DE INTERESE

LIGAZÓNS


























MAPA A.S.F.

SUBSCRICIÓN
Subscribete ás Noticias
da CIG-Saúde Ferrol

Correo electrónico:

SINDICACIÓN

Sindícate ás Noticias da CIG-Saúde Ferrol

CONTACTO
MERCEDES DIAZ LOPEZ

Secretaria Comarcal
da CIG-Saúde de Ferrol

ESTATÍSTICAS WEB

PROCURA NA WEB


Noutras webs
En CIG-Saúde Ferrol

ARQUIVO
TOTAL
Mostrar todas as noticias

POR MESES

Maio 2007

Junho 2007

Julho 2007

Agosto 2007

Setembro 2007

Outubro 2007

Novembro 2007

Dezembro 2007

Janeiro 2008

Fevereiro 2008

Março 2008

Abril 2008

Maio 2008

Junho 2008

Julho 2008

Agosto 2008

Setembro 2008

Outubro 2008

Novembro 2008

Dezembro 2008

Janeiro 2009

Fevereiro 2009

Março 2009

Abril 2009

Maio 2009

Junho 2009

Julho 2009

Agosto 2009

Setembro 2009

Outubro 2009

Novembro 2009


INICIO








DESCARGA "A QUEBRA DA SANIDADE PÚBLICA"
Documento Ferrol

CONTRATACIÓNS SERGAS
30-xullo-2008



Delegados/as de CIG-SAÚDE concentraronse en Compostela para protestar pola tardanza na publicación de listas e o incumprimento do Pacto de Contratacións.

ó mesmo tempo que nos concentrábamos unha trintena de delegad@s de CIG-Saúde no exterior do SERGAS, dentro reuníanse os responsables de contratación dos sindicatos cos responsables de RR.HH. do SERGAS, según nos trasladarón isto foi o que deu de sí a reunión no que respecta a reivindicación das listas provisorias dunha vez por todas e a utilización destas para as contratacións:

Según parece a xuntanza iniciuse co subdirector de RR.HH. que expresando que estaba moi molesto e apenado pois algúns radicais estaban axitando e crispando ó persoal no tema de contratacións, que eles estaban traballando duro en tódolos frentes.

Pasado este exposición, ( @s nos@s compañeir@s na Mesa lle expuxerón que a crispación era xenerada unica e exclusivamente pola ineptutide da administración), comentou que xa tiñan as listas, pero que habia un problema con algunha xente que non tiñan ben os datos ou que non lles chegaran de 93 persoas, que teñen que facelo manualmente, e que non poderían ter elaboradas as listas provisorias antes de 10 dias (lembrade que dixeron que en 2 ou 3 dias as terían unha vez lle viñeran os datos do paro), ó final chegamos o acordo seguinte:

en 10 dias publicarán as listas provisorias na páxina do SERGAS e nos taboleiros das direccións provinciais, utilizandose esas listas como subsidiarias das vixentes, ata a publicación xa das definitivas que serian as que entrarian en vixencia, esta proposta que fixemos dende CIG-Saúde foi asumida polo resto dos sindicatos estando conforme o SERGAS.

Agardamos que a administración cumpra.

Ligazón: noticia xornal "el correo gallego"


OPE SERGAS: MÉDICOS DE FAMILIA Y GRUPO TECNICOS FUNCIÓN ADMINISTRATIVA
Publicadas as puntuacións obtidas polo persoal aspirante das categorías do Grupo Técnico da Función Administrativa e Médicos de Familia, relativas a baremación PROVISIONAL da fase de concurso.

Prazo de 10 días hábiles contados dende mañá para reclamacións.

Ligazóns:
DOG

Grupo Tecnico función administrativa

Médicos de familia

listas provisorias ordeadas por puntos de medicos de familia, poden conter algún erro,
.premede aqui para descargar o arquivo. e logo en "Click here to start download"

ACORDO GARDAS OBRIGATORIAS EN ATENCIÓN PRIMARIA: PACs
Acordo asinado o día 29 de xullo do 2008 pola comisión de centro de primaria da xunta de persoal e a xerencia da área sanitaria de Ferrol.

MANTEMENTO DA ASISTENCIA SANITARIA POR FALTA DE PERSOAL DISPOÑIBLE

CONSIDERACIÓNS XERAIS:

É por todos coñecida a falta actual de profesionais de medicina -tanto médicos de familia como pediatras-, que en ocasións podería derivar nunha situación de déficit nos cadros de persoal que se farían incompatibles co mantemento duns niveis asistenciais de garantía. Este déficit pon de manifesto dun xeito máis preocupante nos PAC, non solo polo servizo que prestan senón tamén polo seu horario funcional, sendo por outro lado cada vez máis difícil que os profesionais dos equipos que fan quendas voluntariamente poidan cubrir a asistencia sanitaria nestes.

Enténdese que a orde de realizar quenda por necesidades do servizo é o último recurso a utilizar e polo tanto debe estar sempre motivado e xustificado.

Considérase que existe indispoñibilidade de persoal cando concorran as seguintes circunstancias:
- Que non se dispoña de persoal nas listas de aspirantes a vinculacións temporais.
- Que non haxa voluntarios para facer quendas.
- Que o persoal que participa voluntariamente na realización de quendas, non asuma voluntariamente a realización da xornada de traballo por estar a realizar o limite legal máximo (2.090 horas/ano).
- Que o persoal de PAC non asuma voluntariamente a realización da xornada por enriba do limite legal máximo (2.090 horas/ano).

ACORDO ASIGNACIÓN DE QUENDAS MEDICAS POR NECESIDADES DO SERVIZO


1º. - Con respecto ao ámbito de aplicación seria o ámbito territorial de cada PAC, de tal maneira que se vincula a todos os profesionais dunha área asistencial co seu PAC de referencia, o que significa que habería unha lista por cada PAC.

2º. - O listado de profesionais dispoñibles por cada PAC, farase por orde alfabético logo de sorteo para decidir a letra de comezo.(realizado o sorteo coa presenza da administración e os representates sindicais esta foi a letra P ) Este listado funcionará de forma rotatoria, de tal forma que ao rematar volverá comezar a persoa que resultara primeira no sorteo.

Quedarán excluídos, aínda que figurarán no listado indicando a causa da exclusión, os PEDIATRAS, maiores de 55 anos que solicitasen voluntariamente a exención de gardas, así como todos aqueles profesionais que teñan unha causa legalmente recoñecida. Os profesionais APD, quedarán excluídos mentres non haxa un informe xurídico sobre as condicións laborais e económicas da súa incorporación.

3º. - A asignación de quendas obrigatorias farase de forma equitativa entre todos os profesionais, unha vez superada a xornada ordinaria.

4º. - Calquera inclusión dun facultativo farase no posto que lle corresponda por orde alfabético.

5º. - Se a un profesional non lle fose posible incorporarse á realización dunha quenda obrigatoria por circunstancias asimilables a I.T., PERMISOS, VACACIÓNS, etc.,estará exento mentres dure esa situación, e pasará a ser o primeiro dispoñible para a seguinte quenda obrigatoria.
. 6º. - Se comunicada a obriga de facer unha quenda aparecese posteriormente un voluntario, comunicaráselle ao obrigado que poderá escoller entre seguir coa garda ou non, neste último caso non lle correría a quenda no listado. Permitirase o cambio de quendas obrigatorias entre profesionais que terán que comunicalo polos mecanismos oficiais existentes, o cal non supón modificar o seu posto na rolda de chamamentos obrigatorios.

7º. - A obrigatoriedade de facer unha quenda comunicarase con 5 días naturais de antelación á data de inicio da mesma, e no suposto dunha situación que requira unha cobertura inmediata chamárase ao primeiro profesional dispoñible, respectando a obrigatoriedade xa asignada. A asignación dunha garda obrigatoria deberá comunicarse de forma escrita dentro do horario laboral, de non ser posible esta vía, realizarase mediante chamamento telefónico.

8º. - As quendas obrigatorias serán de 15,00 a 08,00 horas en días laborables. Os días festivos serán de 08,00 a 22,00 e de 22,00 a 08,00 horas. Nos centros con unidades de tarde cando a garda obrigada lle corresponda a un facultativo de tarde na súa xornada laboral, fará a súa consulta ordinaria e seguirá posteriormente coa quenda; polo tanto na súa xornada laboral fará a quenda o seguinte dispoñible no listaxe. Co fin de evitar prexuízos aos médicos correspondentes de tarde con quendas só nocturnas e en sábados e festivos, faranse os axustes necesarios na lista para que a rotación deste persoal sexa por cada duas veces que se mova toda a listaxe.

9º. - Se a un medico,ó cal se lle comunique a necesidade de facer unha garda obrigatoria, xa lle correspondese facer garda ese día, fará a quenda marcada, non saltará na lista de obrigatoriedade, e a obrigatoria faraa o seguinte dispoñible.

10º. - Garantirase unha marxe de 24 horas entre o final dunha garda e o comezo doutra. Ademais tras unha garda nocturna obrigatoria, garantirase a libranza na xornada ordinaria do día seguinte. Tamén quedará garantido o descanso dunha fin de semana ao mes.

11º. - Remitirase información semanal a todos os xefes de servizo e unidade sobre a situación da lista e posibles quendas sen cobertura, co obxecto de que todos os profesionais de cada centro estean debidamente informados da súa situación e dispoñibilidade. Así mesmo deberá informarse dende a xerencia, semanalmente ou coa periodicidade necesaria e sempre que se produza algún cambio no listaxe, directamente a aqueles profesionais que se atopen nos primeiros lugares de dispoñibilidade no listaxe. A información dos chamamentos no listaxe tamén poderá ser publicada a través de intranet.

12º. - Os profesionais que teñan recoñecida legalmente a conciliación familiar. Só farán gardas obrigatorias que se lles comuniquen con cinco días de antelación. En caso dunha continxencia menor de cinco días non serán chamados, pero non perderán o seu posto na lista.

13º. - Os criterios de organización do listado poden quedar a un posible acordo dos profesionais implicados; se isto non fose posible seguiranse os criterios fixados neste acordo. Polo tanto, posibilitarase a organización por grupos e gardas semanais, quincenais ou mensuais en función da decisión por unanimidade de cada Centro.
No suposto de que os criterios de organización do listaxe sexan pactados nun determinado centro, previo acordo unánime dos profesionais implicados; será o centro o encargado de informar á xerencia das diferentes incidencias (asignación de quendas...) e da situación dos profesionais da listaxe ( primeiros dispoñibles para asignación..).

14. - Establecerase un seguimento deste acordo a nivel da Comisión de Centro de Atención Primaria coa Xerencia do Área cunha convocatoria mínima de dúas reunións anuais para avaliar o seu cumprimento e emendar as deficiencias detectadas. Poderanse realizar máis reunións de seguimento en situacións extraordinarias a petición dalgunha das partes.

Este acordo queda suxeito ás modificacións que precise en función dos criterios de obrigatoriedade que poidan ser elaborados na “Comisión Central de Seguimento do Acordo sobre condicións de traballo e retributivas( Orde do 4 de Xullo, DOG 16/06/08).


OPE : CELADORES/AS E COCIÑEIROS/AS
Publicación en DOG da resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde relativo a baremación definitiva da fase de concurso e á presentación da documentación do persoal definitivamente seleccionado( Anexo II).
Só o persoal que figura no anexo precitado, deberá achegar no prazo dun mes a seguinte documentación:
Fotocopia compulsada do título esixido.
O persoal de Promoción Interna e persoal con Discapacidade :
Certificación acreditativa para aceder pola correspondente quenda.


Preme ligazón: DOG

para ver o listado definitvo de persoal seleccionado e as listas ordenadas por puntos e alfabeticamente, preme no enlace:
celador
cociñeiro

CONTRATACIÓNS: CONVOCADA CONCENTRACIÓN MERCORES 30 EN COMPOSTELA
Mércores 30 @s delegad@s de CIG-Saúde imos a amosar o noso rexeitamento á política en materia de contratación que está facendo o SERGAS nos derradeiros meses, non só pola demora en sacar as listas de contratación, senon tamén polo incumprimento de Pacto de Contratacións en canto a convocatorias extraordinarias se refire.
Somos conscientes que as datas nas que nos atopamos non son as mellores para facer unha protesta, pola cantidade de persoal que está de vacacións; pero a actitude do SERGAS obríganos a facer un esforzo para amosar o noso rexeitamento, ante un asunto tan grave e intentar que deste xeito o SERGAS tome dunha vez por todas, todo o que se refire á xestión de listas en serio, que actuacións como esta non volten a producirse no futuro e que se publique dunha vez por todas os listados provisorios das categorias convocadas.


Facemos un chamamento a todo o persoal afectado para que o próximo mércores nos acompáñe na protesta que será ás 11 horas diante do SERGAS en Compostela.




Escrito enviado ó SERGAS.

Transcorridos catorce anos (14) desde a publicación do primeiro pacto de vinculacións temporais e a pesares das melloras que éste foi acadando co consenso de todas as partes, parécenos inaudita a situación acaecida neste verán coas vinculacións temporais.
Desde CIG-Saúde non pretendemos sinalar culpábeis pero si exixir responsabilidades e que se dean solucións a todos o temas relacionados coas vinculacións temporais.A pesares de que a convocatoria para persoal non sanitario e sanitario de F.P foi realizada en setembro de 2007, a realidade é que a data do presente escrito as listaxes de esta convocatoria están sen publicar. Non é admisible que cando se realiza unha nova convocatoria a Admón non teña resolto quen vai realizar a baremación, non é de recibo que entre a data de remate da presentación das solicitudes e o inicio do traballo de baremación trascurran máis de seis (6) meses. Solicitamos a inmediata publicación das mesmas.

Non houbo por parte das Direccións Provinciais (organismo responsábel da xestión das listaxes) unha previsión de necesidades de persoal, esgotándose as listaxes en algunhas categorías e non podendo ofertar os vículos ao persoal demandante de emprego por non estar rematada a baremación.O pacto de vinculacións temporais recolle os mecanismos de novas ofertas en caso de esgotarse unha listaxe, sempre a través de convocatoria publica, anuncio en prensa ou oferta a través do Servizo de Colocación; o que non recolle é o chamamento a familiares ou persoas coñecidas; non estamos no tempo dos fillos dos ferroviario.

Rexeitamos o pago de horas extras en substitución da contratación.

Os criterios adoptados polas Direcións Provinciais foron, nalgún caso, ao seu mellor entender sen dar cumprimento ás reiteradas instrución da Mesa Sectorial cabe suliñar os chamamentos ao persoal que se encontra no periodo de descanso dos tres meses.As organizacións sindicais non fomos convocadas a ningunha reunión para abordar esta situación e a resposta da Admón veu dada polas nosas reiteradas denuncias do que estaba acontecer, sempre a tempo pasado.


Todas estas alteracións no normal funcionamento do pacto de vinculacións temporais e a improvisación continua ante a falla de recursos humanos é o que pon en entredito as actuacións da Admón e de forma compartida ás organizacións sindicais. Non podemos seguir consentido estas actuacións, polo que solicitamos que na reunión que, previsiblemente, está convocada para o próximo mércores día 30 de xullo, se realice unha analise do acontecido e se acade un acordo que poña fin a esta situación.Agardando a súa resposta .


Un saúdo.. Compostela,28 de xullo de 2008.


Executiva CIG-saúde.

OPE SERGAS
os vindeiros días están previstas as seguintes publicacións en relación coa OPE

- Día 29 de xullo: Baremación definitiva de CELADOR e COCIÑEIRO

- Día 30 de xullo: Baremación provisional de GRUPO TÉCNICO DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA e de MÉDICO DE FAMILIA

- Día 31 de xullo: Baremación definitiva de P.S.X. e de AUXILIAR DE ENFERMARÍA

- Primeira semana de Agosto: Baremación definitiva de ATS/DUE.

CONTRATACIÓN TEMPORAL HOSPITAL NAVAL
BORRADOR: ACTA DE ACORDO
(Pendente de alegacións e asinar)

Mesa sectorial de negociación do persoal das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, 25 DE xuño DE 2008



Na sede do Servizo Galego de Saúde en Santiago de Compostela, na reunión celebrada o día 25 de xuño de 2008 logo da convocatoria realizada para tal efecto, reúnense os membros da mesa sectorial que se indican na relación adxunta e no punto 6º da orde do día (Sistema de selección temporal do Hospital Básico da Defensa en Ferrol) as partes chegan ao seguinte

A C O R D O :

1º.- Aprobar o mantemento das listaxes de selección de persoal temporal vixentes no Hospital Básico do Ministerio de Defensa en Ferrol, cuxo persoal transferido está en proceso de integración no réxime estatutario do Servizo Galego de Saúde, de xeito que as vinculacións temporais do dito centro poidan continuar realizándose segundo o sistema (listas) de selección temporal en vigor nel, de acordo co establecido con carácter regrado na normativa vixente deste persoal; co exclusivo obxecto de cubrir as substitucións do persoal transferido, que non teñan carácter de longa duración. Estas substitucións de longa duración serán cubertas a través das listaxes de selección temporal do Servizo Galego de Saúde.

2º.- Determinar que as ditas listaxes de selección temporal do Hospital Básico da Defensa serán xestionadas pola Dirección Provincial do Servizo Galego de Saúde na Coruña, coa participación da comisión provincial de seguimento recollida na norma 10 do vixente pacto de selección temporal deste Organismo, no que atinxe ao coñecemento das incidencias e reclamacións que se poidan producir respecto dos chamamentos que daquelas se deriven.

No momento no que a Dirección Provincial da Coruña realice a primeira oferta de substitución aos aspirantes das listas do Hospital Básico do Ministerio de Defensa, estes deberán manifestar a súa opción por permanecer nas devanditas listaxes de substitucións ou, pola contra e de xeito excluínte, manterse nas listas ordinarias de selección temporal do Servizo Galego de Saúde.

3º.- Aprobar que as ditas listaxes non se vexan afectadas polas listas que arestora rexen con carácter xeral no ámbito do Servizo Galego de Saúde, ata que este Organismo formalice unha nova oferta de selección temporal, que abranguerá xa ao Hospital Básico da Defensa de Ferrol. A utilización das listaxes específicas deste Hospital, namentres pervivan, non muda o carácter estatutario dos vínculos que delas se deriven.

4º.- Aprobar que no suposto de que as listas de contratación temporal do Hospital Básico do Ministerio de Defensa se teñan esgotado nalgunha categoría, ou se vaian esgotar nun breve lapso de tempo, a selección do seu novo persoal estatutario temporal rexerase polo vixente pacto sobre selección temporal do Servizo Galego de Saúde, (DOG do 1 de xuño de 2004) e polas convocatorias realizadas no seu desenvolvemento, coa aplicación das listaxes correspondentes á área de Ferrol (ou de ámbito autonómico, de ser o caso).

O fundamento do presente acordo reside na necesidade de cohonestar a garantía da continuidade asistencial do Hospital Básico da Defensa e as expectativas dos aspirantes a vinculacións temporais consonte as listas ata o de agora vixentes nel; medida que non provoca menoscabo ou minoración na oferta de emprego temporal do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde
.

PLANS ESTUDIOS
Plans de estudo.
Habilitación profesional
.Orden CIN/2134/2008, de 3 de julio, pola que establecense os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enfermeiro.

Orden CIN/2135/2008, de 3 de julio, pola que establecense os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de fisioterapeuta.

Orden CIN/2136/2008, de 3 de julio, pola que establecense os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de dentista

Orden CIN/2137/2008, de 3 de julio, pola que establecense os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de farmacéuticos

CURSOS DE GALEGO
14-XULLO-2008

CURSOS DE GALEGO
Convocados cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para adultos e colectivos de Galicia no ano 2008.

Publícase unha convocatoria extraordinaria para quen queira inscribirse nos cursos.
Ligazón: convocatoria DOG.

CONTRATACIÓNS: SERGAS
11-xullo-2008
Sistema de Contratación cando se esgotan as listas actuaís.


Dende CIG-Saúde, e a vista de cómo se están producindo os feitos, pensamos que é necesario que dende o Sergas se tomen unha serie de medidas que clarexen o sistema de contratación no momento en que unha lista se esgote.Nas distintas Direccións Provinciais se están utilizando sistemas dispares a hora de contratar persoal, baremación por expediente académico, abono de horas extras ao persoal fixo, inem, chamamentos por idade...etc.


Polo tanto consideramos que o Sergas debe de remitir ás Direccións Provinciais un criterio claro de cómo se teñen que realizar ditos chamamentos, e que consistiría, según o xa feito nalgúnha Dirección Provincial e falado con nós, no seguinte:“cando unha lista se esgote ou haxe previsións de que suceda a Dirección Provincial debe porse en contacto co Sergas, para que este dende o departamento de informática lle facilite un listado baremado ( coa única excepción do desemprego ) da categoría pendente de publicación, e será de ese listado do único que se poderán efectuar os chamamentos”.


Tamén solicitamos que ditos listados nos sexan remitidos ao sindicato para poder efectuar as comprobacións oportunas das contratacións que se realicen, pensamos que esto sería positivo para evitar confusión entre a xente que está pendente de traballar e que as suas listas sufriron una demora importante.


RESPOSTA DO SERGAS


Seguindo a solución adoptada e transmitida dende esta subdirección xeral para casos concretos de esgotamento de listas de certas categorías, infórmase/recórdase a esa Dirección Provincial que, atendendo ás actuais circunstancias -listas ordinarias baremadas a falta da vida laboral a publicarse moi proximamente- para o caso de esgotarse algunha lista das actualmente vixentes, deberán solicitar a CST unha relación de aspirantes, na categoría de que se trate, das listas pendentes, xa baremadas (agás o desemprego), ordenadas pola puntuación do expediente académico dos aspirantes e por idade, ou no caso das categorías en que este non se valore, só por idade (criterio final de desempate).
A continuación, CST remitiralles un arquivo de excel cun listado de aspirantes, listado que non precisará de criba ningunha pois conterá só so aos inscritos por primeira vez aos que se chamará polo seu número de orde.
Con esta solución provisional, dase a estes aspirantes idéntico tratamento que o que resultaria dunha convocatoria por indispoñibilidade, seguindo un criterio de chamamento ordenado e pautado de conformidade coas regras xerais de selección temporal.
Aproveito a ocasión para informarvos de que estase a poñer todo o pulo posible na axilización da petición de datos que a Tesorería Xeral da Seguridade Social ten que facilitar para pechar a baremación. No día de hoxe informánnos telefónicamente de que (sen prexuizo das autorizacións internas por escrito que os distintos departamentos da Tesourería deben intercambiarse) só resta a xeración da información pola xerencia de informática, que esta a devolva á subdirección peticionaria, e que esta nola envíe por correo ordinario. Non comprometeron datas de remisión pero sí adiantaron que formularían a petición -á xerencia de informática- con carácter de preferente.
Pola nosa banda, mantémonos en permanente contacto co servizo correspondente da subdirección xeral de información e de servizos tecnolóxicos para procesar a información da vida laboral en canto nos chegue.

Francisco Javier Pena Corredoira

Subdirector Xeral de Políticas de Persoal


NOTA DE PRENSA: CIG-SAÚDE FERROL


A OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN


Dende CIG-Saúde, por medio do presente escrito, queremos denunciar diante dos medios de comunicación a situación que están a padecer as persoas anotadas nas listas de contratación do Sergas.

O ano pasado faise unha convocatoria de máis de 30 categorías, entre as máis importantes podemos reseñar: Grupos A e B da función administrativa, Fisioterapeutas, Logopedas, Traballadores Sociais, Técnicos sanitarios, Auxiliares Administrativos, persoal de mantemento, PSX, Celadores, Pinches...etc. Esta convocatoria debería de estar xa resolta e a xente tería que estar traballando para o Sergas realizando substitucións, pero a día de hoxe está aínda sen publicar o listado provisional desas categorías e non hai perspectivas de que se vaian publicar.

Si esa situación non era xa dabondo penosa para as persoas, resulta que agora, no periodo vacacional, e cando unha lista das categorías reflexadas se esgota, o Sergas ofertou a posibilidade de chamar por esas listas que según indican está totalmente baremadas nos apartados de:
Experiencia profesional, Formación e resultados da última oposición do Sergas,
Isto que é aceptado pola CIG, acaba convertíndose no que queremos denunciar e que consiste en que nas Direccións Provinciais do Sergas nalgúns casos en vez de usar as listas de contratación está ofertando HORAS EXTRAS ao persoal fixo ou interinos xa contratados, o que sindicalmente resulta INTOLERABLE, ou tamén noutros casos nos que sí están utilizando listas o está facendo por orde de DATA DE NACEMENTO, sen ter en conta os méritos baremados de cada persoa, estas situacións non se deben de consentir en ningún caso, pero sobre tondo cando nas mans do Sergas están unhas listas xa baremadas.

Dende CIG-Saúde instamos ao Sergas á resolver xa a publicación das listas pendentes para que se instaure a normalidade nos diferentes listados, garantindo: igualdade, mérito e capacidade que debe prácticar toda Administración Pública.

Ferrol 11 de xullo de 2008.

Asdo.
CIG-Saúde, Ferrol





INFORMACIÓN OPE SERGAS
08-xullo-2008

CALENDARIO PREVISTO OPE: CATEGORIAS PENDENTES

PSX - CELADORES

Listados definitivos seguramente seman do 21 de xullo, a elección de destino en setembro, e con acto conxunto en Santiago, isto último tamén para os Auxiliares Administrativos.

ATS e AUXILIARES ENFERMARÍA

Listados definitivos na última semana do mes de xullo. Elección de destino igual que as cantegorías anteriores.

MÉDICOS FAMILIA

Estan pendentes de sacar listados provisionais, pero teñen que reunir aos tribunais polo tanto non teñen data concreta pero esperan que na seman do 21 poidan publicar os listados

PRAZAS XUNTA DE GALICIA
Resolucións que se publican no DOG do día 7 de xullo, referentes a convocatorias da Xunta de prazas de Auxiliares e Persoal Subalterno en procesos de Consolidación e tamén por Libre.


Preme ligazóns

Auxiliares:
DOG 1
DOG 2

Persoal sublaterno:
DOG 1
DOG 2

CARREIRA persoal de xestión e servizos máis sanitario de formación profesional

3-xullo-2008

A resolución de grao II de carreira profesional das categorías de xestión e servizos máis sanitarias de formación profesional publicada hoxe xoves 3 de xullo.


O prazo finaliza o 30 de setembro, con efectos do día 1 de xullo 2008.


Preme:


DOG.


Solicitude.


Autoavaliación.








URXENTE
SUPRESIÓN ACORDOS RETRIBUTIVOS

GRIPE P

PLAN MELLORA

NON Á CESIÓN DE TRABALLADORES Á PRIVADA

SOLIDARIEDADE

NOTICIAS BLOGS CIG

ÚLTIMAS NOTICIAS


OUTRAS NOTICIAS
XUNTA DE PERSOAL

MESAS DE CONTRATACIÓNS

MESAS SECTORIAIS

NOTICIAS EXTERNAS

CIG-SAÚDE


CIG


SANIDADE


SAÚDE



ecoestadistica.com
CIG-Saúde Ferrol: Hospital Arquitecto Marcide-Local Sindical da CIG. Avda. da Residencia s/n. 15405. Ferrol
981 33 45 66 * www.cigsaudeferrol.blogspot.com * cigsaudeferrol@gmail.com