Merche Diaz, Ana Suarez, Aurora Piñon, Juan Carlos Pita, Mercedes Ferreira, Andres Lopez, Ana Arto, Nieves Pazos,Miguel Talavera, Manolo Castro, Susana Rodriguez, Berta Permuy, Lois Méndez...
Desexanlle a todo o persoal
BO NADAL E FELICES FESTAS PASAXEN DE ANO 07/08
Ser feliz non é só unha cuestión de sorte
FOLGA 21 DE NADAL
21-12-2007
A Coruña 21-12-2007
A incidencia da Folga na area sanitaria de Ferrol tivo unha alta participación con centros que secundaron todo o persoal a folga: 100% en A Capela, Cabanas, Maniños, Pontedeume, S. Sadurniño, Serantes. Asemesmo por profesionais a incidencia en Médicos foi do 65% en todo a area (26% segun a Administracción) Persoal Sanitario Non Facultativo 46% (18% segun da administracción) e Persoal de Xestión e Servizos; Non Sanitario 52% (20% segun datos da administracción).
Na quenda de Tarde a indicencia da Folga se incrementou notablemente:
por centros: As Pontes: 50% en Médicos, 25% enfermaria e 100% Non Sanitario, Pontedeume: 100% de médicos, enfermaría e persoal non sanitario, Fene: 33% médicos, 100% enfermaría e 100% persoal non sanitario, Ferrol 1ª: médicos 66%, enfermaría 66% e 0% en non sanitario, Ferrol 2: 100% en médicos, 100% en enfermaría, e 0% en non sanitario, Narón: 0% médicos, 100% de enfermaría, 100% de persoal non sanitario; en Caranza: 0% de médicos, 100% de enfermaría e 100% de persoal non sanitario.
Os datos que manexa a administracción a nivel de area na quenda de tarde son os siguintes: Facultativos 18%, persoal sanitario non facultativo 38% e persoal de xestión e servizos, non sanitario 22%
Persoal de todalas profesións e colectivos participarón na folga e na concentración unhas 500 persoas diante da dirección provincial da Coruña: Médicos, Pediatras, Fisioterapeutas, Enfermaría, PSX, Celadores...., persoal de PACS: médicos é enfermeiras....
A información a nivel global de galiza dos que dispoñemos son os siguintes:
Vigo 21-12-2007
Anque os datos son sempre dificiles de conseguir por nós mesmos, e os da Admon están sempre manipulados, entre os que nós dispoñemos e os facilitados pola nota oficial do Sergas, o cadro de incidencia durante a mañán sería este, sempre referido ao persoal que podería facer folga (excluidos mínimos e permisos):
- XAP CORUÑA: 57%, con especial incidencia en Carballo, Casa do Mar, Adormideras, A Torre, San Xosé e Betanzos.
- XAP FERROL: 69%, con alta incidencia en Pontedeume, Serantes, Narón, Caranza, Cedeira e Ares.
- XAP SANTIAGO: 64%, destacando Noia, Santa Comba, Ambulatorio Stgo, Muros, Bertamiráns, Melide e Cacheiras.
- XAP LUGO: 34%, con maior incidencia na área da Mariña, principalmente en Foz, Ribadeo e Mondoñedo.
- XAP OURENSE: 18%, coa participación máis baixa e sen que destaque ningún centro en particular (practicamente nula nos da cidade).
- XAP PONTEVEDRA: 48%, con alta implicación nos centros de Vilagarcía, Cambados, A Estrada, Sanxenxo-Baltar e Virxe Peregrina.
- XAP VIGO: 51%, especialmente en Moaña, Beiramar, Coia, Nicolás Peña, Tui, Mos, Porriño, Teis, Cuba, A Garda e Val Miñor.
Información SERGAS:
Los centros de salud de toda Galicia registraron ayer menos afluencia de la habitual ante la huelga del personal de Atención Primaria y Puntos de Atención Continuada (PAC) que fue secundada por el 12,02% del sector, según datos de la Consellería de Sanidade. Por gerencias, el mayor seguimiento del paro se registró en Ferrol (21,4%),seguida de Santiago (20,4%); Pontevedra (19,5%), A Coruña (14,6%), Vigo (14,4%), Lugo ( 4%) y Ourense (0,72%), según fuentes de Sanidade. El paro -convocado por los sindicatos CIG, UGT, CSIF, CESM-Satse para reclamar mejoras en las condiciones laborales de los profesionales- estuvo acompañado por manifestaciones en todas las delegaciones provinciales del Sergas bajo el lema de Pola mellora do personal de Atención Primaria Escrito entregado nas Direccións provinciais:
A/A: Dirección Provincial do Sergas, para o seu coñecemento e para remisión á D.X. Recursos Humanos.
As organizacións sindicais maioritarias da mesa sectorial (CESM-SATSE, CIG, CSIF, e UGT) veñen reclamando a apertura dunha negociación sobre diversos problemas laborais que afectan aos diferentes colectivos do persoal que traballa nos centros de Atención Primaria (Unidades, Pacs, Unidades de apoio, Servizos das XAP, etc). Todas elas fumos capaces de consensuar un diagnóstico común sobre os aspectos que é necesario abordar nesa negociación, agrupados nunha táboa unitaria que presentamos e defendemos como Plataforma Sindical pola mellora do Persoal de Atención Primaria.
A resposta da Administración Sanitaria a esa Plataforma é ata agora a de negarse a abordar todos os seus puntos, malia existir diversos compromisos previos, provocando así o bloqueo da negociación e impedindo calquera avance no tratamento concreto dos problemas prantexados. Tanto o inexplicable documento de propostas presentado polo Sergas o dia 6 de novembro, como a fracasada reunión da mesa sectorial celebrada o pasado dia 18 son claros exponentes desa situación.
É por eso que os sindicatos, defendendo os lexítimos dereitos laborais de todo o persoal de Pacs, de todo o persoal de Unidades, e en xeral de todo o persoal de Primaria, reclamamos solucións, reclamamos unha mellor disposición a negociar por parte da Administración, e queremos transmitir por este medio aos órganos competentes do Sergas duas demandas concretas:
- a convocatoria urxente dunha nova reunión da mesa sectorial - a presentación dunha nova proposta do Sergas nesa reunión que dé resposta aos puntos prantexados na táboa unitaria da Plataforma Sindical
Só así poderá empezar a resolverse unha conflictividade que ninguén quere, poñendo sobre a mesa solucións concretas que podan dar satisfacción ás lexítimas aspiracións de todo o persoal.
En Coruña/Lugo/Ourense/Vigo, a 21 de decembro de 2007
En canto ás concentracións nas DP, os datos son os seguintes:
Estes datos (52% de participación global na quenda da mañán e máis de 1000 persoas nas concentracións) revelan basicamente tres cousas: - que a folga cumpliu perfectamente os obxectivos de dar un serio toque de atención ao Sergas - que se percibiu a doble lectura sobre a pertinencia da folga que se fixo dende os profesionais de ordinaria - que o persoal de urxencias está totalmente unido e mobilizado.
Dende CIG-SAUDE, queremos agradecer a todo o persoal o seu apoio a folga e asemesmo a concentración na Coruña, a loita continua..... agora toca agardar vixiantes ao proximo paso do SERGAS. Unha vez máis moitas grazas a todas e todos, e na unidade da loita esta garantido o exito.
FOLGA VENRES 21 DECEMBRO ATENCIÓN PRIMARIA
FOLGA en Atención Primaria VENRES, 21 de decembro de 2007
Dende as 00:00 hs ata as 24:00 hs
A TODO O PERSOAL DE PACs E DE UAPs:
Diante do fracaso da reunión da Mesa Sectorial do día 18 de decembro, debido á indefinición e falta de concreción da División de Recursos Humanos na súa resposta ao contido da táboa reivindicativa conxunta, os sindicatos da mesa sectorial facemos un chamamento a todo o persoal de Primaria (de Pacs e de Unidades: sanitarios e non sanitarios) a participar activa e masivamente na FOLGA convocada para o próximo venres, e a acudir diante das catro Direccións Provinciais do Sergas (en Coruña, Lugo, Ourense e Vigo) para expresar o noso rexeitamento do nulo avance na negociación e para reclamar a convocatoria dunha nova e inmediata reunión da mesa sectorial e unha proposta do Sergas concreta e real, que debería materializarse na vindeira semán.
TODA PRIMARIA SE MOVE, EN DEFENSA DE MELLORES CONDICIÓNS DE TRABALLO ! ! !
CIG-SAUDE FAE UN CHAMAMENTO A PARTICIPAR ACTIVAMENTE
VENRES DÍA 21 AS 11 HORAS CONCENTRACIÓN EN CORUÑA (DIRECCIÓN PROVINCIAL DO SERGAS. RÚA DURAN LORIGA, Nº 3)
ORGANIZARASE O DESPRAZAMENTO DO PERSOAL DENDE FERROL :
de 9:30 a 9:45 no centro comercial de ODEON, a continuación sairemos para A Coruña, habera un autobus de Autos Lago para falicitar o desprazamento e varios vehiculos particulares si fose necesario. Sería convinte comunicar a intención de utilizar o Bus e reservar praza para acudir a concentración en previsión de poder incluso contratar máis si se garantizara a sua utilización.
Garantimos que o persoal de PACs e de turno de tarde en xornada ordinaria que istevera de servizos minimos chegara a Ferrol antes das 13:30 horas para poder incorporarse a seu turno de traballo.
ASEMBLEA PERSOAL DE PRIMARIA
MERCORES DÍA 19 DE DECEMBRO
AS 11 HORAS
SALÓN DE ACTOS "FONTENLA MARISTANY"
ASEMBLEA INFORMATIVA
POLA MELLORA DO PERSOAL DE ATENCIÓN PRIMARIA
ORDE DO DÍA:
INFORMACIÓN MESA SECTORIAL NEGOCIACIÓN SERGAS DÍA 18
FOLGA DÍA 21
ROGOS E PREGUNTAS.
A PLATAFORMA SINDICAL: CC.OO. - CESM-SATSE.- CIG. - CSIF. - UGT
DIANTE DO NULO AVANCE NAS NEGOCIACIÓNS CONVOCAN A TODO O PERSOAL DE PRIMARIA A SECUNDAR MASIVAMENTE A FOLGA O DÍA 21 E UNHA CONCENTRACIÓN DIANTE DA DIRECCIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA (RÚA DURAN LORIGA ) AS 11 HORAS NA UNIDADE DE TODO O PERSOAL, CUNHA RESPOSTA CONTUNDENTE O VENRES 21 RADICARA O EXITO OU FRACASO DO PROCESO NEGOCIADOR.
Dende CIG-SAUDE facemos un chamamento a unidade e a participación na defensa dos nosos dereitos. O día 21 todos e todas a folga, vemonos en Coruña, temos que estar e implicar a todo o persoal de primaria, xogamonos moito, polo que temos que ter unha participación activa e redoblar os esforzos para concienciar da importancia que vai ter o resultado do ordago ou envite que pola sua incompetencia manifesta de negociación propiciou o SERGAS, e soio dende unha posición de forza poderemos esixir ao SERGAS a convocatoria inmediata doutra xuntanza da mesa sectorial para unha negociación real das condicións do persoal de atención primaria e da prioridade das materias e cronograma de negociación xa.
CONCENTRACIÓNS PERSOAL ATENCIÓN PRIMARIA
Satisfeitos polo apoio dos traballadores ás concentracións, a pesar dos obstáculos, intentamos defender a unidade das condicións de traballo en Atención Primaria, como conflicto conxunto de tódolos traballadores (tódalas categorías profesionais, tanto nas UAPs coma nos PACs).
A concentración na xerencia tivo unha gran afluencia de persoal de PACs pero botouse en falta a presenza dos profesionais das unidades de tarde e de categorías de persoal non sanitario. Nembargantes, acudiron aproximadamente 150 profesionais.
O seguimento da concentración nos centros de saúde foi a seguinte:
G- Narón: 75% P- Valdoviño: 0% P- Pedroso: 0% Estes dous últimos centros alegan que como non tiveron demanda asistencial, non fixeron a concentración. P- Neda: 0% P- Cabanas: 0% Non temos nada dos seguintes centros, por non coller o teléfono ó ser periféricos, ou non haber ninguén da mañá cando chamamos: P- O Val P- Somozas P- Maniños P- Cerdido P- Comellas P- A Graña P- Espasante P- Mera P- Mañón
A cobertura polo prensa foi moi amplia, tanto en radio, prensa escrita e televisións locais.Despois da concentración, fixemos entrega formal da táboa reivindicativa ó director de área, que se mostrou disposto a poñer en coñecemento de servicios centrais as reivindicacións do colectivo. Logo fixemos asamblea informativa da plataforma sindical, coa participación dos concentrados
a nivel de galiza a información que temos e a siguinte:
O resultado da xornada de concentracións de hoxe foi en xeral discreto a nivel de galiza, inda que pode avaliarse como suficiente para quentar motores, destacando Lugo e Ourense coa menor participación e Ferrol, Coruña e Santiago coa maior. Quedaron en evidencia duas cousas: - a menor implicación da xente de ordinaria - o risco de fractura dunha parte do persoal de Pacs, que pasaron das concentracións unitarias e se foron directamente a Santiago.
Na unidade de todo o persoal está a nosa forza, intentemos sumar e nunca restar e implicar a todolos traballadores e traballadoras na defensa dos nosos dereitos.
Lembrámosvos que mañá mércores día 12 terá lugar a xornada de concentracións convocada pola Plataforma sindical unitaria. A mellora global da Atención Primaria en Galicia exixe necesariamente medidas e vontades nun doble plano: na mellora dos recursos materiais e organizativos disponibles e na mellora das condicións profesionais e laborais de todo o seu persoal. Non hai ningún plano de mellora que poda ter éxito sen dar resposta satisfactoria a eses dous aspectos. Conscientes desa necesidade, e diante da evidencia de que a política do Sergas só pretende abordar parcialmente o problema, as organizacións sindicais máis representativas no sector sanitario acordamos impulsar conxuntamente un plano de medidas para a mellora da atención primaria en materia de persoal. Pola Mellora necesaria en Atención Primaria, animámosvos a participar nas concentracións.
PLATAFORMA SINDICAL
POLA MELLORA DO PERSOAL DE ATENCIÓN PRIMARIA
CIG-SAUDE - CC.OO. - CEMS- SATSE - CSIF - UGT
Xornada de Concentracións en Atención Primaria
mércores, 12 de decembro de 2007
ás 12 da mañá, concentracións de media hora
o persoal das Unidades de mañá, nos propios centros
o persoal das Unidades de tarde e o persoal dos Pac,
na Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol. Entrada Hospital A. Marcide
Espalla ista información, acude é participa, na defensa dos dereitos do persoal de Atención Primaria. Entre todos e todas podemos, a unidade e a nosa forza, contigo seremos máis.
CONVOCATORIA MÉDICOS DE FAMILIA ATENCIÓN PRIMARIA
10-12-07
Públicación dunha Resolución do 5 de decembro de 2007, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se formaliza unha convocatoria extraordinaria para aspirantes a vinculacións temporais de persoal estatutario da categoría de médico de familia para postos de traballo na atención primaria do Servizo Galego de Saúde.
Dada a indispoñibilidade de profesionais nas vixentes listaxes das categorías de médicos de familia xestionadas polo Servizo Galego de Saúde, Convocar as persoas aspirantes interesadas en presentar as súas solicitudes de inscrición nas listaxes de vinculacións temporais da categoría de médico de familia para todas as áreas de xestión do Servizo Galego de Saúde.
O ámbito de selección das listaxes xurdidas desta convocatoria será de área sanitaria, xestionándose as mesmas nas xerencias de atención primaria e na xerencia de área de Ferrol. O prazo para a presentación de solicitudes será de dez días naturais (ata o 21 de decembro)
Concentracións en Atención Primaria
5-12-2007
A Plataforma Unitaria pola Mellora do Persoal de Atención Primaria, decidiu convocar para o vindeiro 12 de Decembro concentracións nos diferentes centros.
Segundo a Plataforma, diante da inaceptable proposta do SERGAS na Mesa Sectorial do día 6 de novembro, CCOO, CESM, CIG-Saúde, CSIF, SATSE e UGT, chegan ao acordo de constituír unha Plataforma Sindical Unitaria que de resposta as medidas presentadas, e que unifique as reivindicacións da Atención Primaria.
A Plataforma decide convocar as medidas de presión que sexan necesarias.
As protestas serán iniciadas cunha Xornada de Concentracións en Atención Primaria
O próximo mércores 12 ás 12 da mañá realizaranse concentracións de media hora distribuidas da seguinte maneira, - o persoal das Unidades de mañá, nos propios centros - o persoal das Unidades de tarde e o persoal dos Pac, nas Xerencias
En Ferrol diante do "HOSPITAL A. MARCIDE"
POLA MELLORA DO PERSOAL DE ATENCIÓN PRIMARIA Esto sí é Plan
Pola Mellora do Persoal de Atención Primaria
5-12-2007
A seguir reproducimosa táboa de puntos comúns que, o conxunto dos sindicatos da sanidade que integramos a plataforma, acordamos para a mellora das condicións laborais do persoal de Atención Primaria. Así, dita Plataforna acorda tamén a convocatória de concentracións nas diversos centros para o vindeiro 12 de Decembro.
PLATAFORMA SINDICAL POLA MELLORA DO PERSOAL DE ATENCIÓN PRIMARIA
A mellora global da Atención Primaria en Galicia exixe necesariamente medidas e vontades nun doble plano: na mellora dos recursos materiais e organizativos disponibles e na mellora das condicións profesionais e laborais de todo o seu persoal. Non hai ningún plano de mellora que poda ter éxito sen dar resposta satisfactoria a eses dous aspectos. Conscientes desa necesidade, e diante da evidencia de que a política do Sergas só pretende abordar parcialmente o problema, as organizacións sindicais máis representativas no sector sanitario CCOO, CESM, CIG, CSIF, SATSE e UGT acordamos impulsar conxuntamente un plano de medidas para a mellora da atención primaria en materia de persoal. Son as seguintes:
CUESTIÓNS XERAIS PARA UAP E PAC - Xornada máxima semanal de 35 horas ou a sua equivalencia en horas anuais - Respeto do dereito á voluntariedade para a prolongación de xornada, e igualdade nas suas condicións tanto na limitación de horas como na sua compensación - Preferencia absoluta da substitución por contratación fronte á acumulación de cargas, para cubrir ausencias; en caso de imperiosa necesidade de acumular cupos, preferencia asimesmo na prolongación voluntaria de horario fronte á intersubstitución - Redefinición das categorias, as plantillas e as retribucións de persoal non sanitario: cara un persoal de xestión e servizos de atención primaria
CUESTIÓNS PARTICULARES PARA UAP/SAP - Eliminación dos sábados como atención ordinaria, con distribución de luns a venres da xornada ordinaria establecida - Paso de Cartillas a Tis sen perdas retributivas. Especial consideración do impacto nas retribucións do incremento xeralizado de prazas/cupos, así como das situación de soedade e de illamento - Valoración das Tis en base ás cargas de traballo asociadas a 6 diferentes tramos de idade e ao volume de pensionistas menores de 65 anos - Supresión dos cupos por tramos nas retribucións da Enfermería: cara ao cupo enfermeiro - Revisión e homologación das retribucións de Odontólogos, Pediatras, Matronas, Fisioterapeutas e Traballadoras Sociais - Revisión das retribucións do Persoal de Xestión e Servizos, que recoñeza as suas diferentes funcións - En caso de ter que acudir, só en última opción, á intersubstitución, garantir o pago dunha cuantía superior ao da retribución total do ausente, dende o primeiro dia e para todas as categorias
CUESTIÓNS PARTICULARES PARA PAC - Xornada de 1430 horas, ou a que corresponda a unha nova regulación xeral da xornada de 35 horas - Garantia de cómputo do periodo de IT como periodo non recuperable a efectos de xornada - Desenvolvemento anual das quendas de traballo, cunha distribución equitativa e ponderada entre todo o persoal que preste servizos nos PACs - Recoñecemento e creación dun complemento vinculado á especificidade da urxencia - Recoñecemento e aplicación dos complementos vinculados ás particulares condicións de traballo: nocturnidade, festividade (incluidos sábados), e turnicidade adaptada - Protocolo de actuación para garantir a efectiva protección nos casos de embarazo, maternidade e lactancia - Definición dun posto de traballo de PSX en PAC e do seu sistema de acceso dende as categorias actualmente existentes
Asembleas nos Centros de Atención Primaria
04-12-2007
En diferentes asambleas nos centros de Atención Primaria, realizadas co fin de expoñer e coñecer a opinión dos traballadores sobre as propostas presentadas polo SERGAS na Mesa Sectorial do 6 de novembro, comprobamos o descontento xeral coas mesmas. En asambleas realizadas noutras comarcas percibiuse o mesmo sentir e tamén nas alegacións presentadas por outras centrais sindicais.
Neste senso estánse a celebrar reunións entre as centrais sindicais con representación en Mesa Sectorial, para a conformación dunha PLATAFORMA SINDICAL UNITARIA como resposta ás propostas da administración no ámbito da Atención Primaria, cos seguintes acordos: 1- Facer unha rolda de prensa para explicar o conflicto e obxetivos da plataforma. 2- Convocatoria de mobilizacións en decembro.