 Queres afiliarte á Cig Saúde Ferrol?
Pois só tes que encher a ficha de afiliación cos teus datos persoais e despois poñerte en contacto con nosoutros. Podes facelo achegándote ao Local da Cig Saúde Ferrol nos baixos do Centro de Especialidades ou chamando ao 981 33 45 66, ou se o prefires enviandonos unha mensaxe electrónica a cigsaudeferrol@gmail.com
Que significa afiliarse?
A afiliación na CIG-Saúde é un acto de compromiso e solidariedade.
Compromiso, porque no acto, manifestas que as túas inquietudes e pensamento sindical coinciden en gran parte cos postulados e opinións nosas, e solidariedade porque a cota sindical que pagas non é a compra dun servicío senón a contribución desinteresada para o mantemento da organizacións sindical.
Tamén e un acto no que te comprometes a respaldar as mobilizacións e actos convocados polo sindicato sempre que poidas asumilos.
E que se financia coa túa cota sindical?
Pois a adquisición de edificios e locais do sindicato, así como o seu mantemento.
As campañas de mobilización e concienciación social.
A contribución a caixa de resistencia é que se utiliza só en conflictos longos e duros, e de desgaste económico para o afiliado de inmensa contía.
Os servicios técnicos como a Asesoría Xurídica e normalización liguística.
Servicios Sociais como a Secretaría da Muller ou Atención o Emigrante retornado ou Inmigracion.
Tódolos que xere o sindicato pola súa actividade instituciónal.
A asesoría xurídica esixe para a súa utilización por parte do traballador unha antigüidade mínima de 6 meses, ou o pago dos mesmos se queres utilizala, nunha medida que ten como fin promocionar a afiliación de conciencia e compromiso colectivo, e non a de interese individual exclusivo.
Ademais nas demandas nas que o traballador reclama diñeiro o sindicato estableceu unhas comisións sobre os cartos reclamados no caso de que a demanda sexa estimada e que diminue atendendo a antigüidade do afiliado que no caso de ter máis de 5 anos a comisión e 0%.
Agardámosche!!!
|