Publicada no taboleiro de anuncios do Servizo de Relacións Laboráis da Area Sanitaria de Ferrol, a Resolución do 28 de xaneiro de 2009, da Dirección de Area Sanitaria de Ferrol pola que se fan públicas as listaxes provisionais do concurso de mobilidade interna do persoal da Area Sanitaria de Ferrol, convocado por resolución do 4 de decembro do 2008.
Podedes aceder á listaxe a través desta ligazón á Intranet da Área Sanitaria(non acesible desde internet).
Publicada unha correción de erros da resolución con data 29 de xaneiro.
ASEMBLEA INFORMATIVA CARREIRA ORDINARIA
26.01.2009
DECRETAZO NON NEGOCIACIÓN SI
ASEMBLEA INFORMATIVA
CARREIRA PROFESIONAL ORDINARIA
Mércores 28 ás 13:30 Salón de Actos do C.H.A. Marcide
Convoca: Plataforma Sindical C.P.O.
A PLATAFORMA SINDICAL ESIXEA PARALIZACIÓN DO DECRETO, solicitando se retome o proceso negociador dentro do marco da Mesa Sectorial, para deste xeito poder acadar un modelo de Carreira profesional Ordinaria á que poida acceder todo o persoal e que recompense o esforzo individual realizado.
SE QUERES PARAR AO SERGAS PARTICIPA NAS MOBILIZACIÓNS
CCOO, CESM, CIG-SAUDE, CSI-CSIF, SAE, UGT
PAGO DOS ATRASOS POLO ACORDO RETRIBUTIVO
23.01.2009
Según nos informa o Sergas nas RETRIBUCIÓNS deste mes de xaneiro a maiores da nómina normal haberá unha nómina COMPLEMENTARIA, que abonará os atrasos dende xullo do 2008 do acordado no ACORDO RETRIBUTIVO.
XEFATURAS DE XESTIÓN E SERVIZOS
23.01.2009
Publicada no DOG de hoxe a Resolución do 8 de xaneiro de 2009, da Dirección da Área Sanitaria de Ferrol, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, de diversos postos de persoal de xestión e servizos.
A Orde de confección de nóminas, conten algúns erros: retribucións adicionais do persoal de enfermaría dos PACs, . Despois de contactar con Recursos Económicos do SERGAS, nos dixeron que eles estaban a revisala, e xa detectaran algún. Enviaran unha correción, e posteriormente a publicaran en DOG.
CURSOS CELGA 1 E 2 EN FERROL
22.01.2009
Publicado no DOG de hoxe a convocatoria para cursos CELGA 1 e 2 na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol.
PLATAFORMA SINDICAL CARREIRA PROFESIONAL ORDINARIA
22.01.2009
CARREIRA ORDINARIA
DO PERSOAL DO SERGAS
ESTATUTARIOS, LABORAIS E FUNCIONARIOS
A PLATAFORMA SINDICAL:
CC.OO, CESM, CIG-SAÚDE, CSI-CSIF, SAE, UGT rexeita o modelo de CARREIRA ORDINARIA e o Sergas intenta aplicala por DECRETAZO.
O día 19 de decembro de 2008 a Administración dá por rematada a negociación de Carreira Ordinaria, ignorando as reivindicacións das Organizacións Sindicais, buscando unha vez máis a confrontación no ámbito da Sanidade en vez de intentar acadar o consenso desexado.
A PLATAFORMA SINDICAL, entre outras, REXEITA ESTA CARREIRA PROFESIONAL ORDINARIA polas seguintes razóns:
**·Enlace réxime extraordinario:
O Sergas obriga a un período de permanencia de 3 anos a pesares de te-los requisitos esixidos.
**· Funcionarios e Laborais:
Incumprimento do SERGAS dos acordos asinados e xa publicados no DOG, que recollen o acceso ao réxime ordinario sen integración previa.
**·Promoción Interna:
Non recoñecen a promoción interna para licenciados e diplomados sanitarios.
**·Persoal ope 2006:
Non acepta que este persoal que reuna os requisitos a entrada en vigor da carreira poida solicitar o recoñecemento dos graos que lle correspondan.
**· Persoal Interino:
Só poderán solicitar o grao inicial ( non retribuído ) non podendo pedir o Grao I ata que sexan fixos, pero sempre que leven 5 anos neste grao inicial.
**· Criterios avaliación:
Esixencia por parte do Sergas dun mínimo de avaliación en cada apartado, mínimo que rexeita a plataforma dado a dificultade de conquerir en moitos lugares.
A PLATAFORMA SINDICAL ESIXE a PARALIZACIÓN DO DECRETO, solicitando se retome o proceso negociador dentro do marco da Mesa Sectorial, para deste xeito poder acadar un modelo de Carreira profesional Ordinaria á que poida acceder todo o persoal e que recompense o esforzo individual realizado.
CALENDARIO MOBILIZACIÓNS
XANEIRO
DO 26 ao 30 ASEMBLEAS INFORMATIVAS
FEBREIRO Martes 3, Xoves 5, Martes 10 e Xoves 12 CONCENTRACIÓNS NOS CENTROS
17 FEBREIRO CONCENTRACIÓN NO SERGAS 11,30 HORAS
PALESTINA
MANIFESTACION NACIONAL ALAMEDA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
DOMINGO,
DÍA 18 DE XANEIRO, ÁS 12:00 HORAS
CON PALESTINA
CONTRA DA MASACRE
UNHA PAZ XUSTA E DURADEIRA
PARA QUE REMATE ESTA MATANZA
Palestina (artigo públicado en "vieiros")
Que dignidade pode haber en quen xustifica e defende a colonización o roubo de terras, o derrubamento de casas, o asasinato indiscriminado, a teocracia vestida de estado de dereito, a destrución de toda posibilidade de vida para un pobo enteiro se esta non raia na escravitude e na subalternidade eterna ao pobo elixido polo dedo brutal dun Deus cruel. Nada de dignidade nin de vergonza. Os membros desa influínte asociación brindan estes días polo éxito da operación israelí e cosen con fíos de sangue nalgún lugar próximo aos seus cerebros o argumento da propaganda: Israel ten dereito a defenderse. Distinguirémolos polas rúas porque o cinismo cómplice será o adobío facial que non os abandonará nunca. Nin sequera será necesario visitalos na súa casa virtual, a Santa Sé da propaganda do crime masivo, con servizos oficiados polas excrecencias ideolóxicas de malos escritores, coma tal un Vázquez-Rial ou un Gabriel Albiac calquera. ¿Sería aplicable a Lei de Partidos a aqueles que non condenan o asasinato masivo ou que abertamente o apoian, o xustifican e o alentan? É unha dúbida que me corroe e cuxa resposta ben podería definir o carácter democrático, ou non, do réxime español.Todo isto sería unha desagradable anécdota se non fose máis ca unha pinga irrelevante no noxento océano en que se emporca o mundo todos estes días esa complicidade cínica e propagandística ofrecida coa fachenda de quen se recoñece poderoso e crea realidades paralelas alterando os termos de calquera ecuación. Desde 1946. Porque se a gran xustificación do crime masivo consiste en culpar das mortes de máis de un milleiro de seres humanos (polo de agora) á ruptura dunha tregua hai coma quen di dous días, tiremos da frecha do tempo e vaiamos ó principio desta historia se queremos ser xustos. 1946. Porque as mortes masivas de civís nunca poden ser xustificables. Ou si? Pero, quen quere ser xusto? A xustiza neste Holocausto é xa o menos importante comparada coa necesidade de sobrevivir. Porque se houber xustiza será terrible se ten que facer pagar tantísimos anos de aplicación da Solución Final planificada. E para qué a xustiza, se total non hai lugar ó que ila esixir nin organismo lexitimado para ofrecela. Os dirixentes do mundo, coa ignominia, a indignidade e a complicidade por única bandeira, calan, miran para outro lado, falan con rubor nas fazulas, coa boca pequeniña, en murmurios covardes. Só ouvean cando os negocios corren algún risco (perigo, nunca). Iso é, irmán, Europa. Os que onte ordenaban o asasinato masivo e indiscriminado de iugoslavos e iraquís hoxe son homes de paz profundamente preocupados por un entendemento que conxele o conflito. Os outros, os implacables, os cínicos, saben ben diferenciar entre o dereito á lexítima defensa dun sufrido Israel e o instinto criminal dun pobo palestino, claramente inferior, incapaz de comprender que o seu destino é ofrecerse en Holocausto ó Pobo Elixido. Pouco lugar queda para a razón. Apenas unha pequena fenda de carraxe contra a impunidade do asasinato colectivo, da eliminación planificada de todo un pobo, da execución sen xuízo (ou con el, que máis ten) dun mínimo sentido común democrático e de pertenza ó xénero humano. O Estado de Israel, ademais de ocupador, é criminal, asasino masivo, xenocida. E tanto ten que se vista coas túnicas sangradas dun Estado de Dereito elevado polo pensamento blandiblú ó cumio de toda aspiración social humana. Tanto ten. Nada mudará a súa esencia criminal. Nada. Nin todos os Henry-Lévy, Glucksmann, Albiac ou o demo que os fundou mudará nada. Israel será por sempre, para todos os humanos de ben, a representación mesma da impunidade asasina, do odio, do terror, do poder fachendoso e cínico, da destrución, da infamia. E ese será o seu peor estigma.A baixeza moral dos propagandistas, a escaseza de argumentos de Israel e os seus asalariados, o discurso dos cómplices virá a acusarnos de antisemitismo como fai sistematicamente contra toda opinión que poña en dúbida a súa doxa divina. A súa única coartada, tan inmoral como desprezable, é o Holocausto nazi. Pero o martirio de tantos seres humanos non debera ser manexado con tanta impudicia por aqueles que con toda a saña lles aplican ós palestinos, día a día, desde 1946, un completo programa de extinción masiva. Non. Os que estamos contra este crime non somos antisemitas. Simplemente, aborrecemos a esencia criminal do Estado de Israel con igual forza coa que aborrecemos o fascismo nazi. E a todos os seus cómplices. Co eco das bombas, dos disparos, das escavadoras, dos lamentos de nenos, de mulleres e homes sen terra, escravos, sen oliveiras, sen auga e sen dereitos, sen futuro; co cheiro a cadáver torrado por armamento occidental sofisticado e preciso; co pensamento a carón dos que están, en palabras do Subcomandante Marcos, abaixo á esquerda, non hai lugar para a neutralidade nin para o equilibrio. Neste tempo de inverno negro que precedeu outro inverno interminable igual de negro e de feroz, só sobrevive á vergonza, á complicidade, á indignidade, a esperanza, feble pero firme, de que Palestina vencerá. O desexo de que Palestina viva.
CONCENTRACIÓN EN CONTRA DA PRIVATIZACIÓN DA CENTRAL DE CHAMADAS DE ATENCIÓN PRIMARIA
15.01.2009
En ferrol a concentración principal foi a do Fontenla Maristany con 50 persoas, ademáis en practicamente todolos centros de saude da área sanitaria entre as 12:00 e as 12:30 estuvo paralizada a cita previa tanto telefonica como de mostrador, so se atendeu cita para urxencias.
O persoal da área administrativa dos centros de saúde: Aux. Administrativos, P.S.X. , secundarón masivamente a protesta contra a privatización da central de chamadas de cita previa.
NOTA DE PRENSA
O Servizo Galego de Saúde privatiza o sistema de cita previa na Atención Primaria O servizo de citacións foi concedido, mediante concurso, a unha empresa privada xestionada a través de GALARIA para que activara unha Central de Chamadas que dea resposta ás solicitudes de cita telefónica para o persoal Médico e de Enfermería de Atención Primaria.
Para dar estas citas esta empresa privada fará uso dos datos dos pacientes que figuran na tarxeta sanitaria, que están en poder do Sergas, ademáis a solicitude de cita previa no sistema sanitario público debe realizarse utilizando un telefono con prefixo 902, cos seus costes maiores, que si a chamada fose realizada cunha linea telefónica cun prefixo da provincia convencional. Convertindo unha necesidade “obter unha cita con o médico ou outro profesional da sanidade” nunha fonte recaudación de diñeiro a conta dos usuarios.
As tarifas que publicita o SERGAS dun coste como unha chamada provincial, pero que pasa coas persoas que teñen tarifa plana ou chamadas gratuitas , pois que os números 902 estan excluidos e facturan por eles, mentras que si fosen números convencionais (981...........) as chamadas non terian coste, pasando de ter un servizo gratuito a ter que pagar pola chamada ( e un porcentaxe dese coste revirte sobre a empresa privada que recibe a chamada; o sexa esta ingresando diñeiro cada vez que un usuario pide unha cita). Agora imaxinade a cantidade de citas o sexa chamadas que se poidan realizar todolos días en galiza e que un cincuenta por cento do coste da chamada sexa ingreso para a empresa privada. UN N€GOCIO a conta das persoas que necesitan asistencia sanitaria.
Na área sanitaria de Ferrol esta prevista a súa posta en funcionamento no primeiro trimestre do ano 2009. Desaparecendo a posibilidade de chamar aos números dos centros de saúde.
A SAÚDE NON É UN N€GOCIO
A POLÍTICA SANITARIA DA XUNTA DE GALIZA TRADÚCESE EN:
Central de Chamadas = Privatización, Precarización Laboral + N€gocio
As/os traballadoras/es desta empresa non foron seleccionados a través das listaxes de contratacións do Sergas. Os demandantes de emprego abonan as taxas correspondentes para inscribirse nas listaxes e despois a Consellaría contrata o servizo cunha empresa privada; o que está na listaxe... de contratación do SERGAS segue sen poder acceder ao emprego temporal. CIG-Saúde preguntou en repetidas ocasións ao Sergas polo desenvolvemento das centrais de chamadas que recolle o Plan de Mellora de Atención Primaria e agora o SERGAS aplica a política de feitos consumados. CIG-Saúde quere poñer de manifesto diante das traballadoras/es do SERGAS e do conxunto da opinión pública o desacordo co modelo elixido, que supón a privatización dun servizo público e a conseguinte precarización de postos de traballo.CIG-Saúde quere deixar claro que non se pode utilizar o Plan de Mellora da Atención Primaria como pretexto para privatizar servizos, en aparente contradición coa política da Consellería de Sanidade de reverter ao sistema publico ás fundacións postas en marcha na administración anterior.
A utilización do Plan de Mellora para desenvolver estas políticas é unha clara deslealdade coas organizacións que, como CIG-Saúde, asinamos un Plan para a mellora do Servizo Publico, non para a súa liquidación. Como xa manifestamos en repetidas ocasións CIG-Saúde apoia a creación de centrais de chamadas que permitan descargar unha parte das citas telefónicas das áreas administrativas dos servizos e unidades de atención primaria, e que den un mellor servizo ao usuario, pero sempre que se fagan no sistema público con persoal estatutario integrado no SERGAS e cunha linea telefónica gratuita para os usuarios.
CIG-SAÚDE ESIXE O INMEDIATO PECHE DA CENTRAL DE CHAMADAS PRIVADA E A SÚA REVERSIÓN AO SISTEMA SANITARIO PÚBLICO
Ferrol, 15 xaneiro 2009
NOTICIA XORNAL "DIARIO DE FERROL"
A CIG esixe o peche do sistema privado de cita previa para Atención Primaria
A CIG-Saúde convocou onte concentracións nos centros de saúde da área sanitaria de Ferrol en contra da “privatización do sistema de cita previa na Atención Primaria”.
O acto central na comarca celebrouse no Fontenla Maristany, onde segundo informou Mercedes Díaz, responsable deste sindicato, participaron arredor de 50 persoas para esixir ao Servizo Galego de Saúde “o inmediato peche da central de chamadas privada e a súa reversión ao sistema sanitario público”.
A CIG amosou onte o seu desacordo con este modelo, cuxos traballadores “non foron seleccionados a través das listaxes de contratación do Sergas”. “As persoas demandantes de emprego abonan as taxas correspondentes para inscribirse nestas listaxes e despois a Consellería contrata o servizo cunha empresa privada”, sinalan, subliñando que “non se pode utilizar o Plan de Mellora da Atención Primaria como pretexto para privatizar servizos”. Neste senso, a CIG manifestou onte que apoia a creación de centrais de chamadas que permitan descargar unha parte das citas telefónicas das áreas administrativas dos servizos e unidades de Primaria e que dean un mellor servizo aos usuarios, pero sempre que se faga no sistema público con persoal estatutario integrado no Sergas e cunha liña telefónica gratuita”. Este servizo de citacións, cuxo funcionamento na área de Ferrol se prevé para este primeiro trimestre supón o uso dun telefóno con prefixo 902 “con costes maiores que se fose realizada cunha liña telefónica cun prefixo da provincia convencional”, denuncia a CIG, que iniciou unha campaña de recollida de sinaturas para entregar á Consellería. As concentracións terán continuidade
Xornal Galicia: Venres, 16 xaneiro, 2009
Traballadores e traballadoras do SERGAS concéntranse diante dos centros de saúde de toda Galiza Traballadores e traballadoras dos centros de saúde de toda Galiza e das Xerencias de Atención Primaria pararon a súa actividade a media mañá para concentrarse contra a privatización do servizo de cita previa. Con este acto pretendían trasladar á dirección do SERGAS o desacordo que existe entre o conxunto do persoal contra este modelo, que estará xestionado por unha empresa privada que terá acceso aos datos das tarxetas sanitarias dos usuarios e usuarias do Servizo Galego de Saúde.
Traballadores e traballadoras de todos os centros de saúde estaban convocados por CIG-Saúde a concentrarse diante do seu centro de traballo para manifestar o seu rexeitamento á creación dunha central de chamadas xestionada por unha empresa privada. A Secretaria da Federación, María Xosé Abuín, denunciou que “o modelo escollido supón a privatización dun servizo público e a conseguinte precarización de postos de traballo”. Entre as 12:00 e as 12:30 os servizos de cita previa telefónica e de mostrador, estiveron paralizados en case todos os centros de saúde de Galiza, aínda que se continuou atendendo a cita para urxencias. O Plan de Mellora de Atención Primaria recolle o desenvolvemento dunha central de Chamadas que dea resposta ás solicitudes de cita telefónica para o persoal Médico e de Enfermería na Atención Primaria. Este servizo de citacións foi concedido a unha empresa privada mediante concurso, pero, segundo denuncian dende CIG-Saúde, para poder dar as citas a empresa privada fará uso dos datos dos pacientes que figuran na tarxeta sanitaria, en poder do SERGAS. Xestión directa En xuño do pasado ano, o Instituto Galego de Medicina Técnica convocou o concurso público para cubrir o servizo de cita previa no eido da Atención Primaria de Galiza. Naquel momento, explicou a secretaria da Federación, a CIG-Saúde remitiu un escrito aos responsábeis do SERGAS, “ao que non nos deron resposta”. “Nese escrito amosábamos a nosa posición contraria á privatización deste servizo e solicitábamos que a central de chamadas fora xestionada directamente polo SERGAS con persoal seleccionado das listas de vinculación temporais”, explicaba Abuín. A CIG-Saúde ten manifestado en reiteradas ocasión o rexeitamento do sistema de privatizacións ao que se está a someter SERGAS, e demandou a creación da central de chamadas para facilitar o acceso dos usuarios e usuarias, pero sempre que se faga con persoal integrado no SERGAS.
LOTARIA DO NADAL
No sorteo do 22 de decembro do 2008 da lotaria do nadal, o número 07.892 foi premiado con un importe de 5 €uros por cada €uro xogado. O premio pode cobrarse dende o mércores día 14 de xaneiro e ata o día 20 de marzo do 2009
EN CALQUER OFICINA DE CAIXA GALICIA
INFORMACIÓN DA XUNTANZA DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL DA ASF
15.01.2009
O pasado venres, 9 de xaneiro de 2009, celebrouse xuntanza do CSL da ASF. Tocarónse os seguintes temas:
Dirección de Recursos Humanos informa de que no DOG do 7 xaneiro de 2009 publicouse o concurso para a DOTACIÓN DE NOVA UNIFORMIDADE do persoal que traballa en urxencias extrahospitalarias e HADO nesta área sanitaria...
O DOG do 15 de xaneiro 2009 pública a resolución da convocatoria de probas para a obtención dos certificados des lingua galega: celga1 - celga2- celga3- celga4- celga5, para o ano 2009 Ligazón: DOG
CONCENTRACIÓNS CONTRA A PRIVATIZACIÓN DE CITA PREVIA
09.01.2009
CIG-Saúde convoca concentracións
contra a privatización do sistema
de cita previa na Atención Primaria.
En tódolos Centros de Saúde (Persoal en quenda de mañá)
e diante das Xerencias: FERROL no "Fontenla Maristany"
(persoalen quenda de tarde e listas de contratacións)
O servizo de citacións foi concedido, mediante concurso, a unha empresa privada para que monte unha Central de Chamadas que dea resposta ás solicitudes de cita telefónica para o persoal Médico e de Enfermería de Atención Primaria. Para dar estas citas esta empresa privada fará uso dos datos dos pacientes que figuran na tarxeta sanitaria, que están en poder do Sergas.
CIG-Saúde preguntou en repetidas ocasións ao Sergas polo desenvolvemento das centrais de chamadas que recolle o Plan de Mellora de Atención Primaria. A falta de resposta levounos a manifestar a nosa protesta na Acta da reunión da Comisión de Seguimento do Plan de Mellora en abril de 2008.
Diante da publicación no DOG nº 105 do 2 de xuño de 2008 no que o Instituto Galego de Medicina Técnica S.A. convocaba un concurso publico para cubrir o servizo de cita previa no eido da atención primaria da Comunidade Autónoma de Galicia, CIG-Saúde remitiu un escrito aos responsábeis do SERGAS, ao que non deron resposta algunha. No mesmo amosábamos a nosa posición, contraria á privatización deste servizo e solicitábamos que a central de chamadas fora xestionada directamente polo SERGAS con persoal seleccionado das listas de vinculación temporais.
CIG-SaúdeconvocaCONCENTRACIÓNS en tódolos Centros de Saúde e diante das Xerencias de Atención Primaria o xoves 15 de xaneiro ás 12:00 horas, para poñer de manifesto diante do SERGAS e da opinión pública o desacordo de conxunto de traballadoras e traballadores co modelo de cita previa elixido, que supón a privatización dun servizo público e a conseguinte precarización de postos de traballo.
MOVILIZATE NA DEFENSA
DOS POSTOS DE TRABALLO
A SAÚDE NON É UN N€GOCIO
ASEMBLEA INFORMATIVA
12.01.2009
MÉRCORES DÍA 14 DE XANEIRO DE 2008
AS 13:30 HORAS
NO SALÓN DE ACTOS DO HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
ORDE DO DÍA:DECRETO CARREIRA ORDINARIA
CONVOCA: CIG-SAÚDE
RECLASIFICACIÓN TECNICOS E AUXILIARES ENFERMARÍA
12.01.2009
Este de abaixo é o escrito enviado por CIG-Saúde á señora conselleira de sanidade para a suba de grao de auxiliares de enfermaria e técnicos especialistas a raíz dunhas sentenzas gañadas a tal efecto. Reclasificación Técnicos e Auxiliares.Desde a entrada en vigor do Estatuto Básico do Empregado Público, a CIG-Saúde en reiteradas ocasións dirixiuse a vostede para solicitarlle que a Consellería de Sanidade impulsara as medidas necesarias para regular a correcta aplicación do artigo 76 do EBEP; artigo que define a nova clasificación dos grupos profesionais e que recolle expresamente:Grupo B. Esixirase estar en posesión do título de Técnico SuperiorGrupo C1. Esixirase estar en posesión de Bacherelato ou Técnico de grado medio. A pesares de que a Administración recoñece que a titulación esixida como requisito para acceder ao posto de traballo é o elemento fundamental que engade valor ao traballo a desenvolver, na práctica o que está a facer a Consellería é esixir un nivel académico e retribuilo polo grupo inferior de clasificación. Ante a negativa da Consellería de Sanidade de regular a clasificación dos profesionais no marco das relacións laborais, desde CIG-Saúde vímonos obrigados a acudir a vía xudicial para defender os dereitos das/os traballadoras/es. Unha vez máis a vía xudicial recoñece o dereito que nega a Administración. Con data 29 de decembro de 2008 ( 29/12/2008 ) o xulgado Contencioso-Administrativo da Coruña publica unha sentenza na que no seu fallo dá a razón á demanda presentada, anulando a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas e recoñecendo o DEREITO do Técnico Superior a sua inclusión no artigo 76 da Lei 7/2007 EBEP, desde a entrada en vigor da presente norma. Ante esta situación desde CIG-Saúde solicitamos da Consellería de Sanidade: 1. Que a Consellería de Sanidade non recurra dita sentenza 2. Que no marco das Relacións Laborais se abran as vías de negociación para regular a correcta aplicación do artigo 76 da Lei 7/2007. Agardando de vostede unha resposta afirmativa para non vernos obrigados a seguir recurrindo a vía xudicial, con reclamacións masivas de todala afiliciación por ser de xustiza..
XENOCIDIO EN GAZA: A MASACRE CONTINUA
10-01-2009
A ONU denuncia unha matanza deliberada de 31 civís en Gaza Israel e Hamás rexeitan a resolución para un cesamento do fogo inmediato Se atroz é o lume indiscriminado, ben diferente, e máis grave, é o sucedido o 4 de xaneiro no barrio de Zeitun, no leste da cidade de Gaza. Os militares israelís obrigaron a 110 persoas, a metade deles nenos, a abandonar as súas vivendas e forzáronlles a refuxiarse nun edificio. Un día despois bombardeárono. Polo menos 31 persoas, segundo a denuncia dunha axencia de Nacións Unidas e dunha ONG israelí, morreron, a gran maioría membros da familia Samuni. Mentres, a guerra prosegue imparable. Tanto Israel como Hamás rexeitaron onte a resolución da ONU que facía un chamamento a un alto lume inmediato. O conflito bota por terra a mediación de Turquía con Siria
O Gernika dos palestinos
Israel decidiu proseguir a súa ofensiva contra o movemento islamita Hamas, a pesar dunha resolución do Consello de Seguridade da ONU que pide o fin dun conflito que en catorce días deixou máis de 785 mortos palestinos na franxa de Gaza. As bombas caen con insistencia na o norte da franxa onde os feridos civís chegan por decenas aos hospitais. O exército israelí ataca por terra e aire. - O Goberno israelí asegura que investigará o ataque en Zeitun Durante tres días, aos servizos médicos impedíuselles o acceso á casa. Cando se lles permitiu, só o puideron facer a pé. Sen ambulancias. Os relatos de testemuñas oculares e o de Ahmed Ibrahim Samuni, un rapaz de 13 anos que sobreviviu con feridas no peito e unha perna, á axencia Reuters desde o hospital de Gaza son estremecedores. "Estabamos durmindo todos nunha habitación cando os tanques e os avións bombardearon. Un proxectil impactou en casa. Grazas a deus ninguén foi ferido. Saímos e vimos a 15 homes que descendían dun helicóptero nos tellados dos edificios. Os soldados golpearon aos veciños e forzáronlles a entrar nunha casa", contou o neno. Ao día seguinte, gran parte da súa familia foi masacrada nesa vivenda. Ahmed encargouse de coidar a tres irmáns durante tres días xunto ao cadáver da súa nai e de 30 inocentes máis. "Non había auga nin pan, nada que comer", engadiu. Tres días despois do ataque, chegou a Media Lúa Vermella. Varios dos sobreviventes, debilitados, non podían camiñar. As cheas de area alzados polos militares israelís impedían o paso das ambulancias, polo que os feridos tiveron que ser trasladados en carretas tiradas por burros, un medio cada vez máis habitual en Gaza. O Goberno israelí asegura que investigará. É a resposta habitual logo de masacres que se repiten desde fai décadas. Ariel Sharon derrubou máis de 40 casas no pobo de Qibya (Cisxordania) en 1953 cos seus residentes no interior; en 1982, Sharon protexeu aos falanxistas cristiáns que perpetraban a matanza de 1.700 civís en Sabra e Chatila (Beirut); en 1996, a aviación bombardeou unha sede de Nacións Unidas en Qana e matou a 106 persoas, a metade nenos; en 2006, os helicópteros dispararon contra civís desarmados no pobo libanés de Marwahin. "De ningún xeito, os civís son o noso obxectivo", repetían onte portavoces israelís. No entanto, unha agresión como a do 4 de xaneiro pode non ser a última. Tanto o Goberno israelí como Hamás rexeitaron tajantemente a resolución 1860 de Nacións Unidas aprobada a madrugada de onte que chamaba ao cesamento do fogo inmediato. Máis de 800 palestinos -polo menos 300 mulleres e nenos- e 13 israelís faleceron en dúas semanas de guerra. A iniciativa da ONU, que non menciona a Hamás, naceu morta e os combates continuaron onte en Gaza. Tamén os bombardeos. As columnas de fume negro observábanse desde 40 quilómetros de distancia. "O Exército continuará a súa misión para lograr os obxectivos da operación: cambiar a situación de seguridade no sur de Israel... Os esforzos para previr o tráfico de armas a Gaza proseguirá", precisaba un comunicado do Goberno. Musa Abu Marzuk, dirixente islamita, sinalou desde Damasco: "Hamás non foi consultado. Os intereses do noso pobo non foron tomados en consideración. Xa que logo, esta resolución non nos concierne. Quen intente aplicala terá que tratar con Hamás". Obter lexitimidade é un obxectivo fundamental do movemento islamita, como o é o levantamento total do bloqueo económico imposto por Israel que persiste desde fai ano e medio. Se non o conseguen, xuran que soportarán o que sexa.
Armas para Israel
Mentres o conflito en Oriente Próximo está lonxe de solucionarse coñeceuse que Estados Unidos comezou os trámites para alugar un buque mercante co que transportar armas a Israel desde Grecia este mes. O Pentágono admite a existencia deste envío, pero nega que estea relacionado co conflito na franxa de Gaza. Documentos oficiais aos que tivo acceso a axencia Reuters revelan que o barco ten previsto levar en 325 colectores "munición" en dúas quendas desde o porto Astakos grego ata o israelí porto Ashdod, a mediados ou finais deste mes. Segundo un portavoz do Pentágono, o barco transportará munición dirixida á reserva estadounidense de armas en Israel. O Comando Militar Sealift do Exército de Estados Unidos (MSC, polas súas siglas en inglés) prevé que este barco faga chegar 3.000 toneladas de "material perigoso". O MSC habitualmente transporta subministracións militares para o Exército estadounidense e de forma habitual contrata a barcos mercantes se a loxística así o necesita. Patrick Ryder, tenente das Forzas Aéreas, non quixo facer comentarios sobre a ruta que seguirá a embarcación por razóns de seguridade, pero si confirmou que o Pentágono xa planeou o transporte de devandita mercancía. "O envío de mercancía está dirixido ás reservas estadounidenses xa prefijadas en Israel, en virtude dun acordo entre EE UU e Israel autorizado prol o Congreso en 1999".
Onte venres día 9 as 20:00 horas celebrouse unha concentración en Ferrol, cunha asitencia de máis de 500 persoas: cunha importante asistencia dos delegados e delegadas da CIG.:
Esta concentración foi convocada por distintas Entidades, Organizacións e Colectivos que En Convocatoria aberta, até agora participan: ADEGA, Asociación Cultural Fuco Buxán, Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga", Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño", Acsur-Las Segovias, Briga, Comité de Empresa de MEGASA, Confederación Sindical Galega - CIG, Confederación Nacional do Traballo - CNT, Colectivo Ártabra 21, Esquerda Unida, Fervesteiro, Fundaçom Artábria, Galiza Nova, Marcha Mundial das Mulleres, Nós - Unidade Popular, OSPAAL Galicia, Partido comunista de Galicia (PCG), Siareir@s Galeg@s, Sindicato Comarcal das CCOO, Unión Libertaria, Verdegaia, Libraría Limiar, Axuda en Acción Ferrol, Xuventudes Socialistas de Ferrol, Solidaridad Internacional, Bartoleta Teatro Ferrol, ONG LENA …. Manifesto:
As persoas participantes nesta concentración queren manifestar o seu rexeitamento máis categórico aos ataques cometidos contra o pobo palestino, e a súa solidariedade total e o seu apoio ca causa palestina.
Chamamos ao pobo galego a sumarse á protesta.
No 2006, Israel, os EEUU, a UE e algúns gobernos árabes, especialmente a ditadura exipcia, non respectaron a decisión dun pobo cando estes estados presumen de ser países democráticos, dende entón Israel, aproveitándose da complicidade dos EEUU, mantén un cruel embargo sobre a Faixa con tráxicas consecuencias para a poboación, mentindo descaradamente cando responsabilizan a Hamas do ataque e da ruptura da tregua. Foi Israel, quen en ningún momento respectou a tregua; asasinando a máis de...700.....palestinos, entre eles mulleres e nenos, bombardeando hospitais, escolas e barrios civís coa escusa de buscar militantes de Hamas, cando é sabido que Israel dispón de satélites de alta tecnoloxía para a identificación de individuais. Israel mantén unha política de campos de concentración, co obxectivo manifesto de ter controlada unha poboación, a palestina, ocupar territorios, roubar os seus escasos recursos naturais e destruír infraestruturas; casas; hospitais; centros sociais e culturais, sen respectar o Dereito Internacional nin as bandeiras da ONU.
Queremos denunciar a complicidade do estado español que xunto coa UE, toma parte por Israel, ao acusar ás vítimas da acción dos verdugos. Alén do máis, o goberno do PSOE é cómplice activo ao venderlle ao exército israelí moitas das armas que está a usar.
Esiximos que: Se impulsen políticas activas de solidariedade en favor de Palestina. Se deteñan tódolos ataques e bombardeos. Abran as fronteiras para as axudas humanitarias, especialmente en Rafah, xa que dende o 2006 nin o 10% das axudas enviadas á Faixa de Gaza puideron pasar. A ONU lle outorgue a tódolos representantes lexítimos palestinos, incluíndo Hamás, a oportunidade de sentarse a mesa do diálogo ao igual que Israel.
O goberno de ZP rompa as relacións diplomáticas e comerciais con Israel. A Xunta de Galiza se pronuncie contra Israel e en favor do pobo palestino.
Se denuncie a venda de armas. Se promova o boicot aos produtos israelís e daquelas empresas que manteñan relacións comerciais con eles. Os medios de comunicación e a prensa internacional sexan neutrais
ALTO AOS ATAQUES EN PALESTINA. SOLIDARIEDADE TOTAL CO POBO PALESTINO. GALIZA CONTRA A AGRESIÓN.
MANIFESTACION NACIONAL en Compostela,
Domingo 18 de Xaneiro, ás 12 .
INFORMACIÓN: LOTARIA DO NADAL
10-01-2009
No sorteo do 22 de decembro do 2008 da lotaria do nadal, o número 07.892 , do que a CIG fixo participacións de 2 é 5 €uros, foi premiado con un importe de 5 €uros por cada €uro xogado.
E dicir as participacións de 2€ correspondelle un premio de 10€, é as participacións de 5€ correspondelle un premio de 25€.
Ditos premios poderanse cobrar a partires do mércores día 14 de xaneiro e ata o día 20 de marzo do 2009, en CALQUERA oficina de CAIXA GALICIA.
XENOCIDIO EN GAZA
07.01.2009
Cooperantes Internacionais que traballan en defensa dos Dereitos Humanos na Franxa de Gaza testifican sobre os acontecementos: 27 de decembro de 2008, Cidade de Gaza:
Cooperantes e activistas do Movemento Internacional de Solidariedade están sendo testemuños dos ataques do exército israelí sobre a poboación da Franxa de Gaza. Estes testemuños teñen unha especial relevancia, dado que durante os últimos meses o exército israelí denegou a entrada a numerosos medios de comunicación e axencias internacionais de cooperación. Hai poucos testemuños da masacre que se está vivindo.
Algúns deles son os integrantes do proxecto: "Free Gaza", (www.freegaza.org) un grupo de observadores internacionais de dereitos humanos, políticos, membros de diversas ONGs e xornalistas que abriron, co apoio de centos de doazóns de todo o mundo, unha vía humanitaria por mar para conectar Chipre co porto de Cidade de Gaza. A través desta vía entregan medicamentos aos hospitais da franxa e pretenden sensibilizar á comunidade internacional sobre as consecuencias humanas do bloqueo de Gaza:
"Durante os ataques, estaba en rúa Omar Mukhtar e fun testemuño de como o proxectil dun lanzagranadas caía a 150 metros de min. Había xente intentando socorrer ás vítimas doutro ataque, e o lanzagranadas atacou aos voluntarios que socorrían aos feridos. A situación nos hospitais é dramática. Ambulancias, camións e coches están traballando ao tempo no traslado dos feridos aos hospitais e en liberar camas nos hospitais trasladando aos enfermos ás súas casas. No depósito de cadáveres non hai espazo. Falto sangue para facer transfusións. Acabo de darme conta de que entre todos os civís asasinados hoxe estaba a nai dun bo amigo do campo de Jabalya." Eva Barlett (Canadá) do Movemento Internacional de Solidariedade.
"Todos os hospitais da franxa de Gaza están saturados de feridos, e non hai nin medicamentos nin capacidade para tratalos. Hoxe estamos asistindo a crimes contra a humanidade e a unha violación sistemática dos Dereitos Humanos. O mundo debe actuar agora e intensificar as chamadas ao boicot, á desinversión e as sancións contra Israel; os gobernos deben pasar da condena destes ataques a obrigar a Israel a acabar co bloqueo deGaza." Alberto Arce (España) do Movemento de Solidariedade Internacional
"O depósito de cadáveres do Hospital de Shifa non ten espazo para os cadáveres que van chegando. Hai partes de corpos distribuídos por todo o hospital" - Dr. Haidar Eid, (Palestino, de Sudáfrica) Profesor de Estudos culturais e sociais da Universidade Ao Aqsa de Gaza.
"As bombas empezaron a caer cando os nenos estaban volvendo de laescuela. Saín fose e atopeime un nena aterrorizadade apenas 5 anos quesaltó aos meus brazos." - Sharon Lock (Australia) delMovimiento de Solidariedade Internacional
"É terriblemente triste. Esta masacre non traerá seguridade nin permitirá formar parte ao Estado de Israel de Medio Oriente. As chamadas á vinganza xa se escoitan por todas partes" Dr Eyad Sarraj- Presidente do Centro de Saúde Mental da franxa de Gaza.
"Mentres falo, eles derrubaron un edificio a 200 metros de aquí. Hai fume por todas partes. Esta mañá fun ao edificio de á beira de onde vivo en Rafah que foi destruído. Dúas escavadoras estaban limpando a zona. Pensaban que xa atoparan todos os corpos pero cando chegamos, atoparon un máis". Jenny Linnet (Reino Unido)
Dende CIG-Saúde Ferrol solidarizámonos cos palestinos de gaza que están a sofrir esta masacre e denunciamos a actitude xenocida do estado Israelí e a ambigüedade da nosa clase política á hora de tomar medidas para frear esta masacre.
A CIG manifesta a súa repulsa contra do masacre israelí en Gaza, e a súa solidariedade con Palestina A Confederación Intersindical Galega manifesta o seu completo rexeitamento e repulsa contra destes actos criminais e reclama un pronunciamento e sancións por parte das Nacións Unidas. Chama tamén ás institucións galegas a pronunciarse e ao conxunto da sociedade a manifestar a súa repulsa. Perante o masacre provocado polos atroces bombardeos contra a poboación civil por parte do exercito de Israel no territorio palestino de Gaza, despois de meses de asedio, a Confederación Intersindical Galega quere manifestar publicamente, o seu completo rexeitamento e repulsa contra destes actos criminais que provocaron –polo momento- a morte de 750 e feriron a máis de 3000 palestinos, e que destruíron infraestruturas civís -como son vivendas, colexios ou a propia universidade-, así como a nosa profunda solidariedade co pobo palestino. Queremos denunciar a completa ilexitimidade destas accións imperialistas, e reclamamos un pronunciamento contundente das Nacións Unidas que esixa ao estado de Israel a fin inmediata de toda acción militar contra do pobo palestino, o cese do bloqueo e o desmantelamento do muro da vergoña en Cisxordania, así como o inmediato cumprimento das resolucións promulgadas a respecto da cuestión palestina. Reclamamos tamén que as Nacións Unidas procedan a impoñer sancións contra Israel, polo reiterado incumprimento das súas resolucións, agravado polos bombardeos contra obxectivos civís, tipificados como crimes de guerra pola IV Convención de Xenebra. Así mesmo, instamos ás institucións galegas a pronunciarse sobre esta situación e a expresar a súa rotunda condena, e animamos ao conxunto sociedade galega a manifestar a súa repulsa.
Movemento de Solidariedade Internacional. Cooperantes Internacionais que poden ser contactados na Franxa de Gaza:
Alberto Arce, (Español, Inglés): 972 59 8786094 Dr. Eyad Sarraj (Árabe e Inglés) 00972599400424 Ewa Jasiewicz, Coordinador de Free Gaza (Polaco, Árabe e Inglés) 00972598700497
Publicada a listaxe definitiva de admitidos aos diversos postos de Xefatura de Persoal de Xestión e Servizos da Área Sanitaria de Ferrol así como a listaxe de adxudicación.