreto de integración: persoal dos centros de drogodependencia e Lei 17.
RPT farmaceuticos. S.P Persoal MIR: licenciados e diplomados.
Prevención de riscos,
Cadro de persoal das fundacións e do novo hospital de Lugo....
O calendario presentado pola Admón só recolle:
a.- Carreira Ordinaria. Reunión 25 de xuño.
b.- Comisións de traballo do acordo retributivo 2008-12, agás o específico.
c.- Comisión de seguimento das incidencias carreira extraordinaria.
d.-Consolidación de grao
e.- Plan Mellora de Atención Primaria; esta reunión celebrarase o día 24 de xuño
Despois de insistir até o aborrecemento, comprometéronse a incluír no calendario as reunións de OPE-traslados e vinculacións temporais. Sin data. |
|
|
|
|
|
|
SOLIDARIEDADE
|

|
|
CIG-Saúde Ferrol: Hospital Arquitecto Marcide-Local Sindical da CIG. Avda. da Residencia s/n. 15405. Ferrol
981 33 45 66 * www.cigsaudeferrol.blogspot.com * cigsaudeferrol@gmail.com
|
|
|