DE INTERESE

LIGAZÓNS


























MAPA A.S.F.

SUBSCRICIÓN
Subscribete ás Noticias
da CIG-Saúde Ferrol

Correo electrónico:

SINDICACIÓN

Sindícate ás Noticias da CIG-Saúde Ferrol

CONTACTO
MERCEDES DIAZ LOPEZ

Secretaria Comarcal
da CIG-Saúde de Ferrol

ESTATÍSTICAS WEB

PROCURA NA WEB


Noutras webs
En CIG-Saúde Ferrol

ARQUIVO
TOTAL
Mostrar todas as noticias

POR MESES

Maio 2007

Junho 2007

Julho 2007

Agosto 2007

Setembro 2007

Outubro 2007

Novembro 2007

Dezembro 2007

Janeiro 2008

Fevereiro 2008

Março 2008

Abril 2008

Maio 2008

Junho 2008

Julho 2008

Agosto 2008

Setembro 2008

Outubro 2008

Novembro 2008

Dezembro 2008

Janeiro 2009

Fevereiro 2009

Março 2009

Abril 2009

Maio 2009

Junho 2009

Julho 2009

Agosto 2009

Setembro 2009

Outubro 2009

Novembro 2009


INICIO








DESCARGA "A QUEBRA DA SANIDADE PÚBLICA"
Documento Ferrol

SUBSCRÍBETE ÁS NOTICIAS DA CIG SAÚDE FERROL
30.12.2008

QUERES SER O PRIMEIRO EN LER AS NOSAS NOVAS?


Subscríbete ás noticias da Cig Saúde Ferrol e no momento en que publiquemos unha nova noticia, nosoutros che enviaremos vía email a propia noticia para que sexas o primeiro en enteirarte.

Subscribete ás Noticias da Cig Saúde Ferrol:

Correo electrónico:



INFORMACIÓN MESA CENTRAL PACTO CONTRATACIÓNS
26.12.2008

ACORDO DA COMISIÓN CENTRAL DE SEGUIMENTO DO PACTO DE SELECCIÓN TEMPORAL do Servizo Galego de Saúde, DO 15 DE DECEMBRO DE 2008

Na xuntanza da comisión central de seguimento do pacto de selección temporal, celebrada o día 15 de decembro de 2008 na sede do Servizo Galego de Saúde en Santiago de Compostela, reúnense as persoas que se indican na relación adxunta e as partes chegan por unanimidade ao seguinte...


BO NADAL E MELLOR ANO 2009


AS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS DE CIG-SAÚDE FERROL


Merche Diaz, Ana Suarez, Aurora Piñón, Juan Carlos Pita, Mercedes Ferreira, Susana Rodriguez, Ana Arto, Nieves Pazos, Miguel talavera, Manolo Castro, Fran Iglesias, Berta Permuy, Lois Méndez ...

DESEXANLLE A TODO O PERSOAL


BO NADAL E FELICES FESTAS PASAXEN DE ANO 08/09

SER FELIZ NON É SÓ UNHA CUESTIÓN DE SORTE


CONVOCATORIA OPE FACULTATIVOS
22.12.2008

Públicado no DOG do luns 22 de decembro a convocatoria da nova OPE 2008 de FEAS.

O modelo de solicitude esta na páxina web do SERGAS, http://www.sergas.es/ premendo emprego público OPE 2008, debendo cumprimentarse e imprimir o formulario. Este deberase de entregar conxuntamente coa liquidación de taxas + fotocopia do D.I. e o prazo de presentación remata o vindeiro 31 de xaneiro.



NOVA CONVOCATORIA OPE 2008: BORRADOR PRAZAS
18.12.2008

Borrador que achega O SERGAS da proposta de prazas da convocatoira de ope 2008:


Ligazón: Borrador de Decreto

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE: OPE 2008·
DIPLOMADOS SANITARIOS, XESTIÓN E SERVIZOS E PROFESIONAIS SANITARIOS DE FP

ALBANEL 3
A.T.S./D.U.E. 1.088
AUXILIAR ENFERMARIA 532
CALEFACTOR 9
CARPINTEIRO 5
CELADOR 234
COCIÑEIRO 9
COSTUREIRA 10
ELECTRICISTA 17
ENXEÑEIRO TECNICO 8
FISIOTERAPEUTA 50
FONTANEIRO 9
GRUPO AUXILIAR FUNCION ADMVA. 113
GRUPO ADMVO. FUNCION ADMVA. 7
GRUPO TECNICO FUNCION ADMVA. 8
GRUPO XESTION FUNCION ADMVA. 25
HIXIENISTA DENTAL 36
LAVANDEIRA 10
MATRONA 34
MECANICO 11
PERRUQUEIRO 3
PERSOAL SERVIZOS XERAIS 278
PINCHE 95
PASADORA DE FERRO 14
PROFESOR LOGOFONIA E LOGOPEDIA 2
TEAP 10
TEL 64
TER 76
TECNICO ESP. RADIOTERAPIA 8
TECNICO ESPEC. SISTEMAS E T.I 9
TECNICO XESTION SISTEMAS T.I. 7
TECNICO SUPERIOR SISTEMAS T.I. 1
TELEFONISTA 5
TERAPEUTA OCUPACIONAL 8
TRABALLADOR SOCIAL 25

TOTAL PRAZAS: 2.823

A PREVISIÓN DE PRAZAS NA ÁREA SANITARIA DE FERROL INCLUIDAS NESTA OFERTA SON POR AMBITO E CATEGORIAS AS SEGUINTES:

estas prazas NON SON os destinos, nos que ao final tomarán posesión os opositores que acaden praza, xa que primeiro terán que escoller destino as persoas que participen no concurso de traslados.

CATEGORIA: A. ESPECIALIZADA / A. PRIMARIA

ATS-DUE : 32 / 40

AUX. ENFERMARÍA: 13 / 1

CELADOR: 12 / 1

COstureira : 3 / 1

FISIOTERAPEUTA: / 2

GRUPO AUX. ADMIN. : 5 / 1

GRUPO XEST. F. ADMIN.: 3

HIX. DENTAL : / 1

LAVANDEIRA: 1

MATRONA : 4

PSX: / 11

PINCHE: 7

PRANCHADORA: 2

TEAP: 1

TEL: 3

TER: 3

TEC. XEST. : 1

TRABALLADOR SOCIAL : / 3

para ver o número de prazas vacantes nos centros`polas que se convoca o número total de prazas ofertadas a OPE do persoal non facultativo, preme aquí; despois picade Click here to start download..


CREACIÓN CATEGORIAS SERVIZOS DE PREVENCIÓN
20.12.2008

Borrador de Decretos que crean as novas categorías de Técnico Superior e de Enfermaría de Empresa: Prevención de Riscos.

Ligazón: Borrador

CARREIRA PROFESIONAL ORDINARIA
20.12.2008

Borrador DEFINITIVO de Decreto que achega o Sergas polo que se regula o sistema de carreira profesional no sistema público de saúde de Galicia.
CIG-Saúde , NON APOIA NIN COMPARTE esta última proposta do Sergas.

Preme ligazón:
Decreto Carreira Ordinaria
Supostos de transición do réxime extraordinario para o réxime ordinario

Reixetamento CIG-SAÚDE


MÉDICOS URXENCIAS HOSPITAL
20.12.2008

Na comisión de seguimento do acordo de médicos de urxencias de hospital, asinouse a acta de que recolle aspectos de desenvolvemento e aplicación de condicións laborais e retributivas deste persoal, que da cumprida resposta as xustas demandas e reindivicacións destes profesionais defendidas por CIG-SAÚDE.

A ACTA foi asinada por CIG-Saúde, CC.OO, CEMSATSE e CSIF, ademáis loxicamente do SERGAS, quedando pendente de asinar UGT por non estar presente no fin da negociación.


Ligazón: ACTA DE ACORDO

NOVA SECCIÓN NA WEB
20.12.2008

Desde hoxe temos unha nova sección na nosa web. Noticas sobre a Xunta de Persoal e outras novas.

Nesta sección daremos cumprida información sobre os temas a tratar e tratados tanto na Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Ferrol como nas distintas mesas. Nesta primeira ocasión trasladámosvos información sobor da Mesa Sectorial celebrada o pasado 19 de decembro de 2008.

Agardamos que sexa do voso interese.

GARDERIA
19.12.2008

O BNG urxe a Sanidade a cesión do terreo para a escola infantil da área


"Noticia xornal Diario de Ferrol"

A gardería para os fillos dos traballadores da área sanitaria de Ferrol construirase, tal e como estaba previsto inicialmente, nunha parcela do Hospital Novoa Santos.
Así o reiterou onte o director da área, José Ramón García López, afirmando que este proxecto é unha prioridade de face ao próximo ano, pois se prevé a súa posta en marcha en 2009. Con todo, o BNG, a través do seu deputado Fernando Branco Parga, informou onte de que a Consellería de Sanidade non cedeu, de momento, os terreos precisos para iniciar as obras desta nova infraestrutura.
A este respecto, e segundo a resposta parlamentaria escrita á pregunta formulada por Branco na que se interesaba polas xestións para a súa construción, Vicepresidencia confirma que Sanidade non ten iniciado nin comunicado a súa intención de establecer un marco de relación neste tema.
A día de hoxe -engaden desde a Vicepresidencia dá Igualdade e do Benestar- non existe prazo de execución do proxecto de construción dá Escola Infantil; na Secretaría Xeral de Igualdade non existiu comunicación algunha dá cesión dúas terreos.
O parlamentario nacionalista recorda na súa exposición de motivos da iniciativa contestada que os feitos remítense a principios do ano 2005, cando a proposta dá CIG-Saúde, a xunta de persoal dá área sanitaria de Ferrol trasladoulle á Xerencia a petición de construción dunha escola infantil que axudase a conciliar a vida laboral e familiar dous traballadores do complexo hospitalario de Ferrol.
Fernando Branco recordou onte que aínda que a competencia das escolas infantís é de Vicepresidencia, previamente é preciso que a Consellería de Sanidade ceda os terreos. Por iso, urxen a materialización deste trámite para que se poida cumprir coa petición de CIG-Saúde.
Plan Funcional > Fai aproximadamente dous anos, o departamento que preside a conselleira María José Louro Vidal respondeu a unha nova pregunta do BNG sobre esta iniciativa afirmando que se estaba elaborando un proxecto básico considerando como situación posible unha parcela do Novoa e que, cando se avaliase a viabilidade técnica e económica de devandita localización empezaríase a redacción do proxecto arquitectónico e do resto dos trámites necesarios para a súa posta en funcionamento. A este respecto, o director da área, José Ramón García, explicou recentemente que o proxecto freouse pola necesidade de deseñar primeiro o plan funcional e ver o uso que se lle ía a dar a cada centro hospitalario. Por outra banda, mantense a idea de facer extensible o uso desta escola infantil aos traballadores do Centro de Atención a Minusválidos Físicos (CAMF) de Leixa, do instituto Roberto Vidal, do centro Carmen Polo, e ata dos nenos que acoden a diario ao servizo de Atención Temperá.
A gardería da área sanitaria de Ferrol unirase ás xa existentes na actualidade na rede hospitalaria do Servizo Galego de Saúde -a primeira entrou en funcionamento no Hospital Comarcal do Salnés en xaneiro de 2005 e a segunda, no Complexo Hospitalario de Santiago en 2006-.

SANIDADE PRIVADA
17.12.2008

Xa podedes descargar o novo Convenio Colectivo Provincial de Establecementos Sanitarios de Hospitalización, Asistencia, Consulta e Laboratorios de Análises Clínicas da Coruña.






Táboas retributivas dos anos 2007 e 2008.

A
rtigos modificados no novo convenio colectivo respecto ao anterior:

1) Artigo 3: Ámbito temporal: 2007/08/09.
2) Artigo 4: Incremento salarial:
a) Ano 2007: IPC real + 0,75.
b) Ano 2008: IPC real + 0,75.
c) Ano 2009: IPC real + 0,75.
3) Artigo 14: Licencias:
a) Polo tempo indispensable para a realización de probas, tratamentos ou consultas médicas, debidamente acreditado, do propio traballador.
b) 14 hs. ó ano para cursos de formación homologada cuxo contido estea directamente relacionado coas funcións do seu posto de traballo.
4) Artigo 15: Vacacións: Queda a redacción do Convenio, modificando o último parágrafo que di “En todo caso, e con independencia do punto anterior, as vacacións colleranse preferentemente no período de maio a outubro e en quendas rotatorias por servizos”.
5) Artigo 20.2º: Plus de festivos de 13 € a partires da sinatura do Convenio.
6) Artigo 24.1º: Xornada de traballo.
a) A patronal propóñía 40 horas semanais e 1802 hs. Anuais de traballo efectivo. As empresas poderán fixar a xornada ó longo do ano mediante criterios de distribución irregular pero sometida ó límite máximo de 160 hs. Nun período de catro semanas consecutivas, tendo en conta que ninguna desas catro semanas poderá exceder de 48 hs.
b) Nos propoñíamos que quede a redacción actual do convenio de 40 hs. Semanais. Entendemos que a flexibilización da xornada pode levar a facer semanas de 48 hs. e deixa-las libranzas para a semana seguinte.
c) Respecto do código de conducta, se as partes asinantes non acadan consenso antes do 31 de xaneiro do 2009, aplicarase automáticamente a redacción proposta pola Dirección Xeral de RR.LL., que será o réxime disciplinario do Hospital Povisa de Vigo.
8) Disposición adicional, Convenio Galego.
a) Ámbalas partes comproméntense a facilitar a negociación dun convenio colectivo a nivel autonómico.

MÁIS INFORMACIÓN:

Convenio Colectivo da Sanidade Privada de Ourense. ( 2006 - 2007 )
Revision
Laudo

Convenio Colectivo da Sanidade Privada (A Coruña) 2002-2003 2005 2007

Revisión Salarial Agosto 2007. Convenio 2009

Convenio de PO.VI.S.A. ( 2004 - 2005 )
e Convenio 2006 - 2008

Convenio Colectivo da Sanidade Privada de Lugo ( 2004-2007 )

Revisión 08.

Convenio Colectivo da Sanidade Privada Pontevedra ( 2005 - 2010 )

Acta explicativa

Táboa Salarial.

Convenio Axuda a Domicilio Galicia ( 2004 - 2005 )

Convenio Colectivo Farmacias ( 2003 - 2006 )

Actualización táboas salariais Convenio Farmacias 2004 - 2005



PACTO DE CONTRATACIÓNS
Os listaxes definitivos das categorias pendentes do pacto de contratacións publicados o día 15 de decembro(resolución en DOG) .

O luns 15 de decembro públicado no Diario Oficial de Galicia e nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais e centros asistenciais dependentes delas, así como páxina web do Servizo Galego de Saúde, a resolución da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se ordena a publicación das listaxes definitivas de aspirantes a vinculacións temporais en diversas categorías sanitarias e de xestión e servizos, correspondentes á convocatoria do 28 de xuño de 2007 deste mesmo centro directivo (DOG núm. 140, do 19.7.2007).

Podedes ver a resolución aqui e coa mesma data publicanse, en consonancia co anterior, as listaxes correspondentes ás categorías de referencia. consultar as listas na páxina web do SERGAS.
Procedemos a colgar a das categorias con mais número de xente para que podades descargalas se acaso estades interesad@s nelas.
para descargar picade na categoria e logo en Click here to start download..
celador
aux administrativo
PSX
pinches
fisioterapeuta.
TEL
TER

As categorías púlbicadas son:

Fisioterapeuta
Terapeuta ocupacional
Técnico/a especialista en anatomía patolóxica e citoloxía
Técnico/a especialista en radioterapia
Técnico/a especialista en hixiene bucodental
Técnico/a especialista en imaxe para o diagnóstico clínico
Técnico/a especialista en laboratorio de diagnóstico clínico
Técnico/a especialista en documentación sanitaria
Técnico/a especialista en dietética e nutrición
Grupo auxiliar da función administrativa
Técnico/a en farmacia
Albanel
Electricista
Fontaneiro/a
Calefactor/a
Mecánico/a
Carpinteiro/a
Perruqueiro/a
Condutor/a
Pintor/a
Costureiro/a
Telefonista
Persoal de servizos xerais (PSX)
Celador/a
Pinche
Lavandeiro/a
Pasador/a de ferro
Limpador/a

Logo disto, restará só a publicación das listaxes definitivas das categorías de ámbito autonómico.
Publicación que terá lugar, segun o SERGAS, polas canles referidas e coa maior brevidade posible, en canto a totalidade de órganos competentes para a resolución das reclamacións correspondentes a estas categorías conclúan o proceso de revisión delas.

Compromiso do SERGAS de facer unha nova convocatoria na primeira quincena de Febreiro 2009 das categorias de:
Enfermaría
Matronas
Auxiliares de Enfermaría

Médicos de Familia
Pediatras
Cociñeiros

Deixámosvos aqui un modelo de recurso de alzada(prazo 1 mes) feito por CIG-SAÚDE do BARCO. :


1. Para facer un recurso de alzada é preceptivo ter realizado antes unha reclamación. O recurso de alzada tén que estar baseado nunha reclamación previa, da que se debe axuntar copia ao recurso.
2. Este modelo é orientativo. Depende da causa pola que presentedes o recurso tendes que adaptalo ao que corresponda. Facemos un modelo do que sería o máis habitual, que é reclamar puntos nun apartado, pero tendes que adaptalo se o recurso o presentades para que vos cambien de área ou de categoría, poñendo o que corresponda.
3. Unha vez que teñades o recurso feito tendes que presentalo xunto cunha copia da resolución previa e da documentación que creades oportuna para xustificar a vosa petición, en calquera rexistro do SERGAS, dirixido á División de Recursos Humanos (isto xa vai posto no escrito). Os rexistros do SERGAS atópanse en cada xerencia (ben sexa hospitalaria, ben sexa de primaria) e nas direccións provinciais do SERGAS.Dito isto, velaqui vos deixamos un modelo que vos servirá de base, pero tende en conta as adaptacións oportunas.
Todos os ocos que están cubertos con ......................, son ocos que tendes que rechear cos datos correspondentes.

A: SERGAS
DIVISIÓN DE RECURSOS HUMANOS E DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL.
Edificio administrativo San Lázaro -15703
Santiago de Compostela

Don/Dona .........................................................................., con D.I. nº ............................. e domicilio a efectos de notificación en .............................................................................................................;
EXPOÑO:
1. Que presentei solicitude para as listas de contratación do SERGAS na convocatoria realizada por Resolución do 28 de xuño de 2007 (DOG nº 140, do 19 de xullo) na categoría de ....................................................
2. Que ante a publicación das listas provisionais o pasado 5 de agosto de 2008, presentei reclamación en tempo e prazo (da que axunto copia), por non estar de acordo coa puntuación no apartado de ................................
3. Que na publicación de listas definitivas de día 15 de decembro de 2008, aprecio que non é subsanado o problema e sigo coa mesma puntuación. Polo que volvo expoñer a causa do meu desacordo con esa baremación:
a. ........................................................................
b. ........................................................................
c. ........................................................................
SOLICITO:
Se teña por presentado este escrito e sirva como RECURSO DE ALZADA, xa que por todo o exposto, non podo estar de acordo cos ........... puntos que se me outorgan no apartado de ....................... e solicito que se revise a miña baremación e se me concedan .................. puntos que me corresponderían polos motivos expostos, quedando eu nos listados cun total de .............. puntos.
En ............................. a ......... de .................................... de 2008

ACORDOS URXENCIAS HOSPITAL
BORRADOR

ACTA DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO ACORDO POLO QUE SE REGULA A XORNADA, RETRIBUCIÓNS E CONDICIÓNS DE TRABALLO DO PERSOAL MÉDICO DE URXENCIAS HOSPITALARIAS DO SERVIZO GALEGO SE SAÚDE.

Na sede da Consellería de Sanidade, en Santiago de Compostela, decembro de 2008, previa convocatoria a todos os membros da Comisión de Seguimento coa seguinte orde do día: “Aspectos derivados da aplicación do Acordo”; as partes

EXPOÑEN:

De conformidade coa necesidade de acadar unha mellor adaptación das condicións de traballo e retributivas dos profesionais á prestación sanitaria nos servizos de urxencia hospitalaria, e tendo en conta a especificidade da prestación con respecto ao resto do persoal facultativo da Administración sanitaria, e en exercicio das competencias que á Comisión de Seguimento reserva o Acordo de 2 de marzo de 2007 subscrito pola Administración sanitaria e as organizacións sindicais CIG, CEMSATSE, CC.OO., CSI-CSIF e UGT polo que se regula a xornada, retribucións e condicións de traballo do persoal médico de urxencias hospitalarias do SERGAS, a mesma acadou os seguintes acordos aos efectos de resolver as cuestións suscitadas na interpretación e execución do acordo e de procurar o tratamento homoxéneo en canto a xornada, retribucións e condicións de traballo:

1.- ÁMBITO DE APLICACIÓN.
Están incluídos dentro do ámbito de aplicación do Acordo, entre outros, o persoal médico estatutario non integrado na categoría de médico de urxencias hospitalarias que realiza a súa prestación nos servizos de urxencias hospitalarias. Xa que logo, o persoal facultativo especialista de área que realice a súa prestación nos servizos de urxencias hospitalarias estará sometido ao réxime de xornada, retribucións e condicións de traballo que determina o Acordo.

2.- XORNADA.
A xornada ordinaria do persoal médico de urxencias hospitalarias en quenda que implique prestación en horario de noite, será de 1.430 horas efectivas anuais. A prestación en quenda que non implique prestación en horario de noite será de 1.624 horas efectivas anuais.
Esta xornada considérase efectiva porque para a súa fixación xa se exclúen as vacacións regulamentarias, 9 días de libre disposición, os 14 festivos e os descansos regulamentarios no ano natural, tomando como referencia os artigos correspondentes a xornada, descansos e permisos da Lei do Estatuto marco dos servizos de saúde, e demais normas sobre a materia propias do Servizo Galego de Saúde.
Por terse regulado no Acordo a realización de xornada efectiva, para o caso de que o persoal médico comprendido no mesmo non preste servizos efectivos nun ou varios períodos dentro do mes natural por algunha das ausencias previstas na normativa aplicable (incapacidade temporal, disfrute de vacacións, permisos, etc..) a xornada mensual calcularase aplicando unha regra de proporcionalidade. Ademais ha de terse en conta tamén, que tanto os cambios lexislativos producidos despois da sinatura do Acordo -nalgún caso poucos días despois, como a Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público-, como a experiencia acumulada no desenvolvemento das cuestións retributivas –de innegable complexidade- que orixinou o Acordo determinan a necesidade de adoptar decisións sobre algúns aspectos como a repercusión na xornada ordinaria e na complementaria de determinados tipos de ausencias que haberán de supoñer a correlativa diminución da xornada anual efectiva dos traballadores afectados, reducindo a xornada ordinaria, e, polo tanto, anticipando a complementaria a razón de 7 horas anuais por día para cada unha de tales ausencias, agás no caso de que a ausencia efectiva sexa menor de 7 horas, caso no que a reducción de xornada será polo tempo de duración efectiva da ausencia.
Así, reducirán xornada ordinaria nos termos expostos as ausencias motivadas polas seguintes causas:
Días de vacacións adicionais aos que fai referencia o art. 75.2º da Lei da función pública de Galicia (Texto Refundido aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo).

Días de asuntos persoais adicionais que se xeran a partires do cumprimento do sexto trienio aos que fai referencia o art. 76.3 2ª alínea da Lei da función pública de Galicia.

Cumprimento dun deber inescusable de carácter público.

Asistencia como membro ás sesións dos tribunais cualificadores de procesos selectivos para o ingreso en categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal, nos termos legalmente establecidos.

Do mesmo xeito as sesións clínicas e reunións xerais do servizo, dentro do horario de traballo, computaranse como xornada ordinaria efectiva traballada.

A realización de xornada por enriba das 48 horas semanais de media en cómputo semestral (“xornada especial” ou “xornada complementaria excepcional”) requirirá o consentimento do profesional, de conformidade co disposto na Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde e co disposto no propio Acordo.

3.- INCREMENTO DAS RETRIBUCIÓNS DOS MÉDICOS DE URXENCIAS HOSPITALARIAS.
As contías das retribucións por nocturnidade e festividade do persoal médico de urxencias hospitalarias incrementaranse durante os anos 2008 e 2009 paralelamente (nas mesmas datas de efectividade e nas mesmas porcentaxes) que as acordadas para as gardas do persoal licenciado sanitario. Durante os anos 2010, 2011 e 2012 o valor/hora da retribución por nocturnidade e festividade incrementaranse nun 5 % en cada ano.

Toda vez que nos anos 2010, 2011 e 2012 progresarase na mellora retributiva das gardas ata acadar o valor da hora ordinaria no ano 2012, igualmente se revisará a contía por xornada complementaria do persoal médico de urxencias hospitalarias.

4.- RETRIBUCIÓN POR PRESTACIÓN DE SERVIZOS EN DÍA DE ESPECIAL SIGNIFICACIÓN.
Retribuirase adicionalmente ao salario ordinario a realización de xornada os días de especial significación (24, 25 e 31 de decembro e 1 e 6 de xaneiro). O devengo desta retribución implica a prestación de servizos efectivos de presenza física nalgún de tales días. Percibirase a retribución correspondente ao módulo de €/hora de garda previsto para as gardas médicas de servizos xerarquizados, obtido por división entre o valor do módulo e o número de horas do módulo, segundo se determina nas normas anuais de confección de nóminas de persoal da Administración pública de Galicia.
Retribuiranse os servizos prestados nas horas da quenda do médico de urxencias que coincidan co horario da Garda Médica dos servizos xerarquizados (17 ou 24 horas) que sexa obxecto de tal retribución adicional.

5.- RETRIBUCIÓN DA ATENCIÓN CONTINUADA EN VACACIÓNS.
O concepto retributivo de prorrateo de atención continuada en vacacións será aplicable ao persoal médico de urxencias hospitalarias nas mesmas condicións que ao persoal facultativo especialista de área. Aos efectos do seu cálculo tomaranse en consideración as retribucións complementarias por Nocturnidade, Festividade e Xornada Complementaria.

6.- RETRIBUCIÓN POR EXERCICIO DA XEFATURA DE GARDA.
O persoal médico de urxencias hospitalarias poderá ser designado Xefe de Garda co procedemento, requisitos, funcións, compensación económica e demais regulación que resulte da instrucción da División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde de 20 de marzo de 2000.
Unicamente será posible tal designación cando a quenda de traballo do médico de urxencias que houbese de ser designado Xefe de Garda de conformidade coa mencionada instrucción de 20/03/2000 abarque na súa totalidade o horario da Garda de presencia física de 17 ou de 24 horas da Institución.
7.- PERMISOS E LICENCIAS.
O persoal médico de urxencias hospitalarias gozará dos mesmos permisos e licencias que o persoal estatutario licenciado sanitario da institución en que preste servizos.
A dirección do centro, en función das súas características, determinará as condicións de realización das sesións clínicas dentro do seu horario de traballo. Cando o horario destas non sexa compatible co horario de traballo do profesional, este terá dereito á compensación en xornada equivalente.
O plan funcional establecerá as pautas de desenvolvemento das sesións clínicas e reunións xerais do servizo, dentro do horario de traballo, que se computaran como xornada ordinaria efectiva traballada.

8.- PERMISOS POR FORMACIÓN.
O persoal médico de urxencias hospitalarias poderán desfrutar de permisos para formación acreditada polos sistemas de acreditación da formación das profesións sanitarias, e as accións formativas incluídas no Plan de formación continua das administracións públicas (Servizo Galego de Saúde, outras administracións públicas ou organizacións sindicais), cuxos programas estean relacionados coas funcións do seu posto de traballo, ou para capacitación profesional, cando a programación dos cursos sexa coincidente co horario de traballo. Por este motivo poderán solicitarse ata 28 horas ao ano.
Cando se exceda o límite de horas establecido, ou as materias non estean relacionadas coas funcións dos postos de traballo, os órganos directivos dos centros de xestión poderán facilitar a asistencia, cando as necesidades do servizo así o permitan.

9.- PLAN ESPECÍFICO DE SAÚDE LABORAL.
Para dar cumprimento ao artigo 6º do Acordo constituirase un grupo de traballo específico coordinado pola persoa titular da Xefatura do Servizo Central de Prevención de Riscos Laborais do SERGAS, adscrito á Subdirección Xeral de Políticas de Persoal, e integrado por un representante de cada unha das Organizacións Sindicais asinantes do Acordo e outros tanto representantes da Administración. A estes efectos as organizacións Sindicais asinantes do Acordo designarán un membro titular e outro suplente no devandito grupo de traballo.

As conclusións do grupo de traballo, que serán presentadas á Comisión de Seguimento do Acordo antes do 1 de xullo de 2009, estarán orientadas á elaboración dun plan de vixilancia da saúde específico para os Médicos de urxencias hospitalarias vinculado á adaptación do posto de traballo mediante accións de Mobilidade de posto de traballo, Adecuación horaria, Reducción de xornada complementaria co límite da xornada ordinaria correspondente ao posto de traballo orixinario. No momento en que se cumpran as condicións estipuladas no artigo 6º, alínea 4ª do Acordo, a acción de reducción de xornada complementaria para os médicos maiores de 55 anos, realizarase no horario nocturno.

10.- PLANS FUNCIONAIS.
Os plans funcionais dos centros de xestión da rede do Sergas serán negociados e aprobados a mais tardar o 31 de xaneiro de 2009. De no poder ser aprobado o Plan Funcional por non haber acordo a dirección realizará a programación anual mediante resolución motivada que será dictada coa mesma data límite do 31 de xaneiro de 2009.
No caso da Fundación Pública Hospital da Barbanza, da Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira, da Fundación Pública Hospital de Verín e da Fundación Pública Hospital Comarcal do Salnés o prazo anteriormente sinalado prorrogarase ata o 31 de marzo de 2009.
Dentro do contido do plan funcional e como norma xeral, a determinación de postos de traballo coas súas características funcionais e horario así como a carteleira anual de presenzas e rotación farase en base á xornada anual ordinaria; polo mesmo, e na medida do posible, a xornada complementaria orientarase á cobertura de incidencias ou continxencias.
Neste sentido procurarase a equidade entre todo o persoal médico de urxencias hospitalarias, cunha cadencia en asignación de quendas que leven a unha repartición proporcionada tanto do número de horas mensuais de prestación como das quendas de realización das mesmas.
No proceso de aumento dos cadros de persoal das urxencias hospitalarias, a Administración, con suxeición á normativa orzamentaria, progresivamente adecuará –de ser necesario- á oferta de prazas de médicos de urxencias hospitalarias ás necesidades dos Servizos.
Así mesmo, na contratación dos médicos de urxencias hospitalarias respectarase o principio de causalidade e todos os vínculos da categoría con perspectiva de continuidade autorizaranse como nomeamentos de servizo determinado, que, na medida das limitacións orzamentarias, serán dotados nos respectivos cadros de persoal.

11.- ITINERARIOS PROFESIONAIS.
A comisión de seguimento do acordo elaborará un proxecto dirixido á dirección do Sergas que permita a mobilidade do persoal médico de urxencias hospitalarias a outras unidades do Sergas co obxecto de dotarlles dun itinerario
profesional.

12.- TRASLADOS HOSPITALARIOS MEDICALIZADOS.
Por parte da Administración presentarase unha proposta de regulación por grupos de hospitais que recolla os principios de voluntariedade e regulación específica, de conformidade coa lexislación vixente.

13.- ABOAMENTO DAS GARDAS DEIXADAS DE PERCIBIR POLO PERSOAL MÉDICO DE URXENCIAS HOSPITALARIAS EN CASO DE INCAPACIDADE TEMPORAL, MATERNIDADE OU RISCO POR EMBARAZO.
É de plena aplicación ao persoal médico de urxencias hospitalarias a Circular da División de Recursos Humanos nº 18/2004, de 4/6/2004, sobre aboamento das gardas deixadas de percibir polo persoal facultativo especialista de atención especializada en caso de incapacidade temporal, maternidade ou risco por embarazo.
Neste sentido, e de conformidade co disposto no artigo 8º do Acordo as horas realizadas en concepto de xornada complementaria terán a mesma consideración que se atribúa ás horas de garda nos instrumentos que formalice o Servizo Galego de Saúde para a protección da situación de incapacidade temporal e permiso por maternidade dos facultativos especialistas das institucións sanitarias de atención especializada dependentes deste organismo.

CONCENTRACION: REXEITAMOS OS ORZAMENTOS

O próximo mércores 17 de decembro a CIG convoca unha concentración diante do parlamento de Galiza ás 11 horas, na que invitamos a participar @s TCAE e técnic@s superiores para rexeitar estes orzamentos posto que non contemplan a suba de grao destes colectivos.
Con esta concentración seguimos co calendario de mobilizacións levado a cabo por CIG-Saúde durante todo o ano que comenzou con concentracións nos Centros, envio de tarxetas e que terá a súa continuidade ata que o SERGAS atenda as reivindicacios destes dous colectivos.

NOVA OPE FACULTATIVOS SERGAS 2008
12-12-2008
Borrador de Convocatoria que o Sergas vai enviar a DOG de :

Ligazóns : picar enriba

Feas

Médicos Familia

Médicos Urxencias

Médicos 061

Odontólogos

Farmacéuticos Primaria

Pediatras Primaria.

RETRIBUCIÓN DÍAS ESPECIAIS DE NADAL
Información da contia dos complementos a percibir polos días especiais de Nadal

24 é 31 Decembro:
QUENDA: MANÁ OU TARDE
Un módulo do complemento de FESTIVOS
B/A2..........59,05
C/C1..........46,40
D/C2..........42,15
E/Agr.pr......42,15

NOITE
Complemento de pre-festivo
+
un módulo de complemento de festivo

B/A2.......... 59,05 + 59,05 = 118,10
C/C1.......... 46,40 + 46,40 = 92,80
D/C2.......... 42,15 + 42,15 = 84,30
E/Agr.pr......42,15 + 42,15 = 84,30

25 de Decembro, 1 de Xaneiro:

QUENDA MAÑA OU TARDE

Dous módulos do complemento de
FESTIVOS
B/A2..........59,05 x 2 = 118,10
C/C1..........46,40 x 2 = 92,80
D/C2..........42,15 x 2 = 84,30
E/Agr.pr......42,15 x2 = 84,30

NOITE:
B/A2..........35,42
C/C1..........28,82
D/C2..........25,21
E/Agr.pr......25,21

6 de Xaneiro:

MAÑA OU TARDE

Dous módulos do complemento de
FESTIVOS

B/A2..........59,05 x 2 = 118,10

C/C1..........46,40 x 2 = 92,80

D/C2..........42,15 x 2 = 84,30

E/Agr.pr......42,15 x2 = 84,30

NOITE (FERROL: DÍA 7 FESTIVO LOCAL)

Complemento de
pre-festivo

B/A2.......... 59,05

C/C1.......... 46,40

D/C2.......... 42,15

E/Agr.pr......42,15

Os concellos donde o día 7 de xaneiro non sexa festivo a noite do día 6 ten o mesmo valor normal das noites a non ser prefestiva.

os complementos de festivos especiais de 24 e 31 de decembro non serán de aplicación ao persoal sanitario e traballadores sociais de Atención Ordinaria de Primaria ata o ano 2010, cando pasará a cobralos todo o persoal (primaria e especializada, sanitario e non sanitario).

Isto é debido a que o Acordo de Concertación Social asinado no seu momento, só lle era de aplicación no caso concreto dos festivos especiais a persoal de especializada e a persoal non sanitario de primaria, cousa que se cambiou co Acordo de Primaria no caso dos PACs (tamen o cobran médicos é enfermaría ademáis do persoal non sanitario) e coa sinatura do Acordo Retributivo publicado recentemente, onde di:

Mellorarase a retribución pola prestación de servizos en días de especial significación, principalmente nas noites do 24 e 31 de decembro. A repercusión retributiva da prestación nos días especiais estenderase, nos termos que se acorden, a todos os colectivos e ámbitos de prestación (especializada e primaria).

Será a partir do 2010, polo que este ano este persoal (sanitario e traballadores sociais de ordinaria) ainda non cobrará os festivos especiais.


PUBLICACION ACORDO RETRIBUTIVO
A Orde do 1 de decembro de 2008 pola que se publica o acordo 2008-2012 para a mellora das condicións de traballo e retributivas do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde publicada no DOG núm. 239 do mércores, 10 de decembro.

Ligazon: Acordo Retributivo DOG

O Sergas ven de convocar ás COMISIÓNS DE SEGUIMENTO,:
15 decembro
- COMISIÓN DE PERMISOS E LICENCIAS
- COMISIÓN DE ACCIÓN SOCIAL
18 decembro
- COMISIÓN DE XORNADA DE TRABALLO
- COMISIÓN DE MOBILIDADE

LISTAS CONTRATACION XUNTA DE GALIZA
Publicada no DOG do mercores 1o de decembro, a reolución do 4 de decembro da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda a apertura das listas para a contratación temporal de persoal laboral de determinadas categorías.
O prazo para a presentación das instancias será de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria.

Ligazón: DOG

CONVENIO SANIDADE PRIVADA A CORUÑA
CONVENIO SANIDADE PRIVADA DA CORUÑA

Os acordos acadados na negociación do Convenio foron os seguintes:

1) Artigo 3: Ámbito temporal: 2007/08/09.
2) Artigo 4: Incremento salarial:
a) Ano 2007: IPC real + 0,75.
b) Ano 2008: IPC real + 0,75.
c) Ano 2009: IPC real + 0,75.
3) Artigo 14: Licencias:
a) Polo tempo indispensable para a realización de probas, tratamentos ou consultas médicas, debidamente acreditado, do propio traballador.
b) 14 hs. ó ano para cursos de formación homologada cuxo contido estea directamente relacionado coas funcións do seu posto de traballo.
4) Artigo 15: Vacacións: Queda a redacción do Convenio, modificando o último parágrafo que di “En todo caso, e con independencia do punto anterior, as vacacións colleranse preferentemente no período de maio a outubro e en quendas rotatorias por servizos”.
5) Artigo 20.2º: Plus de festivos de 13 € a partires da sinatura do Convenio.
6) Artigo 24.1º: Xornada de traballo.
a) A patronal propóñía 40 horas semanais e 1802 hs. Anuais de traballo efectivo. As empresas poderán fixar a xornada ó longo do ano mediante criterios de distribución irregular pero sometida ó límite máximo de 160 hs. Nun período de catro semanas consecutivas, tendo en conta que ninguna desas catro semanas poderá exceder de 48 hs.
b) Nos propoñíamos que quede a redacción actual do convenio de 40 hs. Semanais. Entendemos que a flexibilización da xornada pode levar a facer semanas de 48 hs. e deixa-las libranzas para a semana seguinte.
c) Respecto do código de conducta, se as partes asinantes non acadan consenso antes do 31 de xaneiro do 2009, aplicarase automáticamente a redacción proposta pola Dirección Xeral de RR.LL., que será o réxime disciplinario do Hospital Povisa de Vigo.
8) Disposición adicional, Convenio Galego.
a) Ámbalas partes comproméntense a facilitar a negociación dun convenio colectivo a nivel autonómico.

PLATAFORMA SINDICAL MEDICOS URX. HOSP.
Constituida a plataforma sindical (CIG-SAÚDE, CEMSATSE, CC.OO., CSIF) para aplicación do acordo dos médicos de urxencias hospitalarias.

A unidade sindical acadada, pola que traballamos arreo dende CIG-SAÚDE, fan que de xeito coordinado e unitario se defenda unha taboa reivindicativa comùn.

A unidade fai tamen máis factible que si o SERGAS non atende (mércores día 10 de decembro esta convocada unha xuntanza da comisión de seguimento) as xustas reivindicacións de cumprimento e desenvolvemento do acordo púlbicado en DOG o 23 de abril do 2007 a convocatoria de movilizacións unitaria sexa moito máis viabel e poida acadar un maior exito.

Ligazón:
Táboa reivindicativa unitaria

Táboa CIG-SAÚDE

CENTRAL DE CHAMADAS ATENCIÓN PRIMARIA

Co establecemento por parte do Sergas do servicio "Saúde en Liña", concédeselle a unha empresa privada a citación centralizada en Atención Primaria, a través do teléfono 902-077-333. A pesar de que o Sergas e a propia empresa din que a chamada se tarifica como local, o certo é que, segundo a páxina web e o teléfono de atención a empresas de telefónica, a chamada conta como provincial, e hai diferencia de prezo coas chamadas metropolitanas.
Varias asociacións de consumidores xa denunciaron que a chamada a este servizo é máis cara que a un teléfono fixo, e se temos en conta que hoxe en día moitas chamadas realízanse dende teléfonos móviles, un minuto chamando ó 902 pode saír en 15 céntimos establecemento de chamada e 43 céntimos o minuto, impostos non incluidos, segundo o operador que teñamos contratado (podes pedir información á túa compañía telefónica para saber o prezo exacto). E se temos tarifa plana ós teléfonos fixos, os prefixos 902 non entran en tal bonificación nin en ningunha outra.
Se te chegou unha carta do Sergas para que pidas cita no teléfono 902-077-333, para beneficiarte da tarifa plana ou chamar máis barato, o único que tes que facer é chamar os teléfonos fixos que todo número 902 ten asociado. Según dende qué provincia fagas as chamadas, os teléfonos que tes que marcar son os seguintes:
A CORUÑA: 981-952-950

LUGO: 982-269-893

OURENSE: 988-398-350

PONTEVEDRA: 986-806-350

Ó normal é que se chame dende a provincia de residencia, pero se estás en Lugo de paso e queres pedir cita para o teu médico que está nun centro de saúde de Ourense, chama ó teléfono de Lugo: sairáche máis barato. Aténdenche os mesmos teleoperadores e exactamente nas mesmas condicións que se chamaras ó 902, pero benefíciaste de chamadas máis baratas.
¿Por qué o Sergas non da publicidade a estes teléfonos en cada provincia, moito máis baratos ou incluso gratuítos (se temos tarifa plana), e obriga a chamar ó 902, máis caro? ¿Quen se beneficia desta actuación? ¿Qué gana ó Sergas e a empresa privada con todo isto?
As tarifas que publicita o SERGAS poden ser as correctas pois o coste da chamada esta equiparada a unha local/provincial: o problema esta que as persoas que teñen tarifa plana ou chamadas gratuitas (por ter internet contratato ou tarifas especias de telefonia convencional) os 902 estan excluidos e facturan por eles mentra que si fosen números convencionais, os empezados por 981 - 982 - 986 etc. saldrian gratis ao usuario.
E decir que pasan de ter un servizo gratuito a ter que pagar pola chamada (e parte dese custo revirte sobre a empresa que recibe a chamada) os 902 son números habituais da Banca, Cias de seguros, Dixital plus, etc. pois cada vez que falas con eles estan ingresando diñeiro pola chamada.
Agora imaxinade a cantidade de citas o sexa chamadas que se poidan facer e que un cincuenta por cento do coste da chamada sexa ingreso para Galaria(ou empresa privada que xestiona a central de chamadas), Facede contas, un negocio, a onde ira a parar ese diñeiro recaudado a conta dos usuarios.

Pasa esta información a tódolos teus contactos, familiares e amigos, e dalle publicidade os teléfonos dende o teu centro de saúde.
QUE NON CHE COBREN DE MÁIS POR NECESITAR CITA PARA O TEU MÉDICO OU ENFERMEIRA.
A SAÚDE NON PODE SER UN NEGOCIO.
Por unha sanidade pública.

ACOPLAMENTOS - TRASLADOS INTERNOS DE ÁREA
Públicada a resolución do 4 de decembro do 2008 da Dirección de Área Sanitaria de Ferrol, pola que se convoca concurso de mobilidade interna do persoal da Área Sanitaria de Ferrol.
Máis información de prazos de solicitude:
vinte días naturais, prazas convocadas, Baremos e de todo o procedemento no local de CIG-SAUDE no hosp. A. Marcide
Tlf. 981.334566


ALEGACIÓN CIG-SAÚDE AO PROXECTO DE CARREIRA PROFESIONAL ORDINARIA DO SERGAS
ALEGACIÓNS CIG-SAÚDE Á C.P ORDINARIA
O documento de borrador de Decreto de C.P presentado na Mesa Sectorial o día 24 de novembro de 2008, recolle sesgadamente os acordos acadados no acceso extraordinario á C.P e publicados no DOG correspondente.
1.-Funcionarios e laborais:
DOG do venres, 26 de outubro de 2007. Acceso extraordinario á C.P das categorías de xestión e servizos e sanitario de formación profesional.- Cláusula adicional sexta: “ Os funcionarios e laborais transferidos das corporacións locais que non optaron pola súa integración ao réxime estatutario terán acceso ao sistema ordinario de carreira profesional que se regule para o persoal estatutario”. No borrador presentado pola Admón. non se recolle este acordo.
2.-Promoción Interna:
Para todas as categorías débense ter en conta os servizos prestados na mesma área funcional. Os servizos pretados coma celadora/or serán valorados como mesma área funcional nas áreas sanitarias e administrativa.
Proposta de escala.
*Licenciados sanitarios:
- Noutra categoría e /ou especialidade de licenciados sanitarios: 85%
- Servizos prestados coma diplomados sanitarios: 45%.
- Resto de servizos prestados rama sanitaria ou celadores: 25%.
*Diplomados sanitarios:
- Na mesma diplomatura: 100%
- Noutra categoría de diplomados: 85%.
-Servizos prestados en categoría sanitaria de F.P: 45%.
- Servizos prestados coma celador 25%
*Persoal das categorías de xestión e servizos e persoal sanitario de formación profesional: a escala a aplicar será a recollida no acceso extraordinario.
3.-Disposicións adicionais.
Primeira. Rescate dos servizos prestados excedentes dos computados nos sistemas extraordinarios xa implantados.
4.-Disposicións Transitorias.
Segunda.- “ A experiencia profesional será computada consonte ao previsto no réxime extraordinario de aplicación”. No acceso extraordinario de C.P de licenciados sanitarios recóllese no artigo cuarto: “Para o acceso será preciso ter completados, en xornada ordinaria, os periodos de servizos prestados que se detallan neste parágrafo, como persoal estatutario,……………".Para o cómputo dos servizos prestados, que se refiren no parágrafo anterior, non se entederan incluidos os servizos como especialista en formación e os prestados con nomeamento de atención continuada ou nomeamento de gardas.
CIG-SAÚDE solicita que se computen a totalidade dos servizos prestados independentemente da modalidade na que foron prestados e do seu réxime xurídico.
5.-ANEXO I:
baremo: profesións sanitarias con titulación universitaria: 30% dos créditos de cada área.
CIG-Sáude solicita que con diferentes combinacións de factores avaliables se poida acadar o 100%Dado que o sistema de avaliación, en principio, non vai valorar esencialmente os méritos acadables de forma individualizada, senon que serán de forma colectiva (obxectivos por servizos…), queda desvirtuado o apartado I.- Actividade e competencia profesional. Con isto refórzanse os apartados das áreas II e III. Isto facilita o acceso ao persoal con xefaturas, funcións de dirección etc….
6.-Sistema avaliador:
Seguimos a defender un sistema avaliador. “Órgano” encargado de todo o procedemento avaliador material: formación de avaliadores, elaboración de cuestionarios. Composición técnica: Profesionais do Servizo Galego de Saúde. Exclusion da participación dos colexios profesionais.
7.-Outros temas:
a.-Actualización das contías económicas dos diferentes graos segundo os incrementos das Leis anuais de orzamentos. Valor das contías ano 2008
b.-Para o acceso a xefaturas deberá ser requisito a acreditación dun determinado grao mínimo (p.ex o II para as xefaturas de servizo).
c.-Esixencia dun mínimo de un (1) ano de permanecia en cada grao. A proposta do SERGAS fala de 3 anos de permanencia mínima baseándose na carreira profesional extraordinaria de diplomados sanitarios que CIG-Saúde NON asinou, pero outras centrais sindicais sí.
Agora páganse as consecuencias, e será difícil que saia a nosa proposta de permanencia dun ano.
8.-Efectos da carreira. DOG.venres, 26 de outubro de 2007.
Disposición adicional novena: “O sistema ordinario de carreira profesional negociarase para ser aplicado en xullo de 2008".
9.-Transición rexime extraordinario-réxime ordinario.
O persoal poderá solicitar o grao que lle coresponda á entrada en vigor do Decreto de carreira ordinaria. De non ter a totalidade dos servizos prestados, poderá solicitalo no intre no que cumpra o requisito.
10.-Persoal OPE 2006.
O persoal que á entrada en vigor do Decreto de C.O teña a experiencia profesional necesaria para acceder aos graos correspondentes, terá unha avaliación de pasado, xa que os méritos presentados foron acadados con anterioridade a publicación do Decreto.
11.-Regular o procedemento de avaliación negativa.
Previo á resolución desestimatoria daráselle anuencia á/o interesada/o para subsanar os posibeis déficis. "L.O.P.S." dous anos para as avaliacións negativas.

CIG-SAÚDE REXEITA A PROPOSTA- BORRADOR DE DOCUMENTO DA CARREIRA DO SERGAS

CURSOS CELGA
02-Decembro-2008

Publicada no DOG a Resolución do 13 de novembro de 2008 pola que se anuncian, con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis:
Celga 1,
Celga 2,
Celga 3
Celga 4,
para particulares (adultos) e colectivos de Galicia, no ano 2009 (PR 104 B).para consultala,
LIGAZÓN:
preme aquí.

ASEMBLEA INFORMATIVA CARREIRA ORDINARIA

ASEMBLEA INFORMATIVA

MARTES 2 DECEMBRO

SALÓN DE ACTOS A. MARCIDE AS 11:30
LOCAL COMITÉ PREVENCIÓN 5º PLANTA NOVOA SANTOS AS 13:00 Hrs.

** INFORMACIÓN CARREIRA PROFESIONAL ORDINARIA :

Licenciados + Diplomados + Sanitarios de F.P. / Xestíon e servizos


ACUDE - INFORMATE - PARTICIPA


LIGAZÓNS:






URXENTE
SUPRESIÓN ACORDOS RETRIBUTIVOS

GRIPE P

PLAN MELLORA

NON Á CESIÓN DE TRABALLADORES Á PRIVADA

SOLIDARIEDADE

NOTICIAS BLOGS CIG

ÚLTIMAS NOTICIAS


OUTRAS NOTICIAS
XUNTA DE PERSOAL

MESAS DE CONTRATACIÓNS

MESAS SECTORIAIS

NOTICIAS EXTERNAS

CIG-SAÚDE


CIG


SANIDADE


SAÚDE



ecoestadistica.com
CIG-Saúde Ferrol: Hospital Arquitecto Marcide-Local Sindical da CIG. Avda. da Residencia s/n. 15405. Ferrol
981 33 45 66 * www.cigsaudeferrol.blogspot.com * cigsaudeferrol@gmail.com