DESCARGA "A QUEBRA DA SANIDADE PÚBLICA"
Documento Ferrol

OPE FACULTATIVOS: PRAZO APORTAR DOCUMENTACIÓN COÑECEMENTO DO GALEGO

Públicado no DOG do día 3 de xullo


Resolución do 29 de xuño de 2009, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se abre o prazo para a presentación da documentación acreditativa de estar en posesión do curso de coñecemento da lingua galega.

A entrada en vigor da Lei 2/2009, do 23 de xuño, de modificación do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, determinou a necesidade de modificar as resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008, polas cales se convocou concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías e especialidades de persoal licenciado sanitario do organismo.


Así, no Diario Oficial de Galicia do 26 de xuño de 2009 publicouse a Resolución do 25 de xuño de 2009, da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, pola cal se modifican ditas resolucións.


Polo que se refire ao terceiro exercicio obrigatorio e non eliminatorio de coñecemento da lingua galega, a resolución establece a exención para todos os aspirantes, de calquera quenda de acceso, que acrediten posuír o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.


Por todo isto, procede abrir un prazo para que os aspirantes admitidos ao proceso selectivo presenten a documentación acreditativa correspondente, polo cal esta dirección, en uso das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde,


RESOLVE:

Primeiro.-Abrir o prazo, ata o 31 de xullo de 2009, inclusive, para que os aspirantes admitidos ao proceso selectivo convocado polas resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008, polas cales se convocou concurso-oposición para o ingreso nas categorías de facultativo especialista de área de diversas especialidades, médico de urxencias hospitalarias, médico de familia de atención primaria, pediatra de atención primaria, farmacéutico de atención primaria, odontólogo de atención primaria e médico coordinador do 061, presenten, na Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde (edificio administrativo San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela), copia cotexada do Celga 4 ou equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística, ou a validación correspondente de conformidade co establecido na orde da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 16 de xullo de 2007 (DOG nº 146, do 30 de xullo).


Segundo.-De conformidade co establecido na resolución da Xerencia do Servizo Galego de Saúde do 25 de xuño de 2009, aos aspirantes que acrediten estar en posesión dos devanditos cursos de coñecemento da lingua galega adxudicaráselles no terceiro exercicio unha puntuación de 5 puntos.




URXENTE
SUPRESIÓN ACORDOS RETRIBUTIVOS

GRIPE P

PLAN MELLORA

NON Á CESIÓN DE TRABALLADORES Á PRIVADA

SOLIDARIEDADE

NOTICIAS BLOGS CIG

ÚLTIMAS NOTICIAS


OUTRAS NOTICIAS
XUNTA DE PERSOAL

MESAS DE CONTRATACIÓNS

MESAS SECTORIAIS

NOTICIAS EXTERNAS

CIG-SAÚDE


CIG


SANIDADE


SAÚDE



ecoestadistica.com
CIG-Saúde Ferrol: Hospital Arquitecto Marcide-Local Sindical da CIG. Avda. da Residencia s/n. 15405. Ferrol
981 33 45 66 * www.cigsaudeferrol.blogspot.com * cigsaudeferrol@gmail.com