DESCARGA "A QUEBRA DA SANIDADE PÚBLICA"
Documento Ferrol

COÑECEMENTO DO GALEGO NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

22-05-2009

A CIG abandona a mesa de negociación da función pública, pois a Xunta teima en eliminar a obriga de coñecemento do galego
Máis de 500 delegados e delegadas da área pública da central concentráronse en Compostela
A CIG esixiu na reunión celebrada na mañá do venres 22 de maio a retirada da proposta de modificación do artigo 35 da Lei da Función Pública Galega, xa que pretende eliminar a realización en galego dunha ou máis probas de acceso á función publica. A Xunta mostrouse contraria á súa retirada, o que conlevou a que a CIG se retirara da mesa de negociación, tamén abandonaron a mesa os sindicatos CCOO e UGT, non así o CSIF.

Esta medida evidencia que o PP, a través do goberno da Xunta, ten como obxectivo prioritario e urxente eliminar todas as avances que fomos conseguindo para que o noso idioma sexa recoñecido e usado na administración o que debe comportar o seu coñecemento e competencia por todos e cada un dos empregados e empregadas públicos/as

É tal o odio que este goberno da Xunta, co seu presidente á cabeza, profesa contra o galego que despreza de xeito autoritario, dá as costas e fai oídos xordos ao clamor popular en prol do noso idioma, evidenciado na maior manifestación que percorreu o pasado domingo as rúas de Compostela.
Que o goberno do Partido Popular conte coa maioría absoluta, mais non coa maioría dos votos dos galegos e galegas, non lle dá vía libre para aldraxar e menosprezar o noso idioma, deseñando unha política lingüística involucionista que procura a extinción do noso idioma.
“Estamos ante un goberno de Galiza que por moi paradoxal que semelle é antigalego cuxas directrices emanan de Madrid para relegar o coñecemento e o uso do noso idioma de todos os ámbitos posíbeis”, sinalan nun comunicado a CIG-Administración, a CIG-Ensino e a CIG-Saúde.
Dereito dos galegos e galegas
Coa eliminación da obriga de realizar en galego como mínimo unha das probas das oposicións á función pública estase furtando o dereito a podermos ser atendidos en galego nas administracións públicas, xa que os futuros empregados e empregadas públicos/as non terán que amosar a competencia lingüística necesaria para desenvolver o seu traballo en galego.
Estamos ante unha proposta contraria tanto á Lei de Normalización Lingüística como ao Plan Xeral de Normalización Lingüística, así como ao Estatuto Básico do Empregado Público.

A CIG non aceptará ningún paso atrás na normalización lingüística, polo tanto continuará esixindo a eliminación desta modificación, que supón unha agresión máis ao noso idioma.




URXENTE
SUPRESIÓN ACORDOS RETRIBUTIVOS

GRIPE P

PLAN MELLORA

NON Á CESIÓN DE TRABALLADORES Á PRIVADA

SOLIDARIEDADE

NOTICIAS BLOGS CIG

ÚLTIMAS NOTICIAS


OUTRAS NOTICIAS
XUNTA DE PERSOAL

MESAS DE CONTRATACIÓNS

MESAS SECTORIAIS

NOTICIAS EXTERNAS

CIG-SAÚDE


CIG


SANIDADE


SAÚDE



ecoestadistica.com
CIG-Saúde Ferrol: Hospital Arquitecto Marcide-Local Sindical da CIG. Avda. da Residencia s/n. 15405. Ferrol
981 33 45 66 * www.cigsaudeferrol.blogspot.com * cigsaudeferrol@gmail.com