DE INTERESE

LIGAZÓNS




























MAPA A.S.F.

SUBSCRICIÓN
Subscribete ás Noticias
da CIG-Saúde Ferrol

Correo electrónico:

SINDICACIÓN

Sindícate ás Noticias da CIG-Saúde Ferrol

CONTACTO
MERCEDES DIAZ LOPEZ

Secretaria Comarcal
da CIG-Saúde de Ferrol

ESTATÍSTICAS WEB

PROCURA NA WEB


Noutras webs
En CIG-Saúde Ferrol

ARQUIVO
TOTAL
Mostrar todas as noticias

POR MESES


INICIO







Flash Banner Placeholder.

NOVO PACTO DE CONTRATACIÓNS


INFORMACIÓN DA REUNIÓN CELEBRADA NO SERGAS: DÍA 4-12-09.

Como previa ao inicio da reunión, a Admón infórmanos da situación na que se atopan as listaxes pendentes de publicar. Desde a Tesourería da S.S de Madrid xa enviaron o disket cos datos do desemprego, nos próximos días farán a volcaxe de datos e, en breve, publicaran as listaxes provisorias. Reiteraron a celeridade coa que se fixo esta baremación, xa que o anterior proceso durara ano e medio

Desde CIG-SAÚDE comentámoslle que a celeridade veríase ao final do proceso, unha vez publicadas as listaxes definitivas.

Nesta reunión a Admón fixo entrega dunha nova proposta. A devandita proposta non é definitiva, xa que tras o debate sindical a Admón quedou en valorar a proposta que unanimemente lle facíamos as organizacións sindicais.


A PROPOSTA DA ADMÓN.:
1.- Incentivación ou recoñecemento do persoal que superou os procesos selectivos.
2.- Nesta proposta barémanse todos: aprobados, suspensos e non presentados.
3.- Unha única listaxe con dous bloques e baremada con criterios de OPE:
a.-Nota de exame, ponderada segundo a puntuación obtida.
b.-Experiencia profesional.
c.-Formación.
4.- A devandita listaxe tería dous bloques:
a.- No primeiro bloque, estaría por orde de baremación o persoal que superase o proceso selectivo.
b.- No segundo bloque, estaría por orde de baremación o persoal que non superase o proceso selectivo e o persoal que non participase na OPE.

Esta proposta mellora a proposta presentada na reunión anterior, pero a Admón pretendía seguira diferenciar na baremación os aprobados dos suspensos. Despois do debate, a Admón aceptou pensar a proposta unánime das organizacións sindicais:

Proposta das organizacións sindicais:
Unha única lista baremada con criterios OPE: aprobados e suspensos, como se fai agora neste pacto. Cada ún tería a orde de prelación que lle corresponda segundo os méritos achegados. Pendente de que a Admón o valore.

O pacto que se negocie agora será de aplicación despois da próxima OPE; nese momento todo o persoal coñecerá previamente as regras do novo pacto.

Ademáis disto, a Admón informounos da súa pretensión de crear unha plataforma dixital para facer un rexistro de persoal onde figuren todos os méritos: experiencia profesional, formación... Nesta plataforma rexistraríase todo o persoal: fixo, interino, eventual, demandante de emprego... Os méritos aquí rexistrados utilizaríanse para todos os procesos: mobilidade interna, carreira, traslados, OPE...

A pretensión da Admón: é a última vez que se barema.




URXENTE



SUPRESIÓN ACORDOS RETRIBUTIVOS

GRIPE P

PLAN MELLORA

NON Á CESIÓN DE TRABALLADORES Á PRIVADA

SOLIDARIEDADE
banner_Aminetu


NOTICIAS BLOGS CIG

ÚLTIMAS NOTICIAS


OUTRAS NOTICIAS
XUNTA DE PERSOAL

MESAS DE CONTRATACIÓNS

MESAS SECTORIAIS

NOTICIAS EXTERNAS

CIG-SAÚDE


CIG


SANIDADE


SAÚDE



ecoestadistica.com
CIG-Saúde Ferrol: Hospital Arquitecto Marcide-Local Sindical da CIG. Avda. da Residencia s/n. 15405. Ferrol
981 33 45 66 * www.cigsaudeferrol.blogspot.com * cigsaudeferrol@gmail.com