ENQUISA

DE INTERESE

LIGAZÓNS


























MAPA A.S.F.

SUBSCRICIÓN
Subscribete ás Noticias
da CIG-Saúde Ferrol

Correo electrónico:

SINDICACIÓN

Sindícate ás Noticias da CIG-Saúde Ferrol

CONTACTO
MERCEDES DIAZ LOPEZ

Secretaria Comarcal
da CIG-Saúde de Ferrol

ESTATÍSTICAS WEB

PROCURA NA WEB


Noutras webs
En CIG-Saúde Ferrol

ARQUIVO
TOTAL
Mostrar todas as noticias

POR MESES

Maio 2007

Junho 2007

Julho 2007

Agosto 2007

Setembro 2007

Outubro 2007

Novembro 2007

Dezembro 2007

Janeiro 2008

Fevereiro 2008

Março 2008

Abril 2008

Maio 2008

Junho 2008

Julho 2008

Agosto 2008

Setembro 2008

Outubro 2008

Novembro 2008

Dezembro 2008

Janeiro 2009

Fevereiro 2009

Março 2009

Abril 2009

Maio 2009

Junho 2009

Julho 2009

Agosto 2009

Setembro 2009

Outubro 2009

Novembro 2009


INICIO








DESCARGA "A QUEBRA DA SANIDADE PÚBLICA"
Documento Ferrol

OPE: MEDICOS DE FAMILIA
29-setembro-2008


PREVISIÓN SERGAS

ACTO ELECCIÓN DE DESTINO 18 OUTUBRO

28 OUTUBRO PUBLICACIÓN DOG, QUE ABRE O PRAZO DE INCORPORACIÓN A PARTIRES DO DÍA SEGUINTE.

Estas son as duas listas: a definitiva de baremación e a de orde elección de destinos.

Premer Ligazón:

DOG


NOTICIAS SERGAS: NOVA OPE 2008
25 setembro 2008

A Consellería de Sanidade convocará este ano 2.400 prazas no Sergas.

A conselleira, anunciou onte día 24 de setembro no Parlamento que a Oferta Pública de Emprego (OPE) de 1.002 postos para licenciados sanitarios completarase con outros 1.400 para persoal sanitario non facultativo e traballadores non sanitarios. Tras estas oposicións, explica a Xunta, realizarase un concurso de traslados ao que poderá concorrer "en igualdade de condicións" o persoal das fundacións hospitalarias creadas polo PP.
Recordou "Ao concluír a OPE lograrase unha estabilidade que superará o 96%, o que nos situará nos máis altos niveis dos servizos de saúde de España", defende a consellería.

ACOPLAMENTOS INTERNOS AREA SANITARIA


CIG - UXT - CEMSATSE - CIAS - OMEGA – SAE

Informan : TRASLADOS INTERNOS ÁREA SANITARIA DE FERROL.

ACORDO DA ASEMBLEA

A Asemblea ratificou venres 26 de setembro o acordo e ademáis apoian totalmente a petición das organizacións sindicais asinantes de esixir que se respeten as maiorías, e se convoquen as prazas xa.
CIG, UXT, CEMSATSE, CIAS, OMEGA, SAE decidimos asinar o acordo, pois entendemos que non podemos negarlle por máis tempo o dereito do persoal a moverse libremente..
CCOO, CSIF deciden non asinar

NOVIDADES DO ACORDO

Permite movementos de forma provisoria dende:
Especializada --------Primaria
Primaria----------------Especializada
Primaria----------------Primaria (entre distintas localidades)
Regula os movementos de forma definitiva, de especializada e de primaria de forma igualitaria para todos os traballadores (como ben sabedes antes tiñamos varios baremos, sanitario, non sanitario, primaria.)
Porcentaxes:
Antigüidade 68.75%
Formación 20.83%
Galego 10.41%
¿Que vai pasar?
A Dirección ten que envialo a Santiago para que den autorización para a súa aplicación, xa que está ratificado pola maioría de representantes (17 de 23), e entendemos que nos asiste o dereito da maioría. (74%)

¿ Por que nos urxe?
Porque hai moito tempo que os traballadores e traballadoras non poden proceder a un cuncurso de traslados internos, xa que o proceso de negociación foi longo.
Estamos pendentes da incorporación dunha OPE, que unha vez que teñan un ano de antigüidade no centro xa poderian pedir, ademáis da integración inminente como estatutarios do persoal transferido do hospital naval e sempre se fixera un acoplamento antes das novas incorporacións.

¿Que imos facer?
Dar un tempo mínimo para a consulta pertinente a Santiago, e non rexeitamos ter que empezar con mobilizacións no caso de que a resposta sexa negativa.

Ó persoal de primaria pedimoslle o esforzo de enviar o seu apoio a través do correo electrónico.
---------
TEXTO:
ACORDO ENTRE A DIRECCIÓN DE ÁREA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS DA XUNTA DE PERSOAL DE AREA SOBRE PROCEDEMENTO DE TRASLADOS INTERNOS (MOBILIDADE INTERNA) NA AREA SANITARIA DE FERROL

Exposición de Motivos:

A Disposición adicional quinta do Decreto 206/2005, de 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde establece que “Con independencia das súas facultades de ordenación de persoal, os órganos directivos das institucións sanitarias, baixo o principio de planificación eficiente das necesidades, procurarán que a localización do persoal dentro da institución sanitaria responda a criterios de obxectividade, igualdade e voluntariedade. Para estes efectos. Habilitarán periodicamente procedementos de traslados internos, con suxeición a baremo, entre postos de traballo da mesma categoría, que conten coa participación das organizacións sindicais. No seo da mesa sectorial negociaranse as bases dos citados procedementos e dos baremos aplicables, nos cales se primará a valoración da antigüidade no Sistema Nacional de Saúde, a permanencia na institución, a experiencia profesional en áreas específicas, a formación continuada e a docencia”.

En virtude do anterior, e tendo en conta que xa hai tempo que se están a realizar convocatorias periódicas de mobilidade interna, e que, polo de agora, non se realizou na mesa sectorial a negociación das bases dos citados procedementos, cómpre o establecemento de uns criterios básicos que regulen o procedemento e o baremo a aplicar, e que procedan á actualización das bases establecidas por procedementos anteriores.

Os obxectivos que pretende conseguir a regulamentación de este procedemento son os seguintes:

1.- Optimizar os recursos humanos.

2.- Motivar ao persoal.

3.- Propiciar un mellor clima laboral.

4.- Mellorar a calidade asistencial.


En todo caso, a mobilidade interna do persoal de esta Área Sanitaria se realizará conforme aos principios e criterios de ordenación do réxime estatutario contemplados polo artigo 4 da Lei 55/2003, de 16 de decembro, do Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos Servizos de Saúde.

Artigo 1.- Ámbito de Aplicación:

O presente acordo será de aplicación aos procedementos de mobilidade interna que se convoquen na Área Sanitaria de Ferrol para o persoal estatutario fixo das seguintes categorías:

1.- Persoal estatutario sanitario regulado no artigo 6 da Lei 55/2003.

2.- Persoal estatutario de xestión e servizos regulado polo artigo 7 da Lei 55/2003.

O citado procedemento levarase a cabo de tal forma que garante a calidade e a continuidade asistencial do servizos e unidades.

Os cambios, mediante mobilidade interna, dos profesionais de Atención Especializa no citado ámbito, terán a consideración de definitivos.

Terán carácter provisional, ata que se cubran regulamentariamente os cambios de mobilidade interna do persoal de Atención Primaria e os realizados polos profesionais entre Atención Primaria/Atención Especializada e viceversa. Neste suposto o solicitante terá reserva de praza, no posto que teña definitivo.

Enténdese por mobilidade interna o procedemento de provisión polo que o traballador voluntariamente participa co fin de acadar a adscrición definitiva ou provisional (segundo corresponda) a un destino/posto dentro da súa categoría profesional.

A estes efectos establécese como sistema de provisión o concurso de méritos.

Artigo 2.- Comisión de Seguimento do Acordo de Mobilidade Interna:

1.- A Comisión de Seguimento do Acordo de Mobilidade Interna é o órgano encargado da fiscalización e o seguimento do procedemento de mobilidade interna. Correspóndelle á Comisión de Seguimento as seguintes funcións:

a) A avaliación das solicitudes presentadas.
b) A valoración dos méritos.
c) A elaboración da proposta de resolución.
d) A interpretación do presente acordo.
2.- A Comisión de Seguimento do Acordo de Mobilidade Interna terá carácter paritario e estará integrada polos seguintes:

a) Un representante de cada un dos sindicatos ou grupo de traballadores asinantes do presente acordo.

b) Un número igual de representantes da Administración.

3.- Tódolos membros da devandita comisión terán voz e voto; os acordos serán adoptados pola maioría simple dos membros presentes, sendo necesaria a presenza das 3/5 partes dos seus membros para a súa constitución. O presidente terá voto de calidade no suposto de se producir empate na adopción de decisións.

A Presidencia e a Secretaría da devandita comisión será exercida por algún dos representantes da administración.

Será incompatible a participación no proceso de mobilidade interna coa representación na Comisión de Seguimento do Acordo de Mobilidade Interna.



Artigo 3.- Requisitos e condicións de participación:

Para poder participar neste procedemento será necesario reunir, na data de publicación da correspondente convocatoria, os seguintes requisitos:

a) Ter praza en propiedade na Área Sanitaria de Ferrol, con alomenos, un ano de antigüidade.

b) Estar na situación de servizo activo ou en calquera outra situación que implique a reserva do posto de traballo.

c) Permanecer de forma material e efectiva no acoplamiento adxudicado alomenos 1 ano.

d) Os que teñan prazas de saúde laboral, tal e como ven reflectido no punto 5 do artigo 33 do Decreto 206/2005. “O adxudicatario estará obrigado a participar no seguinte concurso de traslados ou de axuste interno, segundo o caso, solicitando a correspondente praza ou posto de traballo.”

Malia o anterior, non poderá participar nos procedementos de mobilidade interna:

a) Os profesionais que se atopen en Comisión de Servizos.

b) Os profesionais que teñan adxudicado praza definitiva por mor de concurso de traslados, sempre e cando coincidan os dous procesos.

c) Persoal en situación de reingreso provisional.

Artigo 4.- Convocatoria:

Os procedementos de mobilidade interna convocaranse mediante resolución da Dirección da Área Sanitaria de Ferrol. A convocatoria dos acoplamentos definitivos realizárase anualmente, no primeiro trimestre de ano; e será aberto e permanente nos acoplamentos provisionais, ambas serán publicadas nos taboleiros de anuncios e na páxina web da Área Sanitaria de Ferrol, e conterá, como mínimo, os seguintes aspectos:

1.- As bases que regulamentan o procedemento, que se incorporarán como anexo á convocatoria.

2.- Relación dos postos que se ofertan coa indicación da categoría, servizo e quenda. A devandita relación será revisada con carácter previo pola Comisión de Seguimento do Acordo de Mobilidade Interna.

3.- Modelo oficial de solicitude.

4.- Prazo de presentación de instancias e órgano ao que se dirixen.

A tales efectos considéranse vacantes, aquelas prazas non ocupadas, as que xurdan entre unha convocatoria ea seguinte así como as resultas que sexan definitivas do proceso anterior e as provisionais nomeadas pola Dirección da Área.


Artigo 5.- Solicitudes:

A solicitude deberá ser presentada, en modelo normalizado, no prazo de 20 días naturais contados a partires do seguinte ao da publicación da convocatoria. A devandita solicitude deberá ser presentada no rexistro xeral da Área Sanitaria de Ferrol en horario de 9:00 a 14:00, ou no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, e deberá ir acompañada da documentación acreditativa dos méritos que se aleguen; non se terán en conta os méritos non alegados ou aqueles dos que non se acompañe a correspondente documentación xustificativa. Os méritos ou servizos prestados computaranse até o día anterior á publicación da convocatoria.

Os cursos para que podan ser valorados deberán especificar os créditos/horas de duración e o seu contido. Os cursos anteriores ao ano 1997, segundo os criterios asumidos pola Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, tal e como figura no documento asinado con data 22 de outubro de 1997 polo Subdirector Xeral de Relacións Laborais, Recursos e Reclamacións deben ser valorados.

Na solicitude o número máximo de prazas a solicitar será de 6, deberá especificarse por orde secuencial a prioridade entre elas.

A devanditas solicitudes terán a consideración de documento público.

Artigo 6.- Resolución Provisional:

As listas de adxudicación provisional de prazas faranse públicas no taboleiro de anuncios e na páxina web da Área Sanitaria de Ferrol, no prazo máximo de 1 mes a contar dende a finalización do prazo de presentación de instancias. O prazo de reclamación contra os listados provisionais será de 10 días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación dos devanditos listados provisionais. O lugar e horario para a presentación das reclamacións será o mesmo que o establecido para a presentación das solicitudes.

Artigo 7.- Resolución Definitiva:

No prazo máximo de 15 días naturais contados a partires do día seguinte ao da finalización do prazo para presentar reclamacións, a Dirección de Área, previa proposta da Comisión de Seguimento do Acordo de Mobilidade Interna, ditará resolución na que se estimarán/desestimarán as reclamacións presentadas.

Contra a devandita resolución definitiva poderá presentarse recurso de reposición segundo o establecido polos artigos 116 e seguintes da lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 8 .- Renuncia:

Os destinos adxudicados son irrenunciables, soamente se admitirán aquelas renuncias que sexan presentadas dentro do prazo de presentación de solicitudes.


Artigo 9.- Criterios de desempate:

De producirse empate entre os adxudicatarios, os criterios dirimentes a empregar serán os seguintes:
1.- Antigüidade como persoal estatutario fixo nas institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde.
2.- Maior idade.
3.- Sorteo.
Artigo 10.- Incorporacións:

A incorporacións aos destinos acadados será obrigatoria e irrenunciable, e levarase a cabo no prazo máximo de 1 mes. Malia o anterior, poderase demorar a devandita incorporación cando puidese prexudicar o funcionamento do servizo/unidade por coincidir en períodos estivais, festividades sinaladas, incorporación de persoal procedente de ofertas públicas de emprego, concursos de traslados ou circunstancias análogas que impliquen a coincidencia na incorporación ao servizo/unidade dun excesivo número de traballadores descoñecedores do mesmo.

Artigo 11.- Perda do acoplamento adxudicado:

O profesional que obteña praza a través do procedemento de mobilidade interna poderá perdela nos seguintes supostos:

1.- Perda da condición de persoal en servizo activo ou con dereito á reserva de praza.

2.- Obter unha comisión de servizos en outro centro e unha vez transcorridos 9 meses dende a súa concesión.

3.- A falta de adaptación para o desempeño do posto, previa audiencia ao profesional, informe do responsable do servizo e oída a Comisión de Seguimento do Acordo de Mobilidade Interna. A administración ofertará ao interesado, con carácter provisional, os postos que se atopen vacantes.

Non se poderá aplicar o devandito procedemento se transcorren máis de 3 meses desde o efectivo desempeño do posto de traballo.


Artigo 12.- Vixencia:

O presente acordo entrará en vigor na data da súa sinatura, prorrogándose anualmente a súa vixencia salvo que sexa denunciado por calquera das partes.

Artigo 13.- Disposición derrogatoria:

Quedan derrogadas todos aqueles acordos que nesta materia se publicasen con anterioridade.


Ferrol, 19 de setembro de 2008




ANEXO I: MODELO DE SOLICITUDE




D./Dna……………………………………………………………………………………. Categoría: ------
Servizo/Unidade: ….....................................
De: (marque cunha X) Atención Primaria: ………………………………
Atención Especializada: …………………………


SOLICITA


Cambio de destino dentro da Área Sanitaria de Ferrol, para os seguintes Servizos/Unidades, por orde de preferencia (se é o caso, incluír quenda):

1.- …………………………………………………………………………………………
2.- …………………………………………………………………………………………
3.- …………………………………………………………………………………………
4.- …………………………………………………………………………………………
5.- …………………………………………………………………………………………
6.- …………………………………………………………………………………………

Ferrol ……….. de …………….. de 200
Asdo. :


SR/SRA. DIRECTOR@ DA ÁREA SANITARIA DE FERROL
__________________________
ANEXO II: BAREMACIÓN DE MÉRITOS

1.-ANTIGÜIDADE:


1.1.- Servizos prestados con vínculo estatutario fixo, no Sistema Nacional de Saúde e na mesma categoría:
0’1 puntos/mes

1.2.- Servizos prestados con vínculo estatutario fixo, no Sistema Nacional de Saúde, en distinta categoría:
0’05 puntos/mes

1.3.- Servizos prestados con vínculo estatutario temporal, no Sistema Nacional de Saúde, na mesma categoría:
0’05 puntos/mes

1.4.- Servizos prestados con vínculo estatutario temporal, no Sistema Nacional de Saúde, en distinta categoría:
0’025 puntos/mes

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos neste apartado será de 33 puntos.

2.- FORMACIÓN:

2.1.- Títulos de especialidade recoñecidos oficialmente polo MEC:

a) Relacionados coa área solicitada e na súa categoría: 4 puntos.
b) Non relacionados coa área solicitada e na súa categoría: 1’5 puntos.

2.2.- Posgraos universitarios:
a) Relacionado coa área solicitada e na súa categoría: 2 puntos.
b) Non relacionados coa área solicitada e na súa categoría: 1 puntos.
2.3.- Tódalas actividades formativas (cursos, xornadas, seminarios, obradoiros, sesións etc) impartidas pola FEGAS, Organizacións Sindicais se están realizadas no marco do Plan de Formación Continua das Administracións Públicas, Universidades, Colexios Profesionais Oficiais, organismos oficiais recoñecidos como docentes, e os que estean acreditados pola Comisión de Formación Continuada, valoraranse por créditos horarios segundo a seguinte distribución:
a) Crédito relacionado coa área solicitada: 0’3 puntos – 0´03 puntos/hora
b) Crédito non relacionado coa área solicitada: 0’2 puntos- 0´02 puntos/hora
2.4.- Formación Tutelada:
Na mesma categoría/servizo/unidade á que se opta, será valorada con 0’3 puntos/ano.
2.5.- Investigación:
Puntuaranse os certificados de presentación de conferencias, relatorios e comunicacións en congresos nacionais e internacionais, publicacións en revistas científicas de igual ámbito e traballos de investigación, debidamente acreditados polo organismo que os financia ou patrocina.

2.5.1.- Por traballos de diferente contido e directamente relacionados coa área solicitada:
a) Comunicación: 1 puntos.
b) Conferencia: 1’5 puntos.
c) Relatorio: 1’5 puntos.
d) Publicación: 2 puntos.
e) Proxecto de investigación: 4 puntos.
3.5.2.- Por traballos de diferente contido que non estean directamente relacionados coa área solicitada, pero que formen parte da materia da súa profesión:
a) Comunicación: 0’5 punto.
b) Conferencia: 1 puntos.
c) Relatorio: 1 puntos.
d) Publicación: 1’5 puntos.
e) Proxecto de investigación: 3 puntos.
2.6.- Docencia:
As certificacións de participación como profesor en cursos e programas formativos de diferente contido, cunha duración superior a 20 horas, valoraranse con 0’50 puntos os relacionados coa súa categoría e coa praza á que opta, e con 0’25 os non relacionados.

Os puntos máximos a acadar polo apartado 2 será de 10.

3.- COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA: (Impartidos e homologados por organismos oficiais).
CELGA 1........................... 1 punto
CELGA 2..................................... 2 puntos
CELGA 3................................... 3 puntos (curso iniciación)
CELGA 4........................................... 4 puntos (curso perfeccionamento)
CELGA 5............................................ 5 puntos

A puntuación máxima nesta apartado será de 5 puntos.

COLEXIO HIXIENISTAS DENTAIS
16-setembro-2008
Publicación en DOG dos estatutos do colexio hixienistas dentais
Preme ligazón: DOG
Escrito enviado a conselleira de sanidade por CIG-SAÚDE
Mª José Rubio Vidal
Conselleira de Sanidade
Sán Lázaro. s/n.
Santiago de Compostela.

Colexio de Hixienista Dental.


O DOG nº 179, Martes.16 de setembro de 2008, publica Decreto 201/ 2008, do 24 de xullo, polo que se aproban os estatutos do Colexio Profesional de Hixienista Dentais de Galicia.
O artigo 9º .- O/ a hixienista dental, recolle no punto 2º o seguinte:” Será requisito indispensable para exercer a profesión de hixienista dental no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a in corporación ao Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia cando o domicilio profesional único radique nesta comunidade”.


Desde A CIG-SAUDE queremos amosar o noso desacordo con que a Admón sanitaria continúe a colaborar coa proliferación dos colexios profesionais, obrigando ao persoal á colexiación obrigatoria ao abeiro dunha norma creada na Lei 2/1974,do 13 de febreiro,e modificada posteriormente pola Lei 74/1978, do 26 de decembro. Normas claramente preconstitucionais.

A constitución Española recolle como requisito para acceder ao emprego público os criterios de igualdade, mérito e capacidade. En ningún artigo recolle a obrigatoriedade das/os cidadans a pertencer obrigatoriamente a un órgano en contra da súa vontade, co que ademais non comparte nen os seu obxectivos, nen posiblemente se poida sentir representado por nel.

A si mesmo A Lei 16/1986. Lei Xeral de Sanidade non outorga no entramado do Sistema Nacional de Sáude ningún papel aos colexios profesionais, nin vincula a aistencia sanitaria pública á obrigatoria integración dos profesionais nos respectivos colexios.

Por todos isto rexeitamos que os Hixienistas dentais teñan obrigatoriamente que estar colexiados para traballar no ámbito da Comunidade Autónoma . Desde a CIG-Sáude Preguntámonos se a intención da Administración Galega é continuar regulando a creación de novos colexios profesionais, abocando a todas/os as/os traballadoras/es do sistema sanitario público, con independencia do grupo profesional ao que pertenzamos, a obrigatoriedade de estar colexiados.

Solicitamos que en aras a facultade que ten cada comunidade Autónoma para definir o modelo de colexiación, este sexa voluntario para todas/os as/os traballadores da Sanidade Pública. Isto xa esta regulado en outras comunidades autónomas.

RECEITA ELECTRONICA
19-SETEMBRO-2008
Publicación en DOG do decreto 206/2008 receita electronica
Preme Ligazón: DOG

PRIVATIZACIÓN CITA PREVIA EN ATENCIÓN PRIMARIA
19-SETEMBRO-2008

O Servizo Galego de Saúde pretende privatizar o sistema de cita previa na Atención Primaria

O servizo de citacións foi concedido, mediante concurso, a unha empresa privada para que monte unha Central de Chamadas que dea resposta ás solicitudes de cita telefónica para o persoal Médico e de Enfermería de Atención Primaria. Para dar estas citas esta empresa privada fará uso dos datos dos pacientes que figuran na tarxeta sanitaria, que están en poder do Sergas.

CIG-Saúde preguntou en repetidas ocasións ao Sergas polo desenvolvemento das centrais de chamadas que recolle o Plan de Mellora de Atención Primaria. A falta de resposta levounos a manifestar a nosa protesta na Acta da ultima reunión da Comisión de Seguimento do Plan de Mellora en abril de 2008.

Diante da publicación no DOG nº 105 do 2 de xuño de 2008 no que o Instituto Galego de Medicina Técnica S.A. convocaba un concurso publico para cubrir o servizo de cita previa no eido da atención primaria da Comunidade Autónoma de Galicia, CIG-Saúde remitiu un escrito aos responsábeis do SERGAS, ao que non deron resposta algunha. No mesmo amosábamos a nosa posición, contraria á privatización deste servizo e solicitábamos que a central de chamadas fora xestionada directamente polo SERGAS con persoal seleccionado das listas de vinculación temporais. (Adxúntase escrito).

CIG-Saúde quere poñer de manifesto diante das traballadoras/es do SERGAS e do conxunto da opinión pública o desacordo co modelo elixido, que supón a privatización dun servizo público e a conseguinte precarización de postos de traballo.

CIG-Saúde quere deixar claro que non se pode utilizar o Plan de Mellora da Atención Primaria como pretexto para privatizar servizos, en aparente contradición coa política da Consellería de Sanidade de reverter ao sistema publico ás fundacións postas en marcha na administración anterior. A utilización do Plan de Mellora para desenvolver estas políticas é unha clara deslealdade coas organizacións que, como CIG-Saúde, asinamos un Plan para a mellora do Servizo Publico, non para a súa liquidación.

Como xa manifestamos en repetidas ocasións CIG-Saúde apoia a creación de centrais de chamadas que permitan descargar unha parte das citas telefónicas das áreas administrativas dos servizos e unidades de atención primaria, pero sempre que se fagan con persoal estatutario integrado no SERGAS.



OPE - ELECCIÓN DE PRAZAS E TOMA DE POSESIÓN
18-SETEMBRO-2008
ACTO DE ELECCIÓN DE DESTINOS


Edificio administrativo do Servizo Galego de Saúde, en San Lázaro s/n de Santiago de Compostela, coa seguinte distribución de categorías:

Día 23 de setembro de 2008,
ás 11 horas: cociñeiro, grupo técnico da función administrativa e grupo de xestión da función administrativa.
Día 24 de setembro de 2008,
ás 16 horas: grupo auxiliar da función administrativa;
ás 18 horas: persoal de servizos xerais, quenda de promoción interna e aspirantes cuxa puntuación total estea comprendida entre 120 puntos e 100 puntos; ás 19 horas: persoal de servizos xerais, resto de aspirantes cuxa puntuación total sexa inferior a 99,999 puntos.
Día 27 de setembro de 2008,
ás 10 horas: auxiliar de enfermaría: quenda de promoción interna e aspirantes cuxa puntuación total estea comprendida entre 109 puntos e 98,500 puntos; ás 11 horas: auxiliar de enfermaría: aspirantes cuxa puntuación total estea comprendida entre 98,499 puntos e 94,250 puntos; ás 12,15 horas: auxiliar de enfermaría: aspirantes cuxa puntuación total estea comprendida entre 94,249 puntos e 91,700 puntos; ás 13,15 horas: auxiliar de enfermaría, resto de aspirantes cuxa puntuación total sexa inferior a 91,699 puntos.
Día 27 de setembro de 2008,
ás 16 horas: celador: quenda de promoción interna e aspirantes cuxa puntuación total estea comprendida entre 109 puntos e 93 puntos; ás 17 horas: celador, resto de aspirantes cuxa puntuación total sexa inferior a 92,999 puntos.
Día 28 de setembro de 2008,
ATS/DUE: ás 9 horas:quenda de promoción interna e aspirantes cuxa puntuación total estea comprendida entre 108 puntos e 95,500 puntos; ás 10,30 horas: ATS/DUE: aspirantes cuxa puntuación total estea comprendida entre 95,499 puntos e 91,400 puntos; ás 12 horas: ATS/DUE: aspirantes cuxa puntuación total estea comprendida entre 91,399 puntos e 88,600 puntos; ás 13,15 horas: ATS/DUE: resto de aspirantes cuxa puntuación total sexa inferior a 88,599 puntos.

Achegamos D.O.G 18 setembro coa publicación da relación de prazas ofertadas e datas para elección de destino das categorías de:

COCIÑEIRO, GRUPO TÉCNICO DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA, GRUPO DE XESTIÓN DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA, (Día 23 de setembro)
GRUPO AUXILIAR DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA,(Día 24 de setembro)
PERSOAL DE SERVICIOS XERAIS (Día 24 de setembro)
AUXILIAR DE ENFERMARIA E CELADOR (Día 27 de setembro)
ATS/DUE (Día 28 de setembro)
As solicitudes que formulen as persoas aspirantes serán vinculantes e irrenunciábeis, Deberán comparecer provistos do documento nacional de identidade. As persoas aspirantes que non poidan acudir persoalmente poderán ser representadas por terceiras persoas provistas de poder suficiente.

Preme Ligazón: DOG

TOMA DE POSESIÓN DAS PRAZAS:

A toma de posesión está prevista para as seguintes datas sin confirmación oficial do SERGAS:

Publicación no DOG o 14/10/08 e inicio do prazo o 15/10/08:

Cociñeiro, grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerais, celador/a.

Publicación no DOG o 20/10/08 e inicio do prazo o 21/10/08:

Aux. de enfermaría, ATS/DUE.

Os compañeiros/as do BARCO elaborarón unhas listas de enfermaria, aux de enf. e celadores ordeadas por orden de chamamento, cruzámolas cas listas de contratación e adxuntamos a área onde están anotados, a área dalgunha xente falta.

son orientativas para ver de onde pode ser a xente, pra nada fiables ó 100% posto que hai xente que ainda estando anotada nunha área pode pedir outra, pero cecais servan para facerse unha idea de como está distribuida a xente dun xeito como xa dixemos orientativo.picade no vínculo e logo dádelle a "Click here to start download

enfermaria

auxiliares de enfarmeria

celadores..

aproveitamos para poñer os datos de PSX

aprobados por area:

coruña 33 (45 plazas)= sobran 12

ferrol 18 (10 plazas)= faltan 8

lugo 45 (34 plazas)= faltan 11

Ourense 21 (20 plazas)= falta 1

pontevedra 24 (37 plazas)= sobran 13

vigo 33 (33 plazas)= faltan 3

santiago 38 (38 plazas)= o.k.

descoñecidos 2


OPE
Publicadas no DOG 16 de setembro, as puntuacións definitivas da baremación da fase de concurso, obtidas polos aspirantes das categorías dos grupos técnico e xestión da función administrativa.
Prazo de presentación de documentación: un mes.

INFORMACIÓN MESA SECTORIAL- ACORDO MARCO
NEGOCIACIÓN DO “ACORDO MARCO”


Estase a negociar na Mesa Sectorial un Acordo Marco para a mellora das condicións de traballo e retributivas do persoal estatutario. A Administración pretende que teña vixencia nos anos 2009 a 2012.
A negociación é dificultosa xa que o SERGAS pretende abordar nun só acordo tres tipos de temas:
· temas que xa estaban comprometidos en negociacións anteriores, e que xa teñen unha cuantificación económica,
· temas de equiparación salarial, que precisan de financiamento adicional,
· temas relacionados coa xornada e condicións de traballo.
Agora a Administración sitúa a negociación deste acordo no marco da crise económica actual.

Proposta da Administración
Ano 2008
Dende o mes de Xullo
Incremento de un nivel no complemento de destino.
Incremento do 15% sobre as contías de noites, domingos e festivos.
A contía de nocturnidade será a que se perciba pola 1ª e 2ª semana; queda suprimida a modalidade de 3ª e 4ª semana.
As xornadas nocturnas que se realicen en vésperas de festivos pasarán a ser retribuídas coa contía correspondente a un festivo.
Incremento do valor da hora de garda.
Ano 2009
Incremento do 10% sobre as contías de noites, domingos e festivos.
Destinaranse 3,5 millóns de euros ás medidas acordadas en atención primaria.
Equiparación do complemento de produtividade variable dos licenciados sanitarios (Técnicos de saúde, Odontólogos …) cos médicos de familia .
Consolidación de grao de licenciados e diplomados sanitarios
Reforma do complemento específico-exclusividade.
Anos 2010-11-12
A Administración garante incrementos anuais por riba dos incrementos que contempla a lei de Orzamentos.
Financiamento do incremento do cadro de persoal para reducir xornada.

A pesares da dificultade da negociación CIG-SAÚDE segue a demandar do SERGAS que incorpore ao texto do “Acordo Marco” e a súa proposta económica os seguintes aspectos:
1.- Cumprimento dos acordos anteriores:
· Concorrencia de noites e festivos.
· Incremento do 25% do complemento de traballo a quendas.
· 24 e 31 de decembro dous módulos de noites prefestivas.
· 1e 6 de xaneiro un módulo de noite prefestiva.
· Enfermeira/o de saúde especialista en saúde mental: Percibirá idénticas retribucións que a especialista en obstetricia.
· Modificación dos complementos de destino de determinados postos: Coordinadores de Técnicos e Auxiliares, Celador encargado de quenda, Xefaturas non sanitarias…
2.- Unha suba lineal do complemento específico, permitindo a todas as persoas que traballan no ámbito do SERGAS recuperar parte do poder adquisitivo e que nos sitúen na media dos servizos de saúde.
3.- Revisión das retribucións por gardas: igual valor ao valor da hora ordinaria.
4.- Atención Primaría:
· Compensación dos desprazamentos a domicilio.
· Grupo de traballo do persoal non sanitario.
5.- Acción Social: Prorrateo da Atención continuada en situación de I.T.
6.- Redución do nº de horas da xornada ordinaria:
· Prorrateo do último ano da atención continuada para as/os maiores de 55 anos que deixen de facer noites e festivos
· Contabilizar o tempo de cambio de quenda como xornada efectiva.
7.- Acordo sobre xornada laboral do persoal facultativo hospitalario:
· Converter as 48hs nun nº máximo de horas de garda mensual/anual.
· Regular gardas localizadas: un nº máximo de gardas.
· Gardas mixtas.
8.- Reclasificación dos grupos profesionais de Técnicos Sanitarios e Auxiliares de Enfermaría

O documento completo das nosas reivindicacións e o documento coas propostas do SERGAS están á túa disposición nos locais sindicais de CIG-SAÚDE. Isto só pretende ser un resumo das nosas reivindicacións onde destacamos os temas de interese xeral.

Na reunión de Mesa Sectorial quedaron aprobados os textos que regulan a creación das novas categorías:

Documentación Sanitaria

Técnico en Dietética

Técnico Auxiliar en Farmacia

No referente a Técnico en Dietética, CIG-Saúde volveu insistir en que a Administración debe de acabar coas externalizacións deste servizos. O SERGAS non pode crear unha nova categoría e convocar unha oferta de vinculacións temporais, para despois ofertar cero prazas por estar o servizo privatizado.


OPE 2008 - FACULTATIVOS
Públicación den DOG do día 10 de setembro 2008 da convocatoria da OPE 2008 de Facultativos

Ligazón Preme:Decreto 199/2008, do 28 de agosto, polo que se aproba a oferta de emprego público das categorías de persoal estatutario licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2008.


TRIENIOS PERSOAL TEMPORAL
05-setembro-2008
Estatuto Básico do Empregado Público.
Reclamación Trienios Interinos.




O EBEP recoñece o dereito do funcionariado/ estatutario interino a cobrar os trienios correspondentes aos servizos prestados antes da entrada en vigor do EBEP, con efectos retributivos desde o 13 de maio de 2007 (data inicial de vixencia da Lei).
Despois de máis dun ano o SERGAS sigue sin abonar e facer efectivas as cantidades ao persoal.
Posteriormente, a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea do 13 de setembro de 2007 abriu a porta a que se poidan reclamar as contías dos trienios anteriores á entrada en vigor do EBEP, baseándose no principio de non-discriminación aos/ás traballadores/as temporais en relación con aqueles/as que teñen un vínculo de duración indefinida. Esta fundamentación baséase no Acordo marco sobre o traballo de duración determinada (que figura como anexo da Directiva 1999/70/CE do Consello, de 28 de xuño de 1999).

Estes antecedentes dannos argumentos para facer reclamacións individuais, co obxecto de que sexan retribuídos os servizos prestados como funcionario/a- estatutario/a interino/a nos cinco anos anteriores á data en que se presente a reclamación, que é o prazo de prescrición das débedas da Administración galega conforme á Lei de rexime financeiro e orzamentario de Galiza. O máis probábel é que as reclamacións sexan rexeitadas en vía administrativa, polo que haberá que esperar ao criterio dos diferentes xulgados do contencioso-administrativo.
Para máis información e proceder a facer a reclamación nas secións sindicais de CIG-SAUDE que conxuntamente coa asesoria xuridica iniciaran o proceso.

NON AS XORNADAS DE ESCRAVITUDE NA SANIDADE


CONVOCATORIA NOVA OPE 2008
01-setembro-2008


Prazas de FEAs que se van a convocar para a próxima OPE.
MEDICO/A DE FAMILIA______________________602
ODONTÓLOGO/A ATENCIÓN PRIMARIA__________24
PEDIATRA ATENCIÓN PRIMARIA_______________25
FARMACÉUTICO/A ATENCIÓN PRIMARIA_________ 3
MEDICO/A COORDINADOR/A 061_______________2
ALERGOLOXÍA______________________________3
ANÁLISES CLÍNICAS_________________________4
ANATOMÍA PATOLÓXICA______________________5
ANESTESIOLOXÍA E REANIMACIÓN_____________36
ANXIOLOXÍA E CIRURXIÁ VASCULAR____________1
APARELLO DIXESTIVO_______________________4
CARDIOLOXÍA_____________________________12
CIRURXIÁ CARDIOVASCULAR__________________1
CIRURXIÁ ORAL E MAXILOFACIAL_______________2
CIRURXÍA ORTOPÉDICA E TRAUMATOLOXÍA______23
CIRURXÍA PEDIÁTRICA________________________1
CIRURXÍA PLÁSTICA, ESTÉTICA E REPARADORA____2
CIRURXIÁ TORÁCICA_________________________3
CIRURXÍA XERAL E DO APARELLO DIXESTIVO_____16
DERMATOLOXÍA MÉDICO-CIRURXICA E VENER._____2
ENDOCRINOLOXÍA E NUTRICIÓN_________________3
FARMACIA HOSPITALARIA______________________5
HEMATOLOXÍA E HEMOTERAPIA_________________5
MEDICINA DO TRABALLO______________________3
MEDICINA FÍSICA E REHABILITACIÓN_____________5
MEDICINA INTENSIVA_________________________9
MEDICINA INTERNA__________________________25
MEDICINA PREVENTIVA E SAÚDE PÚBLICA_________1
MÉDICO/A URXENCIAS HOSPITALARIAS__________43
MICROBIOLOXÍA E PARASITOLOXÍA______________3
NEFROLOXÍA________________________________4
NEUROFISIOLOXÍA CLÍNICA____________________3
NEUROLOXÍA_______________________________12
OBSTETRICIA E XINECOLOXÍA_________________20
OFTALMOLOXÍA____________________________16
ONCOLOXÍA MÉDICA_________________________6
ONCOLOXÍA RADIOTERAPICA__________________1
OTORRINOLARINGOLOXÍA_____________________7
PEDIATRÍA E AS SÚAS AREAS ESPECIFICAS______18
PNEUMOLOXÍA______________________________3
PSICOLOXÍA CLÍNICA_________________________4
PSIQUIATRÍA_______________________________14
RADIODIAGNÓSTICO_________________________11
RADIOFÍSICA HOSPITALARIA___________________2
REUMATOLOXÍA_____________________________4
UROLOXÍA__________________________________3
XERIATRÍA__________________________________1
TOTAL 1002


Ligazón: preme prazas consello da xunta


A noticia dos acordos da consello da xunta nos xornais:
Ligazóns:
Aprobación do decreto polo que se regula a receita electrónica. (noticia en La Región)
Aprobación da Oferta de Emprego Público para licenciados sanitarios, con 1.002 prazas. (noticia en Galicia Hoxe)
Aprobación da integración do Medtec no Servizo Galego de Saúde, creando a nova empresa pública Galaria. (noticia en Faro de Vigo)
A noticia en La Voz.

LISTAXES DE VINCULACIÓNS TEMPORAIS DE FACULTATIVOS ESPECIALISTAS DE ÁREA

De conformidade co establecido nos acordos adoptados no seo da Comisión de seguimento do Plan de provisión de facultativos especialistas de área das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, publicados por Resolución desta División do 26 de maio de 2008 (D.O.G. Nº 109, do 6 de xuño), elaboráronse as listaxes, por provincia e especialidade, de vinculacións temporais de facultativos especialistas de área.

As listaxes entraron en vigor o día 23 de xullo de 2008, debendo ser utilizadas para calquera vinculación requerida polos nosos centros.De conformidade co establecido nos devanditos acordos e segundo as nosas instruccións do 22 de xullo de 2008, estas listaxes terían carácter provisional en tanto non rematara o período ordinario de toma de posesión da OPE e do concurso de traslados. Tendo en conta que esta División ten concedidas prórrogas do prazo de incorporación como consecuencia das situacións ou permisos derivados da normativa sobre igualdade ou conciliación da vida familiar e laboral, nas devanditas instruccións, estableceuse que ata que non se incorporasen todos os adxudicatarios de ambos os dous procesos, as listaxes non serían definitivas de tal xeito que non poderían ser ofertados vínculos estables (no senso establecido no parágrafo terceiro da norma 7.3 do pacto de selección temporal do SERGAS) ata que as listaxes foran definitivas.

Poren o anterior e aínda que existe algún adxudicatario que non se ten incorporado efectivamente ao posto de traballo, convén establecer o carácter definitivo das listaxes para que os centros poidan cubrir, con vínculos estables, as necesidades asistenciais que se produzan.

Por elo, a partires do día 1 de setembro de 2008 as listaxes de vinculacións temporais da facultativos especialistas de área terán carácter definitivo e poderán realizarse, o seu amparo, os vínculos estables que sexan necesarios, previos os trámites e autorizacións que procedan.Una vez estean vinculados todos os aspirantes das devanditas listaxes o procedemento para a vinculación temporal de facultativos será o establecido no decreto 206/2005, do 22 de xullo.





URXENTE
SUPRESIÓN ACORDOS RETRIBUTIVOS

GRIPE P

PLAN MELLORA

NON Á CESIÓN DE TRABALLADORES Á PRIVADA

SOLIDARIEDADE

NOTICIAS BLOGS CIG

ÚLTIMAS NOTICIAS


OUTRAS NOTICIAS
XUNTA DE PERSOAL

MESAS DE CONTRATACIÓNS

MESAS SECTORIAIS

NOTICIAS EXTERNAS

CIG-SAÚDE


CIG


SANIDADE


SAÚDE



ecoestadistica.com
CIG-Saúde Ferrol: Hospital Arquitecto Marcide-Local Sindical da CIG. Avda. da Residencia s/n. 15405. Ferrol
981 33 45 66 * www.cigsaudeferrol.blogspot.com * cigsaudeferrol@gmail.com