DE INTERESE

LIGAZÓNS


























MAPA A.S.F.

SUBSCRICIÓN
Subscribete ás Noticias
da CIG-Saúde Ferrol

Correo electrónico:

SINDICACIÓN

Sindícate ás Noticias da CIG-Saúde Ferrol

CONTACTO
MERCEDES DIAZ LOPEZ

Secretaria Comarcal
da CIG-Saúde de Ferrol

ESTATÍSTICAS WEB

PROCURA NA WEB


Noutras webs
En CIG-Saúde Ferrol

ARQUIVO
TOTAL
Mostrar todas as noticias

POR MESES


INICIO








OPE: GALEGO
24.06.2009
Coñecemento do idioma galego.

Publicaran no DOG a modificación da convocatoria de OPE, isto tamén será de aplicación ao resto de categorías.
Aplicación da modificación da Lei de Función Pública.
- O exame da parte de lexislación será en bilingüe, a/o opositor elixirá o idioma.
- Exame de galego: quedarán exentos de realizar esta proba o persoal que acredite ter os seguintes cursos: CELGA 4 ou curso de perfeccionamento; tamén quedaran exentos o persoal que teña a validación por cursar estudo de galego durante o bacharelato.
- Ao persoal que acredite esta documentación outorgaránselles os 5 puntos
- O persoal que realice a proba de coñecemento do idioma galego terá a nota resultante da proba. Pero ten unha segunda oportunidade. Se a posteriori acreditan os cursos de galego ou a validación seranlle outorgados os 5 puntos.

Na páxina principal do SERGAS (en "novas") informan sobre os cambios na OPE:

O Servizo Galego de Saúde debe proceder á modificación das diversas resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008, polas que se convocou concurso-oposición para a categoría de facultativo especialista de área de diversas especialidades, médico de urxencias hospitalarias, médico de familia de atención primaria, pediatra de atención primaria, farmacéutico de atención primaria, odontólogo de atención primaria e médico coordinador do 061, co fin de adecualas ao contido da devandita disposición.
As modificacións consisten basicamente en garantir a liberdade de elección de lingua galega e de lingua castelá en relación co segundo exercicio da fase de selección -que, polo tanto, non será exclusivamente en lingua galega- e en garantir que os aspirantes que acrediten posuír o certificado Celga 4, ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia (curso de perfeccionamento de galego ou validación correspondente) queden exentos da realización do terceiro exercicio, de coñecemento da lingua galega.
Realización do terceiro exercicio
Así, os aspirantes que estean en posesión do Celga 4 ou equivalente poderán abandonar o recinto onde se realizarán os exercicios ao finalizar o segundo exercicio.
Nel deberán permanecer exclusivamente os aspirantes que teñan que realizar o terceiro exercicio (de coñecemento da lingua galega), que será realizado unha vez rematado o anterior.
Dende a Consellería de Sanidade quérese destacar que o exercicio de coñecemento da lingua galega é obrigatorio para os aspirantes que non teñan os devanditos certificados, polo que se recomenda que aqueles aspirantes que teñan algunha dúbida sobre a validez dos cursos dos que poidan dispoñer permanezan no recinto ao finalizar o segundo exercicio e procedan á realización do terceiro.
Nos primeiros días do mes de xullo publicarase no DOG unha resolución da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se abrirá un prazo para que os aspirantes que estean exentos da realización do exercicio de coñecemento da lingua galega acheguen a documentación que acredite que están en posesión dos cursos correspondentes.




URXENTE
SUPRESIÓN ACORDOS RETRIBUTIVOS

GRIPE P

PLAN MELLORA

NON Á CESIÓN DE TRABALLADORES Á PRIVADA

SOLIDARIEDADE
banner_Aminetu


NOTICIAS BLOGS CIG

ÚLTIMAS NOTICIAS


OUTRAS NOTICIAS
XUNTA DE PERSOAL

MESAS DE CONTRATACIÓNS

MESAS SECTORIAIS

NOTICIAS EXTERNAS

CIG-SAÚDE


CIG


SANIDADE


SAÚDE



ecoestadistica.com
CIG-Saúde Ferrol: Hospital Arquitecto Marcide-Local Sindical da CIG. Avda. da Residencia s/n. 15405. Ferrol
981 33 45 66 * www.cigsaudeferrol.blogspot.com * cigsaudeferrol@gmail.com