1) Artigo 3: Ámbito temporal: 2007/08/09. 2) Artigo 4: Incremento salarial: a) Ano 2007: IPC real + 0,75. b) Ano 2008: IPC real + 0,75. c) Ano 2009: IPC real + 0,75. 3) Artigo 14: Licencias:
a) Polo tempo indispensable para a realización de probas, tratamentos ou consultas médicas, debidamente acreditado, do propio traballador. b) 14 hs. ó ano para cursos de formación homologada cuxo contido estea directamente relacionado coas funcións do seu posto de traballo.
4) Artigo 15: Vacacións: Queda a redacción do Convenio, modificando o último parágrafo que di “En todo caso, e con independencia do punto anterior, as vacacións colleranse preferentemente no período de maio a outubro e en quendas rotatorias por servizos”.
5) Artigo 20.2º: Plus de festivos de 13 € a partires da sinatura do Convenio.
6) Artigo 24.1º: Xornada de traballo. a) A patronal propóñía 40 horas semanais e 1802 hs. Anuais de traballo efectivo. As empresas poderán fixar a xornada ó longo do ano mediante criterios de distribución irregular pero sometida ó límite máximo de 160 hs. Nun período de catro semanas consecutivas, tendo en conta que ninguna desas catro semanas poderá exceder de 48 hs. b) Nos propoñíamos que quede a redacción actual do convenio de 40 hs. Semanais. Entendemos que a flexibilización da xornada pode levar a facer semanas de 48 hs. e deixa-las libranzas para a semana seguinte. c) Respecto do código de conducta, se as partes asinantes non acadan consenso antes do 31 de xaneiro do 2009, aplicarase automáticamente a redacción proposta pola Dirección Xeral de RR.LL., que será o réxime disciplinario do Hospital Povisa de Vigo.
8) Disposición adicional, Convenio Galego.
a) Ámbalas partes comproméntense a facilitar a negociación dun convenio colectivo a nivel autonómico.
MÁIS INFORMACIÓN:
Convenio Colectivo da Sanidade Privada de Ourense. ( 2006 - 2007 ) Revision Laudo
Convenio Colectivo da Sanidade Privada (A Coruña) 2002-2003 2005 2007
Revisión Salarial Agosto 2007. Convenio 2009
Convenio de PO.VI.S.A. ( 2004 - 2005 ) e Convenio 2006 - 2008
Convenio Colectivo da Sanidade Privada de Lugo ( 2004-2007 )