15-05-2007
ACTA DE FIN DE NEGOCIACIÓN DO ACORDO DE RÉXIME EXTRAORDINARIO DE CARREIRA PROFESIONAL DO PERSOAL DE XESTIÓN E SERVIZOS E SANITARIO DE FORMACIÓN PROFESIONAL
Pola Administración
Antonio José Fernández Paniagua Director Xeral da División de RR.HH. e Desenvolvemento Profesional
Ana Comesaña Álvarez Subdirectora xeral de Políticas de Persoal
Manuel López López Subdirector xeral de Réxime Retributivo e Xestión de Persoal
María Ponte García Xefa de servizo de Relacións Laborais
Isabel Campos Pardo Xefa de servizo de Integración de Coidados
Paula Oliete Trillo Xefa de sección de Relacións Laborais
Polas Organizacións Sindicais
CIG Xoán Cons Pintos Xoán Ramón Fernández Cid María Xosé Abuín Álvarez Camilo Agulleiro Sambade
CCOO Javier González Castro Lola González Lorenzo
CSI-CSIF José Francisco Méndez Castro Isabel Faraldo Calvo Juan Carlos Gómez Rodríguez José Luis Martínez Fernández
UGT Javier Martínez Fente Marisa Mosquera Souto Miguel A. Estévez Fernández
SAE Begoña Caínzos Ayerbe Pilar López Mera Cecilia Dou Marcos
En Santiago de Compostela ás 17.00 horas do día 15 de maio de 2007, no edificio administrativo do Servizo Galego de Saúde, logo da convocatoria realizada aos efectos, reuníronse os membros da Mesa Sectorial que se relacionan á marxe, co seguinte orde do día:
- Punto único: Negociación do acordo de réxime extraordinario de carreira profesional do persoal de xestión e servizos e sanitario de formación profesional.
Logo da negociación mantida coas organizacións sindicais, despois das diversas reunións mantidas no seo da mesa sectorial na que se recolleron sucesivos documentos con propostas, trala presentación da proposta definitiva que se achega como anexo ao acta de hoxe, e que recolle as últimas demandas sindicais, as partes dan por rematada a negociación. As organizacións sindicais que conforman a Plataforma en demanda desta carreira profesional poñen fin aos conflitos.
Integraranse no texto orixinario das bases do Acordo os aspectos parciais incorporados no anexo, aspectos estes nos que se concretaban as discrepancias.
Así mesmo abordaranse as propostas xa tratadas sobre promoción interna que figurarán como texto do acordo, logo da súa análise pormenorizada, tendo en conta os principios nos que estamos de acordo as partes.
Determinarase unha data para asinar o acordo formal unha vez superados os trámites, autorizacións e informes preceptivos para a citada sinatura, con obxecto de que poida entrar en vigor no mes de xullo de 2007.
Xa que logo, a vontade manifestada no presente acta queda suxeita aos requisitos formais para a súa legalidade.
ANEXO FIN DA NEGOCIACION
A LOITA POR UNHA CARREIRA PROFESIONAL DIGNA DEU OS SEUS FROITOS: O PREACORDO É UN LOGRO DE TODAS/OS
Á 10ª foi a vencida. Na reunión da mesa do pasado dia 7 as organizacións sindicais deixamos no tellado do Sergas unha proposta de punto final con varias condicións xa coñecidas. Da súa aceptación íntegra dependia a posibilidade de acadar ou non un acordo, e tamén por tanto de rematar ou non cun longo conflicto ao que nos vimos abocados para defender as nosas pretensións. Na reunión de hoxe recibimos a resposta do Sergas no sentido de aceptaren a totalidade das propostas sindicais finais, e elo permitiu pechar un preacordo que consolida os grandes avances acadados durante a negociación e que pecha definitivamente as intencións de impoñernos unha Carreira Profesional de terceira división. Agora, as asembleas valorarán o conseguido e, unha vez completada e revisada a redacción do texto final, someterase á firma das organizacións que así o consideren. CIG-Saúde considera os contidos do preacordo como un grande logro, só posible pola mobilización, o esforzo e a participación de todos os traballadores e as traballadoras, e de todos os sindicatos da Plataforma Sindical Unitaria, e confia en que esta exitosa experiencia permita abordar con similares doses de unidade e de firmeza os novos retos que nos agardan xa á volta da esquina. Os elementos básicos do preacordo acadado son os seguintes:
1.- Modificación dos períodos de servizos prestados requiridos para acceder aos sucesivos graos:
GRUPO: GRAO I - GRAO II - GRAO III - GRAO IV
A-------- 5 anos ---12 anos---- 19 anos ----25 anos
B-------- 5 anos----12 anos---- 19 anos---- 25 anos
C--------- 5 anos----12 anos----19 anos---- 25 anos
D--------- 5 anos----12 anos---- 19 anos----25 anos
E--------- 5 anos----12 anos---- 19 anos---- 25 anos
2.- Complemento de carreira (contías por grao).
GRUPO: GRAO I- GRAO II- GRAO III- GRAO IV A------- 2.500 €-- 5.000 € --7.500 € ---10.000 € B------- 1.750 € ---3.500 € --5.250 € ----7.000 € C------- 1.180 €--- 2.360 € --3.540 €---- 4.720 € D------- 1.000 €---2.000 €-- 3.000 €---- 4.000 € E--------- 800€--- 1.600 €-- 2.400 €----- 3.200 €
3.- Durante a implantación do sistema, a contía anual por grao recoñecido será a seguinte:
GRUPO ANO 2007--- 2008----- 2009 - -----2010------ -2011---------- 2012* A----------2.325 €-- -2.370 € ---2.415 €--- -2.460 €-----2.500 €-----2.760 € +2% B----------1.625 €--- 1.660 €--- 1.690 €----- 1.720 €---- 1.750 €---- --1.932 € +2% C----------1.000 €--- 1.045 €----1.090 €------1.135 €---- 1.180 € ------1.303 € +2% D----- ------850 €---- 890 €----- 925 €------- 965 € -----1.000 €-------1.104 € +2% E -----------680 € ----700 € -----725 € -------750 € -------800 €--------- 883 € +2%
A contía correspondente ao segundo semestre de 2007 percibirase nun único pagamento. 50% da cantidade do ano 2007. * Estimación na hipótese de crecemento en torno ao 2% anual
4º.- Contías 2012: actualización
As contías no exercicio 2012 calcularanse sobre as contías do ano 2011, actualizadas cos incrementos respectivos que se establezan nas leis de orzamentos dos anos 2008, 2009, 2010 e 2011. A partir de 2013 as contías terán as actualizacións anuais previstas nas leis.
5º.- Funcionarios e laborais transferidos das corporacións locais :
Terán acceso ao sistema ordinario de carreira profesional que se regule para o persoal estatutario.
Aplicaranse aos funcionarios e laborais transferidos das corporacións locais, os contidos dos acordos retributivos acadados para o resto do persoal laboral e funcionario da Xunta de Galicia.
Terán unha nova oferta de integración ao réxime estatutario á entrada en vigor desta acordo.
6º.- Persoal Interino
O persoal interino que acceda a prazas no SERGAS na vixente oferta de emprego terá especial consideración no acceso ao sistema ordinario de carreira profesional que se regule.
7º.- Sistema ordinario de carreira profesional
O sistema ordinario de carreira profesional se negociará para ser aplicado en xullo de 2008.
… E NO MOMENTO DE CHEGAR A BON PORTO, É OPORTUNO LEMBRAR TAMÉN A TRAVESÍA…
 ...PORQUE A UNIDADE É ÚTIL E NA DIVISIÓN NON HAI SOLUCIÓN.... GRAZAS A TODOS E A TODAS QUE PARTICIPARON E APOIARON AS MOVILIZACIÓNS FACENDO POSIBLE CHEGAR A ISTE ACORDO DUNHA CARREIRA DIGNA NON DESCRIMINATORIA
|