DE INTERESE

LIGAZÓNS


























MAPA A.S.F.

SUBSCRICIÓN
Subscribete ás Noticias
da CIG-Saúde Ferrol

Correo electrónico:

SINDICACIÓN

Sindícate ás Noticias da CIG-Saúde Ferrol

CONTACTO
MERCEDES DIAZ LOPEZ

Secretaria Comarcal
da CIG-Saúde de Ferrol

ESTATÍSTICAS WEB

PROCURA NA WEB


Noutras webs
En CIG-Saúde Ferrol

ARQUIVO
TOTAL
Mostrar todas as noticias

POR MESES

Maio 2007

Junho 2007

Julho 2007

Agosto 2007

Setembro 2007

Outubro 2007

Novembro 2007

Dezembro 2007

Janeiro 2008

Fevereiro 2008

Março 2008

Abril 2008

Maio 2008

Junho 2008

Julho 2008

Agosto 2008

Setembro 2008

Outubro 2008

Novembro 2008

Dezembro 2008

Janeiro 2009

Fevereiro 2009

Março 2009

Abril 2009

Maio 2009

Junho 2009

Julho 2009

Agosto 2009

Setembro 2009

Outubro 2009

Novembro 2009


INICIO








DESCARGA "A QUEBRA DA SANIDADE PÚBLICA"
Documento Ferrol

CONTRATACIÓNS
Listas provisionais de contratacións



Publicada no DOG 20.08.08 a resolución do 11 de agosto de 2008 pola que se da publicidade as listas provisionais de contratación de diversas categorías.
Lembrade que o prazo de reclamación é do 1 ao 11 de setembro (ambos incluídos).
Ligazón: Resolución DOG
Así mesmo, de conformidade co establecido no penúltimo parágrafo da disposición segunda da Resolución do 28 de xuño de 2007, aquelas persoas aspirantes que consonte a dita disposición puideron, con carácter excepcional e transitorio, inscribirse para vinculacións temporais en varias das categorías incompatibles desta convocatoria deberán, dentro do dito prazo de presentación de reclamacións do 1 ao 11 de setembro de 2008, formalizar expresamente a súa opción por unha única categoría de entre as incompatibles, a través de escrito dirixido á dirección provincial do Servizo Galego de Saúde que corresponda coa provincia da área de xestión solicitada (ou escrito dirixido á División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde, nas categorías de ámbito autonómico). Ante a ausencia de elección expresa formalizada no devandito prazo, a persoa aspirante será adscrita de oficio a unha única categoría, que será a que resulte da aplicación dos criterios establecidos na norma xeral 5.5.1 do pacto de selección temporal.
A norma xeral 5.5.1 di o seguinte: "...A citada exclusión acordarase baixo os seguintes criterios:...De detectarse duplicidade en categorías incompatibles entre si, optarase por manter ó interesado no listado da categoría en que figurase na anterior convocatoria, deixando sen efectividade a solicitude respecto da outra. De non figurar nos listados da última convocatoria optarase polo sinalado polo interesado en último lugar."

INCORPORACIÓNS E CESES DO PERSOAL POR: TRASLADOS - OPE
INSTRUCCIÓNS DA DIVISIÓN DE RECURSOS HUMANOS E DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE EN RELACIÓN COA INCORPORACIÓN E CESAMENTO DE PERSOAL COMO CONSECUENCIA DOS CONCURSOS DE TRASLADOS E OS PROCESOS SELECTIVOS.
Co fin de conseguir un tratamento uniforme nas incorporacións e cesamentos do persoal que se deban producir nos centros de xestión do organismo como consecuencia da resolución dos procesos de mobilidade voluntaria (concurso de traslados) e dos procesos selectivos, así como de clarexar outros efectos derivados dos mesmos, este centro directivo, partindo do establecido noDecreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, considera necesario dictar as presentes
I N S T R U C C I Ó N S
1.- CONCURSO DE TRASLADOS:
A.- PRAZOS DE CESAMENTO DO PERSOAL ADXUDICATARIO:
Primeiro.- Co fin de coordinar os cesamentos en todos os centros de xestión, o centro de orixe cesará, de oficio, ao persoal que tendo participado no concurso obtivera destino noutro centro o último día hábil do prazo establecido para o cesamento.
Segundo.- En relación co persoal que participou no concurso desde a situación de excedencia por coidado de familiares ou calquera outra situación administrativa que lle dea dereito a reserva de praza e obtivo novo destino, en ningún caso permitirase que se incorpore o seu centro de orixe, debendo este expedir unha dilixencia na que se faga constar a perda do dereito de reserva (non procede o seu cesamento xa que o interesado non está en situación de activo). Dita dilixencia, que deberá ser expedida igualmente o último día hábil do prazo de cesamento, será remitida ao centro de destino con carácter inmediato. Nesa mesma data procederase ao cesamento do substituto, no caso do que o houbese.
Terceiro.- Cando deba cesarse a un adxudicatario, que por encontrarse en comisión de servicios noutro centro teña un substituto na súa praza de orixe, o cesamento do substituto producirase o mesmo día en que deba cesar o titular da praza.
Cuarto.- No suposto de que o interesado se encontre disfrutando de permiso, licencia, vacacións, incapacidade temporal ou maternidade o cesamento deberá quedar diferido ata que o interesado se incorpore á súa praza de orixe. Ao día seguinte da incorporación o centro formalizará o seu cesamento e enviará a baixa ao centro de destino. Nesa mesma data cesará o substituto, no caso de que o houbese.
Quinto.- Non obstante o anterior, a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, por necesidades do servizo debidamente acreditadas, e previo informe dos centros afectados, poderá ampliar o prazo de cesamento ata un máximo de tres meses.
B.- PRAZOS DE TOMA DE POSESIÓN DO PERSOAL ADXUDICATARIO:
Primeiro.- A toma de posesión da nova praza deberá efectuarse, a opción do interesado, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel no que se formalizou o cesamento se as prazas son da mesma área de saúde, no prazo de quincedías hábiles se as prazas son de distinta área de saúde, ou no prazo dun mes se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde.Non obstante o anterior, a alta no centro de xestión de destino terá efectos administrativos do día seguinte ó do cesamento, se ben para os efectos económicos deberá terse en conta o establecido no apartado D segundo destas instruccións.
Segundo.- Non disporán de prazo posesorio algún aqueles adxudicatarios do concurso que xa viñesen ocupando praza no mesmo centro de estino en virtude de comisión de servicios ou reingreso provisional.
Terceiro.- En relación co persoal en comisión de servicios os prazos posesorios entenderanse sempre referidos á praza efectivamente desempeñada con independencia do centro no que teña a praza en propiedade.
Cuarto.- Cando o adxudicatario da praza desexe manterse na situación administrativa que lle dea dereito a reserva de praza (excedencia por coidado de familiares, servizos especiais, etc), deberá manifestarlo no momento da toma de posesión no centro de xestión de destino. Debe terse en conta que a pesar de estar na citada situación administrativa e aínda que pretenda manterse nela, a súa participación no concurso de traslados obrígalle a cumplimentar os trámites administrativos derivados do mesmo, e en concreto, a tomar posesión, dentro do prazo dun mes, da praza obtenida no concurso, o que necesariamente non implica a súa incorporación efectiva ó desempeño da mesma.Igualmente, nese intre, deberá solicitar á Dirección Provincial respectiva ou á División de Recursos Humanos, segundo corresponda, a declaración da situación administrativa correspondente, que dictará a resolución con efectos desa mesma data e nas condicións e cos límites legalmente establecidos.Neste suposto no que o interesado solicita continuar na situación administrativa que lle dea dereito a reserva de praza, o centro de xestión de destino, con efectos do día seguinte a aquel no que o centro de xestión de orixe expedira a dilixencia de perda do dereito de reserva, procederá a darlle de alta ós efectosadministrativos.A incorporación efectiva do interesado á praza determinará, de ser necesario, a aplicación dos criterios de cesamento.
Quinto.- No caso de que a adxudicación da praza supoña o reingreso ó servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes (obviamente non retribuído).Sexto.- Se así o permiten as necesidades do servizo, e a pedimento do interesado, o prazo de toma de posesión poderá ser prorrogado pola División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional.
C.- CRITERIOS DE INCORPORACIÓN E CESAMENTO:
Primeiro.- Os concursantes que obtiveron praza no concurso de traslados tomarán posesión de acordo cos criterios establecidos nos artigos 37 e seguintes do Decreto 206/2005, do 22 de xullo aplicándose estes mesmos criterios para efectuar os cesamentos que procedan.
Segundo.- O persoal en situación de reingreso provisional que, debendo participar no concurso de traslados, non obteña praza nel deberá ser cesado, sempre que sexa necesario, xa que de conformidade co establecido no artigo 38 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, a praza terá a consideración de vacante. O cesamento deste persoal producirase coa efectiva incorporación á praza do adxudicatario da mesma. No caso de que existan vacantes suficientes no centro para permitir a incorporación de todo o persoal propietario, non se producirá o cesamento daquel.O persoal en situación de reingreso provisional que non cumpriu coa súa obriga de participar no concurso de traslados, con independencia de que apraza que ocupa fose ou non adxudicada no concurso, deberá ser declarado na situación de excedencia voluntaria pola respectiva Dirección Provincial con efectos do día seguinte ó que se publique no D.O.G. a resolución pola que seabren os prazos posesorios do concurso de traslados. Por tal motivo o centro de orixe procederá a expedir a dilixencia de cesamento con efectos do primeiro día hábil de prazo de cese e comunicar tal incidencia, de xeito inmediato, á Dirección Provincial respectiva.O persoal que o seu reingreso lle foi concedido con posterioridade a data de publicación da convocatoria do concurso de traslados, e que polo tanto non acadou praza no mesmo, non debe ser cesado, sempre que exista praza vacante.
D.- OUTROS EFECTOS DERIVADOS DO CONCURSO:
Primeiro.- Os destinos adxudicados son irrenunciables polo que, cando un concursante non tome posesión da praza adxudicada no prazo establecido ou, no seu caso, no da prórroga concedida, estarase ó disposto no apartado 5º doartigo 30 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo.Neste suposto, o centro de xestión de destino, de xeito inmediato, procederá a comunicar tal incidencia á Dirección Provincial correspondente ós efectos oportunos.
Segundo.- Excepto cando a resolución do concurso implique o reingreso ó servicio activo (incluída a excedencia por coidado de familiares), o prazo de toma de posesión e, no seu caso, o da prórroga, será retribuído, percibíndose os correspondentes haberes con arreglo ás normas establecidas na orde pola que se dictan instruccións sobre a confección de nóminas de persoal ó servicio da Administración Autonómica.- Con carácter singular para o proceso de cesamentos e tomas de posesión derivados da resolución do concurso de traslados citado, o aboamento de salarios correspondentes ó prazo posesorio do persoal que se traslada con orixe e destino en institucións sanitarias dependentes do Servizo Galego de Saúde axustarase ó establecido na devandita orde para tal suposto.Dacordo co anterior, o centro de orixe aboará os haberes do persoal adxudicatario ata o último día do mes do cesamento. Nesa mesma data procederá a formalizar a súa baixa tanto na Seguridade Social coma na nómina remitindo a correspondente certificación de haberes o centro de destino. Na citada certificación incluirase a liquidación da parte proporcional da paga extra e deberá igualmente reseñarse se desfrutouse dalgún permiso, vacacións, días de libre disposición ou calquera outra consideración que se entenda necesaria.- Con respecto ó persoal que en virtude da resolución do citado concurso de traslados obteña praza nunha institución sanitaria do Servizo Galego de Saúde proveniente dunha institución sanitaria allea a este organismo, asremuneracións correspondentes ao prazo posesorio faranse efectivas íntegramente polo centro de destino, con referencia e efectos económicos ó día seguinte do cesamento na institución de orixe.
Terceiro.- Os centros de orixe deberán remitir ós centros de destino copia cotexada dos ocumentos que obren no expediente dos interesados que poidan ter relevancia administrativa.
2.- CONCURSO-OPOSICIÓN:
Primeiro.- Para a incorporación do persoal de novo ingreso que superou o concurso-oposición deberán seguirse os mesmos criterios de incorporación e cesamento establecidos no apartado C primeiro do punto 1º destas Instruccións.
Segundo.- O prazo para a toma de posesión deste persoal será dun mes (non retribuido) a contar desde ó día seguinte o da publicación no D.O.G. da resolución pola que se abra o prazo posesorio.Non obstante o anterior, en casos de forza maior, e a instancia do interesado, o órgano convocante poderá prorrogar o citado prazo.Non poderán tomar posesión da praza as persoas que se atopen en situación de incapacidade temporal nin en incapacidade permanente, posto que a tomade posesión implica a efectiva incorporación o desempeño da praza.Non obstante o anterior, e para o caso concreto da maternidade, e de conformidade cos promunciamentos xurisprudenciais máis recentes, o centro de xestión , con efectos do primeiro día hábil do prazo de toma de posesión, deberá expedir dilixencia de toma de posesión, aos únicos efectos administrativos.
Terceiro.- O persoal que viña prestando servicios con anterioridade a toma de posesión da praza adxudicada como consecuencia do concurso-oposición, deberá cesar no correspondente centro, a lo menos, o día anterior ó da dita toma de posesión. Neste suposto o centro de orixe deberá efectuar, con cargo ós seus respectivos orzamentos, as correspondentes liquidacións de haberes, nas que se incluirá a parte proporcional da paga extra así como das vacacións nos termos nos que proceda.
Cuarto.- Respecto o persoal que teña superado o proceso selectivo en varias categorías, únicamente poderá tomar posesión nunha delas (aquela que desexe o interesado). No mesmo acto de toma de posesión o interesado deberá solicitar á Dirección Provincial correspondente a declaración de excedencia voluntaria por prestar servizos no sector público na outra categoría, acompañando á solicitude unha copia da dilixencia de toma de posesión. A Dirección Provincial dictará a correspondente resolución con efectos da data na que tomou posesión da praza da categoría pola que optou.O persoal que teña superado o proceso selectivo nunha categoría que preste servizos temporais noutra categoría estatutaria distinta ou como persoal laboral temporal ou funcionario interino, xa sexa na mesma ou distinta categoría, poderá solicitar a declaración de excedencia voluntaria por prestar servizos no sector público na categoría na que aprobou.Para a declaración de calquera outra excedencia ou situación administrativa estarase ás instruccións desta División do 30 de setembro de 2005.
Quinto.- O persoal propietario que pola superación deste concurso-oposición acade nomeamento en propiedade noutra categoría distinta, poderá optar, dentro do prazo de toma de posesión, por ser declarado unha delas en excedencia voluntaria por prestar servizos no sector público.Dacordo coas instruccións desta División do 30 de setembro de 2005, a excedencia voluntaria por prestar servizos no sector público autorizarase tanto se o persoal fixo presta servizos noutra categoría estatutaria, xa sexa como persoal fixo xa sexa como persoal temporal, como se presta servizos baixo outro réxime xurídico distinto ao estatutario (laboral ou funcionario), xa sexacomo persoal fixo ou como persoal temporal.Para a declaración de calquera outra excedencia ou situación administrativa estarase ás instruccións desta División do 30 de setembro de 2005.
Sexto.- Por último, respecto ó persoal que se encontre disfrutando dunha excedencia por coidado de familiares concedida con anterioridade a superación deste proceso selectivo, e pretenda manterse nesta situación ó tomar posesión da súa praza en propiedade, deberá solicitar a Dirección Provincial correspondente a declaración dunha nova excedencia nas condicións e nos límites legalmente previstos.
3.- UBICACIÓN DO PERSOAL NAS UNIDADES OU SERVICIOS ORGANIZATIVOS:
Primeiro.- A ubicación do novo persoal nas unidades ou servicios organizativos dos centros de destino, tanto os adxudicatarios do concurso de traslados como os aprobados no concurso-oposición, poderá ter carácter provisional, a lo menos ata que se esgoten os distintos prazos posesorios, con respecto ós regulamentos internos de organización do traballo dos distintos centros asi como, no seu caso, ós acordos acadados cos órganos de representación do persoal correspondentes.
Segundo.- Os centros de xestión, no seo da Comisión de Centro, poderán promover os procedementos para a ubicación deste persoal atendendo a criterios obxectivos e co estricto respecto as funcións propias de cada categoría.
Terceiro.- Os profesionais que se atopen prestando servizos no centro continuarán provisionalmente prestando servizos no mesmo posto que viñan desempeñando.Cando non teña que procederse ao cesamento de persoal temporal a regla xeral para a ubicación provisional será a elección de destino pola orde de puntuación no concurso de traslados ou no proceso selectivo, segundo corresponda, polo que os centros deberán citar a todo o persoal que debe tomar posesión no mesmo, para que elixan pola devandita orde.
Cuarto.- Nas Xerencias de Atención Primaria, ó terse ofertadas as prazas por localidade, centro e quenda a incorporación producirase no centro e quenda adxudicada ao interesado. Cando existan varios postos de traballo no mesmo centro e quenda, os interesados elixirán pola orde de puntuación no concurso de traslados ou do proceso selectivo, segundo corresponda.
4.- OUTRAS NORMAS EN RELACIÓN COS CESAMENTOS DO PERSOAL TEMPORAL:
Primeiro.- En relación coa situación do persoal temporal substituto dun titularcon dereito a reserva de praza, de producirse a perda dese dereito de reservado titular por mor do proceso selectivo, aplicaranse as Instrucións de 22 desetembro de 2000 sobre xestión das listas de vinculacións temporais.
Xa que logo:
1º.- O persoal temporal substituto cesará no nomeamento que viña desenvolvendo no momento en que o titular substituído perda o dereito á reserva da súa praza, praza que, polo tanto, pasará a ser vacante para os efectos da incorporación do persoal propietario como consecuencia do concurso de traslados ou da OPE.
2º.- Ao persoal temporal substituto que cese por aplicación do punto anterior, de ter sido chamado no seu momento para unha vinculación de longa duración (nomeamentos de duración igual ou superior a un ano), pola súa orde de preferencia nas listas vixentes naquel intre, corresponderalle o nomeamento de interinidade na devandita praza vacante de conformidade coas mencionadas instrucións de 22 de setembro de 2000.
3º.- Unha vez vinculados como interinos en vacante serán tidos en conta para os ceses de acordo co disposto no artigo 39 do Decreto 206/2005, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.
Segundo.- Polo que se refire ao cesamento do persoal temporal de categorías nas que non existen listaxes vixentes de aspirantes á vinculacións temporais, segundo o artigo 39.2 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, o cesamento producirase por orde crecente de menor a maior antigüidade na praza desempeñada, debendo entenderse por praza desempeñada, no suposto deexistir varios nomeamentos sucesivos, como sinónimo de vinculacións desempeñadas polo mesmo profesional sen solución de continuidade, na mesma especialidade e centro e realizando, xa que logo, a mesma actividade, por teren eses nomeamentos concatenados a súa orixe na idéntica causa da vinculación inicial.

OPE SERGAS: ATS-DUE
11-agosto-2008


Hoxe sae no DOG a resolución que publica a baremación definitiva de DUE,

Agora ábrese o prazo dun mes, a partir de mañá, para presentar a documentación esixida: fotocopia compulsada da titulación.
No caso de promoción interna, tamén certificado de ser propietario da praza anterior.
E no caso de acceder pola quenda de discapacidade, documentación que o acredite.

Preme Ligazón: DOG -------------- Lista por puntuación e quenda de acceso


MARÍA XOSÉ ABUÍN - SECRET. XERAL CIG-SAÚDE


María Xosé Abuín, Secretaria Nacional da federación de Saúde da CIG
“Non houbo un cambio de política en materia de recursos humanos nin de asistencia no Sergas”
Tras 22 anos á fronte da federación de Saúde da CIG, Xan Cons anunciaba a súa intención de reincorporarse á actividade profesional no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Para substituílo, o Consello Nacional elixía, por unanimidade, a María Xosé Abuín. A nova Secretaria Nacional salienta as prioridades que, en materia de Saúde, tanto a nivel laboral como social, ten marcadas a CIG e cuestiona o continuísmo na xestión do novo goberno.

Como se produce a substitución de Xan Cons?
O Secretario Nacional, Xan Cons, logo de tanto anos dedicados case integramente á actividade sindical, coida que é o momento de facer un relevo na dirección da federación matizando que aínda que non siga á fronte de CIG-Saúde, sempre estará aí para o que sexa necesario e que contemos con el. No último Congreso el preséntase advertindo xa que a metade de mandato, máis ou menos, hai que proceder ao relevo polo que é necesario comezar a buscar substituto. Agora considerou que era o momento oportuno, a metade de tempo entre Congresos e co proceso electoral, no que a CIG se consolidou como primeira forza sindical, rematado. Comunicouno á Executiva da federación, onde todos lamentamos moito a súa marcha porque cremos que é unha persoa difícil de substituír. Aí valoráronse dúas opcións, a primeira convocar un Congreso extraordinario e a segunda continuar coa mesma Executiva e elixir, entre as persoas que a compoñiamos, ao seu substituto. Apróbase a segunda proposta, continuar coa mesma Executiva e os compañeiros consideran, non sei se acertada ou desacertadamente, o tempo o dirá, que a persoa que podía encargarse da secretaría nacional era eu. Iso levouse ao Consello Nacional e os delegados e delegadas refrendaron a proposta: continuidade da Executiva e nomeamento da Secretaria Nacional de federación.
Por que tan poucas mulleres en postos de dirección no ámbito sindical?
Malia ser o sanitario un sector moi feminizado -a maioría somos traballadoras- o certo é que os postos de responsabilidade están ocupados maioritariamente por homes. Para min nunca foi un inconveniente. As mulleres estamos sobradamente capacitadas e aportamos outras cualidades porque temos unha visión bastante máis integral dos temas da que poden ter os homes. Porén si se bota en falta que non haxa máis mulleres á frente dos postos de responsabilidade. A razón principal é que aínda se mantén a concepción de que a muller é que ten que asumir a responsabilidade da casa, do coidado dos fillos, da atención aos maiores, é quen acude ao médico, quen fai a compra... unha situación que realmente dificulta o acceso a eses postos e que temos que superar.
Cales son os obxectivos prioritarios de CIG-Saúde?
O noso obxectivo prioritario, porque este é un traballo colexiado, é mantérmonos como referente entre os traballadores da sanidade pública e privada para seguir mellorando as condicións laborais do persoal sen perder de vista que o sistema sanitario público é un piar básico da sociedade, que temos que seguir defendendo. Por iso demandamos da administración que xestione o servizo público como un servizo ao que ten dereito toda a poboación e que ten moito que mellorar.
Malia ter cambiando o goberno, nos últimos anos asistimos a unha actividade mobilizadora importante, cales son as causas?
A consellaría de Sanidade anunciou en diversas ocasión que ía adoptar medidas para paliar o déficit sanitario existente e abordar, sobre todo, o problema das listas de espera. Porén, ningún deses plans se incorporou e o que se fixo non serviu para reducilas. A situación global non difire moito de tempo pasado e no ámbito estritamente laboral xorden conflitos derivados da falta de iniciativa da consellaría á hora de tomar decisións para cambiar de modelo sanitario. Non houbo un cambio de política en materia de recursos humanos, non hai unha política integral para abordar, no seu conxunto, as demandas dos traballadores e a demanda asistencial, que vai crecendo. Iso deriva nunha situación de conflito permanente no que a xente non percibe un cambio e tanto os traballadores como os usuarios atópanse con que cada día van perdendo calidade, uns nas condicións laborais e outros no servizo. O que provoca esta situación é que na meirande parte dos casos teñen que recorrer a esa sanidade complementaria que teñen que abonar, a sanidade privada.
É a precariedade laboral a que favorece que os traballadores e traballadoras do sector sanitario acaben optando pola emigración?
Unha administración non pode exixir unha titulación e unhas responsabilidades e logo retribuír e ofertar unhas condicións por debaixo desas exixencias. Durante moitos anos houbo un sistema moi precario porque os vínculos que se ofertaban eran de atención continuada de garda para realizar actividade ordinaria. A xente o que buscaba era unha seguridade e non ter que renovar vínculos mes a mes ou cada 15 días. Fíxose un primeiro plano de estabilidade co que se estabilizaron en torno a 214 postos de facultativos en toda Galiza. Agora hai un compromiso do SERGAS, que temos que seguir lembrando porque incumpre reiteradamente, de ofertar novamente o vínculo de estabilidade. De feito cando xurda unha vacante ten que contratarse como unha praza de nova creación, e non con contratos de mes a mes. Pero é unha situación que afecta a todo o persoal, non só aos facultativos. Os cadros de persoal precisan medrar pero os vínculos que se ofertan son de 15 días, de acumulación de tarefas, polo tanto, a situación é precaria e os traballadores teñen a incertidume de se lle van renovar o contrato... Ten que haber un compromiso do SERGAS para que cada dous anos se convoque un novo concurso oposición e que o persoal acceda á estabilidade con carácter definitivo.
Cada canto se convocan eses concursos oposición?
No sistema sanitario, sobre todo no caso dos facultativos, había máis de 13 anos que non se convocaba un concurso de oposición, co cal tiñamos interinos de 15 ou máis anos de antigüidade. A lei extraordinaria coa que se convocou non solucionou o grande problema e a partir de agora ten que haber un cambio na política de persoal, no sistema de contratación e unha solución integral na política de recursos humanos. Ten que haber garantías, polo ben do traballador e polo ben do doente, de que non se pode traballar por enriba das xornadas de 48 horas, do contrario os facultativos e o persoal en xeral buscarán unhas condicións de traballo con mellores condicións laborais.
E a reversión das fundacións á sanidade pública?

Ao final da época do PP iniciouse a reversión do persoal das fundacións, despois dunha presión sindical forte e coincidindo con que a CIG era a primeira forza sindical. Comezamos a negociar no 2004 a integración do persoal de fundacións no réxime estatutario. Cando entrou o PSOE houbo unha parálise na tramitación do decreto de estaturización e no 2007, transcorridos tres anos, produciuse esa integración. Fíxose ese cambio de persoal estatutario de fundacións a persoal estatutario do SERGAS, pero, malia os reiterados compromisos da conselleira de que se ían reverter todas as fundacións sanitarias, de momento non se chegou a cumprir. Dicían que no 2008 reverterían as fundacións hospitalarias: Barbanza, Virxe da Xunqueira, Salnés e Verín, para integralos na rede sanitaria do Sergas. Porén a data de hoxe non temos ningunha notifoicación e o resto de fundacións seguiremos esperando.

CONTRATACIÓNS
07-Agosto-2008


Publicadas as listas provisionais de contratacións. Pendentes dende fai moito tempo (convocatoria xullo do ano 2007) pola ineficacia do sergas para facer as baremacións, pregase consultalas e facer as comprobacións por si cumpre facer reclamacións si houbera erros.

Os méritos valorables serán unicamente os causados ata o día inmediatamente anterior á data de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e deberán ser acreditados no prazo de presentación de solicitudes.

Polo tanto, tanto os méritos de experiencia profesional, como os de formación, como o desemprego valóranse ata o día 18 de xullo de 2007, que foi o día anterior á publicación da resolución no DOG.

O prazo de presentación de reclamacións publicitarase a través dun anuncio no DOG en próximas datas; cun prazo de reclamacións que irá do 1 ao 11 de setembro de 2008 (os dez días hábiles estipulados no pacto), os dous incluídos.

Preme ligazón.: SERGAS e despois categoria: unha vez na pax do sergas, picar na categoria, despoís listaxes en linea ( ambito e modalidade) se picades enriba do DI. ou nome da persoa accedese ao desglose da puntuación individualizada.

Preguntas máis comúns sobre as listaxes provisionais de selección temporal do Servizo Galego de Saúde, correspondentes á convocatoria de 2007 (DOG do 19 de xullo).
¿Onde podo consultar as listas de selección temporal?
As listas publícanse nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde e das xerencias de atención primaria, hospitais e complexos hospitalarios; así como tamén na páxina web da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde (accedendo ao cadro Espazo PROFESIONAL >> Emprego público >> Listados de contratación, marcando finalmente o nome da categoría/s do seu interese).
¿Que podo facer se non estou de acordo coa puntuación que teño asignada, ou se figuro na relación de aspirantes excluídos?
Ten a posibilidade de presentar unha reclamación contra a lista provisional, dirixida á dirección provincial do Servizo Galego de Saúde que corresponda coa provincia da área de xestión solicitada ou, no caso de ser unha categoría de ámbito autonómico, á dirección provincial que vostede indicara na súa solicitude de inclusión nas listas (lémbrase que as áreas de xestión das correspondentes provincias figuran no modelo de solicitude empregado). Nesa reclamación deberá expoñer os motivos dela, podendo xuntarlle a documentación que estime conveniente para fundamentala, ou para corrixir o erro que segundo vostede se puidese ter cometido.
¿Onde podo presentar unha reclamación contra as listas provisionais?
As reclamacións poden presentarse nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, nos rexistros das direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde, nos rexistros dos centros hospitalarios e das xerencias de atención primaria do Servizo Galego de Saúde, así como tamén nas oficinas de correos e nas demais dependencias ás que se refire o artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; indicando sempre a dirección provincial do Servizo Galego de Saúde á que corresponda a súa recepción e revisión.
¿Que prazo teño para presentar unha reclamación contra as listaxes, e a partir de qué data podo facelo?
Con carácter xeral, o prazo para formular as reclamacións contra as listas ante as direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde é de 10 días hábiles, pero deberá estar pendente do que indique ao respecto o correspondente anuncio de publicación das listas no Diario Oficial de Galicia. Nese anuncio indicaranse expresamente as datas de comezo e remate do dito prazo de reclamacións, con independencia de que as listaxes se publiquen con anterioridade nos taboleiros de anuncios dos centros e nesta web; pois estas publicacións previas teñen tan só un carácter informativo, iniciándose o período de reclamacións sempre a partir da data indicada no Diario Oficial de Galicia e non antes.
¿Se presento unha reclamación, cando e como me contestan?
As reclamacións enténdense estimadas ou desestimadas coa resolución pola que se publican as listas definitivas, do xeito establecido para as provisionais (con publicación no DOG, ademais de nos taboleiros de anuncios das oficinas administrativas e nesta web). Coa citada publicación se dará resposta ás reclamacións contra as listaxes provisorias, iniciándose o prazo dun mes, que se indicará na propia resolución, para presentar un recurso administrativo contra as listas definitivas, no suposto de que os aspirantes entendesen que a súa puntuación nelas (ou a súa exclusión, de ser o caso) aínda non fose a correcta.


OPE SERGAS: Grupo Xestión Función Administrativa
06-agosto-2008

Publicados os listados de baremación provisionais da categoría de Grupo de Xestión da Función Administrativa.
dez días de prazo para facer reclamacións.
Premer: resolución do DOG .
Tamén hoxe se publica a resolución pola que se dá por rematado o proceso na categoría de FEA de Nefroloxía.
Premer: resolución,

NEGOCIACIÓN ACORDO RETRIBUTIVO E CONDICIÓNS DE TRABALLO SERGAS
INFORMACIÓN REUNIÓN MESA SECTORIAL NEGOCIACIÓN DE MELLORA DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO E RETRIBUTIVAS CELEBRADA O DÍA 31 DE XULLO DE 2008.
Nesta reunión a Admón fainos entrega do documento de acordo marco 2008-2012 . Na devandita reunión a Admón fai unha exposición deste documento,
Proposta da Admón:
.- Un orzamento pechado sen posibilidades de incremento de 135 millóns de euros para o financiamento do acordo marco 2008-20012, dividido en:
15 millóns no ano 2008
e 30 millóns en cada un dos anos 2009, 2010, 2011, 2012.
Con este orzamento financiaríanse non só os incrementos retributivos senón tamén todos os compromisos de condicións de traballo que xa estaban comprometidos.

A proposta retributiva vai a compañada do seguinte cronograma :
.- 31 de xullo de 2008 entrega da proposta.
.- Duas reunións de negociación no mes de setembro.
.- No mes de outubro reunión para a sinatura do acordo e constitucións das comisións técnicas.
.- Aprobación do acordo polo Consello da Xunta no mes de novembro
.- Publicación en DOG a primeiros de decembro.
.- Percepción do incremento salarial correspondente ao ano 2008 na nómina do mes de decembro, ou nunha nómina complementaria no mes de xaneiro.
.- Advertencia de que se non asinamos o acordo en outubro non serán eles os que lles digan aos traballadores/as que non cobran este ano porque non hai acordo.


Ano 2008 :Desde o mes de xullo

Incremento de un nivel no complemento de destino
Incremento do 15% sobre as contías de noites, domingos e festivos.
A contía de nocturnidade será a que se perciba pola 1ª e 2ª semana; queda suprimida a modalidade de 3ª e 4ª semana.
As xornadas nocturnas que se realicen en vésperas de festivos pasarán a ser retribuidas coa contía correspondente a un festivo.
Incremento do valor da hora de garda.

Ano 2009.

Incremento do 10% sobres as contías de noites, domingos e festivos
Destinaranse 3,5 millóns de euros ás medidas acordadas en Atención Primaria.
Equiparación do complemento de produtividade variable dos licenciados sanitarios (Técnicos de saúde, Odontólogos…) cos médicos de familia.
Equiparación salarial dos logopedas cos terapeutas ocupacionais.
Consolidación de grao dos licenciados e diplomados sanitarios.
Reformulación do específico dalgunhas categorías.
Consolidación do nivel do complemento de destino.
Primeira fase da reforma do complemento específico-exclusividade
Anos 2010-2011-2012
A Admón garantiza incrementos anuais por riba dos incrementos que contemple a Lei de orzamentos.
A Admón está aberta a propostas de distribución orzamentaria; pódense negociar retribucións axustadas ás cargas de traballo, subas lineais ou incremento das contías de atención continuada.
Financiamento do incremento de cadro de persoal para reducir xornada.
Redución de Xornada. : A Admón informa que non se pode falar de redución de xornada até o ano 2010.
O incremento de cadro de persoal para reducir xornada farase a cargo dos 30 millóns que orzamentan ese ano para o incremento retributivo.
Comentan que o que lle trasmiten dos centros é que o persoal quere incremento retributivo e non diminución de xornada. Se ese incremento de persoal o temos que finaciar renunciando ao incremento retributivo deses anos, que máis dá.
Estarían dispostos a falar de redución de xornada naqueles colectivos que non necesitan substitución. Unha vez máis os perxudicados serían o persoal que traballa en quendas.
Estatuto Básico
Non queren negociar a reclasificacÍón do persoal sanitario de formación profesional (Auxiliares e Técnicos).Dín que ten que ser unha decisión estatal e non da Comunidade Autónoma. A CIG-SAÚDE foi o único sindicato que reivindicamos a reclasificación.

Funcionarios e Laborais:
Por acordo de Mesa Sectorial están percibindo o acordo de Función Pública o dito acordo remata no 2009.

Específico Facultativos:
Na primeira quincena de setembro contan que nos entregarán o documento elaborado polo grupo de traballo, o dito documento contén dous criterios:
Non hai xeneralización do complemento específico
Non hai incrementos sen aportacións dos facultativos.

A Admón fai unha autoconvocatoria para o día 12 de setembro para negociar a súa proposta.
Ligazóns Preme:
proposta SERGAS
Proposta CIG-Saúde xa entregada ao Sergas

OPE SERGAS: P.S.X + AUXILIAR ENFERMARÍA + ATS - DUE
01-agosto-2oo8


Publicada resolución relativa a fase de concurso da OPE das categorías de P.S.X e AUXILIAR DE ENFERMARÍA.

ANEXO I: Puntuacións definitivas da baremación da fase de concurso obtidas polo persoal aspirante das categorías de P.S.X e AUXILIAR DE ENFERMARÍA.
ANEXO II: Aspirantes definitivamente seleccionados.
Só os aspirantes definitivamente seleccionados deberán achegar no PRAZO DUN MES, contado a partir de mañá a seguinte documentación:
Fotocopia compulsada do título exixido para o ingreso na correspondente categoría.
Persoal das quendas de Promoción interna e discapacidade: Deberán achegar ademais orixinal ou certificación compulsada acreditativa para acceder polo correspondente quenda.
Contra esta resolución, o persoal interesado dispón de 2 meses para presentar recurso contencioso administrativo
Ligazón: PREME DOG

Proxima públicación en DOG

Preme : Listas ATS-DUE





URXENTE
SUPRESIÓN ACORDOS RETRIBUTIVOS

GRIPE P

PLAN MELLORA

NON Á CESIÓN DE TRABALLADORES Á PRIVADA

SOLIDARIEDADE

NOTICIAS BLOGS CIG

ÚLTIMAS NOTICIAS


OUTRAS NOTICIAS
XUNTA DE PERSOAL

MESAS DE CONTRATACIÓNS

MESAS SECTORIAIS

NOTICIAS EXTERNAS

CIG-SAÚDE


CIG


SANIDADE


SAÚDE



ecoestadistica.com
CIG-Saúde Ferrol: Hospital Arquitecto Marcide-Local Sindical da CIG. Avda. da Residencia s/n. 15405. Ferrol
981 33 45 66 * www.cigsaudeferrol.blogspot.com * cigsaudeferrol@gmail.com