DE INTERESE

LIGAZÓNS


























MAPA A.S.F.

SUBSCRICIÓN
Subscribete ás Noticias
da CIG-Saúde Ferrol

Correo electrónico:

SINDICACIÓN

Sindícate ás Noticias da CIG-Saúde Ferrol

CONTACTO
MERCEDES DIAZ LOPEZ

Secretaria Comarcal
da CIG-Saúde de Ferrol

ESTATÍSTICAS WEB

PROCURA NA WEB


Noutras webs
En CIG-Saúde Ferrol

ARQUIVO
TOTAL
Mostrar todas as noticias

POR MESES

Maio 2007

Junho 2007

Julho 2007

Agosto 2007

Setembro 2007

Outubro 2007

Novembro 2007

Dezembro 2007

Janeiro 2008

Fevereiro 2008

Março 2008

Abril 2008

Maio 2008

Junho 2008

Julho 2008

Agosto 2008

Setembro 2008

Outubro 2008

Novembro 2008

Dezembro 2008

Janeiro 2009

Fevereiro 2009

Março 2009

Abril 2009

Maio 2009

Junho 2009

Julho 2009

Agosto 2009

Setembro 2009

Outubro 2009

Novembro 2009


INICIO








DESCARGA "A QUEBRA DA SANIDADE PÚBLICA"
Documento Ferrol

CARREIRA PROFESIONAL RESTO CATEGORÍAS
28-11-2007

PROMOCIÓN INTERNA

Borrador de criterios que o Sergas nos achega para o cómputo dos servizos prestados nos diferentes casos de promoción interna.
Preme: Borrador

Valoración da CIG sobre estes criterios:
ANOTACIÓNS SOBRE OS CRITERIOS DE TRATAMENTO DAS SITUACIÓNS DA PROMOCIÓN INTERNA NA CARREIRA PROFESIONALAPARTADO
1. EN ACTIVO EN CATEGORIA SUPERIOR
SOBRE A OPCIÓN 1.1 Pode parecer que estaría ben definido o suposto á vista da expresión literal do texto do acordo, malia as aclaracións verbais feitas en diversas ocasións, anque non temos a mesma interpretación sobre o cómputo dos servizos temporais prestados en categorias distintas ás que se está en activo e nas que se obtivera a fixeza. Máis ben pensamos que a condición de fixeza nunha categoria é requisito para poder valorar o tempo de servizos desempeñado na mesma, pero unha vez dada esa condición non vemos o motivo que xustifique excluir dese cómputo o tempo prestado como temporal.A excepción que recolle o tratamento particular para PSX pode resultar contradictoria respecto dos servizos prestados como Aux. Administrativo, á vista da homologación que se propón no suposto especial 3.2.A percepción do complemento de CP, unha vez acreditado, debería manterse inda accedendo ou reincorporandose a outra categoria inferior.
SOBRE A OPCIÓN 1.2 Sobre a percepción do complemento de CP mantemos o mesmo argumento anterior. Outra cousa será que se limite o progreso posterior na categoria superior si non se está en activo nela, pois pensamos que ese era o sentido do acordo: evitar beneficiarse da CP máis alá do tempo efectivamente prestado en categorias nas que non se exerce, cando esta é de grupo superior á desempeñada.
SOBRE A OPCIÓN 1.3 En canto ao cómputo de servizos prestados reiteramos o razonamento xa indicado anteriormente. En todo caso, como cuestión de redacción, xa que está falando de pedir na categoria inferior debera correxirse o primeiro párrafo do 1.3.1.
APARTADO 2.
EN ACTIVO EN CATEGORIA INFERIOR Como simple aclaración, que ten que ver co expresado anteriormente, para solicitar CP nunha categoria superior na que non se está en activo só poden computar servizos prestados nesa categoria (como fixo ou como temporal) pero non os prestados noutras:Exemplo: quen ten 5 anos prestados como Aux. Administrativo (sendo fixo nesa categoria) pero está exercendo de Celador dende hai 9 anos podería pedir o grao I de Aux. Administrativo pero xa non poderia progresar mentras non volvera a exercer como tal; poderia, eso sí, pedir tamén o grao I de Celador e progresar logo nesa categoria; neste suposto, debería percibir o complemento de CP do Grao I do grupo D.
SOBRE A OPCIÓN 2.1 Idéntico comentario ao xa reiterado sobre o cómputo de servizos prestados temporais. Debe corrixirse a redacción do párrafo primeiro do apartado 2.1.1 pois estase falando de pedir en categoria inferior (non na superior).Debe percibirse o complemento da categoria en activo, agás que se de o suposto do exemplo anterior: acreditar tempo na categoria superior para poder acceder nela a algún grao e que se solicite o seu recoñecemento. Nese caso debe percibirse o Grao recoñecido na categoria superior.
SOBRE A OPCIÓN 2.2 Este suposto resultanos confuso. Pensamos que ten que ver en realidade coa situación que xa indicamos: estar en activo en categoria inferior, solicitar CP en duas (ou máis) categorias (unha delas superior) por cumplir requisitos de tempo nelas. Entendemos que se debe percibir cada grao acreditado na cuantía do grupo de nivel superior, independentemente de manterse en activo na inferior.
APARTADO 3. SUPOSTOS ESPECIAIS
3.1 PROMOCIÓN INTERNA HORIZONTAL ¿Por qué é necesaria esta aclaración? En todo caso reiteramos as explicacións dadas sobre o cómputo de servizos prestados entre categorias con fixeza: deben valer todos os servizos fixos e temporais.
3.2 AUX.ADMINISTRATIVO = PSXSi con “homologables a todos os efectos” se quere decir que os servizos prestados nestas categorias se computan completos e indistintamente, excepcionando por elo o principio de fixeza nas duas categorias, non seremos nós quen nos opoñamos pero sinalamos que ese tratamento (si esa é a interpretación correcta) poderá levantar suspicacias entre outras categorias con similar proximidade que deberan ter por tanto un tratamento equivalente. Ademáis, ¿falase de Aux.Administrativo en xeral ou só do de Primaria? ¿cómo se diferencia eso?.
3.3 OPE EXTRAORDINARIA Podemos aquí repetir os razonamentos do punto anterior. En todo caso, a Ope extraordinaria está caducada e foi excepcional, non creemos que sexa nada pedagóxico extender os seus efectos. Suxerimos por tanto incorporar unha referencia máis xenérica a calquera proceso selectivo no que se consideraran categorias equivalentes a efectos de servizos prestados, así como indicar unha lista concreta anque sexa ampliable dos supostos que se podan acoller a este tratamento.

DIRECTOR AREA SANITARIA FERROL
28/11/2007



Varios xornais galegos facíanse eco durante esta semana nas suas edicións locais do nomeamento do novo xerente para a Área Sanitária de Ferrol.
Nada teria de particular esta nova, poderia ser unha noticia mais sobre un cambio de dirección em calquera institución despois do periodo establecido, se nom fose porque este cambio é un síntoma claro da inestabilidade que na Área Sanitária de Ferrol vimos vivindo durante estes últimos anos últimos anos.



Dende Cig-saúde, agardaremos a que o novo responsable da sanidade pública na Área Sanitaria de Ferrol, nomee a súa equipa de xestión, unha equipa forte e disposta a afrontar os retos da Área Sanitaria a nivel de ampliación de plantillas, integración funcional do Hospital Naval, desenvolvemento da Atención Primaria, listas de espera, inmediata solución ós acoplamentos internos de Área do persoal e por suposto a implantación da gardería entre outros temas que agora coa nova Xerencia deberemos retomar.
Ferrol e a súa sanidade merecen un respeto e un mellor trato dende a Consellería; sen prexulgar que os cambios as veces son necesarios, nunhas ocasións acertados e noutras non; facemos unha crítica forte ós contínuos e frecuentes cambios na Xerencia da Área que finalmente o único que produciron ata o de agora foi a ralentización na resolución de problemas e na culminación de proxectos.
O modelo de xestión experimental de Área Sanitaria non debería seguir sendo unha quimera ou se aposta decididamente por esta fórmula de xestión e todo o que conleva desenvolver o Decreto ou voltamos á anterior fórmula de xestión que sigue vixente no resto de Galicia o que non podemos permitir e seguir como ata de agora.
Por todo elo, outra vez máis, retomaremos as nosas demandas con esta nova Xerencia co obxetivo sempre de aportar solucións a un Área que ata o de agora maiormente se caracterizou pola continuidade da inestabilidade da xerencia.



OPE PSIQUIATRÍA SERGAS INFORMA
CIG-Saúde solicitou o día 22 de novembro información ao SERGAS sobre a situación da OPE de Psiquiatría, hoxe por fin temos a resposta.
En contestación o seu escrito de outubro de 2007 en relación co proceso selectivo da categoría de Facultativo Especialista de Área de Psiquiatría no que solicitan que, por parte desta División, se intervenga activamente na procura de buscar unha solución á grave situación que se ten producida como consecuencia das supostas irregularidades acaecidas no desenvolvemento do mesmo, esta División informa o seguinte:
Primeiro.- Como é coñecido, esta División, ante a denuncia dun aspirante no devandito proceso selectivo, no pasado mes de setembro deu traslado á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da documentación e probas aportadas polo mesmo, para que se determinara a posible existencia dun ilícito penal.
Segundo.- Con data de 14 de novembro a devandita Fiscalía comunica a esta División a instrución de Dilixencias Informativas de natureza penal, polo que xa existe constancia oficial de que tense comezadas as actuacións por parte da mesma.
Terceiro.- Iniciado un procedemento para depurar a posible existencia de responsabilidades de natureza penal, deben quedar en suspenso calquera outra actuación para depurar outro tipo de responsabilidades.
Cuarto.- Que unha vez se teña coñecemento da decisión da Fiscalía e a vista da mesma, esta División adoptará as medidas que procedan en relación co proceso selectivo.
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2007
O DIRECTOR XERAL DA DIVISIÓN DE RECURSOS HUMANOS E DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL.

INFORMACIÓN OPE SERGAS
calendario de previsión de datas sobre os traslados.
Información SERGAS:
- Concurso de traslados de licenciados sanitarios:Na semana do 17 ao 22 de decembro se publicará na páxina web un listado, aos efectos meramente informativos, que tamén será enviado aos centros de xestión, no que figurarán os admitidos e excluidos (coa causa de exclusión), así como o centro en propiedade.Coa publicación deste listado trátase de que os centros nos confirmen que o centro en propiedade é o correcto (dada a importancia que ten para adxudicar as resultas) e por outra banda para que os interesados sepan quenes participan definitivamente no concurso.Os que figuren excluidos poderán enmendar a causa de exclusión coa publicación deste listado ou esperar a que sexa publicada a resolución provisional do concurso.A resolución provisional do concurso será publicada na segunda quincena do vindeiro mes de xaneiro.
- Concurso de traslados outras categorías:Nos últimos días do mes de decembro publicarase o listado de admitidos e excluidos no concurso de traslados das categorías restantes, excepto:- ATS/DUE- Auxiliar de enfermaría - Celador- Fisioterapeuta- Grupo auxiliar da función administrativa- P.S.X.Coa publicación deste listado trátase de que os centros nos confirmen que o centro en propiedade é o correcto (dada a importancia que ten para adxudicar as resultas) e por outra banda para que os interesados sepan quenes participan definitivamente no concurso.Os que figuren excluidos poderán enmendar a causa de exclusión coa publicación deste listado ou esperar a que sexa publicada a resolución provisional do concurso.A resolución provisional do concurso de traslados para cada categoría irá publicándose a partires do mes de febreiro.
- Concurso de traslados de pediatría de atención primaria:A convocatoria do concurso de traslados para pediatría de atención primaria será publicado no D.O.G. na segunda semana do mes de xaneiro.

Con respecto ás previsións da OPE, a única novidade que se nos informa é esta:- Grupo auxiliar da función administrativa, P.S.X e cociñeiros: Na semana do 17 ao 22 de decembro confirmaranse as notas definitivas do exercicio de galego e abrirase o prazo para a presentación de méritos. Dadas as datas do Nadal, o prazo para presentar a documentación será ampliado ata o 31 de xaneiro de 2008.
27-11-2007
Dase hoxe por rematada a fase de oposición de varias categorías (farmacéutico de atención primaria, médico de familia de atención primaria, médico de urxencias hospitalarias, médicos especialistas de área de diversas especialidades e pediatra de atención primaria), e ábrese a fase de concurso.
Podedes ver a resolución aqui.
Ábrese pois un prazo dun mes a partir de mañá para incorporar os méritos baremables, incluindo fotocopia compulsada do carné de identidade, e do título esixido para a categoría á que se presentara. Tamén da documentación acreditativa se vos presentástedes a través de promoción interna ou discapacidade.
23-11-2007


por fin saiu publicada na web do SERGAS as puntuacións provisorias do exame de galego de:


PSX


AUXILIAR ADMINISTRATIVO


COCIÑEIR@S

Puntuacións de médico de familia por orden de puntuación Grazas aos compañeiros/as do Barco.

hoxe sale publicada Resolución , que anuncia as datas dos exames dos Grupos A e B da Función Administrativa.

Grupo técnico da función administrativa, día 30 de novembro de 2007, ás 12.00 horas.

Grupo de xestión da función administrativa, día 30 de novembro de 2007, ás 16.00 Horas.

.-O exercicio realizarase na Escola Galega de Administración Sanitaria, avda. Fernando de Casas Novoa, nº 37. Edificio CNL. Portal A-B. 1º andar, San Lázaro, Santiago de Compostela.


DOMINGO 25 NOVEMBRO


TECNICOS SANITARIOS SUPERIORES


22-11-2007



ACTUACIÓNS DA CIG-SAÚDE NA DEFENSA DOS TÉCNICOS SANITARIOS SUPERIORES.





Mesa Foro Marco para o Diálogo Social. Madrid 30 de outubro do 2007.





Nesta reunión ,órgano de participación a nivel estatal entre os sindicatos e as Administracións Sanitarias presentes na Comisión de Recursos Humanos do SNS, a CIG prantexou incluir que os Técnicos Sanitarios Superiores percibisen as novas retribucións a partir do 1 de xaneiro de 2008. O Ministerio de Sanidade non aceptou este tratamento, a súa resposta é que non hai unha adcripción automática e que sera necesaria unha norma de cada Administración (central ou autonómica).A CIG mostrou o seu rexeitamento a esa dilación e requiriu ao Ministerio e aos Servizos de Sáude para que adopten as medidas necesarias que garantan a percepción das novas retribucións con efecto do 1 de xaneiro de 2008.


Mesa Xeral de Negociación da Xunta de Galiza. 17 DE OUTUBRO DE 2007.


A alegación da CIG-SAUDE presentada nesta Mesa Xeral foi para solicitar que a Admón. teña que incorporar a nova clasificación do grupo B e aplicarlles as retribucións correspondentes, xa que se lexislan retribucións para un colectivo (actual grupo B) que despois non aparece na clasificación de persoal estamos perante unha situación irregular.


MESA SECTORIAL DE NEGOCIACIÓN 6 DE NOVEMBRO DE 2007


A CIG- SAUDE solicita que lles sexan de aplicación as novas retribucións previstas na Lei de Orzamentos aos Técnicos Sanitarios Superiores, pola súa reclasificación ao novo Grupo B do EBEP. O Director Xeral de Recursos Humanos do SERGAS responde: Para él este asunto é de ámbito estatal, non o teñen estudado e non van ser os primerios en realizar a reclasificación.


ESCRITO REMITIDO A DIRECTORA XERAL DE FUNCIÓN PÚBLICA.


A CIG-SAÚDE (Federación da sanidade da CIG) diríxese a Vde. para solicitarlle que, segundo o acordado na Mesa Xeral de negociación celebrada o día 17 de outubro de 2007, na que se abordou na orde do día o Proxecto de Lei de orzamentos xerais da Xunta de Galicia para o ano 2008, nos dea resposta por escrito da súa contestación á solicitude que esta organización sindical realizou no referente ás retribucións dos Técnicos Sanitarios Superiores.


EMENDA PRESENTADA NO PARLAMENTO: Pendentes da súa tramitación.



MOBILÍZATE , DEFENDE AS TÚAS RETRIBUCIÓNS

ASEMBLEA PERSOAL DE PACs


21-11-2007














Nota prensa enviada os medios de comunicación







Reunidos en asemblea no Centro de Saúde Fontenla Maristany médicos e enfermeiras traballadores de Urxencias Extra hospitalarias dos distintos PACs existentes na área de Ferrol; procedemos a analizar e debater as propostas de condicións de traballo que plantexou o SERGAS na mesa sectorial do 6 de Novembro.

Como conclusións, queremos mediante esta nota manifestar o noso total desacordo con dito documento, e nos reafirmamos na táboa reivindicativa suscrita polos sindicatos CIG, CCOO, CSIF, e CESMSATSE sobre negociación das novas condicións laborais e retributivas dos profesionais de PAC o día 15 de maio de 2007 en Santiago de Compostela:
1) aplicación da xornada efectiva anual de 1430 horas (ou a existente en cada momento para o traballo eminentemente nocturno), e da súa correspondente xornada máxima en termos mensuais (130 horas).
2) garantía do carácter neutro dos períodos de IT a efectos do cómputo de xornada, no sentido de considerar como realizadas a todos os efectos as horas asignadas nese período.
3) determinación das regras que fagan efectiva a voluntariedade na realización de horas que excedan a xornada ordinaria máxima, así como da compensación diferenciada segundo sexan horas de PAC ou horas de UAP.
4) publicación dos calendarios anuais, e medidas que garanten o reparto equitativo de quendas entre todas as persoas que presten servizos no PAC.
5) aplicación dos complementos retributivos asociados ás condicións de traballo en noites (nocturnidade), en domingos/festivos (festividade), e en franxas horarias que abarquen máis dunha quenda (turnicidade).
6) implantación dun complemento retributivo fixo asociado á especificidade da atención da urxencia.
7) provisión efectiva da manutención en todos os PAC e en todas as quendas, e revisión da compensación económica na súa ausencia.
8) medidas que garantan a protección efectiva e o exercicio dos dereitos vinculados ao embarazo, a maternidade e a lactancia.
9) inventario e plano de dotación de material e equipamento para todos os PAC, incluída a dotación informática precisa para o acceso e o manexo da información clínica.
10) dotación de persoal non sanitario en todas as quendas, sen perxuízo da dotación de persoal de seguridade para o exercicio das súas propias funcións onde se considere necesario.
11) programación de actividades formativas especificamente dirixidas aos profesionais dos PACs de forma periódica”.

Consideramos que a proposta do SERGAS vulnera os dereitos básicos dos traballadores de urxencias extra hospitalarias , mantendo ademais o agravio comparativo co resto de persoal do SERGAS en canto a xornada laboral e retribucións, xa que coas condicións laborais pretendidas polo SERGAS persistiríamos nunha situación de prazas de segunda categoría, situación que repercute finalmente na correcta atención ó doente que é o fin prioritario da sanidade pública en xeral e dos seus traballadores en particular.

Así, acordamos que de non ser atendidas as nosas xustas demandas, e en coordinación co resto das Areas Sanitarias, a partires do primeiro de Decembro comezaremos cun cadro de movilizacións co fin de conseguir ser escoitados e darlle un pulo á sanidade pública, a os seus traballadores e á mellora da asistencia urxente dos doentes.

En Ferrol, a 20 Novembro de 2007.

Asdo: 50 traballadores e traballadoras de urxencias extrahospitalarias da área sanitaria de Ferrol.


ASEMBLEAS EN ATENCIÓN PRIMARIA


20-11-2007












Dende o día 6 de novembro, logo da xuntanza entre o SERGAS e as organizacións sindicais na mesa sectorial en Compostela;



CIG-SAUDE desenvolveu asembleas informativas do contido da reunión e a posición da CIG diante das propostas e documento entregado polo SERGAS, cunha primeira asemblea informativa o día 7 de novembro en Ferrol no Fontenla Maristany coa presenza do secretario xeral de CIG-SAUDE Xan Cóns, a continuación fixeronse asembleas en diversas datas nos centros de saude de Fene, Neda, Narón, Ares, Mugardos,A Capela, Pontedeume, Ortigueira, As Pontes, Serantes, Valdoviño, Caranza, San Sadurniño e Cedeira cunha importante participación dos profesionais de atención primaria que reixeitarón as propostas da administracción e que si esta non modifica a sua posición non descartan iniciar as medidas de presión que se determinen en todolos centros na defensa dos seus dereitos e consideran inadmisible e moi grave o retroceso feito polo SERGAS na atención ordinaria "xornada -Sabados", "intersubstitución", "valoración TIS", "Incentivos a prolongación de xornada, cambio de quenda" asi como a proposta feita ao persoal de PACs de xornada anual e ausencia dunha proposta que recolla as melloras retributivas e dos conceptos "turnicidad, noites, festivos...). Tamen informouse das datas previstas do remate do proceso da OPE e concurso de Traslados segun informa o Sergas na primaveira do 2008 esta prevista incorporación aos destinos dos profesionais, dos trienios do persoal eventual (prevista apublicación da orden en DOG a finais de decembro con efectos retroactivos dende o 14 de maio 2007), creación de novas prazas no ano 2008 en Atención Primaria, proceso de desburucratización en atención primaria (historia clinica informatizada, recetas de tratamentos longa duración, I.T.....)
agradecer dende CIG-SAUDE a magnifica acollida en todolos centros e asistencia as asembleas feitas, acadando nós o compromiso de seguir informando e recollendo as opinións e suxerencias do persoal.

VALORACIÓN CIG AS PROPOSTAS DO SERGAS





VALORACIÓN DE CIG-SAÚDE SOBRE AS PROPOSTAS DE NEGOCIACIÓN PRESENTADAS POLO SERGAS NA MESA SECTORIAL DO DIA 6 DE NOVEMBRO



Con carácter xeral debemos transmitir a nosa decepción polo contido xeral das propostas presentadas nos seis apartados: Tis, Pacs, Ope, Intersubstitución, Voluntariedade, e Sábados, si ben a nosa visión negativa desas propostas ten diferente alcance en cada un deles por separado.


O certo é que vistas en conxunto, esas propostas son recibidas como un torpedo á liña de flotación do Plan Mellora e do proceso de consolidación da reforma das Urxencias de Primaria, toda vez que reflexan a pretensión de dar moitos pasos atrás sobre o camiño xa percorrido. Moi especialmente no tratamento xeral flexibilizador que se fai da xornada nos diferentes apartados da proposta, e no nulo avance no tratamento retributivo dos Pacs e de distintos colectivos das UAP/SAP, incluida a intersubstitución.

Esta valoración global levanos a prantexar á Administración a necesidade de retirar as propostas presentadas o 6 de novembro e a ofrecer outras novas que respeten o camiño trazado para as condicións de traballo en Atención Primaria.


Nese sentido, reiteramos nós as propostas de negociación que tamén fixemos chegar á Administración en diversos momentos con anterioridade á última mesa sectorial:

Respecto dos Pacs consideramos imprescindible o tratamento das seguintes cuestións:

1) aplicación da xornada efectiva anual de 1430 horas (ou a existente en cada momento para o traballo eminentemente nocturno), e da súa correspondente xomada máxima en termos mensuais (130 horas)
2) garantía do carácter neutro dos períodos de IT a efectos do cómputo de xornada, no sentido de considerar como realizadas a todos os efectos as horas asignadas nese período
3) determinación das regras que fagan efectiva a voluntariedade na realización de horas que excedan a xornada ordinaria máxima, así como da compensación diferenciada segundo sexan horas de PAC ou horas de UAP
4) publicación dos calendarios anuais, e medidas que garanticen o reparto equitativo de quendas entre todas as persoas que presten servizos no PAC
5) aplicación dos complementos retributivos asociados ás condicións de traballo en noites (nocturnidade), en domingos/festivos (festividade), e en franxas horarias que abarquen máis dunha quenda (turnicidade)
6) implantación dun complemento retributivo fixo asociado á especificidade da atención da urxencia
7) provisión efectiva da manutención en todos os PAC e en todas as quendas, e revisión da compensación económica na súa ausencia
8) medidas que garanticen a protección efectiva e o exercicio dos dereitos vinculados ao embarazo, a maternidade e a lactancia
9) inventario e plano de dotación de material e equipamento para todos os PAC, incluída a dotación informática precisa para o acceso e o manexo da información clínica
10) dotación de persoal non sanitario en todas as quendas, sen prexuízo da dotación de persoal de seguridade para o exercicio das súas propias funcións onde se considere necesario
11) programación de actividades formativas especificamente dirixidas aos profesionais dos PACs de forma periódica

Respecto do traballo en Atención Ordinaria prantexamos a necesidade da negociación dun Acordo sobre Condicións de Traballo específicas de Unidades e Servizos de Atención Primaria, que inclua a modificación e adaptación do seu Sistema Retributivo, a actualización do seu réxime de Xornada, e as reglas sobre Substitucións e Acumulacións, en base a estas cuestións básicas:

1) Conversión de cartillas a Tis
2) Establecer o valor das Tis por segmentos de poboación adscrita
3) Sustitución dos tramos en Enfermería por número de Tis
4) Revisión das retribucións globais para Odontólogos e Pediatras, revisión específica dos conceptos retributivos para Fisioterapeutas, Matronas e Traballadora/es Sociais, e incremento das retribucións globais para PSX
5) Xornada de 35 hs, con eliminación dos sábados como atención ordinaria
6) Preferencia absoluta a favor da sustitución externa fronte á acumulación de cargas
7) Retribuir co doble do valor normal (de ordinaria, de pac, ou de garda, según o caso) calquera hora realizada con carácter forzoso por inexistencia de persoal a contratar
8) Retribuir co 1’75 do valor normal calquera prolongación voluntaria de xornada destinada a atender unha consulta, sexa cal sexa o horario de atención e a quenda de procedencia
9) Retribuir a denominada intersubstitución, cando sexa imposta pola Xerencia, coa totalidade da retribución da persoa ausente, dende o primeiro dia, e para todas as categorías das UAP

En todo caso, e complementariamente ás cuestións xa indicadas, queremos reiterar a petición dos datos necesarios para avaliar con rigor a proposta sobre a distribución das TIS, facilitandonos a relación actual dos cupos médicos desagregados por TIS según os seis tramos de idade reflictidos na proposta da Administración.

Con todo elo solicitamos a convocatoria dunha nova reunión da mesa para debatir estas propostas e avanzar en serio na negociación aberta.

Enviar suxerencias ou comentarios a: cigsaude@gmail.com


INFORMACIÓN OPE SERGAS

o SERGAS ten previstas as seguintes publicacións:


Día 22 de novembro: - Notas definitivas de facultativos- Notas de Galego de Auxiliares administrativos, PSX e cociñeiros ( só na páxina web)


Día 27 de novembro:- Fase de concurso da OPE facultativos ( o prazo de presentación de méritos será dun mes)


Por último comunicar que o segundo exercicio do Grupo Técnico e do Grupo de Xestión da función administratativa, realizarase en Santiago (seguramente na FEGAS):
venres día 30 de novembro, :
pola mañá o grupo técnico e pola tarde o grupo de xestión.

PRESTIGE


17 de novembro de 2007





O desastre do «Prestige» e a súa pregunta trampa

artigo "Xose Luis Barreiro"


Sen darnos conta, e sen medir as consecuencias deste erro, tanto as autoridades do Estado e da Xunta como os medios de comunicación estamos caendo na celada do PP, e no canto de explicar por que sufrimos a catástrofe do Prestige , seguimos varados en pregúnta trampa sobre os cambios na política de salvamento e nos medios dispoñibles para xestionala.
Ten moita razón o presidente Touriño ao dicir que cambiaron moitas cousas, desde a cultura ecolóxica e a implicación dos cidadáns ata a vontade de transparencia que hoxe anima a xestión pública. Pero tamén teñen bastante razón os pesimistas que, narrando aquel suceso coma se fose un castigo do ceo, séguense preguntando onde están os remolcadores de gran potencia, por que non se sinalan os portos refuxio, ou que material de contención e extracción temos acumulado. E por iso seguimos encerellados nun debate entre o feito e o non feito no que os populares, verdadeiros responsables da traxedia, pasan case inadvertidos.
é moi importante, sen ningunha dúbida, saber que fixemos nestes cinco anos, e que instrumentos creamos para xestionar mellor unha posible repetición da catástrofe. Pero aínda é máis necesario gravar na nosa memoria que o afundimento do Prestige non foi unha traxedia inexorable, e que tanto a ruptura do barco como a marea negra traen a súa causa dunha incuria culpable na xestión, dunha covardía tremenda nos órganos de decisión política, e dunha ignorancia inxustificable nos órganos técnicos, persoais ou colectivos, que debían xestionar aquela crise.
Por iso temos que estar preparados para que, cando nos pregunten que poderiamos facer se hoxe repetísese a traxedia, digamos todos a un tempo: poderiamos facer o que entón non se fixo. Poderiamos ter un Goberno que non se fose de caza. Poderiamos dedicarnos a gobernar no canto de «falar con Fefé, que sabe moito de petróleos». Poderiamos dicir a verdade. Poderiamos darlle importancia inicial ao problema. E poderiamos refuxiar o barco e desestibar a carga antes de mandalo a dar voltas erráticas por un mar arboledo para que rompese logo de seis días de tensións innecesarias.
O demais tamén é importante. Pero de nada servirían os mellores remolcadores se mantivésemos os mesmos políticos e os mesmos técnicos, e se a única orde recibida fose a de levar o barco «ao quinto inferno». Iso foi o que pasou. E diso é do que hai que debater. Porque se só falamos de remolcadores e de xustificacións demagóxicas, non aprenderemos a lección que nos dá o mestre Prestige desde a fosa atlántica. ¡Que tolemia!


Ligazon:



DIMISIÓN DIRECTORA AREA SANITARIA
15/11/2007
Noticia "La Voz de Galicia"
Dimite por sorpresa a directora da área sanitaria e argumenta só «motivos persoais»

A xerente de Procesos, Alicia López, desempeñará o seu posto en funcións

Xusto dous anos logo de chegar a Ferrol, Lourdes Buxaderas Juega presentou onte a súa dimisión como directora da área sanitaria «por motivos personais», segundo confirmou a Consellería de Sanidade a media tarde. A conselleira María José Louro aceptou a renuncia de Buxaderas.

«Polo momento, e ata ou nomeamento dun novo responsable, a xerente de Procesos, Alicia López, permanecerá ao fronte dá área sanitaria en funcións», informou Sanidade. A consellería indicou que «ou Servizo Galego de Saúde comeza a buscar unha substitución para Lourdes Buxaderas, e anunciará a súa incorporación non menor prazo posible».

Fai uns meses, por mor dos cesamentos dos directivos dos hospitais da Coruña e Vigo, no hospital Arquitecto Marcide comentábase que a marcha de Buxaderas sería a seguinte. Eses comentarios acougáronse ata que agora faise efectivo a substitución na área ferrolá.
Buxaderas negou onte en varias ocasións que a súa dimisión tivese outras causas distintas ás persoais e asegurou que xa desde finais do verán a idea de dimitir roldáballe a cabeza.
Buxaderas foi ata onte a quinta responsable da área sanitaria nos últimos dez anos. En 1996 foise Alfredo García. Foi substituído por Pedro Molina Coll, quen protagonizou o período máis longo de estabilidade na área, con oito anos de mandato. A súa substitución chegou de Ourense no 2004, coa chegada a Ferrol de Alfonso Clemente, que foi xerente durante pouco máis dun ano. En marzo do 2005 entrou Juan José Fernández Ramos. En novembro dese ano foi substituído por Lourdes Buxaderas, quen fichou a Alicia López para conformar un novo equipo directivo de área.
Buxaderas só comunicou onte a súa dimisión ao equipo directivo da área.
Hoxe tiña previsto reunir ao resto de persoal do Marcide para comunicarlles a súa decisión.
Por iso, Mercedes Díaz (CIG) presidenta da xunta de persoal do hospital, mostrouse ao principio sorprendida coa noticia. Logo confesou que a marcha de Buxaderas «me entristece». En opinión da responsable da xunta de persoal, a xa ex directora de área acumulou nestes dous anos méritos importantes como, dixo, a consolidación de postos de traballo e a integración do Hospital Básico de Defensa no Servizo Galego de Saúde. Díaz considera que o cambio constante de xerente é un dos «problemas máis gordos» da área.
Estan temas moi importantes pendentes de resolución "traslados internos, acoplamentos de area e a Garderia", que agora poden sufrir unha importante demora, pola interinidade do actual equipo a espera do nomeamento dos novos responsabeis da xestión da Area, que ademaís coinciderá coa integración definitiva do hospital Naval o vindeiro 1 de xaneiro.
Nos últimos anos a inestabilidade dunha dirección, Dende 2004 o novo ou nova responsabeil da xestión da area sera o cuarto nomeamento, foi un dos atrancos máis importantes que padeceu a xestión da sanidade pública na area sanitaria de Ferrol.
Noticia "Diario de Ferrol"
La gerente del área sanitaria de Ferrol, Lourdes Buxaderas Juega, presentó ayer su dimisión "por motivos personales", según se informó a media tarde desde la Consellería de Sanidade. La renuncia como máxima responsable de la Gerencia Única se produce exactamente dos años y doce días después de que asumiera el cargo -fue el 2 de noviembre de 2005-. Un puesto para el que se comprometió a poner toda su "energía e interés" y al que calificó como un "importante reto". Por el momento, y hasta el nombramiento "no menor prazo posible" de un "novo ou nova responsable", será sustituida por Alicia López Rodríguez, gerente de Procesos, que permanecerá al frente del área en funciones.



Los rumores se reavivaron el pasado viernes, pero se iniciaron en el mes de mayo coincidiendo con los cambios de gerencia que afectaron al Hospital Juan Canalejo de A Coruña -Luis Enrique Vicente fue sustituido por José García Buitrón- y al CHUVI -José Luis Díaz tomó el relevo de Manuel Sánchez Delgado al frente de la dirección del complejo hospitalario de Vigo-. Entonces, la Consellería de Sanidade aseguró que no se producirían más destituciones -la conselleira, María José Rubio Vidal, atribuyó estos relevos a "reajustes"-.
Seis meses después, el cambio llegó al área sanitaria de Ferrol.

El Servizo Galego de Saúde confirmó ayer que la dimisión de Lourdes Buxaderas se debe estrictamente a motivos personales, descartando cualquier tipo de "crisis", y manifestó que "seguirá contando coa confianza da conselleira de Sanidade, María José Rubio Vidal, tal e como o manifestou publicamente na súa última visita a Ferrol".
La responsable autonómica, según señalaron desde el gabinete de prensa de la Consellería de Sanidade, "espera volver a contar nun futuro coa colaboración e as achegas profesionais de Buxaderas Juega para continuar traballando a favor da sanidade pública galega".
El Servizo Galego de Saúde agradeció ayer el trabajo desarrollado desde el 2 de noviembre de 2005 al frente del área de Ferrol y aceptó la dimisión presentada ayer de quien fue la segunda Gerente Única -el primero fue Juan José Fernández Ramos, pues sus predecesores más inmediatos, Alfonso Clemente y Pedro Molina, ostentaron el cargo de directores del Complejo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos-.
La delegada provincial de Sanidade, María Ausencia Tomé, destacó ayer en Ferrol la "capacitación y seriedad de su actividad desarrollada en el área", así como el "gran impulso" que Buxaderas dio al proyecto de Gerencia Única y que calificó como "un horror" cuando asumió su dirección. "Es una mujer que ha colaborado perfectamente con el equipo directivo y logró ir tirando de la situación para arriba y mejorarla", señaló, incidiendo en que "no ha habido ninguna brecha ni conmigo ni con la Consellería; por lo menos a mí no me consta".
De su gestión, la Administración sanitaria destacó la reestructuración de los servicios hospitalarios, la aplicación del Plan de Mellora de Atención Primaria, la informatización de los centros y la puesta en marcha del proyecto "Rede de Saúde", así como de diversos programas asistenciales impulsados por el Servizo Galego de Saúde, además de la utilización civil,en primer lugar, y de traspaso, posteriormente, del Hospital Naval.

Desarrollo de las especialidades y cesión del Hospital Naval al Servizo Galego de Saúde
"Creo que estamos demostrando que el equipo ha venido a trabajar y a darlo todo por el área". Estas declaraciones las hacía Lourdes Buxaderas a Diario de Ferrol un año después de su toma de posesión como gerente del área sanitaria. Muchos de los proyectos impulsados en su mandato no los podrá ver culminados; pero otros sí. Entre éstos, y quizás el más importante, la integración en el Servizo Galego de Saúde del Hospital Naval, que ese mismo mes comenzó a atender a usuarios de la sanidad pública y el 10 de julio de 2007 se firmó su cesión.
El inicio, a principios de este verano, de las obras del servicio de Nefrología, adjudicadas por un importe total de 205.896 euros y que permitirán la puesta en marcha de la diálisis de agudos y peritoneal y, posteriormente, la de crónicos, fue otro de los logros del equipo dirigido por Buxaderas. A estos se añaden, entre otros, la creación de las jefaturas de las secciones de Neurología y Cardiología; la apertura, en julio de 2007, de la Unidad de Atención Integral de la Enfermedad Inflamatoria Intestinal Crónica; la puesta en marcha del Aula Hospitalaria; la instalación de un segundo TAC; la remodelación del servicio de Radiología o la ampliación del Centro de Salud Fontenla Maristany. Además, con Lourdes Buxaderas se adjudicó la construcción de un centro de salud en As Somozas y se acordó la cesión de un edificio municipal en Espasante para un punto de Atención Primaria. También en Ares se llegó a un acuerdo con el Concello para proceder a la ampliación del actual centro de salud. Por otra parte, en el primer año de mandato, se estabilizaron 21 plazas de médicos en Primaria, 29 de especialistas con contratos temporales y 18 de enfermería de Urgencias en los PAC.
ENVIAR COMENTARIOS A: cigsaude@gmail.com

NEGOCIACIÓN SERGAS ATENCIÓN PRIMARIA
12-11-2007

A continuación deixamos o documento entregado polo sergas na mesa sectorial do dia 6 para a negociación, en aplicación do acordo do plan mellora de atención primaria.




CIG ESTA A DESENVOLVER POR TODO GALIZA ASEMBLEAS INFORMANDO DO CONTIDO DO DOCUMENTO. (Imaxe da asemblea feita en Ferrol).


Documento SERGAS:

1.- BASES DE ADAPTACIÓN A T.I.S. (ADAPTACIÓN DE CONCEPTOS RETRIBUTIVOS AO SISTEMA DE CONTAXE POR TIS).


1.- Ámbito: afectará ás retribucións dos seguintes colectivos de persoal de Atención Primaria: médicos de familia, pediatras, odontólogos e DUE (con modelo retributivo Decreto 226/1996).


2.- Financiamento:

A adaptación ao sistema de contaxe por TIS axustarase á masa salarial destinada aos conceptos do complemento de produtividade fixa vinculados ás tarxetas de titulares, sen que se poida superar a dita masa salarial. Fixaranse criterios que eviten minguas retributivas significativas (Acordo 1 de outubro de 2003).


O factor D do persoal médico (despoboación→ garantía mínima de “cartillas”) modificarase para establecer a garantía mínima en función dun número de tarxetas.


3.- Conceptos retributivos da produtividade fixa (factores) que resultan afectados pola introducción do factor “número de TIS” (actualmente vinculados a “cartillas” ou á falta de elemento capitativo na retribución).


A) Médicos de Familia: A (número de cartillas), B (número de cartillas de pensionista), C (asistencia pediátrica; número de cartillas); E (dispersión).

Axustes principais:

- o factor “número de cartillas” é substituído polo novo factor “número de TIS”.

- para vincular as retribucións coa diferente demanda de asistencia, neste factor terá relevancia económica a idade dos titulares da tarxeta (15-64 anos, a partir de 65 anos; tramos de idade pediátrica cando proceda). Ao computar diferente o número de titulares da tarxeta con 65 ou máis anos, desaparece a incidencia retributiva do “número de cartillas de pensionista” (factor B).



B) Pediatras:

- introducción do factor A “número de TIS”: terá relevancia a idade, por tramos, dos titulares da tarxeta (tres tramos ata 14 anos).

- Factor E (dispersión): ao introducirse o factor A, prescindirase da actual contía fixa (aplícarase o réxime xeral, por porcentaxe do factor A, aplicable aos médicos → 40-50-60 % do que se perciba polo factor A).

- Factor I (polo desempeño de praza de pediatría): debe prescindirse deste factor (foi fixado pola ausencia de elementos capitativos na retribución dos pediatras).

- Réxime especial: aplicable aos profesionais de determinados ámbitos territoriais cun réxime especial de prestación da asistencia (compartida cos médicos de familia).


C) Odontólogos:

Debe prescindirse do Factor I (desempeño de praza de odontoloxía), con establecemento dun factor vinculado a número de TIS (posibles usuarios da súa asistencia). A retribución por TIS terá para este colectivo unha ponderación específica.


D) DUE: A (número de cartillas), B (número de cartillas de pensionista), E (dispersión).

Axustes principais:

- o actual factor “número de cartillas” é substituído polo novo factor “número de TIS”.

- para vincular as retribucións coa diferente demanda de asistencia, neste factor terá relevancia económica a idade dos titulares da tarxeta (cos mesmos tramos de idade aplicables a médicos e pediatras). Desaparece a incidencia retributiva do “número de cartillas de pensionista” (factor B).




2.- XORNADA E RETRIBUCIÓNS DO PERSOAL MÉDICO E DIPLOMADO EN ENFERMERÍA DOS PAC.


1.- En atención ás peculiaridades organizativas da atención continuada en atención primaria –horario maioritariamente nocturno–, a xornada ordinaria de traballo nos PAC será de 1465 horas efectivas anuais (aplicable no ano 2010). A xornada reducirase, nos anos 2008 e 2009, coa seguinte secuencia:

- 2.008: 1.535 horas.
- 2.009: 1.500 horas.
- 2.010: 1.465 horas.


Esta xornada ordinaria terá como contraprestación a percepción das retribucións fixas e periódicas.


2.- Con efectos desde 2008, as Xerencias de Atención Primaria poderán dispoñer a extensión da xornada, ata 1762 horas anuais, para atender ás necesidades da propia atención continuada ou da atención ordinaria das unidades e servizos.

Esta prestación, sobre a xornada que se fixa no punto 1 como ordinaria para cada ano, será retribuída en función das horas de traballo efectivo (valor hora: o establecido para o chamado “complemento de produtividade por participación no traballo da unidade ou servizo” – artigo 3 punto 2.3 do Acordo do 20 de abril de 2005)


3.- OPE 2008


No proceso selectivo do ano 2008 tramitarase unha convocatoria única para a especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria. Esta convocatoria comprenderá as prazas vacantes nas unidades e servizos de atención primaria e nos Puntos de Atención Continuada (total aprox. 650 prazas; aprox. 480 delas en PAC)

Igualmente existirá unha convocatoria única para DUE que comprenderá, ademais das prazas de atención especializada, as prazas vacantes nas unidades e servizos de atención primaria e nos Puntos de Atención Continuada (total aprox. 650 prazas; aprox. 360 delas en PAC)

Todas estas prazas serán ofertadas para a mobilidade do persoal fixo (concurso de traslados). Toma de posesión simultánea OPE/concurso de traslados.



4.- COMPLEMENTO DE INTERSUBSTITUCIÓN


Nos termos previstos no Acordo do 20 de abril de 2005, que creou este complemento, e na conseguinte nova redacción do Decreto 226/1996 dada polo Decreto 156/2005, a súa percepción supón a contraprestación a unha actividade adicional de atención efectiva, dentro da xornada ordinaria, aos pacientes adscritos aos profesionais ausentes.

Con base nesta finalidade do complemento, o dereito individual a percibilo requerirá en todo caso a participación efectiva na cobertura da axenda de citación do persoal ausente, como actividade adicional á atención plena da propia axenda.


A contía medida día (a dividir entre o persoal que realice a intersubstitución) determinarase da seguinte forma:

1).- Contía xa pactada no acordo do 20 de abril de 2005 – factores de produtividade fixa (artigo 5.1.2).

2).- Adicionalmente, a contía que resulte consonte a seguinte fórmula:

Contía mensual de soldo base, complemento de destino e produtividade fixa de percepción xeral (a que figura incorporada á orde de confección de nóminas) / 30 x 22.

Esta última contía aplicarase nun 60 %, en atención á estimación da actividade que realiza realmente o persoal presente respecto á que realizaría o persoal ausente.




5.- INCENTIVOS Á VOLUNTARIEDADE DO PERSOAL MÉDICO DAS UNIDADES E SERVIZOS DE ATENCIÓN PRIMARIA.
(2008).



A) PROGRAMA ESPECIAL.

B) MOBILIDADE INTERNA.

C) CARREIRA PROFESIONAL.



A) PROGRAMA ESPECIAL:

1.- O persoal médico das unidades e servizos de atención primaria que opte por participar voluntariamente na prestación de gardas en PACs nun tramo superior a 600 horas no ano 2008 percibirá un complemento retributivo adicional, a través dun programa especial polo complemento de produtividade variable, na contía de 2000 €. A percepción de dito complemento estará condicionada á prestación efectiva de gardas no tramo referido.


2.- Percepción do incentivo: unha vez determinadas as cargas horarias de atención continuada do ano 2008, percibirá un pago anticipado de 1.000 € (mes de abril) o persoal que teña unha asignación de horas superior a 600. O resto do complemento (1.000 €) percibirase a finais de 2008, previa prestación efectiva de gardas no tramo referido.


3.- A percepción do complemento implicará así mesmo a dispoñibilidade de prestar ata 1/5 das horas anuais de gardas en calquera Punto de Atención Continuada dependente da Xerencia de Atención Primaria.


B) BASES MOBILIDADE INTERNA (persoal médico de familia).

Prazas vacante na quenda de mañá → serán provistas temporalmente mediante un procedemento de mobilidade interna coas seguintes bases:

Requisitos dos participantes:

- Persoal fixo
- Declaración de voluntariedade na xornada complementaria no ámbito de área no tramo horario mínimo de 230 e máximo de 550 horas.

Baremos:
O persoal será ordenado por servizos prestados (como persoal fixo ou temporal) na mesma categoría no Servizo Galego de Saúde/ Sistema Nacional de Saúde.

Procedemento:

As prazas vacantes na quenda de mañá e na quenda desprazante serán ofertadas ao persoal fixo da quenda de tarde pola seguinte orde:

1º.- Ao persoal fixo da quenda de tarde do centro de saúde (estrutura física) onde se encontre situado o PAC.

2º.- Ao mesmo persoal das unidades de referencia do PAC.

3º.- Ao mesmo persoal dos servizos e unidades da mesma localidade.

4º.- Ao persoal de quenda fixa de mañá e tarde dos servizos/unidades da área.

A convocatoria será realizada por cada Xerencia no mes de decembro de 2007. Abrirase un prazo para que os interesados soliciten a participación neste sistema de mobilidade con efectos nas prazas vacantes previstas para 2008, que de maneira estimativa deberán establecer as xerencias .

As prazas obxecto de convocatoria serán as vacantes previstas para 2008 e os postos e prazas desempeñados por persoal temporal que teñan vocación de estabilidade, sempre que dito persoal non teña optado pola voluntariedade na atención continuada.

As solicitudes serán ordenadas de acordo co procedemento anterior e baremadas tamén con base no citado baremo.

Efectos :

A mobilidade obtida por mor deste procedemento suporá a adxudicación dun destino provisional ata a resolución da oferta de emprego ou concurso de traslados, sempre que ditas prazas resulten afectadas. De non ser ocupadas, continuarase na situación de destino provisional ata a resolución da próxima oferta de emprego ou concurso de traslados.

O profesional que participe neste proceso deberá optar pola realización voluntaria de xornada complementaria no PAC, de acordo coa distribución horaria e territorial que realice a xerencia, previa negociación coa xunta de persoal. As horas mínimas de voluntariedade serán 230 anuais.

A voluntariedade manterase ata o cese na situación de destino provisional.

O persoal temporal que resulte mobilizado por mor da aplicación deste procedemento continuará prestando servizos no destino ofertado polas xerencia de entre os destinos/ horarios que resulten vacantes tralo proceso anterior.


C) CARREIRA PROFESIONAL

A participación voluntaria na prestación da atención continuada será considerada mérito adicional no futuro sistema de carreira profesional.


6.- PRESTACIÓN EN SÁBADOS-MAÑÁ

Recentemente analizouse pola estrutura directiva do Servizo Galego de Saúde (servizos centrais-Xerencias) a repercusión asistencial que tería un acordo de Mesa Sectorial relativo á consideración xeral da cobertura dos sábados-mañá como xornada complementaria, coa conclusión de que esta consideración non resulta posible sen menoscabo da asistencia en determinados ámbitos territoriais. Porén, resulta posible, nas seguintes condicións, progresar na reducción do número de sábados nos que presta servizos en horario de mañá –un sábado de cada tres- o persoal sanitario das unidades e servizos de atención primaria.

As Xerencias de Atención Primaria, previa solicitude do interesado, procurarán adoptar medidas organizativas tendentes á reducción do número de sábados nos que está programada, en horario de mañá, a actividade do persoal sanitario das unidades e servizos de atención primaria.

Estas medidas non poderán supoñer redución de xornada; en consecuencia, a minoración efectiva do número de sábados de prestación (un de cada tres) implicará o traslado das correspondentes horas de presenza ao período luns-venres. Para estes efectos, coa minoración xerarase un “crédito de horas” para a prestación de servizos no referido período (luns-venres).

As Xerencias poderán requirir a execución do “crédito de horas” dentro do traballo ordinario da unidade ou dentro do horario do PAC. Polo tanto, unicamente será beneficiario desta medida o persoal que teña optado pola participación na atención continuada.






A CIG valora moi negativamente as propostas do sergas para o desenvolvemento do plan mellora de atención primaria,Xan Cóns fixo as primeiras valoracións ao documento , que teran a cumprida resposta nun escrito ao sergas e o plan non se convirta nunha notable desmellora.

FOLLETO INFORMATIVO CIG-SAÚDE

PROPOSTA DEFENDIDA CIG-SAÚDE.


OPE PSIQUIATRIA
12-11-2007
DIANTE DA PARALIZACIÓN DA OPE DE PSIQUITRÍA,
CIG-Saúde reclámalle ao SERGAS:

Que declare nulo o exame e que este se repita o máis axiña posíbel.

Que se depuren responsabilidades.

Que a OPE-2008 de psiquiatría se convoque, coas das demais especialidades, a principios do próximo ano.

Que se estableza un novo tipo de exame para futuras OPEs de facultativos, incluída a OPE-2008.

para velo escrito remitido por CIG-Saúde ao SERGAS sobre a paralización da OPE-2006 de Psiquiatría 07/11/2007,
preme aquí

Hai uns días, tivo lugar unha xuntanza entre unha representación dos psiquiatras afectados e unha delegación de CIG-Saúde para informarnos da súa visión da situación.

Nesa xuntanza pedíronnos que apoiáramos as súas demandas expresadas nun
escrito dirixido ao presidente do Tribunal da OPE de Psiquiatría e asinado por un importante nº de profesionais afectados.


MOVILIDADE A.P.D.
9-11-2007

Borrador da Orde pola que se regula a mobilidade voluntaria do persoal fixo do modelo tradicional de Atención Primaria. Borrador

PUBLICACIÓN EN DOG, SEGUNDA OPINIÓN DIAGNOSTICO
9-11-2007

Decreto 205/2007 que regula o dereito á segunda opinión médica no sistema sanitario público galego. dog

TRIENIOS PERSOAL TEMPORAL SERGAS
9 - 11 - 2007

Novo borrador da Orde que vai regular o procedemento de recoñecemento de trienios ao persoal estatutario temporal do Sergas. Borrador

INTEGRACIÓN HOSPITAL NAVAL
9-NOVEMBRO-2007
"Noticia Diario de Ferrol"





Defensa afirma que no es posible transferir a la Xunta al personal eventual del Naval



El Ministerio de Defensa aseguró, en respuesta a una pregunta formulada por el BNG, que no es posible incluir entre el personal transferido del Hospital Naval a los trabajadores eventuales ya que este proceso sólo afectará al personal fijo, funcionarios y laborales.

El portavoz del BNG en el Congreso de los Diputados se dirigió hace unos meses al Ministerio de Defensa para solicitarle que los trabajadores interinos y eventuales no quedaran "nunha situación de desamparo e desprotección". Así, señalaba que "debe ter presente que se trata de traballadores que levan anos de servizos no Sergas ou no Hospital Básico de la Defensa, e sempre dentro das listas de Defensa".
A este respecto, Francisco Rodríguez afirmaba que los afectados eran en torno a veinte, por lo que consideraba "inaceptable que non se lles contemple na transferencia deste centro hospitalario á Xunta". La respuesta del Ministerio, firmada con fecha del 8 de octubre, explica que, de acuerdo con la cláusula cuarta del convenio de colaboración entre Defensa y la Xunta de Galicia para regular el uso compartido del Hospital Naval, el traspaso del personal civil, sanitario y no sanitario se efectuará mediante un futuro Real Decreto. Éste será elaborado, según anuncia, por la Subdirección General de Personal Civil del Ministerio de Defensa y en él se relacionará al personal traspasado, así como las dotaciones económicas y presupuestarias debidamente actualizadas a la fecha del traspaso, al igual que los compromisos de transferencia de expedientes y coordinación institucional necesarios para que éste sea efectivo.
Así, el personal fijo -funcionario y laboral- sí ha podido elegir entre optar por pasar a depender de la Xunta de Galicia o permanecer en el ámbito del Ministerio de Defensa. Como ya informó recientemente este diario, y según el documento remitido por la Subdirección General de Personal Civil de Defensa, son 94 trabajadores labores y siete funcionarios lo que, inicialmente, se decantaron por continuar en Defensa -serán recolocados en Ferrol y A Coruña, tal y como indicó el Ministerio-.
En la respuesta enviada al BNG, el Ministerio asegura además que las adaptaciones funcionales del personal traspasado se efectuarán "previa comunicación y aceptación por parte del trabajador" y que su incorporación se podrá realizar de forma progresiva hasta la fecha efectiva del traspaso -ésta, según anunció Defensa el 18 de octubre, será el 31 de diciembre, fecha en la se prevé el cese de actividad del Naval-.



Bolsa de trabajo


Respecto a la llamada bolsa de trabajo o relación de candidatos, en el II Convenio Único para el personal laboral de la Administración General del Estado, de 14 de octubre de 2006, ésta constituye el instrumento para atender las necesidades no permanentes del personal. En este sentido, el Ministerio recuerda al BNG que la actual, en la provincia de A Coruña, fue aprobada por Resolución de la Dirección General de Personal de 29 de diciembre de 2006 con una vigencia de dos años a contar desde el 1 de febrero de 2007. Ésta, añade, comprende determinadas categorías profesionales y la finalidad de dicha "relación de candidatos" es atender dichas necesidades, "en concreto, la sustitución temporal de trabajadores, en el presente caso, para toda la provincia de A Coruña y no sólo para el Hospital Básico de la Defensa de Ferrol".
Así, Defensa afirma que el personal con contrato de sustitución "no ocupa vacante en la plantilla sino que cubre la sustitución temporal de un trabajador" por lo que, subraya, "no es posible incluir entre el personal transferido a quienes figuran en la relación de candidatos".


No obstante, el Ministerio anuncia que, una vez efectuada la transferencia, estos trabajadores "continuarán siendo llamados conforme a las normas que rigen esta figura contractual, para atender las necesidades que surjan en el resto de centros del Ministerio de Defensa en la provincia de A Coruña".


Por otra parte, informa de que se transferirán al Servizo Galego de Saúde veinte trabajadores de distintos grupos profesionales y categorías laborales con contrato de interinidad por vacante, que podrán consolidar su puesto en el Sergas.

ASEMBLEAS SERGAS
07-11-2007

Desenvolveronse varias asembleas informativas convocadas por cig-saude no hospital Novoa Santos, en A. Marcide, en Atención Primaria no Fontenla Maristany coa presenza de Xan Cóns secretario xeral da nosa organización sindical e nelas traladouse información da mesa sectorial entre SERGAS e sindicatos celebrada o martes día 6 en Compostela.

Xan Cóns trasladou ao persoal as preguntas que plantexou a CIG. das que parte delas vos poñemos aquí xunto cas respostas do SERGAS (prazas, reclasificación de técnicos, trienios do persoal interino,etc)

PRAZAS
Cántas das prazas incrementadas no orzamento 2008 son postos novos e cántos son postos xa existentes baixo outras modalidades de contratación (servizos determinados, eventuais,…)
Das 946 prazas: novas son 561, máis as 29 de saúde mental. (Plan Mellora Atención Primaria), o resto de consolidación ou estabilización : 212 FEAS, 144 (plan mellora atención primaria 2007)


APLICACIÓN DE ACORDOS E NORMAS PREEXISTENTES

Cómo e cándo se aplican as novas retribucións previstas para os Técnicos Superiores Sanitarios, pola sua reclasificación ao novo Grupo B do EBEP.


Para eles este asunto é de ámbito estatal, non o teñen estudiado em non van a se-los primeiros em realizar a reclasificación.


Cándo se abona o segundo tramo do incremento da paga extra do pasado verán.


A día de hoxe está en intervención, debendo logo ir ao Consello da Xunta, esperan que na nómina de decembro se cobre.


Cómo e cándo se abona ao persoal funcionario e laboral o acordo 2006-2009 da mesa xeral de función pública (en aplicación do acordo de CP).

Pensan que ó acordo é de aplicación directa e dín que deron instruccións ás xerencias para que o incluan na nómina do mês de novembro.


Cándo se preve aplicar (prazo de solicitudes e pago efectivo) o recoñecemento dos trienios ao persoal temporal.


puxeron problemas intervención, o seu servizo xurídico está preparando um proxecto de orde que logo necesita os informes favorables de: Intervención, Economía e Asesoría Xurídica. Esperan que a Orde estea em DOG a finais de ano.












Tamen se trasladou información sobor un documento elaborado e entregado polo SERGAS na mesa sectorial como propostas negociadoras, para atención primaria:





1.-Bases de adaptación a TIS (concepto retributivo): médicos de familia, pediatras,odontologos, enfermaría.


2.-Xornada e retribucións do persoal médico e diplomado en enfermaría dos PACs.


3.- OPE 2008


4.- Complemento de intersubstitución.


5.- Complemento a voluntiariedade do persoal médico das unidades e servizos de A. Primaria


6.- Prestación en sábados-mañá.

Asemesmo informouse da Carreira Profesional de F. Profesional sanitaria e persoal Non sanitario e Servicios, Prazos de solicitude, autoavaliación, cobro das cantidades nun pago unico o periodo do 1 de xullo ao 31 de decembro, e posteriormente a partir de xaneiro mensualmente, da constitución das comisions de avaliación con data da primeira xuntanza o día 8 de novembro e que por parte de CIG-SAUDE na Area Sanitaria de Ferrol estarán integradas por:


Comisión de Atención Especializada Sanitarias: Ana Suarez

Comisión de Atención Especializada Persoal Non sanitario: Merche Diaz

Comisión de Atención Primaria sanitaria: Lois Méndez

Comisión de Atención Primaria Persoal Non sanitario: Aurora Piñón






Unha vez máis agradecer a Xan Cóns como sempre a sua magnifica disposición e o excelente traballo feito na longa xornada desenvolta en Ferrol.


Celebrada Xornada Técnica de Saúde Laboral da CIG

07.11.2007


A CIG da comarca de Ferrol celebrou no dia de onte unha Xornada Técnica de Saúde Laboral adicada a aspectos fundamentais que debemos coidar nos nosos postos de traballo.

Por unha banda os convenios que as empresas teñen coas mútuas para xestionar con ánimo de lucro a saúde das traballadoras e traballadores tanto en accidentes laborais, doenzas profesionais ou continxéncias comúns. O obxectivo desta primeira parte era formar aos delegados e delegadas de prevención asi como ao resto de traballadoras e traballadores que asistiron à xornada na importáncia de ter un control exhaustivo sobre as mútuas que realizan seguimeto da saúde laboral nas distintas empresas e actuar ante calquera agresión física ou psicolóxica que as traballadoras e traballadores sufren como consecuencia dun mal diseño e xestión do plan de PRL.

Por outra banda a sesión de tarde foi adicada á saúde laboral desde unha perspectiva de xénero. Nesta sesión analizouse a situación específica das mulleres nos postos de traballo como obxecto de discriminación asi como a problemática específica das saúde laboral en traballos feminizados.

A Xornada foi inugurada polo Secretário Comarcal, Xesús Anxo López Pintos e clausurada polo Secretário en Negociación Colectiva e Saúde laboral, Antolín Alcántara.

De CIG- Saúde informamos que traballamos a reo para que nos nosos centros de traballo se cumpran estrictamente os Plans de PRL e facemos un chamamento a todas as traballadoras e traballadores da sanidade a denunciar calquera neglixéncia que poda afectar à vosa saúde laboral.

TRASLADOS SERGAS

Picar enriba da imaxen para ampliar

Esta é a información da xente que solicitou traslados e do seu lugar de orixe, facilitada polo SERGAS.

Vanse constituir as comisións de baremación para os traslados convocados do seguinte xeito:
* Comisión para Persoal Facultativo: inciciará o seu traballo na semana próxima e contan sacar listados provisorios en decembro.
* Comisión para o resto do persoal: iniciará o seu traballo en xaneiro, contando sacar listados provisorios en febreiro-marzo.
Se calquera de vós estades pensando en renunciar á solicitude de traslado, debedes de facelo agora, antes de que se constituan as comisións de baremación, enviando un escrito á Dirección Xeral de Recursos Humanos do SERGAS.

CORRUBEDO 04-NOVEMBRO-2007

milleiros de persoas démonos cita en Corrubedo para defender a costa da barbarie depredadora das transnacionais do peixe que queren ocupar máis de 3 millóns de m2 dos nosos espazos costeiros millor conservados. Os máis de 50 colectivos cívicos reclamamos á Xunta a retirada dun Plano Acuícola insolidario e insustentábel e máis atención aos nosos recursos naturais. Sra. Conselleira:
A COSTA É GALEGA E NON DE NORUEGA!.

¡GALICIA NON SE VENDE!

Na lectura do manifesto contra un Plan acuícola inxusto - social, ambiental e económicamente – participaron, o actor Luis Tosar, a actriz Patricia Vázquez, o director Antón Reixa e o ex-voceiro nacional do BNG Xosé Manuel Beiras.

Luis Tosar reprobó la "violación" sobre el paisaje natural y el ecosistema litoral que supone este plan con la Xunta pretende consolidar a Galicia como una potencia mundial en producción de peces planos, lo que sirvió al actor para ironizar sobre los "plano de los encefalogramas" de los que están en los despachos de la Administración.



TERRA VIVA E VIDA DIGNA PARA TOD@S







Web da Plataforma veciñal
"Merexo non se vende"
Veciños de Muxía amósanlle ao mundo o patrimonio natural da súa terra, ameazado polas piscifactorías.

A plataforma veciñal de Merexo acaba de poñer en marcha a súa páxina web, Merexononsevende.com. Con esta iniciativa, os veciños queren amosarlles aos internautas de todo o mundo a súa oposición ao Plan Galego de Acuicultura, que prevé expropiar 270.000 metros cadrados das terras da localidade de Muxía para a instalación de piscifactorías. Na páxina amósanse documentos escritos e gráficos da historia de Merexo e da súa riqueza natural e, asemade, réndeselle homenaxe a Manuel Trillo Santiago, o poeta de Merexo, que xa contaba hai máis de medio século as belezas da zona. A web está aberta a recibir comunicacións de todas as persoas que o desexen e a recibir apoios á súa oposición a un plan “contra o clamor dun pobo que berra por manter o seu patrimonio histórico e paisaxístico” para deixarllo en herdanza aos seus descendentes.
Ligazóns
Merexo non se vende

UNHA MAREA POLA DIGNIDADE
















DENDE O COUREL AO MAR AS PERSOAS BERRAN "DIGNIDADE"







Xente de todo o país converteu Corrubedo no símbolo do seu rexeitamento á instalación de piscifactorías na costa.








Máis de 5.000 persoas sendo a organización e 2.500 segundo a Policía Local de Ribeira manifestáronse este domingo en Corrubedo contra o Plan Acuícola da Xunta.

En todo caso, participou na marcha máis xente da que estaba prevista nun principio, co apoio de varias ducias de asociacións de todo o país. As organizacións que apoiaron con máis intensidade a mobilización foron as que teñen a súa base nos lugares directamente afectados pola ampliación ou instalación de novas piscifactorías, como Merexo, Quilmas ou o propio Corrubedo. A marcha partiu cun cuarto de hora de atraso sobre a hora prevista, as doce do mediodía, por mor das dificultades do tráfico do domingo, con feiras en Noia e Padrón e a vía de alta capacidade do Barbanza en obras, pero iso non freou os miles de persoas que se achegaron até Corrubedo. O percorrido, de dous quilómetros e medio, entre o porto da vila ribeirense e o faro, levou arredor de tres cuartos de hora. O faro de Corrubedo converteuse nun símbolo da defensa do litoral, pois unha das 26 plantas previstas no Plan Acuícola afectará unha zona de gran valor ecolóxico a escasos metros do faro, a Laxe Brava. Alí, Xosé Manuel Beiras, Patricia Vázquez, Luís Tosar e Antón Reixa leron un manifesto a prol da conservación da costa do país. Manifesto de Corrubedo

Piscifactorías, canteiras e taparrabos




MANOLO RIVAS 02/11/2007
xornal "El Pais"






En Noruega, un lugar como cabo Vilano tería a protección máxima. Sería intocábel. Un lugar sagrado. Talvez habería alí unha Escola da Beleza. Un espazo de arte onde foran buscar alí os pintores a Luz do Oeste, como en Noruega Edvard Munch e os seus amigos do "círculo bohemio" ían a Asgardstrand, no fiordo de Oslo, á procura da Luz do Norte. Mais en cabo Vilano o que hoxe pintaría Munch non sería o seu Melankoli senón unha variación d'O berro.

Os postos de traballo "na nosa terra" non poden facer desaparecela



O cabo Vilano era un Elsinor da natureza na Costa da Morte. Sempre o imaxinei como un espazo hamletiano, cun Hamlet que non morrera, a pasar a vellez no asilo dun faro, na súa lighthouse, a casa luminosa, no alto dos cantís, alimentando un corvo mariño con doncelas, o fermoso peixe que ten anos de macho e anos de femia, coas fermosas cores do arco iris na pel. Un Hamlet a pasear cara o Cemiterio dos Ingleses e a praia de Trece, sabedor xa de que o seu tío, o usurpador, era o seu verdadeiro pai, e o seu pai, un espectro túzaro e cornudo.
O caso é que cabo Vilano era un gran espazo de fermosura e fabulacións. Se a imaxinación é a escuma da memoria, Vilano de Galicia era un froito belo e dramático da imaxinación da natureza. Agora o que vemos alí é o escenario d' O berro. A ollada que se espanta, o rostro que se desqueixa, o corpo desgonzado, ante o estrago do lugar senlleiro. Cabo Vilano de Galicia é agora un exemplo de violencia catastral e contaminación da ollada. Primeiro, emprazouse xusto alí un parque eólico. Que puntería na colocación dos chismes do vento! Eu estou moi a prol das enerxías alternativas, mais isto ten moito de enerxía e nada de alternativa: sempre apuntan ás mellores paraxes. Semella que en vez de libros de enxeñería o que se consulta aquí é El pasajero en Galicia de Álvaro Cunqueiro. Onde di "marco incomparable", alí vai dereitiño o dedo indicador: "Póñame aí uns Chismes para modernizar a paisaxe".
Pois en Vilano puxeron uns Chismes de moito nabo. Antes un chisme era un chisme. Mais agora un chisme é un Chisme. Medraron moito por mor da maquinaria pesada. Pero o peor aínda estaba por chegar. Aquí haiche moito bardallas patriótico, pero logo venden Galicia e España a cachos. Por vender, venden até a bandeira da que tanto laretan. O que chegou a Vilano foi unha desas granxas mariñas que ocupou grande parte da beiramar. No país dos Chismes, hai Chismes verticais e hainos horizontais. Os Chismes entoldados da piscifactoría, en cor verde podre, transformaron Vilano nun espazo psicótico. Porque tamén a paisaxe padece. Tamén a terra berra. A súa psique e a nosa están moi conectadas. Xa Freud deixou claro que hai unha íntima conexión entre o malestar humano (o da cultura) e o malestar da terra.
Había moita esperanza en que o cambio político operado en Galicia supuxera unha etapa curativa. Para a xente e para a natureza. Houbo sinais, síntomas positivos dunha nova política. Mais atopámonos de novo co poder dos Chismes. Disque é un partido transversal este dos Chismes. Home, algúns Chismes haberá que poñer, pero non imos facer de Galicia o país dos Chismes. Chismes nos ríos, Chismes nos montes, Chismes na beiramar. Viva o PCH, o Partido dos Chismes! Estes Chismes ademais son mutantes. Onde hoxe hai un Chisme entoldado, un campo de concentración de rodaballos, vai ti saber o que hai mañá.




Galicia é un lugar de míticas cidades afundidas polas augas. Agora estamos a vivir unha segunda etapa máxica. A desaparición de lugares míticos por mor da Invasión dos Chismes. Dirán os guías turísticos do futuro: "Aquí había lugares moi fermosos. Quilmas, Merexo, Corrubedo, Vilano... Mais perdémolos cando a Idade do Chisme".




Hai xente moi fachendosa co plan de acuicultura porque dis que vai facer de Galicia o Primeiro Produtor Mundial de Peixes Planos en Catividade. É unha satisfacción paradoxal: hai empresas que queren facer aquí o que non lles deixan, por exemplo, en Noruega. E aínda hai que darlle as grazas, ceder as terras e pagarlle subvencións de agasallo, en vez de poñer as cousas claras coa lei de común: "O que queira rodaballo, ten que mollar o carallo!".
Tamén hai xente moi contenta porque somos o Primeiro Produtor de Lousas. Home, é un xeito de velo. O que somos é o Primeiro Exportador de Montañas Rochosas. En Folgoso do Courel asistimos por enésima vez, coa compracencia e indolencia administrativa, a ese escandaloso espectáculo de política-lixo: utilizar os veciños ou os traballadores como carne de canón mediática na defensa do indefendíbel. A canteira da Campa é unha vergoña na Galicia e na Europa de hoxe. En Ancares e Courel perdeuse moito tempo. E agora hai poderosos intereses que se permiten aplicar o aforismo de Lec: "O descoñecemento da lei non exime do seu cumprimento; o coñecemento, si".

Non parece moi moral poñer a necesidade da xente como escudo. A xente que defende o seu traballo sempre ten razón, mais hai negocios que non son razonábeis para o interese común.
Os postos de traballo "na nosa terra" non poden consistir en facer desaparecer a nosa terra. Isto si que sería realismo máxico. Unha vantaxe futurista. Unha vez que desaparece a montaña, pois xa non debate. Nin parque. Nin montaña. Nin traballo. Nin nada. Pola parte de Valdeorras, hai territorios que desapareceron. Home, non é que desaparecera a paisaxe. Creouse unha nova. Onde antes había montañas agora hai cráteres inmensos. Non aparecen no mapa, pero iso aínda lle dá máis carácter. É a Galicia que se foi. Montañas que marcharon para non volver. Ti vas cara a montaña para unha ascensión mística e o que atopas é a boca do inferno. E no inferno dis que hai moito traballo. Veña a fornear día e noite.


Hai que facer país, si, pero sen desfacer o país. É admirábel o que costa desfacer un país. O traballiño que dá. Hai que visitar os cráteres de Galicia. Alí descubriremos unha extraordinaria Monumentalidade do Baleiro. Espazos pre-arquitectónicos dun maximalismo minimalista. Caspar David Friedich situou a Holderlin nun penedo por riba das nubes para pintar o romanticismo. Un emblema de hoxe sería o solitario ser humano no epicentro dunha inmensa pedreira baleira na Galiza.
Vivimos tempos en que se fala de millóns como area. Hai unha manchea de institucións e organismos que peneiran orzamentos. Non vai sendo hora de poñer en marcha un plan B para Galicia? Que falar de parque natural no Courel signifique falar de postos de traballo dignos. Que ninguén diga que lle van poñer taparrabos, agás se quere desfilar na pasarela Noovo na feiticeira colección A sedución tribal do potente deseñador José Castro.

DOMINGO 4 DE NOVEMBRO : MARCHA NACIONAL EN CORRUBEDO AS 12 HORAS



POLA TÚA COSTA, POLO TEU MAR: NON AO PLANO ACUÍCOLA



O catedrático Xosé Manuel Beiras, o director e músico Antón Reixa, o actor Luís Tosar e máis a actriz Patricia Vázquez, lerán o Manifesto de Corrubedo en defensa da costa e contra o Plano Acuícola, este vindeiro domingo día 4 en Corrubedo como colofón á Marcha Nacional pola Defensa do Litoral.

NON LLE FALLES AO AMBIENTE, NON LLE FALLES AO PAÍS!






ATÉ AQUÍ CHEGHAMOS COS PEIXES PLANOS, chamamos ás galegas e aos galegos a berrar connosco no Porto de Corrubedo, o 4 de novembro de 2007 ás 12:00 da mañá, contra esta aberración ambiental, social e económica á que nos quere condear a Xunta.

CONVOCAN:
















ADEGA, Plataforma Medioambiental de Corrubedo, Plataforma Veciñal en Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas (Carnota), Plataforma pola Defensa do Litoral de Seráns (Porto do Son), Comisión de Propietarios/as Laxe Brava (Teira-Corrubedo), Plataforma Veciñal Xove-Lago, Plataforma Veciñal de Merexo (Muxía), Plataforma de Afectados/as de Arou (Camariñas), Plataforma de Afectados/as de Oia, Plataforma de Afectados/as de Foz, Agrupación de Mariscadoras/es de Corcubión, Cooperativa de Mergulladores/as da zona 5ª.



APOIAN:


Greenpeace, Quercus (Portugal), Amigos da Terra, Salvemos Monteferro, SOS Courel, Comite Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol, Colectivo Fusquenlla, Colectivo Ecoloxista Verduxo, Ortigueira Sostible, Plataforma Ártabra21, Comité de Defensa das Rías Altas, Rede Litoral Vivo, Colectivo Arraianos, Asociación Sagres de Aguiño, Asociación Cultural Choiva Azeda (As Pontes), Asociación Natura Celtica (Cangas), BNG de Ribeira, Frente Popular Galega, CUT (Central Unitaria de Traballadores), Colectivo Nacionalista de Marín, Asociación Altofalante (Ribeira), Plataforma en Defensa do Patrimonio das Pontes, Asociación Amigos de Corrubedo, Plataforma Veciñal contra a piscifatoría de Baroña, Asociación Cultural "Fuco Buxán" de Ferrol, BNG do Barbanza, Asociación Pau da Luz (Corrubedo), Asociación Cultural Barcas do Minho (Chantada), CNT-Compostela, PP de Ribeira, BNG de Porto do Son, Asociación profesional XORNAGA (Xestión e Organización de Recursos Naturais de Galiza), Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño, Rede Litoral Vivo, Veciños/as das Mariñas (Oia), IPdR (Iniciativa Progresista de Ribeira), Foro Social Temos Dereito a Saber, 'O Ribeiro', Bouzas Móvete, Confraría de Pescadores de Corcubión, ....


Convocada a Marcha Nacional pola Defensa do Litoral



noticia en "vieiros"

Inxección de millóns e prebenda de espazos para un modelo acuícola discutíbel
Nin ambiental, nin social, nin economicamente rendería valor un plan que lles garante ás empresas a metade dos investimentos e facilidades para asentárense en contornos de privilexio.
02/11/2007


Até 3,3 millóns de metros cadrados sinala o novo
Plan Galego de Acuicultura como zonas aptas para o despregue da actividade acuícola, superficie total que cando sexa ocupada duplicará a xa adicada na actualidade a este uso. Despois de meses de tirapuxas, o sector valora con satisfacción un proxecto sobre o que ademais considerarían que elimina as incertezas legais que deixara o goberno Fraga co anterior Plan de Parques de Tecnoloxía Alimentaria. Pero fronte aos intereses empresariais que defendería este plan, diversos colectivos cidadáns en xeral e ecoloxistas en particular advirten do grave lastre que impón este proxecto sobre o litoral do país. Elevados beneficios particulares e pobre contribución socioeconómica De actitude "colonialista" cualifican os colectivos integrados na Rede Litoral Vivo a iniciativa que a Xunta considera "estratéxica". Implicará a curto prazo unha elevada inxección económica a través de subvencións públicas de até 400 millóns de euros, ofrecéndolles como até o de agora mesmo arredor da metade do investimento total para cada unha das plantas. A plataforma recorda que a acuicultura en terra representa apenas o 1,8% da actividade do sector, e que o eido verdadeiramente estratéxico sería a acuicultura a flote e os parques de cultivo marisqueiro, que lle dan traballo a máis de 10 mil persoas, fronte ao medio milleiro que empregan as piscifactorías. Por outra parte, o Goberno defende que desta volta houbo un esforzo significativo por evitar que os proxectos lle afectasen ás zonas protexidas pola Rede Natura, e desde a Consellaría de Pesca subliñan que só un 1,8% destes espazos serán afectados. Fronte a esa valoración, os veciños e colectivos ecoloxistas son menos optimistas, xa que advirten do impacto negativo que teñen as plantas acuícolas no contorno onde se estabelecen. Especialmente grave é a contaminación causada polas plantas, vertendo sen tratamento millóns de metros cúbicos de augas contaminadas que acaban emporcallando áreas litorais de alto valor ecolóxico. Igualmente sería reprochábel o desvío de fondos públicos a proxectos que aparecen tan rendíbeis para as empresas malia a súa débil capacidade de xeración de emprego. Critícase por iso que non se faga un esforzo no deseño de actividades produtivas sustentábeis para esas zonas. Desde a asociación Verdegaia quéixanse de que a Xunta ceda ás presións das grandes empresas do sector "con promesas dificilmente críbeis" de postos de traballo: "aprópianse do ben común para un beneficio particular". No mesmo sentido, desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, Adega, láianse de que tendo en conta a baixa xeración de traballo "e a pobre contribución económica en comparación coa explotación dos recursos autóctonos" é un erro considerar estratéxicos proxectos que en ningún caso contribuirían ao desenvolvemento sustentábel social e económico de Galiza. En denuncia desta situación, ducias de colectivos do país apoian a Marcha Nacional contra o Plan Piscícola. Será o domingo 4 de novembro ás 12h, no Porto de Corrubedo.
Ligazóns
Plan Galego de Acuicultura

GALEGO NA CONSULTA MEDICA




Máis queixas pola "fobia" ao galego
Algún problema coa lingua na consulta médica?


"vieiros" 02-11-2007







Seica a carreira de Medicina esixe demostrar unha boa capacidade de aprendizaxe. É máis complicado aprender galego para os médicos?







Paradoxalmente, e logo de saltar a primeiro plano o caso dunha pediatra que nun centro coruñés lle prohibía falar galego a un cativo na súa consulta, de Vigo chéganos agora un caso no outro estremo: unha doutora sofre de problemas no traballo por usar o galego. Trátase dunha ha pediatra do Complexo Hospitalario de Vigo, que atopou que unha solicitude de probas radiolóxicas para un paciente fora rexeitada. No formulario que lle chegou de volta, alguén do servizo de radioloxía escribira con rotulador vermello a frase "Ruego traducción al español", coa palabra "español" subliñada. "Cal é a palabra que non entendían?", ironizaba esta semana o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, lembrando que se trataba dunha breve solicitude de tres liñas onde mesmo as palabras técnicas coincidían en español e galego. "Será abdominal a palabra que non comprende? Ou hipotensiva? Se cadra traumatismo?", laiouse Callón, afirmando que "é evidente que aquí estamos diante dun caso de fobia contra o galego, e non de incomprensión dunha lingua".


Desinterese do Sergas pola potenciación do galego O caso dun exame para persoal facultativo da fundación pública Hospital do Salnés proporcionado exclusivamente en castelán foi exemplo tamén de denuncia presentada pola Mesa esta semana. Recordan desde o colectivo que varias persoas solicitaron que se lles dese o exame na nosa lingua e que recibiron por resposta "que non o había, co cal ou o facían en castelán ou non o facían". Critican ademais que o director xeral de División de Recursos Humanos do Sergas xustificase o acontecido dicindo que se lle ofreceu aos opositores que un vogal da especialidade "procedería á súa tradución no mesmo momento do inicio do exame", o que segundo a Mesa é "mentira". "O Sergas non só non potencia o galego, senón que o penaliza", censura o colectivo, indicando que o Sergas admite con este tipo de xustificacións que "non hai igualdade de oportunidades se queres acceder ao posto de traballo utilizando o galego". "Na Consellaría de Sanidade ampárase a idea do galego como lingua de raritos, de obxectores de consciencia, polo que consideran un bo procedemento que os exames en galego haxa que pedilos expresamente, agardar a que fagan a tradución amateur por unha persoa sen título de tradutora, agardar a que a impriman... mentres o resto dos concorrentes xa estean a realizar o exame", opinou Carlos Callón.


Colectivos médicos quéixanse de que en Euskadi se premie o coñecemento do éuscaro En Euskadi de 176 puntos posíbeis nas oposicións a médico, apenas un total de 16 poden ser obtidos en función dos coñecementos de éuscaro. Coa certificación máis baixa, PL1, o opositor xa consegue até oito puntos. O recoñecemento do éuscaro como valor, un máximo de puntos que supón apenas o 9% do total posíbel, é criticado estes días con belixerancia por varios medios, que se fan eco das queixas do presidente da Asociación Española de Cuidados Intensivos Pediátricos. Juan Casado Flores, que participou recentemente nun tribunal de selección de especialistas en pediatría en Euskadi, recoñeceu ter discutido cos outros membros do proceso selectivo por mor da cuestión lingüística. Así, dos 176 puntos posíbeis, o exame valora até un máximo de 100, a antigüidade profesional até 40, os méritos en docencia e investigación até 20 puntos e 16 máis poden conseguirse cos certificados de coñecemento do éuscaro.




URXENTE
SUPRESIÓN ACORDOS RETRIBUTIVOS

GRIPE P

PLAN MELLORA

NON Á CESIÓN DE TRABALLADORES Á PRIVADA

SOLIDARIEDADE

NOTICIAS BLOGS CIG

ÚLTIMAS NOTICIAS


OUTRAS NOTICIAS
XUNTA DE PERSOAL

MESAS DE CONTRATACIÓNS

MESAS SECTORIAIS

NOTICIAS EXTERNAS

CIG-SAÚDE


CIG


SANIDADE


SAÚDE



ecoestadistica.com
CIG-Saúde Ferrol: Hospital Arquitecto Marcide-Local Sindical da CIG. Avda. da Residencia s/n. 15405. Ferrol
981 33 45 66 * www.cigsaudeferrol.blogspot.com * cigsaudeferrol@gmail.com