DE INTERESE

LIGAZÓNS


























MAPA A.S.F.

SUBSCRICIÓN
Subscribete ás Noticias
da CIG-Saúde Ferrol

Correo electrónico:

SINDICACIÓN

Sindícate ás Noticias da CIG-Saúde Ferrol

CONTACTO
MERCEDES DIAZ LOPEZ

Secretaria Comarcal
da CIG-Saúde de Ferrol

ESTATÍSTICAS WEB

PROCURA NA WEB


Noutras webs
En CIG-Saúde Ferrol

ARQUIVO
TOTAL
Mostrar todas as noticias

POR MESES

Maio 2007

Junho 2007

Julho 2007

Agosto 2007

Setembro 2007

Outubro 2007

Novembro 2007

Dezembro 2007

Janeiro 2008

Fevereiro 2008

Março 2008

Abril 2008

Maio 2008

Junho 2008

Julho 2008

Agosto 2008

Setembro 2008

Outubro 2008

Novembro 2008

Dezembro 2008

Janeiro 2009

Fevereiro 2009

Março 2009

Abril 2009

Maio 2009

Junho 2009

Julho 2009

Agosto 2009

Setembro 2009

Outubro 2009

Novembro 2009


INICIO








DESCARGA "A QUEBRA DA SANIDADE PÚBLICA"
Documento Ferrol

PRAZAS 2009 PLAN MELLORA ATENCIÓN PRIMARIA
Picar enriba da imaxe
01-decembro-2008


Como continuación do incremento de prazas orzamentadas na Atención Primaria no vindeiro ano 2009 creanse 485 prazas en toda galiza sendo na área sanitaria de Ferrol un total de 28:


6 médicos: previsións 2 fontenla, 2 Narón, 1 Fene, 1 As pontes

1 pediatra de área

11 ATS-DUE: previsións 4 fontenla, 4 Narón, 1 Fene, 1 As Pontes, 1 Ortigueira

2 PSX: 1 Cedeira, 1 Narón

1 matrona: Caranza

2 fisioterapeutas: 1 Ortigueira, 1 Caranza (de área)

1 odontólogo: fontenla

1 hixienista: As Pontes

2 traballadores sociais: Ortegal

1 Aux. enfermaría: Ortigueira


A creación total das 28 prazas e o número por profesionais por categorias esta totalmente confirmado, a distribución por centros e un adianto provisional baseando na carencia e TIS, polo tanto poidera sufrir algunha minima alteración, ademáis de ter en conta o espazo necesario nos centros para poder facer efectivo o aumento de plantillas.


Información da Comisión de Seguimento Plan de Mellora AP 25 novembro 2008

O día 14 de abril celebrouse a terceira reunión da comisión de seguimento do Plan de Mellora, na que CIG-Saúde manifestou o seu desacordo coa información recibida sobre o desenvolvemento da central de Chamadas, na que non se facía mención ao modelo de xestión da mesma.

Por esta razón condicionou a súa sinatura da Acta da reunión a recibir información por escrito do proxecto da Central de Chamadas. A información foi reiteradamente solicitada, sen ter resposta algunha. So pola vía dos feitos tivemos coñecemento de que se decidira convocar no DOG un concurso para cubrir o servizo de citas de Atención Primaria por unha empresa privada, xestionada a través de MEDTEC (actual GALARIA).

Consideramos este feito como unha mostra de deslealdade coa nosa organización, como asinante do Plan de Mellora, e un incumprimento da condición establecida na acta, polo que solicitamos formalmente que conste que queda retirada a nosa sinatura da mencionada acta.

A nosa posición sobre o Plan de Mellora, e os acordos que o desenvolven, que afectan ao conxunto da Atención Primaria, será de denuncia dos incumprimentos por parte da administración. Seguimos a considerar que son bos acordos pero mal aplicados, polo que denunciaremos calquera intento de devaluación do seu contido.

Sobre a aplicación concreta das medidas a tomar durante o ano 2008, apreciamos importantes incumprimentos, que pasamos a relatar:

A. Liña de desenrolo dos recursos humanos

Os acordos de Atención primaria que afectan tanto a Persoal de PACs como de Atención ordinaria estanse incumprindo nos seguintes apartados:

-Incumprimento no pagamento do incentivo por voluntariedade.

-Retraso no pago actualizado na festividade e nocturnidade.

-Incumprimento no pago da Intersubstitución á enfermaría.

-Falta de negociación do pago do 70 ao 100% na intersubstitución.

-Dificultade para a prolongación de xornada en centros sen unidades de tarde.

-Falta de regulación da Voluntariedade tralos cambios na OPE-Traslados.

-Ausencia de Regulación das Gardas obrigatorias, establecendo criterios mínimos para tódalas xerencias, regulando as exencións, etc.

-Problemas coa organización das ausencias nas áreas onde comezou a funcionar a central de chamadas privada.

Este conxunto de incumprimentos, imputables á Dirección Xeral de Recursos Humanos, non permiten que se poñan en valor uns bos acordos, acadados con dificultade, que ao ser mal aplicados son percibidos como malos.

No apartado de Recursos Humanos preocúpanos tamén a interpretación que se fai nalgunhas xerencias sobre ás novas prazas de Enfermaría nos PACs creadas pola diminución de horas como consecuencia dos acordos. Estas prazas non poden restar das de nova creación en aplicación do Plan de Mellora.

O persoal non sanitario non pode ver reducidas, nin limitadas no seu crecemento, ás súas prazas, como consecuencia do funcionamento da central de chamadas privada. Temos noticias de que isto estase a producir na área de Lugo.

O retraso nas convocatorias da Comisión de Seguimento destes acordos dificulta o control da súa aplicación, polo que esiximos a convocatoria inmediata dunha reunión.

B. Liña de mellora da capacidade resolutiva

No ano 2008 terían que estar solucionados tódolos atrancos para o acceso á tecnoloxía, tanto da listaxe A como da B da Instrución 17/2007, polo que teriamos que falar nesta reunión da Mellora do equipamento tecnolóxico dos Centros, pero isto non é certo, está rematando o ano 2008 e non se cumpren acordos que tiñan que aplicarse en xaneiro.

As dificultades na aplicación desta medida denotan a falta de compromiso real das mais altas autoridades sanitarias coa Atención Primaria.

C. Liña de xestión clínica

Non temos noticias de novidades na extensión da xestión por procesos nas áreas nin da participación dos centros na súa xestión integral.

A aplicación da informatización nas consultas de Primaria non está a supoñer a diminución da burocracia que cabria esperar, á falta dun modelo informatizado único de informes e solicitudes de exploracións complementarias, únese a ausencia do ditame xurídico pertinente sobre que certificados e informes estamos obrigados por lei a facer.

Esiximos que se nos informe xa! sobre que temos que certificar e en que documento temos que facelo.Esiximos xa! un modelo único informatizado de solicitude de exploracións complementarias.

Cada novo protocolo ou procedemento non pode xerar outro papel na mesa para solicitalo.

Esiximos xa! a axeitada distribución e cumprimento da Instrución 16/2007, e que se estableza un mecanismo de avaliación do seu cumprimento.

O acordo contemplaba para executar no ano 2008 a extensión do modelo de central de chamadas por rebosamento ao 50% dos centros, está claro o incumprimento, tanto do espírito como da letra do acordo.Nos obxectivos do Plan de Mellora estaba conseguir que a nova Lei de Saúde incorporara a posibilidade de zonificar a Atención Primaria nas cidades, isto conseguiuse grazas a unha emenda presentada, non por que o incorporara o documento inicial da administración. Agora é necesario que esta posibilidade se faga realidade.


PRIVATIZACIÓNS NA SANIDADE
CONCENTRACIÓN EN COMPOSTELA CIG-SAUDE




Noticia xornal "El Pais"
27/11/2008



Sanidade promete que ningún hospital será explotado a través de empresas
El PP acusa al bipartito de crear un "holding" para adjudicar contratos a "amigos"
Tras las protestas de los sindicatos por la "privatización" de la sanidad y las ironías del Partido Popular, ayer en el Parlamento, sobre su "dedicación a los negocios", la conselleira de Sanidad, María José Rubio, aseguró que Galaria, la empresa pública creada para la "explotación de toda clase de infraestructuras sanitarias".
Tras las protestas de los sindicatos por la "privatización" de la sanidad y las ironías del Partido Popular, ayer en el Parlamento, sobre su "dedicación a los negocios", la conselleira de Sanidad, María José Rubio, aseguró que Galaria, la empresa pública creada para la "explotación de toda clase de infraestructuras sanitarias", nunca asumirá la administración de hospitales y centros sanitarios, ni en solitario ni asociándose con compañías privadas. Según explica Rubio, este amplio objeto social, que acaba de introducir la Xunta en sus estatutos, sólo se utilizará para "explotar" la fabricación de radiofármacos y gestionar dos resonancias magnéticas móviles.
Después de comparecer en el Parlamento para explicar para qué utilizará esta sociedad, la conselleira negó que las atribuciones de Galaria para explotar "por sí misma o mediante terceros" infraestructuras sanitarias abran la puerta en Galicia a la gestión de hospitales por parte de empresas, un modelo ya implantado por el PP en la Comunidad de Madrid. Rubio alegó que eso no ocurrirá porque en 2010, si su partido repite en el Gobierno, se retirará la parte de los estatutos que ahora permite a Galaria prestar servicios asistenciales, una labor que la Xunta de Manuel Fraga sí ponía en manos de una sociedad pública.
"¿Es ésta la disolución de las fundaciones y empresas públicas que anunció Touriño?", se preguntó ayer desde el estrado del Parlamento el diputado popular Miguel Ángel Santalices. Las nuevas funciones de Galaria -una sociedad creada por la Xunta de Manuel Fraga con el nombre de Medtec- fueron utilizadas por el grupo parlamentario del PP para acusar a la conselleira de "dejar de atender a los enfermos y dedicarse a los negocios". Santalices afirmó que la socialista ha puesto en marcha un "holding para penetrar en todo lo que tenga que ver con la sanidad" y realizar encargos a "amigos".
"¡Eso es mentira!", saltó a gritos desde su escaño el socialista Francisco Cerviño. "Veo que se pone nervioso", replicó, burlón, Santalices. Y como ejemplo de sus graves acusaciones, el popular echó mano de un contrato adjudicado por Galaria a la empresa Intersalus, SA por 75.588 euros para reorganizar el área sanitaria de Vigo. A Santalices le parece un "gran escándalo" que esta sociedad haya sido comprada por una firma -Code- en la que trabajó hasta el año 2000 el ex secretario general de Sanidade, Antolín Rodríguez.
La conselleira se mostró indignada por el "cinismo político" del diputado popular y le devolvió su golpe de sarcasmo al negar que, como insinúa el PP, Galaria vaya a gestionar el nuevo hospital que se está construyendo en Vigo. "¿Acaso el anterior conselleiro tenía pactada la concesión del nuevo hospital?", inquirió Rubio. "Aquí no hay amiguismo", subrayó, "sino profesionales". La socialista retó al líder del PP, Alberto Núñez Feijóo, a explicarle a la ciudadanía gallega si el modelo sanitario que propugna es el mismo que su compañera de partido Esperanza Aguirre ha implantado en Madrid, y que incluye la gestión de hospitales públicos por parte de empresas.
Tras pedir el PP aclaraciones sobre la atribución de Galaria para explotar infraestructuras sanitarias, Rubio sólo se refirió a la gestión del ciclotrón, un costoso acelerador de partículas del Hospital Clínico de Santiago que se utiliza para fabricar radiofármacos. La conselleira explicó que Galaria se hará cargo de esta tecnología y de la venta de los medicamentos que produzca a hospitales privados, con ayuda probablemente de "empresas intermediarias". "No tenemos nada de qué avergonzarnos ni nada que esconder", afirmó la responsable de Sanidade del bipartito.
Rubio abundó en las labores de consultoría y asesoramiento para la adquisición de equipamientos y tecnología que también asumirá Galaria, un cometido que, según la conselleira, le ahorrará al Sergas la contratación de empresas privadas. La conselleira explicó que Galaria abandonará en 2010 la gestión de unidades asistenciales en los hospitales de Vigo y Ourense, una función que le encargó el antiguo Gobierno del PP.
La responsable de Sanidade aludió finalmente a la gestión de la cita previa de los ambulatorios que se le ha encomendado recientemente a esta sociedad mercantil y que ha provocado las críticas de sindicatos y asociaciones profesionales. CIG, UGT y CC OO ponen en duda que esta función no pueda ser asumida directamente por el Sergas y critican la "falta de transparencia e información" que han rodeado los cambios en Galaria.

Rubio afirma que los equipos informáticos de la central de llamadas siguen siendo del Sergas y que la empresa sólo contrata a los operadores.



BORRADOR CONVOCATORIA OPE 2008 FACULTATIVOS

O SERGAS ENVIA O:

BORRADOR CONVOCATORIA DE OPE 2008 de FEAS

Os temarios son os mesmos ca anterior convocatoria agas:

Odontólogos e 061



Alegacións feitas por CIG-SAÚDE:

Proba Galego:
o marxe de que se manteña que o segundo exercicio obrigatorio non eliminatorio da parte común do programa se realice en galego, ten que haber un exame de galego para tódalas categorías cando menos similar ao que se veu facendo ata o de agora, proba que tería como mínimo o carácter de obrigatoria e non eliminatoria.
Valoración MIR:
A este respecto e para a categoría concreta de Médico de Familia de Atención Primaria,
E necesario que a vía MIR dentro do apartado de Formación teña un peso específico, que nos pensamos debería de rondar en torno aos 4 puntos, ou sexa aquelas persoas que non teñen a vía MIR, só poderían acadar por formación 10 puntos e non os 14 totais. Para tentar explicar unha persoal con MIR tería dentro dos 11 puntos que otorgades vós no baremo: 4 puntos de formación específica que non podería ter ninguen que non fose vía MIR, e os outros 7 puntos dentro de formación continua.
Farmacéuticos Atención Primaria:
Respecto desta categoría no apartado de formacín específica manter os 3 puntos, e no apartado de experiencia incrementar o valor do mes de servizos prestados para que os 28 puntos supoñan 8 anos de servizos prestados que é o máximo que ten este persoal ( consistiría en pasar de 0,25 puntos por mes a 0,30 puntos por mes ).
Formación Académica, apartado licenciatura:
o peso que ten a formación académica no apartado de licenciatura debería pasar a engrosar o de formación continua.

OPE 2008 FACULTATIVOS
PROPOSTA SERGAS NOVA OPE 2008
Información OPE Facultativos. 21-11-08.
Tratamento do idioma galego.
Na reunión convocada polo Sergas para informar da convocatoria de OPE de facultativos a Admón informounos do tratamento, que con carácter xeral, para todas as categorías, van facer do artigo 35 do Decreto lexislativo 1/2008, de 13 de marzo, Lei da Función Pública Galega. (Artigo 35. Normalización do idioma galego na Admón Pública de Galiza.: “As bases das convocatorias establecerán que unha ou máis probas do proceso selectivo deberán realizarse exclusivamente en lingua galega, sen prexuízo doutras probas adicionais”…)
O Sergas pretende dar un tratamento diferenciado por categorías; por unha banda fan unha proposta para persoal facultativo, persoal sanitario e persoal de oficios, e por outra banda estaría o persoal de xestión e servizos:
Persoal facultativo, sanitario, celadoras/es, cociña e persoal de oficio.
O exame da parte común-lexislación será a proba a realizar en galego, non será eliminatorio e só servirá para subir nota. No haberá outra proba de galego, o coñecemento da lingua galega acreditarase pola presentación dos diplomas dos cursos ou pola convalidación académica.
Persoal de xestión e servizos.
Exame da parte común-lexislación igual que as categorias anteriores. Pero a este persoal faráselles un exame de galego adicional. Segundo o Sergas, este persoal si ten que coñecer o noso idioma.
Discapacitados:
Convocaranse por esta quenda o 7% do total de prazas da convocatoria (Lei da Función Pública). Non se convocarán prazas por esta quenda nas especialidades que non sexan convocadas un mínimo de catro prazas.
Promoción Interna: ao igual que na convocatoria anterior (OPE 2006) quedan exentos de realizar o exercicio da parte común-lexislación do programa.A porcentaxe de prazas reservadas á quenda de promoción interna será do 15% para as prazas de FEAS, agás en médicos de familia que a porcentaxe de prazas nesta quenda será dun 5%. O argumento do Sergas para manter esta diferenza é o medo que teñen de que o persoal médico de Urxencias Hospitalarias concurse nesta quenda e se produza un éxodo para primaria.
Solicitudes:
A presentación das solicitudes será obligatoriamente vía telemática e en papel, unha vez cuberta e enviada por correo electrónico hai que imprimila en papel e volvela a presentar por rexistro de entrada.
Tribunais: en aplicación do Estatuto Básico ningunha persoa pode formar parte dun tribunal en representación dunha organización. Isto tradúcese en que as organizacións sindicais non poderemos designar representantes sindicais para que formen parte dos tribunais. No resto de O.O.S.S. despertou certo malestar; nós nunca amosamos interese por participar neles.Nesta OPE os secretarios/as dos tribunais serán persoas de Recursos Humanos do Sergas ou dos centros. Con isto a Admón pretende que se interprete ben a norma e que se levanten as actas correspondentes. Serán os asesores do tribunal.
Exame:
para evitar que se produzan situacións de filtracións de preguntas o Sergas propón que os tribunais realicen unha batería de preguntas 3 veces superior ao nº de preguntas do exame; as preguntas serán custodiadas en servizos centrais e o día anterior ao exame realizarase o sorteo das preguntas para elaborar o exame correspondente.
Realización do exame:
O exame sera acto único para todas as especialidades. O que non se presente ao exame non poderá alegar causas de forza maior, incluido a maternidade. O Sergas comenta que esta decisión está baseada nas sentenzas que teñen gañadas.
Convocatoria:
A convocatoria de facultativos sairá publicada no DOG no mes de decembro. As listaxes de admitidas/os sairán publicadas no mes de febreiro.
Baremos: Están calculados sobre o 40% que recolle a modificación do Decreto 206/2005.
Os cursos realizados durante o periodo MIR serán valorados, exceptuando os que formen parte do programa formativo.
O periodo de formación MIR non computará como servizos prestados.
Feas: Increméntase a puntuación de servizos prestados.
A proposta do Sergas está calculada cun tope máximo de 9 anos e dous meses de servizos prestados; na OPE 2006 o tope máximo foi de 6 anos. Temos que nos pronunciar en que nº de anos topamos a experiencia profesional. Se a topamos en 6 anos increméntase a puntuación por mes traballado.
Para este colectivo inclúen os servizos prestados en institucións privadas concertadas ou que teña acreditación para a docencia.
OPE 2006 Tope máximo 6 anos.
OPE 2008 Tope máximo 9 anos e 2 meses.
Médicos de Familia:
Increméntase a puntuación por servizos prestados e consecuentemente a puntuación por ter completado o programa MIR.
Nos médicas/os de familia diminúese o tope dos anos de servizos prestados.
Período programa MIR:
OPE 2006 7 puntos.
OPE 2008 11 puntos.
Servizos prestados:
OPE 2006 Tope máximo 13 anos e 9 meses
OPE 2008 Tope máximo 12 anos e 2 meses.
Nesta OPE os servizos prestados a media xornada computaranse como tais e non como xornadas completas.
Os servizos prestados como médica/o de familia en funcións de pediatría computaranse como médica/o de familia.
Farmacéuticos de primaria e Odontólogos: Estes dous colectivos comparten baremo xa que non teñen especialidade.
Sentenzas PACs:
O persoal de PACs que tiña vinculación por periodos de 6 meses e aos que despois se lles formalizaba o vínculo os dias que traballaban, están gañando sentenzas onde lle recoñecen que o computo de servizos prestados ten que ser por todo o periodo que dura a vinculación e non só polos días traballados. O Sergas está a estudar que saída lle dan, se só se puntuan aos que acheguen sentenza ou a todos os vinculados.
Decreto resto categorías: O Sergas infórmanos que o Decreto de OPE do resto de categorías sairá publicado en xaneiro. O argumento é que o Decreto e a convocatoria teñen que ser publicados no mesmo ano, e agora non dá tempo. Se publicasen o Decreto este ano, sen publicar a convocatoria, o Decreto sería nulo e terían que publicar un novo Decreto o ano que ven. Din que publicarán o Decreto e convocatoría en xaneiro.

CENTRAL DE CHAMADAS ATENCIÓN PRIMARIA

Deixamos a continuación un manifesto remitido por unha compañeira dende Lugo, A central de chamadas privatizada xa a prestar o servizo na atención primaria de Ourense, Lugo, máis Pontevedra (excepto Vigo) e Santiago. A partir de xaneiro incluiran a Ferrol e A Coruña.




¡POR UNHA SANIDADE PÚBLICA!
¡POR UN TRABALLO ADMINISTRATIVO CON PERSOAL PÚBLICO!

O Sergas inaugurou o 8 de outubro una central telefónica, privada, xestionada pola empresa Galaria, con 120 teleoperadores, un persoal completamente alleo ó Sergas.
Nesta centraliña preténdese dar, polo de agora, tódalas citas de atención primaria de tódolos centros de saúde de Galicia, a través dun teléfono 902, suprimindo os teléfonos que agora hai habilitados nos centros de saúde para a petición de cita previa, coa idea de que dita centraliña vaia asumindo máis competencias e acabe sendo unha macrocentral adicada a “facilitar acceso a servicios de información e orientación sanitaria ata convertelo nun teléfono de conexión con todo o sistema sanitario”. Con esta privatización de parte do traballo administrativo (unha privatización máis para engadir a unha longa lista: hostelería, limpeza, subministros, mantemento, lavandeiría…) estase a ferir de morte á sanidade pública, e nesta lenta agonía os afectados cóntanse por centos. As nefastas repercusións desta decisión afectan a todo o personal administrativo do Sergas, tanto fixos coma eventuais, así como ós opositores que queiran acadar un posto de traballo no Servicio Galego de Saúde. Ó suprimir os teléfonos de citas nos centros de saúde, o persoal adicado a ese labor vai quedar no seu propio centro (ou eso di a Consellería) desempeñando outras funcións: cando haxa algunha baixa ou se collan vacacións, non se acudirá á lista de contratación, ó estar ese persoal “a maiores” para suplir a falla dalgún compañeiro, de xeito que os apuntados nas listas van pasar unha longa espera para que reciban un contrato para suplir persoal. Deste mesmo xeito, non se crearán postos de traballo novos neses centros, polo que a espera por unha interinidade ás que tanto estean agardando os mellores situados nas listas de contratación vai ser interminable. E como non se crean novos postos, os fixos que queiran cambiar de centro de traballo, se agora xa teñen que esperar anos, van ter que agardar moitos máis para que haxa un concurso de traslados axeitado ós seus intereses, xa que as prazas que van ofertar van ser practicamente nulas. E os opositores ó Sergas terán que esperar que abran centros de saúde ou hospitais novos, porque, se non, non haberá postos que ofrecerlles.
Así que, coa inauguración desa centraliña privada, as posibilidades de mellora ou de cambio do persoal fixo son unha utopía; as expectativas de traballo do persoal das listas de contratación, escasas; e as posibilidades de incorporación de persoal novo a través de oposición, moi precarias.

Ademáis diso, con esta nova privatización ábrese a porta para futuras privatizacións doutras áreas administrativas, arrinconando a este persoal a facer non se sabe qué tarefas e baixo qué condicións.

Por todo isto, os traballadores temos que tomar conciencia da gravidade da situación na que nos está poñendo a consellería. E debemos movilizarnos todo o persoal das áreas administrativas: os nosos postos de traballo están en xogo. ¿Quen nos di que o Sergas nos vai proceder a traslados forzosos (o estatuto marco permíteo) para redistribuir persoal que estea de máis nos centros de saúde ou hospitais, a medida que esa centraliña vaia asumindo máis tarefas, colocándoos ó seu antoxo en lugares con unhas condicións moito peores? A conselleira di que non van suprimir ningún posto de traballo: que lle pregunten ós sete traballadores da central de chamadas de Vigo, que están a espera de que os recoloquen non se sabe ónde cando pechen os seus centros de traballo. Se querían centralizar a cita previa, ¿por qué non se fixo con persoal do sergas, xente que aprobou unha oposición, en igualdade de condicións, e non con persoal privado dunha empresa contratado a dedo? ¿Cántas máis temos que aturar para levantarnos todos a unha, e decir ¡Basta xa, Nunca máis!?
Informa. Manda correos a todo o persoal que coñezas
.

¡NON MÁIS PRIVATIZACIÓNS! ¡POLO PECHE DA CENTRAL PRIVADA DE CITAS! ¡LOITEMOS POR UNHA SANIDADE PÚBLICA!
CIG-SAUDE convoca para o vindeiro martes día 25 de novembro diante do SERGAS en Compostela unha concentración para reixeitar a privatización as 11:30 Hrs.


MOVILIZATE - PARTICIPA

CALENDARIO LABORAL 2009

PICADE ENRIBA DA IMAXE PARA AMPLIAR E IMPRIMIR

FESTIVOS LOCAIS:

LIGAZÓN AO DOG

ARES : 25 FEBREIRO (Mércores de Cinza) + 2 XUÑO (Voto de Chanteiro)
CABANAS : 11 NOVEMBRO (San Martiño) + 30 NOVEMBRO (Santo André)
CAPELA, A : 24 FEBREIRO (Martes de Entroido ) + 5 AGOSTO (Nosa Sra. Das Neves)
CARIÑO: 16 XULLO ( Virxe do Carme ) + 24 AGOSTO (San Bartolomé)
CEDEIRA: 24 FEBREIRO ( Martes de Entroido) + 8 SETEMBRO (Sto André de Teixido)
CERDIDO: 24 FEBREIRO (Martes de Entroido ) + 6 XULLO ( Festas)
FENE: 25 FEBREIRO (Mércores de Cinza) + 6 AGOSTO (San Salvador)
FERROL :7 XANEIRO ( San Xiao ) + 13 ABRIL ( Chamorro)
MAÑÓN: 24 FEBREIRO (Martes de Entroido) + 4 DECEMBRO ( Festa do Marisco)
MOECHE : 24 FEBREIRO (Martes de Entroido) + 23 ABRIL (San Xurxo)
MONFERO : 23 FEBREIRO (Luns de Entroido) + 24 FEBREIRO (Martes de Entroido)
MUGARDOS : 7 XANEIRO (San Xiao) + 2 XUÑO (Voto de Chanteiro)
NARÓN: 25 FEBREIRO (Mércores de Cinza) + 23 NOVEMBRO (Día de Narón)
NEDA: 25 FEBREIRO (Mércores de Cinza) + 8 SETEMBRO (Santa María)
ORTIGUEIRA: 24 FEBREIRO (Martes de Entroido) + 29 XULLO (Santa Marta)
PONTEDEUME: 8 SETEMBRO ( Festas) +10 SETEMBRO (Festas)
PONTES, AS: 24 FEBREIRO (Martes de Entroido) + 20 XULLO (Festa do Carme)
SAN SADURNIÑO: 24 FEBREIRO (Martes de Entroido) + 2 XULLO ( Santa Sabela)
SOMOZAS, AS: 24 FEBREIRO (Martes de Entroido) + 24 XULLO ( Festas)
VALDOVIÑO: 24 FEBREIRO (Martes de Entroido) + 17 AGOSTO (San Mamede)



INFORMACIÓN MEDICOS URXENCIAS HOSPITALARIAS
INFORMACIÓN DA XUNTANZA DO 10/11/2008 DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO ACORDO DE MÉDICOS DE URXENCIAS HOSPITALARIAS


O luns 10 de novembro de 2008 tivo lugar unha xuntanza da Comisión de Seguimento do Acordo de Médicos de Urxencias Hospitalarias (MUH), asinado por todas as organizacións da mesa sectorial (CIG-Saúde, CESMSATSE, CSIF, CCOO, e UGT) e publicado no DOG do 23/04/2007.

A xuntanza da Comisión de Seguimento tivo lugar como consecuencia de que CIG-Saúde lle demandara a súa realización ao SERGAS, diante da situación de paralización da maioría dos plans funcionais dos servizos de urxencias dos hospitais, que o acordo establecía que se tiñan que realizar.
Paralelamente, existe un profundo cabreo entre os MUH polo manifesto incumprimento do acordo por parte de moitas xerencias e pola racanería, con poucas excepcións, coa que estas están aplicado o acordo nos hospitais.
Na xuntanza, o noso sindicato explicitou as súas posicións sobre cada un dos importantes problemas que existen na aplicación do acordo
[1] e, esas posicións foron compartidas, con algunha matización, pola totalidade dos sindicatos presentes na mesa sectorial.
A unidade sindical na análise da situación e nas propostas de solucións foi practicamente unánime por parte de todos os sindicatos da mesa sectorial.
Entre as cousas que ficaron claras na xuntanza, e que a administración afirma coincidir cos sindicatos, pódense citar as seguintes
[2]:
*** A fin de ano teñen que estar rematados todos os plans funcionais, existindo algunha reserva por parte da administración de que isto se poda facer no caso do CHUS, o CHUVI e o CHOP.
*** O cómputo da xornada ordinaria dos médicos de urxencias debe facerse descontándolle os seguintes conceptos ás 1430 horas:
• as horas de xornada non asistencial
• os días adicionais LDs e de vacacións
[3].
*** Respecto da xornada non asistencial o SERGAS acepta que esta debe incluír:
• as horas necesarias para a asistencia a sesións clínicas (xustificando esa asistencia),
• os días de asistencia a congreso nas mesmas condicións que o resto de facultativos do hospital, e
• 28 horas para formación.


Sen embargo, a administración, cando menos por agora, non se comprometeu a aceptar a proposta de CIG-Saúde de que como sucede xa nalgúns plans funcionais, alén das 28 horas de formación e os días de congresos, deben reservarse tamén un mínimo 70 horas para outras actividades non asistenciais (sesións clínicas, xuntanzas de servizo, ...).

*** O prorrateo de atención continuada en vacación incluirá nocturnidade, festividade e xornada complementaria.
*** Os días de especial significación serán retribuídos aos MUH coa mesma contía coa que lle son retribuídos aos facultativos que fan gardas
[4].
*** Sen consentimento do profesional, non se lle pode obrigar a un MUH a facer xornada especial por enriba das 190 horas mensuais, como di expresamente o acordo no punto 3 do artigo 2º.


A experiencia de anteriores comisións de seguimento, nas que a administración afirmaba o seu acordo con algúns puntos similares aos anteriores, e logo ese acordo non era transmitido aos hospitais, fixo que CIG-Saúde reclamara que os acordos aos que se chegara na Comisión de Seguimento tiñan que ser claramente reflectidas nunha acta asinada pola administración e os sindicatos, que eliminara ambigüidades e se lle puidera poñer diante ás xerencias.
Esta solicitude de CIG-Saúde foi apoiada por todos os demais sindicatos e aceptada pola administración.
Todas as organizacións da mesa sectorial quedaron en enviar nos próximos días as súas respectivas propostas ao SERGAS. Deste xeito o SERGAS poderá estudalas e definirse sobre elas e, nunha nova xuntanza da comisión de seguimento, os acordos acadados serán concretados por escrito na acta correspondente, na que tamén figurarán os acordos aos que se chegue sobre demais puntos que non deu tempo de tratar na xuntanza que se está comentando.


A nova xuntanza da comisión de seguimento, na que se asinará a acta correspondente proposta por CIG-Saúde, o SERGAS comprometeuse a convocala antes da ponte do 6-8 de decembro.
Notas:
[1] Como sindicato máis representativo da mesa sectorial, e de acordo coas súas normas de funcionamento, é CIG-Saúde o primeiro dos sindicatos en tomar a palabra nas xuntanzas, e en expoñer as súas posicións.
[2] Os puntos que figuran a continuación non son os únicos sobre os que se falou, sen embargo si foron os únicos aos que se puido chegar a algún tipo de acordo, no tempo que durou a xuntanza.
[3] Sen embargo, os 9 días de LDs “ordinarios”, non descontan xornada pois foron tidos en conta no establecemento das 1430 horas de xornada ordinaria
[4] O SERGAS aceptou que teñen fórmulas que lle permiten superar o “obstáculo” que lle impedía facelo anteriormente (como lle ían pagar gardas a un persoal que non ten este concepto no seu sistema retributivo?). Agora acepta que ten sistemas para pagarlles aos MUH, neses días de especial significado, unha cantidade igual á que cobran o resto dos facultativos do hospital.

Ligazón: Documento Taboa CIG-SAÚDE M.U.H.

MANIFESTACIÓN CONTRA A CRISE



EN DEFENSA DOS INTERESES DA CLASE TRABALLADORA GALEGA.


A CRISE QUE A PAGUE O CAPITAL

13 de Novembro (xoves) ás 8 da tarde,
terá lugar a MANIFESTACIÓN coa que amosaremos a nosa protesta contra a situación de crise económica que está provocando rescisións de contratos, aumento do desemprego, expedentes de regulación de emprego, aumento da carestía da vida, suba das hipotecas, perda de poder adquisitivo dos salarios, conxelación salarial etc, mentres os governos apoian con diñeiro público aos bancos e multinacionais.
Esta crise é producto dun sistema económico neoliberal que xerou grandes fortunas e a concentración de riqueza en poucas mans, mentres aumentaban as desigualdades sociais e o número de persoas en situación de pobreza.
Agora pretenden socializar as perdas e cargar sobre a clase traballadora as consecuencias da crise provocada por eles.
Temos pois que organizarnos, mobilizarnos e demandar UN NOVO MODELO ECONÓMICO E SOCIAL e esixir ao governo medidas para que a CRISE A PAGUE O CAPITAL .
Hoxe, xá son moitos os traballadores-as que están afectados por expedentes temporais de regulación e moitos miles os que estan padecendo as consecuencias directas desta situación, pois os empresarios tentan aproveitarse reducindo plantillas ou conxelando salarios polo que a
MANIFESTACIÓN do 13 de Novembro é unha resposta necesaria e urxente.
Ferrol: Saída ás 20:00 Hrs. da Avenida de Esteiro, diante do sindicato.
¡¡¡ Agardamos a túa asistencia para facer unha mobilización masiva !!!

CIG-SAÚDE INFORMA
11-novembro-2008
Informar que (según di o Sergas), na nómina deste mes e na de Nadal, por fin pagarán os trienios o persoal interino desta área.
Ademáis CIG-SAÚDE presenteu por rexistro de entrada a petición da susanación de erro na confección de nominas do persoal de PACs, para que se faga efectivo a maior brevedade posibel o pago das cantidades adeudadas ao non efectuar o correspondente pago da parte proporcional dos complementos de atención continuada:nocturnidade + festividade, no periodo de vacacións.

PRIVATIZACIÓNS SERGAS
Noticia "VIEIROS"
Críticas á privatización de servizos


O Sergas cobrará as peticións telefónicas de cita médica en atención primaria
Denuncian que persoal alleo aos centros médicos teña acceso a datos das tarxetas sanitarias e que sexa o paciente quen teña que incorrer nun gasto ao pedir cita nun teléfono 902.

"Pedir cita será máis doado a partir de agora".
Así anunciaba a comezos de mes a conselleira de Sanidade, María Xosé Rubio, o novo servizo Saúde en liña, que centraliza a cita previa de todos os centros de saúde de Galiza e que se marca como obxectivo a axilización destes trámites co Sergas. O teléfono en cuestión é o 902 007 333, un número que a Xunta de Galiza está a publicitar por diferentes medios.
Este servizo de citacións foi concedido mediante concurso a unha empresa privada, encargada de dar resposta ás solicitudes telefónicas para o persoal médico e de enfermaría de Atención Primaria.
Este é o primeiro atranco que atopa a CIG-Saúde para apoiar a medida: "as privatizacións reverten nas condicións laborais do persoal e na calidade asistencial que reciben os usuarios", di María Xosé Abuín, secretaria xeral.
Esta externalización "impide aos que están en lista de contratación do Sergas acceder ao emprego, cando sería o máis lóxico que fora o persoal do Servizo Galego de Saúde quen asumise este traballo". Segundo a CIG, o único que se consegue con esta privatización é "abaratar custes no canto de primar a calidade".
O paciente asume o gastoDoutra banda, denuncian que chamar a este novo número, un 902, ten aparellado un custe que ten que asumir o usuario (o gasto que supón chamar a teléfonos con este prefixo é o mesmo ca o dunha chamada interprovincial, porén a aqueles que teñen unha tarifa plana engádeselle un custe que poderían terse aforrado chamando a un prefixo convencional). Ademais, a CIG denuncia que a Consellaría de Sanidade non está a publicitar os números aos que están asociados este 902. Así, informan que o teléfono asignado a Ourense é o 988 39 83 50; en Pontevedra, 986 80 63 50; en Lugo, 982 26 98 93 e na Coruña o 981 95 29 50.
Outras denuncias:
Doutra banda, tamén denuncian a creación da empresa Galaria, ideada para xestionar o plan de infraestruturas sanitarias. O sindicato rexeita que se permita compartir con empresas privadas a financiación de proxectos, aínda máis cando Sanidade criticara o modelo de xestión de lugares gobernados polo PP.Finalmente, lamentan que a Consellaría estabeleza que para traballar como hixienista dental no sistema público sexa obrigatorio estar colexiado, o que supón unha cota de 150 euros e que funciona a xeito de "canon" para traballar na sanidade pública. Piden que esta colexiación sexa voluntaria, como xa sucede noutros territorios do Estado. Con todas estas demandas sobre a mesa, a CIG-Saúde solicitou unha xuntanza coa conselleira, se ben xa advertiron que, de non chegar a acordos, non descartan levar as súas protestas á rúa.

Ligazóns

Posición da CIG-Saúde

Para pedir cita dende a rede

Ante o escrito que presentou CIG-Saúde á Conselleira de Sanidade, dentro da campaña contra as privatizacións, con este texto:

Nestes últimos meses vemos como a Conselleria de Sanidade esta a desenvolver políticas de xestión no eido sanitario que ao noso entender teñen un carácter privatizador do sistema sanitario público: Galaria, Central de Chamadas.

Asi mesmo coa recente publicación da creación do Colexio Profesional de Hixienistas Dentais, e coa interpretación de obrigatoriaedade na colexiación que fan os órganos directivos do devandito colexio, asistimos a un retroceso importante no dereito que ten calquer persoa de pertencer libremente a unha asociación.

Estas situacións poden ter consecuencias negativas de futuro no sistema sanitario público.

Desde a CIG-Saúde creemos que este non é o mellor camiño para conquerir unha maior eficacia e eficiencia do sistema.Por todo isto queremos solicitar unha reunión con Vde. para abordar estes temas e poder conquerir unha solución en beneficio do sistema sanitario público.

Agardando de Vde. que esta reunión se produza na maior brevidade posibel.Un saúdo.

Esta é a resposta que CIG-Saúde ven de recibir:

Asunto: acusando reciboPolo presente acuso recibo do seu escrito do pasado 24 de outubro, que dirixen á Sra. Conselleira, no que nos formulaban os temas que de seguido respondemos:

1.No referente ao carácter privatizado do sistema sanitario público: Galaria, Central de Chamadas, comunicolle que xa foi solicitada no Parlamento de Galicia a comparecencia na Comisión 5a de Sanidade, Política Social e Emprego, polo que se farán públicas tódalas explicacións.

2. En canto á obrigatoriedade de colexiarse que fan os órganos directivos do Colexio Profesional de Hixienistas Dentais, achégolle a resposta que xa Ile foi remitida o pasado día 3 de outubro a esa Secretaría.Con esta mesma data damos traslado do seu escrito ao Colexio de Hixienistas Dentais para que tornen as medidas oportunas.Atentamente,

E esta é a resposta referida sobre a colexiación obrigatoria:

En contestación ao seu escrito de data 22/9/08, relativo á aprobación dos estatutos do Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia, no que solicita que o modelo de colexiación existente sexa voluntario para todas/os as/os traballadores/as da Sanidade Pública, esta Consellería quere manifestar o seguinte:A vixente Lei 11/2001, do 18 de setembro, de Colexios Profesionais de Galicia, determina no seu artigo 3 (relativo precisamente aos profesionais ao servizo da administración) o seguinte:"Os profesionais titulados vinculados coa administración pública mediante relación de servizos de carácter administrativo ou laboral non precisarán estar colexiados para o exercicio de funcións puramente administrativas, nin para a realización de actividades propias da correspondente profesión por conta da administración á que pertenzan, cando o destinatario inmediato das mesmas sexa esa administración. Sí será obligatoria, en consecuencia, a colexiación para o exercicio da actividade privada".

Tanto o precepto indicado, coma a xurisprudencia xerada logo da entrada en vigor da citada disposición, son unánimes ao indicar que os profesionais ao servizo da administración (neste caso a sanitaria) non precisan da colexiación para a exercer a actividade por conta da mesma, pois non se esixe tal requisito para o acceso a postos de persoal estatutario, e porque as facultades de control e disciplina son exercidas pola propia administración, e non polo colexio profesional.

Así mesmo, a Lei 11/2006, do 1 de decembro, pola que se crea o Colexio Oficial de Hixienistas Dentais de Galicia, na súa disposición adicional relativa á colexiación, respecta os termos do disposto no artigo 3 da Lei 11/201. Polo que respecta a postura que a Consellería de Sanidade mantén verbo deste tema, e que ven defendendo no trámite de información dos proxectos de estatutos colexiais promovidos pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, departamento competente na materia, sempre foi a de determinar que os colexios non asuman funcións propias da administración sanitaria e do persoal ao seu servizo, e velar polo respecto rigoroso das disposicións antes citadas no que atinxe á non esixencia de colexiación para o persoal ao servizo da administración.


NOTA DE PRENSA
09-novembro-2008
Nota de Prensa

O día 7 de novembro a Conselleria de Sanidade a traves dunha comparecencia en Ferrol dos responsabeis do SERGAS: do director xeral de asistencia sanitaria e do subdirector de ordenación asistencial, que expuxeron o denominado PLAN FUNCIONAL DA ÁREA SANITARIA DE FERROL

A exposición centrouse en presentar un proxecto virtual (non contempla prazos de execución, nin tampouco orzamentos para executalo), de intencións para desenvolver no complexo hospitalario, de reubicación e ampliación de espazos e servizos, da integración do inmoble do hospital de Defensa no complexo... Todo en aparencia moi completo, pero carecendo do fundamental: a planificación e dotación dos recursos humanos que o podan facer efectivo.

¿De qué serve ampliar de oito a catorce quirófanos se despois carecemos de cirurxiáns, anestesistas, etc que podan facer funcionar plenamente e facer rendible o investimento para rebaixar as listas de espera?
¿De que serve dotar unha grande área materno-infantil se non leva emparellada a dotación dos efectivos necesarios para poder desenvolver a actividade? A carencia de pediatras nesta área sanitaria xa é a dia de hoxe alarmante.
A mellora de espazo para abordar os retos dunha mellor atención ao usuario/a e necesaria e imprescendíbel pero ten que estar necesariamente coordinada cun estudio serio e rigoroso da necesidade de efectivos. O plantel de persoal na actualidade é moi deficitario nesta área sanitaria. Agora mesmo é necesario ter máis espazo para a atención na área de urxencias, pero é moito máis urxente dotar da plantilla necesaria de persoal para poder ofertar unha correcta atención (o persoal ten xornadas e carteleiras de traballo que superan a xornada laboral establecida, implicando unha presión asistencial imposible de aturar por máis tempo.)

O proxecto de intencións deseñado pola conselleria non contempla por ningures nin fai referencia ó papel fundamental que xoga a Atención Primaria como porta de acceso do usuario ao sistema.
Somentes fai referencia ao incremento e pulo que se quere dar na cirurxía maior ambulatoria (CMA) pero sen ter en conta as repercusións do seguimento e evolución do paciente no ámbito da Atención Primaria cunha maior carga de traballo

A nosa avaliación do proxecto presentado en Ferrol é negativa ó non conter o mínimo rigor necesario para facelo críble. Non contempla orzamentos, non contempla prazos de execución, non contempla o incremento necesario de profesionais en todas as categorías para executar as melloras na calidade de atención ao usuario/a. Sinxelamente é unha declaración de intencións dentro dunha precampaña electoral.

Dende CIG-SAÚDE demandamos menos promesas e máis feitos:

O equipo directivo desta área xa leva un ano de rodaxe, e cremos que é hora de facer un pequeño balanzo da súa andaina.
Se ben é certo que son tempos difíciles, e esta Área sempre foi a irmá pobre da provincia, entendemos que a día de hoxe deberíamos ter acadado cando menos unha planificación sanitaria axeitada as necesidades reais da poboación.

Carecemos do máis básico : Qué queremos acadar como Área, con qué recursos contamos e con cales imos contar no futuro inmediato.
Qué modelo de xestión (a Consellería asumiu un legado do PP, e descoñecemos se pretende continuar coa estrutura organizativa con el no resto das áreas, ou visto o fiasco de Ferrol definir outro modelo máis axustado a realidade do país)
Nembargantes a mellor idea ou proposta feita polo goberno do PP para esta área, a gardaría non foi tomada en consideración e por desgracia tamén somos a única área de toda a provincia que non conta con ese servizo.
Iso si, creanse leis que din que hai que conciliar a vida laboral e familiar con moitos permisos, atendendo ás persoas maiores a cargo (das mulleres) pero sen un euro para aplicalas.

Nesta área sanitaria unificamos servizos, alugamos naves e hospitais, sen previamente planificar ou verificar que esa solución é a máis correcta.
Se algo temos claro é que á Consellería o que menos lle preocupa é a saúde do seu persoal. E non o decimos por carecer dun servizo de saúde laboral, con persoal suficiente para a vixilancia da saúde: nesta área sanitaria de preto de 2.500 traballadores/as, non acadamos o 10% de 1º revisións.
Falamos do clima laboral que crea cada vez que, unilateral e forzosamente, decide mover ó seu persoal (vexase arquivo central, subministros, naval, cociña, etc). A día de hoxe carecemos dun servizo de transporte público para o maior centro de toda a Área, pero contamos cun marabilloso aparcamento privado en terreo público coas tarifas máis elevadas de toda a cidade (loxicamente o persoal directivo ten as súas prazas reservadas e a cuberto).


No proxecto de ilusións e de fume do plan fucional non se contemplan solucións ao incremento de trafico na zona, nin espazos para o persoal e usuarios dimensionados acorde ao incremento de capacidade da oferta deseñada. Esqueceron ter en conta a accesibilidade aos recursos ofertados.

Tamén somo únicos na discriminación do Persoal Técnico, tanto de Laboratorio como principalmente de Raios, que a día de hoxe seguen agardando pacientemente unha catalogación dos postos de traballo emparellado cun protocolo de funcións.

A política de privatizacións que segue esta Administración está a afectar a esta área, dende hai tempo os colectivos de Mantemento, Limpeza, Informática, transporte, Dietética, Arquivo, etc. Cando está máis que demostrado que os custos son moi superiores coas privatizacións que con persoal propio, ¡e non falemos da calidade asistencial que prestan os servizos privados!

Agora pola Conselleria estase a poñer en funcionamento unha central de chamadas para cita previa en Atención Primaria a traves dunha empresa privada o que implica que os datos da tarxeta sanitaria quedan en mans dunha empresa externa ao Servizo Galego de Saúde. E encarécendose o custo das chamadas. As persoas que chaman para pedir cita, frecuentemente son persoas maiores que ata agora tiñan como interlocutores ás mesmas persoas que as atenden directamente nos centros, que as coñecen e coas que teñen confianza, e agora aténdeos desde tras dun auricular xente anónima, e que moitas veces non é capaz de xestionar o que se lles pide, polo que é preciso outra organización para a Cita Previa, darlle unha formación ao persoal e unha coordinación entre este servizo e os centros que neste momento non hai.
Precarízanse as condicións de traballo do persoal. As/os traballadoras/es desta empresa non foron seleccionados a través das listaxes de contratacións do Sergas. Os demandantes de emprego aboan as taxas correspondentes para inscribirse nas listaxes e despois a Consellaría contrata os servizos ás empresas privadas; o persoal que está na listaxe de contratación segue sen poder acceder ao emprego temporal.

Ollando os orzamentos do vindeiro ano, detectamos que as plantillas de persoal seguen a ser moi deficitarias nesta área, pero o que máis nos chama a atención son as prazas de nova creación de enfermaría de PAC,s, (6) feitas neste ano 2008 non aparecen presupostadas no ano 2009 impedindo a súa adxudicación polo procedemento de convocatoria a OPE.

As quendas deslizantes creadas en Primaria nesta área seguen sendo particulares. E onde ó Director de Recursos Humanos lle interesa os pon funcionar ou non, dependendo exclusivamente da sua opinión parcial, e dandose a paradoxa de centros da Área, onde hai 5 persoas en quenda fixa de mañá, unha en quenda fixa de tarde, e outra persoa con quenda deslizante.( ¡de ciencia ficción!).

Esta Dirección tamén ten no seu haber as negociacións particulares co persoal, incumprindo todo tipo de acordo e de normativa vixente, creando agravios comparativo e mesmo diríamos que rozando a ilegalidade.

Estes e outros problemas (¡imposibles de enumerar todos!), son os que a esta Organización Sindical, maioritaria na Xunta de Persoal do Área, nos preocupan e fan imposible a credibilidade pois esta só se acada co cumprimento dos acordos e co diálogo e a transparencia necesaria e imprescindíbel da Administración cos representantes do persoal.

Unha vez máis CIG-SAÚDE solicitamos que a toda a contratación de persoal eventual e interino se faga dende a Área, e para iso se dote cos recursos técnicos e humanos necesarios, desconxestionando á Dirección Provincial da Coruña, saturada e desbordada pola cantidade de contratos (ten o seu cargo a contratación do persoal das áreas de coruña, compostela e ferrol) e a escasez de persoal da mesma.
A NOTICIA NO XORNAL "Diario de Ferrol"
La CIG demanda más recursos humanos para desarrollar el Plan Funcional

CIG-Saúde valoró ayer negativamente el Plan Funcional del Área Sanitaria de Ferrol presentado el pasado viernes a los profesionales, al considerar que éste “non contén o mínimo rigor necesario para facelo crible” y no contempla el incremento de personal para hacerlo efectivo.
Las valoraciones al proyecto no se hicieron esperar. La CIG emitió ayer un comunicado en el que demandan la previsión de presupuestos, plazos de ejecución e incremento de profesionales en todas las categorías para ejecutar las mejoras en atención al usuario. El sindicato considera que este Plan Funcional “é unha declaración de intencións dentro dunha precampaña electoral” y considera que “se ben é certo que son tempos difíciles e esta área sempre foi a irmá pobre da provincia, entendemos que a día de hoxe deberiamos ter acadado cando menos unha planificación sanitaria axeitada ás necesidades reais da poboación”.
A este respecto, cree que “en apariencia” el proyecto se presentó como “moi completo pero carecendo do fundamental: a planificación e dotación dos recursos humanos que o poidan facer efectivo”. “¿De que serve ampliar de 8 a 14 quirófanos se despois carecemos de cirurxiáns ou anestesistas que podan facelos funcionar plenamente e facer rendible o investimento para rebaixar as listas de espera? ¿De que serve dotar unha grande área materno-infantil se non leva emparellada a dotacións dos efectivos necesarios para poder desenvolver a actividade”, se pregunta, señalando como ejemplo que “a carencia de pediatras nesta área xa é a día de hoxe alarmante”. Así pues, CIG-Saúde considera que la mejora de espacio para abordar los retos de una mejor atención al usuario “é necesaria e imprescindible, pero ten que estar necesariamente coordinada cun estudo serio e rigoroso da necesidade de efectivos”.
A su juicio el Plan Funcional no contempla “por ningures nin fai referencia ao papel fundamental que xoga a Atención Primaria como porta de acceso do usuario ao sistema” . Asegura en este sentido que “somentes hai referencias ao incremento e pulo que se quere dar na cirurxía maior ambulatoria, pero sen ter en conta as repercusións do seguimento e evolución do paciente neste ámbito, cunha maior carga de traballo”.
Por otra parte, lamenta que no se considerase “a mellor proposta feita polo PP: a gardaría” o que el personal técnico, de Laboratorio y Rayos, sigan esperando por una “catalogación dos postos de traballos emparellado cun protocolo de funcións” , así como la “política de privatizacións que afecta a colectivos como os de Limpeza, Dietética ou Arquivo, entre outros”. Solicita además que la contratación de personal eventual e interino “se faga desde a Área” y denuncia que las plantillas, según los presupuestos de 2009, “seguen a ser moi deficitarias”.
A NOTICIA XORNAL "A Voz de Galicia"
la CIG-Saúde de Ferrol ha criticado el Plan Funcional del Área Sanitaria, presentado esta semana por considerar que «no contiene el mínimo rigor necesario», según el comunicado de prensa emitido por la secretaria comarcal, maría Mercedes Díaz.
La organización considear que se trata de un proyecto «virtual», que no contempla plazos de ejecución, ni presupuesto para acometer las reformas previstas.
Además, la representante sindical denuncia que la plantilla de personal es «muy dificitaria» en la actualidad y se pregunta de qué sirve ampliar el número total de quirófanos si no hay personal suficiente para hacer rentable la inversión y poder llegar a rebajar las listas de espera.

NEGOCIACIÓN CARREIRA PROFESIONAL ORDINARIA
03 novembro 2008

Convocouse con data 31 de outubro unha reunión para avanzar na negociación do proxecto definitivo de CARREIRA PROFESIONAL ORDINARIA.
O SERGAS pretende ter rematado a negociación antes de finalizar o ano 2008, para poder enviala antes da disolución do actual parlamento e consello da xunta, os efectos economicos serían de 1 xullo 2008.
A Carreira ordinaria tramitariase por Decreto. As carreiras extraordinarias tramitaronse por acordo.
A Administracción quedaou en convocar unha nova xuntanza na segunda semán de novembro donde aportaria un novo texto, despois de ter en conta as alegacións presentadas, ainda que xa manifesta a dificultade de poder acceder algunha das demandas:
O EBEP impide que o persoal interino ou eventual poida cobrar a carreira e tamén aporta sentencias nese senso, A Carreira profesional soio esta destinada a persoal con praza en propiedade. Defenden a creación dun grao inicial avaliable e non retribuido para o persoal temporal.
A LOPS no seu texto impon un minimo de dous anos entre a avaliación negativa e unha nova petición de avaliación.
Os acordos de carreiras extraordinarias anteriores vinculan e dificultan agora a negociación da carreira ordinaria. (Exemplo: A carreira dos diplomados de enfermaría)
Agardaremos ese novo texto, e seguiremos informando cando teñamos máis novas.

Ligazóns.

Texto presentado polo SERGAS

Alegación CIG-SAÚDE

Diverxencias SERGAS - CIG

INFORMACIÓN NEGOCIACIÓN PACTO CONTRATACIÓNS
03 novembro 2008
Negociación do novo Pacto de vinculacións temporais.


A Admón. fixo entrega dun texto o día 30 de outubro cos artigos a negociar. O dito texto contempla até o 9.4 do texto actual. Ainda que quedamos en enviar as alegacións oportunas, nesta reunión presentamos as alegacións como CIG-SAÚDE.
A próxima reunión será dentro de 15 días aprox.
Con respecto aos contratos de media xornada, a interpretación que fai o SERGAS do punto 12.4 do pacto actual: segundo se recolle no texto do pacto, caberá a renuncia sen penalización do aspirante vinculado mediante un nomeamento a tempo parcial. É dicir, o persoal que renuncie ao contrato de media xornada non pode ser penalizado.
O SERGAS remitiranos o informe que enviarán as Direccións Provinciais sobre isto.
Ligazón: Documento SERGAS

Publicación de listaxes definitivas pendentes: Finais de Novembro ou primeiros de decembro. Sen máis comentarios.

Estas son algunhas das propostas que sairon do grupo de traballo de CIG-Saúde de cara a modificación do pacto de contratacións e que se irán plantexando na mesa negociadora. En todo caso iremosvos informando dos avances na negociación.


PROPOSTAS CIG-SAÚDE
1. PROPOSTA XERAL:
unificar convocatoria de OPE e listas de contratación. A convocatoria sería única, a solicitude tamén. Unha vez realizado o exame, as listas de baremación servirían como base para as listas de contratación, incluíndo nelas ás persoas que aínda botando a solicitude non acudan ao exame. A puntuación de OPE faríase proporcional á nota acadada, incluíndo tamén á xente que non supere o exercicio de oposición. Deste xeito, incentívase que a xente se presente á oposición e estude para conseguir nota (ou sexa, puntuación para as listas) e ao mesmo tempo redúcese drasticamente a burocracia e papeleo de diversas listas e o número de taxas que hai que pagar para inscribirse nos distintos procesos.
2. SEGUIMENTO DO PACTO.
Neste apartado presentaremos ao SERGAS a seguinte proposta: as Provincias de Lugo e Ourense queren manter a situación actual. Pontevedra, Vigo: Manter os chamamentos nas Dirección Provinciais e que se constitúa unha comisión de seguimento en cada área sanitaria. Coruña, Compostela e Ferrol: Xestión integral do pacto en cada área sanitaria. Na área de Ferrol que se aplique o Decreto de área única. Como argumento para manter a diferenza de criterio neste tema , basearémolo na situación que presenta cada Dirección Provincial, moi distinta de unhas a outras. Ademais pediremos que se redacte dun xeito máis conciso o apartado que fala do funcionamento das comisións de seguimento.
3. REXISTRO INFORMATIZADO:
Solicitaremos que exista un rexistro informatizado que recolla as chamadas telefónicas realizadas mediante conexión coa empresa telefónica, que o rexistro non consista en que o funcionario/a introduza os datos. Tamén se propón que se publique a orde de chamamentos para que en todo momento se saiba cal é o número da lista ao que lle corresponden os contratos.
4. CONCILIACIÓN FAMILIAR E LABORAL:
Solicitaremos as seguintes medidas.a. Renuncia sen penalización á oferta de vínculos de curta duración de incorporación inmediata.b. O persoal con fillas/os menores de 12 anos poderá solicitar suspensión temporal de chamamentos durante o periodo vacacional escolar.c. Regular a reserva de vínculos de longa duración durante o permiso maternal.d. Cambio de área por agrupación familiar (traslado de domicilio por agrupación familiar).
5. ÁREAS ESPECIAIS.
Incluir como área especial Quirófano-Esterilización e incluir nelas ás Auxiliares de Enfermaría.
6. FUNDACIÓNS: Se se mantén o sistema actual (non aceptándose a nosa proposta xeral), incluir os últimos procesos de selección de fundacións nas valoracións de OPE.
7. CONTRATOS A TEMPO PARCIAL:
Seguir mantendo a valoración destes contratos como xornada completa. Buscar un xeito de que se oferten ás persoas que os cubren os contratos superiores a catro meses para que poidan escoller sen penalización (mellora de contrato).
8. COMISIÓNS DE SERVIZO:
Inda estando en contra da forma en que se conceden as comisións de servizo, CIG-Saúde estaría por buscar un sistema de oferta que implicara que cando menos o 50% das vacantes que xurdan sexan cubertas por listas de contratación, para evitar que sexan cubertas no 100% por comisións de servizo sen que se movan as listas.
9. BAREMO PSX.
Posto que a categoría foi creada xa hai suficiente tempo como para que haxa servizos prestados nela para baremar, eliminar a puntuación que se outorga polo tempo traballado noutras categorías (telefonista, celador...). Ao mesmo tempo, solicitar a reciprocidade na valoración dos servizos prestados como Auxiliar Administrativo.
10. CONTRATOS EN ÁREA LIMÍTROFE.
Para a xente que se atope cubrindo unha vacante na área limítrofe daquela onde está apuntada, oferta do contrato e rescisión do actual, cando xurda un contrato na propia área.
11. EXCEDENCIA POR COIDADO DE FAMILIAR.
Ofertaranse con criterio de 1º de lista e ao persoal que este realizando estes vínculos ofertaránselle as interinidades que xurdan, dado que neste tipo de excedencias practicamente ningunha chega ao ano.
12. PROMOCIÓN INTERNA.
Preferencia absoluta de ofertar as vacantes a promoción interna, 100% das vacantes que xurdan. Oferta á área sanitaria cando a contratación é reducida ou nula no centro nesa categoría.
13. SUSPENSIÓN TEMPORAL DE CHAMAMENTOS:
O persoal, previa comunicación escrita, poderá solicitar a suspensión de chamamentos en días concretos por eventos familiares: vodas, bautizos... Asemade poderá solicitar , polo mesmo procedemento, un mes ao ano por vacacións.
14. BAIXA AUTOMÁTICA DO PERSOAL ESTATUTARIO.
Propoñemos unha nova redacción: “Se unha persoa non aporta documentación ou efectúa a renuncia antes da elección do destino, o que permite correr a lista da ope para completar o número de vacantes, non sería penalizado coa exclusión das listas. Se polo contrario realiza a renuncia con posterioridade á elección de destino, si se penalizaría coa exclusión xa que nese momento non se podería completar a lista de OPE”. Entenderase como prazo de toma de posesión cando sae publicado no DOG o prazo para presentar a titulación correspondente ; se o persoal non presenta a documentación decae o aprobado e corre a listaxe de aprobados. Se a persoa que aprobe a OPE renuncia con posterioridade á praza impedindo que corra a lista de aprobados, será dado de baixa nos listados de contratacións.
15. EXPEDIENTES:
regular a incorporación ás listas do persoal excluido das mesmas mediante expediente.
16. CHAMAMENTOS PARA VÍNCULOS DE DÍAS SOLTOS.
serán ofertados coa maior proximidade ao día da substitución, xa que do contrario figura como persoa vinculada e non se lle oferta un novo vínculo. Regular o dereito a formalizar un vínculo cando a persoa estea en situación de IT por accidente laboral.
17. “INCORPORACIÓN” SEGUNDO O ESTATUTO MARCO.
Producirase o cesamento do substituto pola reincorporación do titular ou cando este perda o seu dereito á reincorporación á mesma praza? O caso que hai que regular é: cando unha persoa esta substituíndo a ausencia dun titular que presenta distintos motivos continuados (IT, baixa maternal, vacacións, excencia por coidado de fillas/os) se o substituto está de IT coincidindo co cambio de contrato o SERGAS non lle permite formalizar o novo vínculo,ofertándolle o contrato a outra persoa das listas.
18. SAÚDE LABORAL:
a. Solicitar do SERGAS que regule as contratación para o persoal que presenta unha incapacidade física ou psíquica recoñecida pola Seguridade Social.
b. Ao persoal que presente unha discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia aceptaráselle a suspensión de chamamentos. O SERGAS remitirá a este persoal as U.P.R.Lc. O persoal que renuncie a un chamamento por motivos de saúde laboral, quedará suspendido dos chamamentos até a súa valoración pola U.P.R.L do SERGAS.




URXENTE
SUPRESIÓN ACORDOS RETRIBUTIVOS

GRIPE P

PLAN MELLORA

NON Á CESIÓN DE TRABALLADORES Á PRIVADA

SOLIDARIEDADE

NOTICIAS BLOGS CIG

ÚLTIMAS NOTICIAS


OUTRAS NOTICIAS
XUNTA DE PERSOAL

MESAS DE CONTRATACIÓNS

MESAS SECTORIAIS

NOTICIAS EXTERNAS

CIG-SAÚDE


CIG


SANIDADE


SAÚDE



ecoestadistica.com
CIG-Saúde Ferrol: Hospital Arquitecto Marcide-Local Sindical da CIG. Avda. da Residencia s/n. 15405. Ferrol
981 33 45 66 * www.cigsaudeferrol.blogspot.com * cigsaudeferrol@gmail.com