
INFORMACIÓN 24-XULLO-2007
O martes 24 houbo mesa sectorial sobre o seguimento do acordo de residentes para tratar do pago da atención continuada.
Quedara pendente a data de aplicación e o prezo hora para os diplomados.
O cálculo do novo prezo-hora de garda se fixo coa media de todas as comunidades autónomas e ademais se fixa un incremento do 7% para o ano 2008 e outro 7% para o 2009. Para a retribución dos diplomados, calcularon a media do estado salvo Madrid e Andalucía xa que non dispoñían dos datos destas dúas comunidades, ofreceron modificalo se alguén llos enviaba nos próximos días.
A data de aplicación finalmente conseguimos que sexa o 1 de xullo de 2007, que era a data que nas asambleas de residentes estes deron por boa. O Sergas comprometeuse en tramitar xa o acordo, para intentar que os residentes poidan empezar a cobrar en novembro.
Na xuntanza asinaronse dúas actas, unha sobre o prezo de garda e outra sobre as comisións de seguimento do acordo:
ACORDO POLO QUE SE REGULA A XORNADA, RETRIBUCIÓNS E CONDICIÓNS DE TRABALLO DO PERSOAL MÉDICO DE URXENCIAS HOSPITALARIAS DO SERGAS
Aplicación a partires da nómina de xullo das retribucións derivadas do acordo
Logo das xuntanzas mantidas cos centros e coa comisión de seguimento do dito acordo, respostando ao compromiso adquirido, incorporanse as retribucións derivadas do mesmo, na nómina correspondente ao mes de xullo.
O prazo comprometido e a complexidade técnica inherente determinan a aplicación do acordo a partires dos devengos do mes de xullo en dúas fases:
Fase I: Na nómina de xullo incorpóranse os conceptos FIXOS asociados ao posto:
1. Traballo a Quendas (só quendas rotatorias simple e complexa). 2. Atención Urxente (todos os postos).
As gardas realizadas en xuño, nesta nómina, aboaranse como se viña facendo ata agora (“vello modelo”).
Fase II: A partires da nómina de agosto incorporaranse os conceptos retributivos derivados da actividade realizada en xullo:
1. Nocturnidade 2. Festividade 3. Xornada Complementaria
Na nómina de agosto, liquidaranse tamén os vínculos temporais de duración inferior a 30 días que se refiran a devengos do mes de xullo, con base no número de horas efectivamente traballadas (valor hora = garda médica de servizos xerarquizados de presenza física).
Este centro directivo remitíu a todos os hospitais, a semana pasada, uns criterios iniciais orientativos para posta en marcha das retribucións na reiterada nómina do mes de xullo. Nos ditos criterios inclúense:
· O cálculo de prorrata de atención continuada en vacacións para os médicos comprendidos no Acordo. · A compensación económica nas mesmas condicións que os demais facultativos de Atención Especializada nos casos de incapacidade temporal ou maternidade.
Logo deste arranque, prevese pechar o proceso de regularización de devengos xaneiro-xuño de 2007, nos meses de setembro e outubro. Así mesmo prevese a elaboración dunhas instrucións definitivas relativas á incorporación das retribucións no aplicativo de persoal.
Información Mesa Sectorial Sergas
10-xullo 2007
Defineuse un texto coas funcións e competencias das famosas Comisións de Residentes por Xerencia, que terán como función principal canalizar e, no seu caso, resolver, todos os problemas derivados da aplicación do acordo e da normativa laboral sobre residentes, cando ese tratamento non exceda do ámbito da propia xerencia. - O Sergas presentou unha nova proposta para o valor/hora das gardas, que nos parecen xa cuantías máis aceptables.
O Sergas mantén a sua posición anterior sobre a data de aplicación destes novos valores, no 1 de octubro, proposta que seguimos rexeitando.
Logo do debate na mesa, deixamos sobre ela a proposta de pechar esta revisión do precio das gardas si o Sergas aceptaba a sua aplicación dende o 1 de xullo; todos os sindicatos aceptaron esta proposta como peche de negociación, polo que o Sergas quedou de darnos a súa resposta nos próximos dias. Si esa resposta é afirmativa é previsible a firma do acordo na próxima seman.
LICENCIADOS SANITARIOS
MIR I: HORA GARDA 10,86
MÓDULO 17 H 184,62
MÓDULO 24 H 260,64
MIR II HORA GARDA 12,42
MÓDULO 17 H 211,14
MÓDULO 24 H 298,08
MIR III HORA GARDA 13,98
MÓDULO 17 H 237,66
MÓDULO 24 H 335,52
MIR IV-V HORA GARDA 15,47 MÓDULO 17 H 262,99
MÓDULO 24 H 371,28
Mais Información e taboa completa do borrador do acordo de persoal en formación atención continuada, delgados de cig-saude, ou no local do sindicato no hospital A. Marcide "Xunta de Persoal".
Noticia anterior
RESIDENTES 22-06-2007
Logo da reunión anterior do 31 de maio, na que o Sergas aceptara a nosa petición de revisar os contidos do acordo do 19 de decembro, onte era a primeira reunión para cruzarnos as respectivas propostas para negociar. A proposta da CIG (consensuada con Agamir) xa fóra remitida ao Sergas uns dias antes, e a proposta do Sergas foi explicitada na propia reunión. A proposta do Sergas consiste basicamente no seguinte:
- aceptar o incremento do precio das gardas, con efectos do 1 de octubro
- ese incremento está calculado sobre a media pactada nos diferentes Servizos de Saúde, tal como se reflexa no cadro que entregaron
- constituir unha comisión en cada centro con participación de persoas designadas pola xerencia e outras designadas polos sindicatos- constituir o grupo de traballo sobre responsabilidade, que tería que propoñer as suas conclusións diante da Mesa en octubro.
Esa proposta do Sergas foi recibida por nós na mesa como absolutamente insuficiente. Anque nos prezos das gardas xa o Sergas recoñece que é necesario incrementalos bastante (na sua proposta hai un incremento do valor/hora entre 2,30 para un R-I ata 5,48 para un R-IV), o seu cadro ten varios déficits:
a) porque as cifras utilizadas para facer as medias non son correctas nalgúns casos
b) (porque na media inclúe a Galicia, que ten que estar excluída dese cálculoc) porque non inclue os valores xa pactados en 11 Servizos de Saúde para o 2008)
C) porque non inclue ningunha referencia ao valor adicional das horas de domingos e festivos, que sí están na maioría dos acordos comparados.
En base a todos eses argumentos, a proposta do Sergas quedou desbotada e acordamos que farían unha nova proposta na próxima reunión tendo en conta todos eses criterios indicados por nós. Reclamamos ademáis o carácter retroactivo, a 1 de xaneiro, do novo valor das gardas que finalmente acordemos, pero o Sergas mantén de momento a sua oferta de aplicalos dende o 1 de octubro.
Por outra parte, insistimos tamén na nosa proposta de adiantar o incremento retributivo (soldo base + complemento de grao) pendente para xaneiro de 2008 a este ano. O Sergas mantén a sua negativa a este adianto, argumentando a imposibilidade de modificar os termos do acordo pactado. Non nos conformamos con esta explicación, e seguimos defendendo a sua viabilidade.
Respecto da cuestión de constituir Comisións paritarias nos centros, propuxemos incluir na composición aos residentes electos para as respectivas comisións de docencia, que foi aceptado polo Sergas.Quedouse en ter unha nova reunión, que o Sergas convocará proximamente.
Preme a continuación: Borrador de acordo de atención continuada para o persoal en formación. |